Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FEFIÑÁNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FEFIÑÁNS. Mostrar todas las entradas

6 de agosto de 2020

CONCERTO DE JAZZ NA PRAZA DE FEFIÑÁNS O DOMINGO 9 DE AGOSTO

O Concello de Cambados organiza dentro da súa programación do verán un concerto de jazz a cargo da banda Jazz Frequency Group. Será este domingo 9 de agosto ás 21 horas na Praza de Fefiñáns, con entrada gratuíta ata completar aforo. O concerto contará con todas as medidas de seguridade e hixiene que as circunstancias actuais esixen.  
Jazz Frequency Group é o proxecto do contrabaixista Paco Charlín, quen segundo a crítica especializada, é un dos máis firmes valores da nova xeración de músicos de Jazz do noso país, tanto pola súa firmeza como acompañante, como pola súa expresividade de ideas como solista, sen esquecer as súas virtudes técnicas dun instrumentista de probada eficacia.
O repertorio desta formación baséase nos chamados “standards” (The Great American Songbook) e as composicións orixinais dos integrantes do grupo, levando a cabo como base rítmica e armónica a tradición e a composición contemporánea do Jazz moderno actual. Os integrantes desta formación son recoñecidos artistas do panorama actual do Jazz que se está a facer na península, e que teñen colaborado con mestres da historia do Jazz.
JAZZ FREQUENCY GROUP está integrado por:
Paco Charlín; Contrabaixo
Rosolino Marinello; Saxo tenor
Xan Campos; Piano
Max Gómez; Batería
Paco Charlín naceu en Vilanova de Arousa o 19 de Decembro do 1975. A súa formación musical iníciase aos 8 anos de idade con profesores privados de solfexo e baixo eléctrico, pasando máis tarde a formarse en diversas escolas de música como: Estudio Escola de Música, (Santiago de Compostela). Escola Taller, (Pontevedra).
En 1995 e 1996 obtivo unha bolsa por “Estudio Escola de Música” para participar nos Sixth e Seventh IASJ Jazz Meeting realizados en Tel-Aviv (Israel) e Copenhague (Denmark), dirixidos pola International Association of Scholls of Jazz (IASJ).
No ano 1996 obtén dúas bolsas da máis prestixiosa universidade de Jazz e música moderna do mundo, o “Berklee College of Music”, trasladándose a Boston, Massachussets (USA) para perfeccionar os seus estudios musicais, onde ademais compaxina na mesma cidade materias electivas no “Roxbury Community College”.
Debemos destacar tamén a súa dobre licenciatura en Bass Performance & Jazz Composition (Bachelor of Music, degree) con mención honorífica (Magna Cum Laude) e o premio “The Charles Mingus Award of Outstanding Musicianship”, concedidos pola universidade ao músico mais destacado de cada promoción do ano 2000.
Ademais, nese mesmo ano participa no XXIV Festival Internacional de Jazz de Getxo, sendo recoñecido co segundo posto. Actualmente, compaxina a docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ), impartindo materias como: armonía moderna, ensembles, contrabaixo, baixo eléctrico, técnicas de improvisación, historia do Jazz, arranxos, composición, etc. Ademais de actuar en diferentes festivais tanto a nivel nacional como internacionais: Grecia, Cuba, Uruguay, Dinamarca, Israel, Estados Unidos, Arxentina, Tánger, Helsinki, Isla de Madeira, etc.

9 de julio de 2019

CONCERTO EN FEFIÑÁNS O DÍA DE SANTA MARIÑA


Zona Centro e o Concello de Cambados colaboran na dinamización do conxunto histórico con un concerto do grupo Manso e Amigos que terá lugar o vindeiro xoves 18 de xullo, festividade de Santa Mariña, na praza de Fefiñans.
Un concerto que non se celebraría nesta data si unha comisión de festas ou o propio Concello organizaran unha verbena para celebrar o día de Santa Mariña na plaza do concello.
Ao non existir unha comisión de festas o normal sería que o Concello organizase esa parte lúdica da celebración. De persistir a ausencia de comisión a que debería ser unha festa para todos os cambadeses quedará somentes en actos relixiosos.
E nesto o concello debería entrar e organizar a parte lúdica da festa. Agardemos que para o 2020 as cousas muden.




