Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2019

A MELLORA DA ESTRADA ENTRE CAMBADOS E VILANOVA PODERÍA EMPEZAR EN XULLO



A Xunta convoca o 17 de xullo aos titulares das fincas necesarias para a mellora da seguridade viaria na PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un investimento de 460.000 euros á supresión deste tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3

Esta actuación poderá empezar no mes de xullo, sempre en función de que se garanta a compatibilidade das mesmas co tráfico en época estival, podendo pospoñerse o seu inicio para o mes de setembro se é necesario.

Reformaranse as interseccións mais relevantes coa execución de cuñas de cambio de velocidade e semiglorietas para os cambios de sentido.

Mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue avanzando no obxectivo de ter eliminados en 2020 todos estes tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica. 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar hoxe no Boletín oficial da provincia de Pontevedra a convocatoria para o día 17 de xullo aos titulares dos terreos necesarios para executar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno de tramos de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados.
Segundo recolle o boletín provincial, o acto de formalización das actas de ocupación terá lugar ese mesmo día en ambos concellos. En concreto, no Concello de Vilanova os titulares dos terreos están citados na Casa de Cultura de San Miguel de Deiro, ás 10:00 horas. E no Concello de Cambados, no Centro sociocultural de Corvillón, ás 11:00 horas.

O departamento de Infraestruturas da Xunta destina a esta actuación uns 460.000 euros e os traballos foron adxudicados á empresa Narom S.L, que dispón dun prazo de execución de oito meses, desde o inicio das mesmas. Esta actuación poderá comezar no mes de xullo, sempre en función de que se garanta a compatibilidade das mesmas co tráfico en época estival. De non ser compatible, os traballo se empezarían no mes de setembro.
Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade enmarcase no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 da Xunta, e ten por obxectivo levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade neste treito final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica PO-549.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.