Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de agosto de 2019

PRESENTADO O XIX FESTIVAL XIRONSA

  • Fátima Abal acompañada pola deputada de Cultura Vitoria Alonso presentaron o XIX Festival Xironsa.
  • O festival terá lugar en Corvillón – Cambados os días 30 e 31 de agosto                                                    
Hoxe tivo lugar a presentación da XIX edición do Festival Xironsa no Salón de Plenos do Concello de Cambados, nesta presentación a alcaldesa Fátima Abal contou coa presenza de Vitoria Alonso deputada de Cultura.
Este ano como anos anteriores contará con varios concertos nos dous días de duración do Festival, ademais do xantar Xironsa, xogos tradicionais, unha feira artesán contarase con distintos postos de comida e a realización dun mural en vivo.
Ao longo dos días transcorrerán varias actuacións con pasarrúas, actuacións na sesión vermú e con concertos pola tarde, sen esquecernos das actuacións nocturnas na que o venres pola noite podemos contar con SES, XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DA SALITRE, LEIRABUXO,SRA DJ, e na noite do sábado actuarán OS RESENTIDOS, XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA, XIRONSA, TREBOADA ROCK, SRA. E SR. DJS.
A alcaldesa Fátima Abal agradece aos organizadores e colaboradores a realización deste tipo de eventos, que está claro que son todo un éxito, só basta con comprobar que esta xa é a súa dezanove edición e isto non seria posible sen un gran traballo dos organizadores e a resposta do público e anima a todos e a todas a que gocen destas actuacións, e como novidade este ano contarase con un Punto Morado para  axudar e informar as mulleres da mesma maneira que se contou na Festa do Albariño,  e recomenda prudencia para que sexan uns días inesquecibles e lémbrense pola diversión e o entretemento e non por outros motivos menos agradables.
Fátima Abal deséxalles que o tempo acompañe este evento e que teñan unha gran acollida e unha gran afluencia de público, como foi o caso das anteriores edicións e que este ano se batan todos os récords neste  XIX Festival Xironsa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.