Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de septiembre de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS MELLORA O MOBILIARIO DO VIVEIRO DE EMPRESAS













Cambados aposta pola mellora do Viveiro de Empresas - Vaise ampliar o equipamento existente, mellorando as instalacións e cun custe superior ós 12.000€ subvencionados integramente pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2017 O Concello de Cambados esta a renovar o mobiliario do Viveiro de Empresas do Concello de Cambados nos despachos individuais, zonas de usos comúns, e na aula de formación, xa que os mobles que se estaban sendo utilizados ata o de agora eran propiedade da asociación de Empresarios do Polígono do Salnés e que estaban cedidos o concello mentres que non se dispuxera do novo equipamento. Equipamento para o Viveiro de Empresas
O subministro e servizo a realizar, vai permitir dotar e ampliar o equipamento do viveiro de empresas do concello de Cambados sito no Polígono Sete Pías, equipándose os 4 despachos individuais con mesa de despacho en madeira e ala, caixonera, andel con armario baixo, 2 cadeiras de confidente e cadeira de despacho; nas zonas comúns vaise instalar un mostrador de recepción, 2 bancadas de espera e un novo sofá para a recepción, xunto con novo rotulo para a entrada do edificio; e na aula de formación vanse instalar unha mesa e cadeira de despacho para o formador, 8 mesas dobres e 16 cadeiras para os alumnos e un proxector interactivo con pizarra táctil. Desta maneira, cando están ocupados 6 dos 8 postos dispoñibles do viveiro de empresas municipal, antes de facer un ano dende a súa apertura, vaise ampliar o equipamento existente, mellorando as instalacións e cun custe superior aos 12.000€ subvencionados integramente pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2017. Melloras no entorno e atención as demandas dos usuarios
A maiores destas melloras que se están a realizar, tamén se vai a asfaltar a zona de estacionamento do edificio, de 2.120 metros cadrados de superficie, e vaise limitar o acceso a os vehículos pesados no mesmo, con carga a subvención que se atopa en proceso de licitación de Dotación de Infraestruturas do Polígono do Salnés xunto co concello de Ribadumia, mellorando substancialmente o entorno do Viveiro de Empresas. Por outra banda contratouse tamén a instalación de Fibra Óptica coa empresa R, para que unha vez que rematen as obras de instalación que están a acometer no Polígono de Sete Pías, doten o edificio do Viveiro de Empresas cunha conexión a internet de alta velocidade. A maiores destas obras, na visita realizada polo responsable da concellaría de Promoción Económica, Xurxo Charlín, para supervisar a instalación do mobiliario, a petición dos usuarios tamén se van a realizar pequenas reparacións no edificio e nos despachos e vaise establecer un sistema de control da limpeza do edificio, xunto coa realización dunha inspección tanto da empresa de control de pragas como do servicio de Prevención de Riscos Laborais, como a reparación do elevador do edificio.
Aposta polo Emprendemento Dende a Concellería de Economía, Facenda, Industria, Promoción Económica e Comercio, que dirixe Xurxo Charlín de Somos Cambados, explica que “entendemos que o emprendemento é o motor do desenvolvemento e a colaboración a enerxía que o move, polo que consideramos preciso impulsar estes espazos como é o Viveiro de Empresas do Concello de Cambados, e con tal motivo estase a traballar na súa mellora constante, sustentada en espazos de traballo inspiradores e comunidades de persoas apaixonadas polo que fan”. Estes novos espazos forman parte da aposta decidida no Concello de Cambados á hora de fomentar o emprego e crear espazos que favorezan o emprendemento, con asesoramento aos empresarios locais e aos futuros emprendedores, apoiando a súa formación específica e clarexando ás dúbidas que se lles poidan crear á hora de iniciarse na actividade, de modernizar ou aplicar ás Tic´s para mellorar e potenciar a venta dos produtos locais.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.