Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2020

APRAZADO O CONCERTO DE NICKY JAM A XULLO DO 2021

O Concello de Cambados ven de facer oficial a cancelación do concerto de Nicki Jam
Todas as entradas xa adquiridas serán válidas para a nova data do 30 de Xullo de 2021.
Podese solicitar o reembolso das entradas xa adquiridas a partir do proximo 1 xuño ata o 22 de xuño de 2020 inclusive.
O Top Mundial NICKY JAM , era a principal atracción musical das Festas do Albariño 2020.
O concerto debía ter lugar o venres 31 de Xullo na PRAZA FEFIÑÁNS cun aforo reducido. Só se puxeran á venda 5.000 entradas.
As primeiras 1.000 entradas sairan cun prezo reducido de 25€ gastos e as seguintes eran a 45€ gastos ata completar aforo. Desde o Concello, puxeran 400 entradas a prezo reducido de 15€ máis gastos de xestión para os censados en Cambados, que terán que acreditalo mediante o DNI ou volante de empadroamento. O venres 6 de marzo a partires das 17:00 hr en EXPOSALNÉS – Cambados as entradas foron vendidas en poucos minutos..
Para poder acceder ao concerto os menores de 16 anos deberían
 de ir acompañados do Pai, Nai ou titor legal, e aos comprendidos entre 16 e 18 anos tiñan que presentar na entrada do concerto una autorización dos titores que poderían descargar da web do Concello de Cambados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.