16 de mayo de 2019

VISITAS TEATRALIZADAS AO PAZO DE FEFIÑÁNS. VIII XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA RUTA DO VIÑO RÍAS BAIXAS


Visitas Teatralizadas ao Pazo de Fefiñáns. VIII Xornada de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas

O vindeiro venres 7, sábado 8 e domingo 9 de xuño celébrase a VIII Xornada de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas. Nesta ocasión, o sábado e o domingo poderedes disfrutar dunha visita teatralizada ao Pazo de Fefiñáns, da man dos recoñecidos actores galegos Víctor Mosquera e Josito Porto.
Unha experiencia única de achegarse á historia do pazo grazas á Ruta do Viño Rías Baixas.
Xa podedes conseguir as vosas entradas nos seguintes enlaces:
Entradas para as visitas teatralizadas o sábado 8 de xuño. Horarios: 12:00, 17:00, 19:00
Entradas para a visita teatralizada o domingo 9 de xuño. Horarios: 12:00

16 de enero de 2019

¿PRAZA DE FEFIÑANS PECHADA OU PRAZA DE FEFIÑANS PROSTITUIDA?


Quería comezar este relato cunha anécdota que me contou no seu dia un bo amigo que,  por desgraza, xa non está entre nos: o sempre recordado Luís Rei e que ven á perfección  para ilustrar o asunto do que quería falar hoxe.
Resulta que o grovense recibiu un dia a visita duns amigos italianos, mais concretamente, da cidade de Roma; os seus amigos, que estaban de vacacións na nosa comarca, querían coñecer un pouco a  cultura e arquitectura do lugar e preguntáronlle, ao entonces encargado da Casa da Cultura cambadesa, lugares que podían visitar, Luís Rei pensou ao onde carallo podería mandar aos habitantes dunha das cidades, probablemente, mais ricas en arquitectura e urbanismo do mundo e dándolle voltas ocorréuselle a Praza de Fefiñáns, así que doulle as indicacións precisas e para ala foron os veciños da Cidade Eterna; como me contaba o propio Luís, cando regresaron  preguntoulles a súa impresión e confesoume que non puido sentir mais vergoña allea: os seus amigos dixéronlle que si ben a praza non estaba mal, non puideron contemplala tanto como quixeran porque estaban mais pendentes de que non lles atropelara ningún coche e preguntábanlle ao grovense como era posible que un conxunto arquitectónico como aquel estivera aberto ao tráfico rodado.
Cando, periódicamente, salta en Cambados a polémica, alentada polos medios rancios,  de que a Praza de Fefiñáns debería estar aberta aos automóbiles non puido evitar lembrarme desta anécdota e pensar no grado de ignorancia ou manipulación no que caen algúns que seguen a defender esa idea tan desacertada.
Sexamos realistas e preguntémonos ¿alguén pode realmente  imaxinarse a Praza do Obradoiro en Compostela, a Praza de María Pita en  A Coruña ou a Praza Maior de Madrid, por poñer soamente tres casos, abertas ao tráfico?.
 Ocórrenseme moitos motivos i exemplos para defender que non se abra a Praza de Fefiñáns pero, soamente,  vou a expoñer dous casos moi clarificadores e levados a cabo, moi preto de Cambados, concretamente, en Pontevedra i en  Vilagarcía de Arousa.
No caso da capital da provincia xa fai tempo que apostaron por un modelo de cidade que,  a vista dos resultados, confirman que non puideron estar mais acertados; Pontevedra nestes últimos anos leva recibindo premios i eloxios pola  súa decidida aposta por facer unha cidade pensada sobre todo para as persoas e non para os coches; sen ir mais lonxe, fai pouco mais de dous meses,  en Barcelona, tivo lugar unha serie de charlas, nas que estiveron presentes unha nutrida representación da nosa comarca (incluída a alcaldesa de Cambados) e onde se puxo como exemplo a seguir  á cidade do Lerez.
No caso de Vilagarcía, aínda que mais recentemente, tamén veñen apostando, quizais, vistos os resultados de Pontevedra, por humanizar as súas rúas; eu vou a pararme nun lugar en concreto que coñezo moi ben porque vivín case catro anos alí: a rúa Alcalde Rei Daviña.
