Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de septiembre de 2017

15 EMPRESAS OPTAN A FACER ÁS OBRAS DO POLÍGONO DO SALNÉS







15 EMPRESAS PRESENTAN OFERTA PARA AS OBRAS NO POLÍGONO DO SALNÉS

15 EMPRESAS PRESENTAN OFERTA PARA AS OBRAS NO POLÍGONO DO SALNÉS

O concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín presidiu a mesa de contratación das obras subvencionadas ao 95% por ser un dos proxectos de maior valoración en concorrencia competitiva

PROXECTO DAS OBRAS

ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN, 18 DE SETEMBRO DE 2017. APERTURA SOBRES A) E CONVOCATORIA MESA PARA APERTURA SOBRES B) PARA O DÍA 22-09-2017, ÁS 13.30 HORAS.

Os concello de Cambados e Ribadumia de maneira coordinada e conxunta, deciden aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas.
A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos.
O prezo de licitación das obras é de 172.740,00 € e o prazo previsto de execución das mesmas é de 2 meses, en canto o proceso de selección das ofertas, vanse valorar con 60 puntos a oferta máis económica, 40 puntos a redución do prazo na execución da obra, e 28,89 puntos as melloras valoradas que son instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.

Mellora do entorno industrial

Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

Obras a realizar

No Concello de Cambados, procederase a execución das seguintes obras :
a) Pavimentado de zona en vial 1, con fresado previo e posterior incorporación de capa de pedra, rega de imprimación e asfaltado cunha capa final de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70.
b) Pavimentación cunha capa de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70, do aparcamento da parcela onde está situado a edificación do Viveiro de empresas e a cafetería.
c) Remate de dous tramos de beirarrúas que quedaron pendentes da actuación realizada o ano pasado. Realizaranse con formigón en masa, con acabado semipulido, realizando a reposición de bordos rotos e a recolocación de outros.
d) Sinalización horizontal de todos os viais e cruces do polígono, salvo no vial 1, que se pintou o ano pasado. Nun tramo do vial 1, realizarase o pintado dun paso de peóns.
e) Sinalización vertical cos nomes das rúas do polígono e os pasos de peóns nos cruces dos viais.
f) Colocación na entrada do parque empresarial de 2 ud. de cartel “Tótem” de información de todas as empresas instaladas no polígono.
No Concello de Ribadumia, procederase a execución das obras seguintes :
a) Desbroce de toda a zona de actuación para a construción da cuneta de seguridade e o paso peonil. Ademais, procederase ao desbroce e desarborado dun talude colindante cunha superficie de 3.100 m2.
b) Escavación e rasanteo do terreo para a construción da cuneta e a senda peonil.
c) Construción de senda peonil de 1,80 m. de ancho con capa de 15 cm. de formigón color, sobre capa de zahorra compactada.
d) Construción de cuneta de seguridade con capa de 10 cm. de formigón en masa, con pendente 1/6.
e) Instalación de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro para evacuación da auga da cuneta, coa construción de imbornais intermedios.
f) Desmontaxe, demolición de dados de cimentación, e construción de novos dados de cimentación nas farolas afectadas pola senda peonil. Colocación de nova canalización e conexión.
g) Construción de 2 tramos de beirarrúas, un deles na zona de enlace dos polígonos e outro na rúa do Pan, con bordo de formigón e capa de pavimento de formigón color de 15 cm.
h) Pavimentado de cruce da rúa da Horta coa estrada PO-300. Con fresado previo e posterior incorporación de capa de pedra, rega de imprimación e asfaltado cunha capa final de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70.
i) Colocación de varanda de seguridade na beirarrúa que se construirá na rúa do Pan.
j) Colocación de bionda de seguridade na rúa Pequena e nun tramo da rúa Central.
k) Sinalización horizontal da rúa do Pan, da rúa Pequena e nun tramo da Rúa Central.
l) Colocación na entrada do parque empresarial dunha ud. de cartel “Tótem” de información de todas as empresas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.