Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2020

UN PRÓXIMO EVENTO TRAE A CAMBADOS A UNHA DAS MELLORES BANDAS NACIONAIS


O domingo 29 de marzo estarán en Cambados Aullido Atómico. Máis adiante concretaremos lugar e hora. Ata agora so podemos decir que se trata da banda sonora dun evento que organiza o concello de Cambados e Zona Centro.
Coa súa acidez e ironía intactas pero penetrándose en novos territorios sonoros reaparecen os valencianos Aullido Atómico ao ritmo de 'O Corte Inglés', o primeiro adianto do novo traballo que saleu a principios deste mes, ' Hedonismo'. Despois de 'Decadencia' ( Folc Records, 2017), o trío formado por Don Rogelio (voz, guitarra), Jussi Folch (baixo, coros) e Quique Gallo (batería, coros) volve á autoedición cun álbum feito en casa-gravado no Maco, situado na Vall d' Aigües Vives ( Alzira)-, moitos amigos involucrados e a vontade de saírse lixeiramente da etiqueta de trash & roll.

Unha saída que xa se percibe neste primeiro aperitivo -no que cantan "veo arder la fachada del Corte Inglés, veo caer el imperio a la tarde"-, que conecta co seu pasado á vez que abre a porta a esa transición na cal non decae a forza das letras de Don Rogelio, autor tamén da portada de 'Hedonismo'.

Agora presentan a súa xira que os traerá a Cambados.
¡GIRA HEDONISMO!
20/03 - Tarragona, Míster Mojo
21/03 - El Vendrell, Ambigú
26/03 - Ourense, Café Cultural Auriense
27/03 - Pontevedra, Liceo Mutante
28/03 - Vigo, Kominsky


29/03 - Cambados

30/03 - Escairón, Sala Avenida
31/03 - Vitoria, El Parral
01/04 - Irún, Lakaxita
02/04 - Bilbao, Shake
03/04 - Pamplona, Nebula
04/04 - Madrid, Trash Can
16/05 - Valencia, 16 Toneladas
20/06 - Barcelona, Meteoro



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.