Para o que non se sitúe, a rúa Alcalde Rei Daviña de Vilagarcía é a que vai paralela, polo interior, a avenida da Mariña e onde se atopa, entre outras, a Casa da Cultura e a oficina de  correos; pois ben, como contaba, eu vivín nesa rúa, fai uns vinte anos, a finais dos noventa, cando xa se barallaba a posibilidade de peatonalizala e lembro que moitos comerciantes, por entonces,  daban as mesmas escusas que están dar agora os comerciantes de Cambados que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga a ser peatonal: que si pechaban a rúa ao tráfico seria a súa ruína, que baixarían as ventas etc…. Pois ben,  todos coñecedes a historia: O concello de Vilagarcía acabou pechando a rúa Alcalde Rei Daviña totalmente i eses malos augurios dos que falaban, entonces, os comerciantes non soamente non se cumpriron senón que, hoxe en dia, a rúa  Alcalde Rei Daviña é unha das rúas con mais actividade comercial da vila, chea de comercios e lugares de restauración.
Persoalmente penso que os comerciantes da rúa Real que se opoñen a que a praza de Fefiñáns siga pechada equivócanse e dígollo con todo o cariño; ademais si o seu razoamento fora certo, xente como Yayo Daporta xa se tería plantado lume fronte ao concello reclamando o mesmo, pois,  o recoñecido cociñeiro cambades, ten probablemente, o seu negocio no peor sitio do pobo: nunha rúa peatonal, con problemas para aparcar e sen ningún tipo de indicacións, seguro que se cambiaba gustosamente por mais de algún dos negocios que tanto se queixan.
Precisamente entre eses negocios hai un no que quería determe especialmente por que  o seu encargado é un dos que mais se está manifestando para pedir que se reabra a praza; pois ben fai uns días un amigo meu, que leva feito campaña publicamente   a favor de que a Praza de Fefiñáns permaneza pechada comentábame que, este individuo, sabedor de elo, cada vez que o atopa pola rúa bótalle unha mirada de “chulo de putas” como si o meu amigo non estivera no seu lexítimo dereito a expresar a súa opinión que para iso estamos en democracia; deste encargado non me resisto a contar una anécdota real como a vida mesma e que exemplifica  a súa catadura moral; resulta que fai un tempo este suxeito presentouse nunha depuradora para coller marisco para o seu negocio e un dos traballadores de alí, preguntoulle se non iria a manifestación que, por entonces, tería lugar en Compostela por parte dos mariñeiros do cerco para protestar polos acordos desastrosos acadados por parte da Xunta para os mariñeiros desta arte de pesca, a súa resposta xa o retrataba a perfección porque o que lle contestou textualmente foi: “bueno carallo, que vaian a tomar polo cú, por min como se afunden todos os barcos do cerco”; cando escoitas isto e, despois ves  a dito fulano falar, buscando o apoio para súa causa ¿Qué queres que vos diga? A este “tipiño” mellor iríalle en preocuparse polo seu negocio para non ter outra inspección de Sanidade como a que tivo e que, grazas as súas amizades con certos políticos locais, sacáronlle as castañas do lume e tal denuncia non chegou a mais.
Por certo outro dato interesante: neste local era onde o entonces  encargado de certa institución de Cambados, que a min, particularmente, dáme serta pena,  se presentaba, cando necesitaba xustificar facturas para cobrar as dietas que se metía no peto, quizais, por iso dito ex encargado ten alí unha parada obrigada  para tomar os viños (descoñezo se tamén segue tendo debilidade polos gin tonics).
Veremos como acaba a cousa pero, dende aquí, eu quero animar ao goberno do Concello de Cambados para que manteña a Praza de Fefiñáns pechada para disfrute de tódolos cambadeses e de tódolos foráneos que se decidan achegarse ao mellor pobo do mundo.
   
UN SAUDO A TODOS

RICARDO DOMINGUEZ REY
   Imaxes da Plaza:  Peonalización da Praza de Fefiñáns
   

19 de octubre de 2018

AS OBRAS NA RÚA REAL DE CAMBADOS DEIXAN AO DESCUBERTO UNHA CONSTRUCCIÓN ARQUEOLÓXICA



As obras de soterramento do cableado eléctrico que se están realizando na Rúa Real de Cambados deixaron ao descuberto unha construcción arqueolóxica que podería formar parte dun arco do Pazo de Fefiñáns.
Trátase dunha parte dun muro que agora os técnicos de Patrimonio estudarán para coñecer o alcance da estructura.
En todo caso, o achádego non alterará a execución das obras ainda que se terá que determinar o lugar de paso das canalizacións do cableado por ese punto.
Así o desvelaban esta mañá a ArousaSíRadio Salnés o Concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, e o técnico municipal de Patrimonio, Javier Montero.



