Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ESTRADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESTRADAS. Mostrar todas las entradas

6 de diciembre de 2020

A XUNTA LIMPA AS MARXES DA VÍA RÁPIDA ESTA VINDIERA SEMANA


A Xunta ten previsto iniciar a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da vía de altas prestacións V.G.-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía de Arousa.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas actuacións, tamén se seguirá avanzando nas limpezas de distintas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, nas zonas do Condado-Paradanta e Vigo-Baixo Miño, así como na vía de alta capacidade C.G.- 4.2, en Tomiño e na Guarda.

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.


4 de octubre de 2020

LABORES DE LIMPEZA NA VIA RÁPIDA ENTRE CAMBADOS E VILAGARCÍA


Actuarase nas vías de alta capacidade CG-4.2, en Tomiño e A Guarda; na VG-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía; así como na estrada AC-542, en Betanzos.

Seguirán os traballos iniciados hai dúas semanas na vía de alta capacidade PO-010, que conecta a circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos.

Tamén continuará a traballarse na vía CG-2.2, en Lugo e no Corgo; na LU-862, entre O Vicedo e Viveiro; e na estrada da provincia de Ourense OU-404, en Cartelle.

Seguirán, ademais, as tarefas na comarca de Ferrol, na vía de alta capacidade VG-1.2, en Ares e Mugardos; e na estrada da Costa da Morte AC-432, en Vimianzo.

As actuacións céntranse na retirada de especies pirófilas e nas rozas nas marxes das estradas, así como no acondicionamento das sendas para o tránsito peonil.

Os obxectivos destes labores son potenciar o efecto cortalumes das estradas, aumentar a seguridade viaria e fomentar a mobilidade segura e sustentable.

A Xunta comeza este luns os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas de titularidade autonómica nas comarcas do Baixo Miño, O Salnés e Betanzos.

A vindeira semana iniciaranse estas tarefas de limpeza, concretamente, nas vías de alta capacidade CG-4.2, entre Tomiño e A Guarda; na Vía de Alta Capacidade VG-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía; e na estrada AC-542, ao seu paso polo municipio coruñés de Betanzos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de máis de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.


17 de septiembre de 2020

INÍCIASE A MELLORA DO FIRME EN DISTINTAS ESTRADAS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA, O SALNÉS E CALDAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas.
Os traballos, licitados por preto de 1 millón, contan cun prazo de execución de 4 meses.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
Estas intervencións teñen por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Os traballos de mellora do firme comezaron xa na estrada PO-305: Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600, entre Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste treito de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias.
Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720.
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.

13 de septiembre de 2020

A XUNTA ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DE FIRME EN DISTINTAS ESTRADAS AUTONÓMICAS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA, O SALNÉS E CALDAS

Os traballos, cun prazo de execución de 4 meses, prevén o seu inicio a finais deste mesmo mes

Actuarase nas vías PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a reforzar a seguridade viaria nas estradas da Xunta, ao tempo que impulsa investimentos para favorecer a actividade económica

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por máis de 815.000 euros as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas.

Os traballos, adxudicadas á empresa Covsa, contan cun prazo de execución de 4 meses.e prevén o seu comezo a finais deste mesmo mes.

As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.

O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.

Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste treito de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.

Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias.

Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720. Tamén se executarán esta tarefas na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600.

Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.

Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.

Deste xeito, o departamento de Infraestruturas da Xunta continúa a súa aposta polo reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas ao tempo que impulsa investimentos para favorecer a actividade económica.


24 de agosto de 2020

A XUNTA INICIA A MELLORA DE FIRME EN ESTRADAS AUTONÓMICAS DAS COMARCAS DO SALNÉS

A Xunta vén de comezar as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas.
Esta intervención, cun investimento de preto de 1 millóns de euros, terá un prazo de execución de 6 meses.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.
Os traballos consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas. Así, na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía de Arousa, os traballos centraranse nos treitos entre os puntos quilométricos 0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.
Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071 ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.
Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, actuarase nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao 18+744.
Finalmente, actuarase na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo este desde a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto, os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475, e no carril esquerdo, entre o 7+320 e 7+483.


