CUARTETO CARAMUXO
Este sábado, no Parque de Torrado ás 20h.
-Con estritas medidas de seguridade, no Parque Torrado.
-Aforo limitado con entrada gratuita.
-Con moitas precuacións pero a cultura non debe parar!
O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpretan música popular galega.
O repertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos, ademais de composicións de autores contemporáneos feitas expresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación e nos arranxos.
A filosofía dos Caramuxos resúmese nunha interpretación con gusto e sen maior pretensión que gozar da música.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.