4 de octubre de 2018

PALACIO DE FEFIÑANES, SELECCIONADA COMO UNHA DAS MELLORES ADEGAS DO MUNDO


Bodegas Palacio de Fefiñanes

Bodegas del Palacio de Fefiñanes foi seleccionada como unha das TOP100 adegas no ránking que anualmente publica a prestixiosa publicación norteamericana Wine & Spirits Magazine. Unha mención especialmente significativa se temos en conta que a adega da D.O. Rías Baixas é unha das nove que a revista seleccionou en España, dúas delas galegas, o que demostra o gran recoñecemento que os viños galegos están a obter nun mercado de tanto peso como o estadounidense.
Esta inclusión supón, ademais, que a adega de Fefiñanes aparece na 32ª Guía Anual de Compras Wine& Spirits e que os seus viños formarán parte da Cata Especial que se celebrará o próximo 9 de outubro en San Francisco, a 15ª Top 100 Tasting, na que se honrará ás 100 mellores adegas do ano. Un evento no que se darán cita profesionais do sector de todo o mundo que poderán degustar o Albariño de Fefiñanes III Ano, a elaboración catada polo xurado e cuxos excelentes resultados permitíronlle a Adegas Palacio de Fefiñanes obter esta distinción. A mención supón un novo recoñecemento ao bo facer da adega cambadesa que desde a súa creación apostou por elaboracións nas que a variedade Albariño alcanza a súa máxima expresión. Máxime se temos en conta que a inclusión neste ránking prodúcese despois de que os editores e panelistas de Wine & Spirits avaliasen máis de 15.500 elaboracións de adegas de todo o mundo, a maior cifra catada nos quince anos en que leva elaborando este ránking.



11 de agosto de 2018

MERCADO DA IMAXE E PALILLEIRAS EN CAMBADOS




Nesta fin de semana, o sábado 11 e o domingo día 12, a Praza de Fefiñáns, será a capital da oferta cultural, artesana e dos oficios emerxentes coa quinta edición do Mercado da Imaxe que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados.
Seguindo o modelo de recuperación de Fefiñáns para usos públicos o evento organízase en dúas partes, na Praza instalaranse os postos de artesanía, oficios, artistas e creación contemporánea, mentres que na alameda de Fefiñáns desenvolveránse as actividades culturais complementarias.
O evento foi presentado por Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura do Concello de Cambados e polo director de Lobisome Producións, Antón Mascato, entidade colaboradora na loxística deste certame. Caamaño Rivas, referíuse á nova convocatoria con palabras eloxiosas “volvemos reunir no extraordinario espazo da Praza de Fefiñáns, un gran evento lúdico e festivo, con diversas manifestacións de arte, fotografía, artistas gráficos, deseñadores de roupa e complementos, libro, disco e audiovisual, xentes da cultura, creativos e deseñadores de xogo, xoguetes e títeres…  na convicción de que é unha oportunidade para  facer visible a dinamización social, cultural e económica que pretendemos dende o goberno municipal”. O concelleiro afirmou que está traballando en futuros proxectos de dinamización cultural e social da Praza, que incidirán na cultura de Cambados e do Val do Salnés.
Pola súa banda, Antón Mascato, director do evento, afirmou que “a praza de Fefiñáns é o lugar perfecto para programar eventos destas características xuntando creadores, músicos, teatro ou magos, xoguetes e xogos populares, actividades ao ar libre, artes e oficios que recollan a diversidade creativa e artística ”.
Os organizadores fixeron mención especial aos creadores procedentes de Cambados, como a empresa Brazolinda, que crea xogos educativos, ou a firma Deica, de ilustración aplicada a obxectos, ademáis doutras procedentes do Grove, Vilagarcía, Vilanova, ou Ribadumia.  Profesionais de diferentes lugares de Galicia, e doutras partes da Península como Taller de Sueños, unha empresa de Zaragoza que crea xoguetes en folla de lata animados, algún deles farán traballos ao vivo durante os dous días do Mercado, encadernadores, deseñadores, artistas, xoieiros e outros profesionais nun evento que reúne arredor de trinta emprendedores de iniciativas variadas. O Mercado da Imaxe complétase cunha programación cultural que inclúe magos, xogos tradicionais, contacontos, obradoiros e safaris de fotografía.
ENCONTRO DE PALILLEIRAS
Por outra banda, mañán domingo dia 12 de agosto celébrase en Cambados o XII Encontro Internacional de Palilleiras no Pazo de Torrado.