20 de junio de 2020

REMATARON AS OBRAS NA ESTRADA ENTRE VILANOVA E CAMBADOS


Veñen de rematar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno do treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados.
Esta actuación, adxudicada por un importe duns 460.000 euros, foi executada pola empresa Narom S.L, Construcciones Orega, S.L..
A intervención centrouse no treito final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica PO-549. En concreto, os traballos desenvolvéronse entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800, atendendo así á solicitude do Concello de Vilanova no proceso de información pública deste proxecto, de ampliación do ámbito da intervención nunha lonxitude de 700 metros.
As principais intervencións centráronse na mellora das interseccións máis relevantes do tramo. Para isto, executáronse cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construíron dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
Na actuación destaca, ademais, a construción da nova glorieta na intersección do punto quilométrico 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.
Tamén se mellorou a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, garantindo a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas adicionais. Ademais, executouse un tramo de senda entre os puntos quilométricos 7+570 e 8+340 pola marxe esquerda da estrada.
Estas actuacións na estrada veranse complementadas coa instalación de tres novas marquesiñas.

29 de mayo de 2020

A DEPUTACIÓN APROBOU ESTE VENRES INVESTIMENTOS POR CASE 2 MILLÓNS DE EUROS PARA 18 CONCELLOS

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou este xoves dos asuntos que aprobará a Xunta de Goberno Provincial convocada para este venres, día no que tamén está convocado un pleno ordinario. Así, avanzou que se aprobarán investimentos por case dous millóns de euros para 18 concellos. Así, como asuntos máis destacados Carmela Silva sinalou que nesa Xunta de Goberno van "aprobar investimentos por case dous millóns de euros para 18 concellos da provincia", dentro da Liña 1 do Plan Concellos. As axudas están destinadas aos concellos de Gondomar, Caldas de Reis, O Grove, Nigrán, Redondela e Salvaterra do Miño, para diversas actuacións. E dentro da Liña 2 do Plan Concellos, destinada á creación de emprego, está previsto destinar case 102.000 euros aos municipios de Barro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Vilagarcía de Arousa. Tamén haberá recursos dentro da Liña 3, para a conservación e o funcionamento de bens e servizos, na que serán beneficiarios O Rosal e Cambados. "Xa levamos concedidos 16,5 millóns de euros aos concellos", subliñou a presidenta na comparecencia deste xoves. PLAN MÓVESE III Outro dos asuntos que figuran na orde do día da Xunta de Goberno é a terceira edición do Plan Móvese, deseñado co "modelo de mobilidade integral, sostible e segura", de acougado de tráfico e priorización das persoas antes que os vehículos. A súa planificación xa está finalizada e coa súa aprobación en Xunta de Goberno dáse inicio ao procedemento de contratación dos primeiros lotes de obras.
Móvese III, explicou, significará en ano e medio un investimento nas estradas provinciais de 2,5 millóns de euros, un millón de euros no que resta deste ano e 1,5 millóns en 2021. En total executaranse 478 obras que beneficiarán a 54 concellos da provincia na seguridade viaria, na prevención de accidentes e facilitando novos hábitos saudables das persoas que utilizan as estradas provinciais para camiñar ou facer deporte. "Entre as tres edicións suman 7 millóns de euros e 1.500 actuacións desde 2016", valorou a presidenta da Deputación, "con estes recursos hai actividade económica e créase emprego", engadiu. CONSERVACIÓN DE FIRMES Finalmente, será este venres cando se adxudique a conservación de firmes nas estradas provinciais da denominada Zona A que inclúe os concellos de Pontevedra, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Bueu, Marín, Cangas, Moaña, Caldas, Portas, Moraña e Campo Lameiro. E tamén se aprobará un novo proxecto de conservación de firmes para a Zona C, que inclúe as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Está pendente de que se resolva o contrato en vigor que tiña a empresa Nexia, actualmente en proceso concursal, así que mentres non se adxudique, seguen "actuando nesa zona con medios propios", indicou Silva.



27 de mayo de 2020

OBRAS DE MELLORA EN ESTRADAS DO SALNÉS (veñen elecións)

Un total de catorce empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis, licitadas por importe de 1 millóns de euros.
Esta intervención terán un prazo de execución de 4 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste tramo de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias.
Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720. Tamén se executarán esta tarefas na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.



