Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de febrero de 2020

FIN DE SEMANA REPLETA. ACTOS BENÉFICOS E MÚSICA




ACTO BENÉFICO
O sábado 29 de febreiro no auditorio municipal de Vilagarcía proxectarase o último traballo de Antonio Resines o documental "Historias do noso cinema", a presentación deste documental realizarase ás 20:30 h. A data escollida non é casual xa que nese dia celebrarase o Día Mundial das Enfermidades Raras este ano deste xeito, Antonio Resines foi o embaixador da AME hai 2 anos. Ese día o actor reforzará o seu compromiso coa loita contra esta doenza coa súa presenza na proxección así como coa da codirectora Ana Pérez Lorente. Todo o que se recade nesta proxección irá destinado a investigar a Atrofia Muscular Espinal.



MÚSICA

A sala cambadesa KRAZZY KRAY "compite" con grandes salas nacionais e galegas, esto fai que ata Cambados cheguen bandas de renome como Rival Karma. Barcelona, Madrid, Zaragoza, Vigo ou Sarria son outros puntos de parada dos "ingleses".
Mañán sábado 29 de febreiro na Krazzy Kray na av. da Pastora. desde as 12 da noite.
Rival Karma encarnan as vibrantes e melancólicas vibracións das rúas da cidade de Londres e combínanas intelixentemente con fortes matices do arenoso e sucio Rock estadounidense. O dúo tamén incorpora elementos da herdanza francesa e italiana dos seus dous compoñentes para crear un estilo distintivo de rock que é rico en cultura e estilo.




O domingo turno para Pauliña no Auditorio Municipal de Cambados onde presentará o seu novo disco “A Malfalada” com entrada a inversa (consiste que a saída do concerto haberá unha caixa onde quen poida fai unha aportación para @s músic@s), e despóis no O Enxebre Cambados picoteo de balde. Poderase mercar o disco por tan so 5 euros.
DOMINGO 1 de MARZO ás 18:30 no Auditorio Municipal A Xuventude de Cambados.

Pauliña engrosa desde hai uns anos na listaxe de músicas que traballan na nosa lingua. A cambadesa mestura country, folk, blues, pop e soul en galego. Cancións que apostan pola enerxía e a reivindicación e que ven a luz da man de Xoinx Records. Gravado nos estudios desta firma en Bandeira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.