A programacíon para o dia é a seguinte
10.30h No Pazo de Torrado acto de recibimiento e presentación das palilleiras.
12.00h Actuación de grupos de gaitas.
13.00h Entrega de agasallos ás profesoras de cada grupo.
13.30h Agasallos ás participantes
14.00-16.30h Xantar dos participantes
17.30h e 18.30h Sorteos
18.00h Actuación musical sorpresa

19.30h Clausura do Encontro


20 de julio de 2018

PECHADO O CARTEL DE CONCERTOS DA FESTA DO ALBARIÑO 2018




Xa están confirmadas as actuacións que terán lugar na Plaza de Fefiñáns durante a Festa do Albariño 2018.
O Concello de Cambados presentou esta mañá o Concerto Grande do Albariño, que será o venres día 3 de agosto.
A Orquestra de Jazz de Galicia con Uxia, Pedro Guerra e Martirio estarán en Fefiñáns ás 22.30 horas nun espectáculo presentado por Xurxo Souto.


Sin descartar nada, agora xa parece que sexa o cartel definitivo. 

Mércores 1 de Agosto
Kepa Junquera & Sorginak








Xoves 2 de Agosto
Guadi Galego












Ana Bacalhau













Pauliña










Venres 3 de Agosto

Orquestra De Jazz De Galicia









Uxía











Pedro Guerra







Martirio















Sábado 4 de Agosto


Leda Atómica






Dakidarria






Toteking








Domingo 5 de Agosto
Banda De Música De Castrelo, Rosa Cedrón e outros
















17 de julio de 2018

CONCERTO DE MANSO E AMIGOS EN FEFIÑÁNS




O concello de Cambados quere dinamizar o entorno recén peonalizado de Fefiñáns e por iso, en colaboración con Zona Centro, organizou un Concerto de Manso e Amigos que terá lugar o mércores 18 de xullo, festivo local, ás 21.30 horas. Tamén se repartiran globos en forma de acios de uvas a aqueles locais comerciais que o soliciten ven en Zona Centro ou na Concellaría de economía do Concello de Cambados.
Ademais, a Asociación de Comerciantes ten xa aberto o prazo ata o 3 de agosto para participar no tradicional Concurso de Camisetas do Albariño.


13 de julio de 2018

FEFIÑÁNS ÉNCHESE DE ARTESANÍA, OFICIOS, CULTURA E ARTE CO MERCADO DOS OFICIOS


Nesta fin de semana a Praza de Fefiñáns, acolle o Mercado dos Oficios, cunha completa  oferta cultural, artesana e dos vellos e novos oficios no que pode verse o traballo de deseño de moda, xoieiros; libreiros e deseñadores gráficos, artistas gráficos ou creadores de complementos, entre outros.

Este evento que organiza a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, mereceu a consideración expresa do concelleiro Víctor Caamaño para quen “este evento, que vai  xa pola cuarta edición, reúne todas as características coas que pretendemos dinamizar a Praza de Fefiñáns, como cultura, arte, deseño, oficios, complementos, xogos, obradoiros e actividades, magos e música”.

Mención especial merece a presenza de creadores e profesionais que farán traballos ao vivo durante os dous días do Mercado, onde poderán verse ademáis anticuarios e coleccionistas, libros e discos, conservas, creadores de cosmética e xabón,  xoguetes de madeira, títeres e outros profesionais nun evento que reúne arredor de trinta emprendedores de iniciativas variadas, reunidas baixo o criterio de achegar os labores de creación de artes populares ao gran público.
O evento organízase en dúas partes, na Praza instalaranse os postos de artesanía, oficios e creación contemporánea, mentres que na alameda de Fefiñáns desenvolveranse as actividades culturais complementarias, actuacións de música tradicional, xoguetes e xogos populares de uso libre, ludoteca, obradoiros de maxia e xogos, actividades teatro de títeres, contacontos, e obradoiros infantís.