25 de mayo de 2020

OBRAS NA ESTRADA ENTRE CAMBADOS E VILANOVA

-As actuacións consistirán no estendido dunha nova capa de microaglomerado cunha especial resistencia ao deslizamento dos vehículos
-Para poder acometer estes traballos será preciso regular a circulación mediante semáforos ou sinalistas
-As obras enmárcanse no proxecto de mellora de seguridade nesta vía, que está case finalizado, restando estes traballos e a instalación de catro marquesiñas
A Xunta realizará entre hoxe e o venres traballos de renovación do firme na estrada PO-549, en Cambados e Vilanova de Arousa, que farán necesaria a regulación do tráfico.
As actuacións centraranse no estendido dunha nova capa de microaglomerado cunha especial resistencia ao deslizamento dos vehículos.
Para poder executar estes traballos será preciso regular a circulación mediante semáforos ou sinalistas.
Estas obras enmárcanse no proxecto de mellora de seguridade viaria nesta estrada autonómica, dende o punto quilométrico 8 ata o 9+800, que está a piques de rematarse.
A intervención, no seu conxunto, está practicamente finalizada, restando só estes traballos de firme e sinalización, así como a instalación de catro refuxios en paradas de autobús.
Unha vez acometida a nova capa de rodadura, será necesario agardar uns días para repoñer a pintura da estrada.


11 de mayo de 2020

A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 700.000€ EN ARRANXAR ESTRADAS DO SALNÉS

O Goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe luz verde a unha inxección de máis de 2,2 millóns de euros destinada á conservación de firmes nas estradas provinciais. Esta adxudicación de contratos, distribuída en tres lotes por zonas xeográficas da provincia, completarase proximamente con outras dúas que permitirán seguir achegando recursos aos concellos para manter a rede viaria e impulsar a economía. A presidenta, Carmela Silva, resaltou que "É fundamental facilitar a mobilidade e seguridade das persoas que empregan as estradas de titularidade provincial pero, ademais, con esta adxudicación de máis de 2,2 millóns, imos permitir que se reactive a actividade económica, o que significa tamén o mantemento do emprego".
En concreto os máis de 2,2 millóns de euros aprobados pola Xunta de Goberno están distribuídos en tres lotes que afectan a tres zonas da provincia de Pontevedra.
Polo que respecta a estradas do Salnés e Ulla-Umia preto de 700.000 € irán para estradas provinciais de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova e A Illa. Nesta zona as actuacións terán lugar na EP8504 Forno-Cernadas e EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga); na EP 8702 Catoira-Torres do Oeste (Catoira); EP 9001 Castrelo-Couto de Abaixo e EP 9005 Corbillón-Tremoedo (Cambados); EP 9101 O Grove-Igrexa de San Vicente, EP 9102 acceso mirador Siradella e EP 9103 rampla Meloxo (O Grove); EP 9205 Sanxenxo-Meaño, EP 9208 Noalla-Aios e EP 9212 Noalla-Praia da Lanzada (Sanxenxo); EP 9303 Meaño-Dena (Meaño); EP 9403 Santo Tomé-San Salvador (Meis); EP 9508 Lois-A Goulla e EP 9509 Os Muíños Novos-Tabueiros (Ribadumia); EP 9803 Vilanova-Pontearnelas (Vilanova) e EP 9801 Ponte-Laxes (A Illa de Arousa).
A presidenta provincial informou que aínda quedan pendentes dúas contratacións máis, para poder cubrir os 1.500 quilómetros de vías provinciais e garantir que se manteñan en "perfecto estado". 

24 de abril de 2020

A XUNTA LICITA AS OBRAS EN ESTRADAS DO SALNÉS

A Xunta publica hoxe na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis cun investimento de 1 millóns de euros.
As empresas interesadas na actuación, que terán un prazo de execución de 4 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 20 de maio. O obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste treito de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias.
Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720. Tamén se executarán esta tarefas na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.



8 de marzo de 2020

A MELLORA DE SEGURIDADE DA ESTRADA PO-549, EN CAMBADOS, PROVOCARÁ CORTES NA CIRCULACIÓN

As obras de mellora de seguridade na estrada PO-549, ao seu paso por Cambados, farán necesario un corte de carril a partir de mañá.
Este peche de carril, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 7+500 e 9+300 da vía, manterase dende o luns ata o vindeiro día 18 de marzo.
Para facilitar a circulación, darase tráfico en ambos sentidos por un mesmo carril, con paso alternativo regulado por semáforos.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar a supresión dun tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3
As principais actuacións realizaranse nas interseccións máis relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica.
Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
Ademais mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas.


