O Concello de Cambados continúa coas actividades culturais de verán. De aquí a final de mes Cambados contará con exposicións e espectáculos musicais e circenses.
MÉRCORES 19 DE AGOSTO
13h. Inauguración da Exposición de Francisco Pazos na Praza de Fefiñáns.
XOVES 20 de Agosto
21h. NONO
Espectáculo de Clown no Parque de Torrado

XOVES, 27 de Agosto
AUTOESTOPISTA INTERGALÁCTICO
Un show de ciencia-ficción, de clown e transformismo con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control de obxectos malabares e paralizan ó público con monólogos esmendrellantes. Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo. Benvidos ao mundo do … Autoestopista Intergaláctico.
XOVES, VENRES E SÁBADO, 27, 28 e 29 de Agosto.
II Ciclo de Música Antiga, organizado pola asociación de Amig@s de Fefiñáns, nos xardíns do Pazo de Fefiñáns.
Lembrar tamén que continúa, ata o 20 de setembro, a exposición “Foz” de Santiago Ydáñez, que está a ser unha das máis visitadas dos últimos anos en EsPazo Torrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.