O mercado e as súa actividades permanecerá aberto durante toda a fin de semana, sábado e domingo, das dez da mañá ata as doce da noite.


12 de junio de 2018

A PLAZA DE FEFIÑÁNS PERMANECERÁ CERRADA DURANTE XULLO E AGOSTO




A Praza de Fefiñáns e a Rúa Príncipe de Cambados quedarán pechadas ao tráfico rodado durante os meses de xullo e agosto.


O goberno municipal adoptou a decisión como medida de seguridade viaria en base a un informe da policia local e tras os dous accidentes rexistrados nesta zona o pasado mes de xaneiro.
A actuación non conta co respaldo unánime dos hosteleiros e comerciantes do entorno pero sí cun apoio que o Concelleiro do departamento, José Ramón Abal, considera suficiente para levala a cabo.
Paralelamente, o Concello habilita moi preto, na variante do Salnés, unha zona de aparcamento público gratuito durante todo o ano que dará cabida a 100 prazas de estacionamento.
Para tal fin, o Concello e o propietario da parcela, de 3.000 metros cadrados, asinaron un contrato de aluguer por catro anos por importe de 4.000 euros ao ano.
Os detalles explicábaos esta mañá o Concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Abal, acompañado do do Policía Local, Alejandro Falcón.


Escoitar a nova en ArousaSíRadio



22 de mayo de 2018

A ACTUACIÓN DE KEPA JUNKERA ABRIRÁ OS CONCERTOS DA FESTA DO ALBARIÑO´18



Seguindo a tradición de abrir os concertos da Festa do Albariño con música folk este ano subirase ao escenario de Fefiñáns o vasco Kepa Junkera. Será o día 1 de agosto, día no que arranca a Festa.
O concerto enmárcase na xira que o vasco está a facer por todo o territorio nacional e con algunha saída ao extranxeiro.

Kepa Junkera é un músico de folk en eúscaro. Mestre da trikitixa, editou ata a data 22 álbums, gañando en 2004 o premio Grammy Latino ao Mellor Álbum Folk polo seu disco en directo ' K'. Hai que destacar a infinidade de colaboracións levadas a cabo con músicos tan dispares como: A Bottine Souriante, María del Mar Bonet, Justin Vali, Hedningarna, Phil Cunningham, Liam Ou. Flynn, Béla Fleck, José Antonio Ramos, Xosé Manuel Budiño, Alasdair Fraser, Andy Narell, A Musgaña, Glen Velez, Carlos Núñez, Voces Búlgaras, Caetano Veloso, Mariña Rossell, Andreas Wollenwaider, The Chieftains, Doce Pontes e Pat Metheny entre outros moitos, e destacable é tamén a inxente cantidade de singles e temas compostos para diferentes entidades.
A trikitixa, un acordeón pequeno, entrou ao País Vasco no século XIX. Din que desde Francia ou desde Italia: a súa orixe é incerta. Empezou a asentarse nas festas populares da rexión, e era chamado polos sacerdotes «o fol do inferno» porque a súa música incitaba aos aldeáns para bailar pegados. En relativo pouco tempo pasou a formar parte da cultura popular, e aínda hai a día de hoxe artistas que reivindican o seu legado e, aínda por riba, o internacionalizan. Kepa Junkera, nacido no barrio bilbaíno de Recalde, é un dos máximos expoñentes da música tradicional vasca.


Kepa Junkera actuará acompañado do grupo Sorginak, formado por novas mulleres que cantan, bailan e tocan todo de tipo de percusións.

Sorginak:
Amets Ormaetxea: pandeireta-voz-baile-percusións
Alaitz Eskudero:pandeireta-voz-baile-percusións
Leire Etxezarreta: pandeireta-voz-baile-percusións
Irati Gutierrez: pandeireta-voz-baile-percusións
Garazi Otaegi: pandeireta-voz-baile-percusións
Maria Lasa: pandeireta-voz-baile-percusións
Alaitz Aulestia: pandeireta-voz-baile-percusións