30 de noviembre de 2019

ALARMA POLA DESAPARICIÓN DE UN ANCIÁN EN CAMBADOS

Eran as oito menos dez da mañán cando o 112 recibía unha chamada alertando da desaparición dun home duns 80 anos en Cambados. O ancián era un turista enfermo de alzheimer e aloxado nun hotel céntrico do povo.
O home apareceu aos poucos minutos nas inmediacións do Hotel Europa, san e salvo. 

O Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados que participou na busca do ancián, tivo tamén traballo extra cunha mancha de gasoil na rúa San Benito. Pasadas as 10 e media de onte acudiron, alertados pola Policía Local, procederon a limpar unha mancha de gasóil en Fefiñáns.
Horas máis tarde, as dez e media da mañán, volveron a recibir unha segunda chamada da Policía Local alertando que a zona seguía a estar esbaradiza polo que volveron a actuar para evitar que se produciran situacións de risco.



5 de agosto de 2019

140 CONDUCTORES DAN POSITIVO DURANTE A FESTA DO ALBARIÑO


Efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil han realizaron 2.783 probas de detección de alcol e drogas a pasada fin de semana no marco do dispositivo especial con motivo da celebración da Festa do Albariño de Cambados, nos que 140 condutores obtiveron resultado positivo por alcol e tres no test de drogas. Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, dos 140 positivos, 121 foron denunciados por vía administrativa, mentres que aos 19 restantes instruíronselles dilixencias penais por superar a taxa de 0,60 mg/ l en aire expirado. Así mesmo, foron investigados outros dous condutores por tentar eludir os controis de alcoholemia. "No seu intento observouse que puxeron posto en perigo concreto a diversos condutores ou usuarios e a súa propia que acabaron sufrindo senllas saídas de vía", destacaron as mesmas fontes. Por iso, a ambos os condutores atribúeselles a comisión de senllos delitos de condución temeraria castigados con penas de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos por tempo superior a un e ata seis anos, engadiron. Mentres, dos cinco condutores sometidos ao test salival para comprobar a presenza no organismo de drogas, tres resultaron positivos, aos cales se lles formulou expediente denuncia por vía administrativa.



18 de junio de 2019

A MELLORA DA ESTRADA ENTRE CAMBADOS E VILANOVA PODERÍA EMPEZAR EN XULLO



A Xunta convoca o 17 de xullo aos titulares das fincas necesarias para a mellora da seguridade viaria na PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un investimento de 460.000 euros á supresión deste tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3

Esta actuación poderá empezar no mes de xullo, sempre en función de que se garanta a compatibilidade das mesmas co tráfico en época estival, podendo pospoñerse o seu inicio para o mes de setembro se é necesario.

Reformaranse as interseccións mais relevantes coa execución de cuñas de cambio de velocidade e semiglorietas para os cambios de sentido.

Mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue avanzando no obxectivo de ter eliminados en 2020 todos estes tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica. 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar hoxe no Boletín oficial da provincia de Pontevedra a convocatoria para o día 17 de xullo aos titulares dos terreos necesarios para executar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno de tramos de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados.
Segundo recolle o boletín provincial, o acto de formalización das actas de ocupación terá lugar ese mesmo día en ambos concellos. En concreto, no Concello de Vilanova os titulares dos terreos están citados na Casa de Cultura de San Miguel de Deiro, ás 10:00 horas. E no Concello de Cambados, no Centro sociocultural de Corvillón, ás 11:00 horas.

O departamento de Infraestruturas da Xunta destina a esta actuación uns 460.000 euros e os traballos foron adxudicados á empresa Narom S.L, que dispón dun prazo de execución de oito meses, desde o inicio das mesmas. Esta actuación poderá comezar no mes de xullo, sempre en función de que se garanta a compatibilidade das mesmas co tráfico en época estival. De non ser compatible, os traballo se empezarían no mes de setembro.
Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade enmarcase no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 da Xunta, e ten por obxectivo levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade neste treito final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica PO-549.




29 de mayo de 2019

A DEPUTACIÓN INICIA A CAMPAÑA 2019 DO PLAN DE CONSERVACIÓN DE FIRMES NA ZONA DO SALNÉS


O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai iniciar mañá a campaña 2019 do Plan de Conservación de Firmes na zona do Salnés. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, o contrato permitirá mellorar unha vintena de estradas provinciais da comarca e no Concello de Valga nas que se detectaron deficiencias, mellorando de xeito puntual treitos e áreas que están en mal estado con levantamentos, fochancas, fendas ou cuarteados. As actuacións deste ano completan a planificación a catro anos vista que xa se iniciara o ano pasado.
A previsión é que no día de mañá se inicien as obras na EP-9206 Portonovo-Vichona, realizando un fresado e reposición de firme duns 5.000 metros cadrados de calzada. Os traballos comezarán pola zona de Sanxenxo, agardando rematar a finais da próxima semana. Cando o firme estea totalmente consolidado  realizarase posteriormente o pintado da sinalización horizontal.
Hai que lembrar que o departamento de Mobilidade está a realizar unha batida de renovación da rede viaria por toda a provincia a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para toda a provincia. Esta fórmula de contratación para realizar melloras de firmes supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias.
O novo contrato marco anual de conservación que se está a aplicar supón na práctica unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias en calquera un dos firmes da rede provincial por parte do persoal da Deputación.
Dentro da extensa rede de estradas pertencentes a Deputación estableceuse unha división por zonas para acometer obras de reparación de firmes ao abeiro do acordo marco. A zona E comprende os concellos de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, e Illa de Arousa. As actuacións desta campaña teñen un orzamento de 699.868,86 euros, un prazo de execución de catro meses, e comprenderán as seguintes estradas:
VALGA
  • 8503 CORDEIRO - SENÍN
  • 8504 O FORNO – AS CERNADAS
  • 8505 FERREIRÓS - VILAR
CAMBADOS
  • 9002 FEFIÑÁNS - OUBIÑA
  • 9003 VARIANTE DE CAMBADOS
GROVE
  • 9101 O GROVE – IGREXA DE SAN VICENTE
SANXENXO
  • 9201 SANXENXO - BORDÓNS - E.SAMIEIRA
  • 9202 NANÍN - IGREXA DE BORDÓNS
  • 9205 SANXENXO - MEAÑO
  • 9206 PORTONOVO - VICHONA
  • 9207 VICHONA - DENA
  • 9213 A GRANXA - DORRÓN
MEAÑO
  • 9305 COIRÓN - RIBADUMIA - LEIRO
MEIS
  • 9404 IGREXA DE PARADELA
RIBADUMIA
  • 9502 SISÁN - PONTE DE ESTACAS
  • 9503 SISÁN - PADRENDA
  • 9504 LEIRO - BESOMAÑO - RIBADUMIA
  • 9505 RAMAL DA IGREXA DE BARRANTES
  • 9509 OS MUÍÑOS NOVOS - TABUEIROS
VILANOVA DE AROUSA
  • 9703 VILANOVA - PONTEARNELAS

Este lote de mellora de estradas estará a cargo da empresa ‘Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa SL'.



27 de enero de 2019

14 EMPRESAS PRESENTAN OFERTAS PARA EXECUTAR OBRAS DE SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PO-549 ENTRE VILANOVA E CAMBADOS

Un total de 14 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, en Vilanova de Arousa, e a vía de alta capacidade VG-4.3 en Cambados, cun orzamento que rolda os 575.000 euros. A intervención da Consellería de Infraestruturas, que se enmarca no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, prevé evitar ou mitigar a accidentalidade no tramo final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica. As principais actuacións realizaranse nas interseccións máis relevantes do tramo e supoñerán a construción de dúas semiglorietas para os cambios de sentido. Tamén se prevé unha nova rotonda e a mellora da seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús.






16 de noviembre de 2018

SAE A INFORMACIÓN PÚBLICA A MELLORA DA ESTRADA PO-549 ENTRE VILANOVE E CAMBADOS

Imaxe: La Voz de Galicia

A Xunta aproba a información pública do proxecto de mellora de seguridade na estrada PO-549, en Vilanova de Arousa e Cambados, ao ampliar en 700 metros o treito da actuación.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da información pública e do proxecto de mellora de seguridade viaria no entorno do tramo de concentración de accidentes na estrada PO-549, nos Concellos de Vilanova de Arousa e Cambados.
No seguinte enlace ao DOG, pódese ampliar a información relativa a este  anuncio:  https://goo.gl/dv15MM
Trátase dun proxecto cuxo obxecto inicial do proxecto era a formulación de actuacións puntuais coas que evitar ou reducir no posible a accidentalidade no tramo final da PO-549, identificado como TCA , entre o Pq. 8+000, ao final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa),e o Pq. 9+800, na intersección coa VG-4.3 en Cambados.
Este proxecto xa se sometera a información pública, procedemento no que o Concello de Vilanova solicitou que se ampliase o ámbito nunha lonxitude de 700 metros e se executasen sendas no tramo. O Goberno galego atendeu esta solicitude, polo que o tramo no que se desenvolverán as obras é o comprendido entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800.
As principais actuacións realizaranse nas interseccións mais relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
O proxecto tamén contempla a execución dunha nova glorieta na intersección do Pq. 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no Pq. 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.
Ademais mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de bus, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medida







10 de septiembre de 2018

A DEPUTACIÓN TRABALLA NA MELLORA DO FIRME DA ESTRADA FEFIÑÁNS-OUBIÑA



O deputado Uxío Benítez apunta que as obras completaranse coa renovación da sinalización horizontal
A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, está a traballar na mellora do firme das estradas provinciais EP-9002 Fefiñáns-Oubiña en Cambados e na EP-9704 de acceso á igrexa de Caleiro en Vilanova dentro do Plan de Conservación de Firmes que a institución provincial ten en marcha para mellorar a rede provincial.
Segundo explica Benítez, as actuacións realízanse de maneira preventiva para o mantemento das vías, actuando en diferentes treitos da estrada de Cambados onde se detectaron maiores deficiencias (algunhas zonas puntuais e outras abranguendo toda a sección), e en todo o ámbito da estrada á igrexa de Caleiro, nos 400 metros de lonxitude da vía de Vilanova.
Estes traballos na mellora das vías rematarán nos vindeiros días. Unha vez reposta a capa de rodadura e aplicadas as capas de tratamento antiescorregadizo acometerase tamén a nova sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, cebreados, símbolos e frechas).

Na contorna da comarca son varias as estradas que se están a rehabilitar na batida de renovación da rede viaria a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para todas as estradas da provincia. Esta fórmula supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias.

Co novo Plan de Conservación de firmes a provincia divídese en cinco zonas nas que cinco empresas diferentes son as responsables das obras. Á zona do Salnés correpóndelle o lote cinco, que atende aos concellos de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Illa de Arousa, cun orzamento de 699.868,86 euros e a adxudicataria ‘Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa SL’ (MARCONSA).



28 de agosto de 2018

A DEPUTACIÓN MELLORA O FIRME DA ESTRADA PROVINCIAL EP-9506 BARRANTES-VILARIÑO EN CAMBADOS



A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, rematará nas próximas xornadas a rehabilitación do firme da estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño, dentro do termo municipal de Cambados. A actuación, segundo explica o deputado Uxío Benítez, supón a mellora duns 900 metros cadrados ao final da vía, e está enmarcada dentro do Plan de Conservación de Firmes que a institución provincial estreou este ano para mellorar a rede provincial.
As obras nesta estrada, segundo explica Benítez, débense a que os vixiantes da zona detectaron aglomerado en mal estado en lugares puntuais debido ao seu uso e tamén ás inclemencias do tempo. Ante isto, activouse o novo contrato marco e iniciáronse as obras de rehabilitación estrutural a primeiros de agosto co fresado da calzada, para posteriormente repoñer a capa de rodadura e aplicar capas de tratamento antiescorregadizo. Os traballos, segundo está previsto, finalizarán nos vindeiros días, cando a empresa retomará a actividade e repintará a sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, cebreados, símbolos e frechas).
Na comarca do Salnés son xa varias as estradas que se están a rehabilitar na batida de renovación da rede viaria a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para as estradas da provincia. Esta fórmula supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias. Os proxectos de actuación dentro do contrato marco son acoutados e en ningún caso se mellora a totalidade da lonxitude e sección dunha estrada, xa que unha actuación desas características requiriría dun proxecto completo e específico para cada vía.