CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta SEGURIDADE CIDADAN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SEGURIDADE CIDADAN. Amosar todas as publicacións

7.7.17

CARCAS, SECTARIOS E, SOBRE TODO, FILLOS DE PPUTA














 


Antes de comezar, pido desculpas a todos os lectores de “Cores de Cambados” pola vocabulario que  empregarei pero debo sinalar que hoxe falarei duns fillos de puta, duns verdadeiros e desgraciados fillos da grandísima puta e que non son outros que  os administradores das páxinas carcas “O solpor de Cambados” e “Sombras de Cambados” así que  comezarei dende un principio.
Como xa temos comentado, en mais dunha ocasión, a chegada do Cuatripartito  ao Concello de Cambados e, polo tanto, o paso do Partido Popular á oposición provocou, entre outras cousas, a aparición de blogs e paxinas nas redes sociais, simpatizantes coa dereita e críticas co novo goberno municipal; hasta aí nada novo; cando gobernaba o PP, tamén existían (e, afortunadamente en algún caso, seguen existindo) páxinas críticas coa dereita: “Cambados.tk”, “A ti meu Cambados” (do sempre recordado e querido Xaquín Charlín “CHON”), “Alzalavozcambados” ou, precisamente, esta que estades a ler agora mesmo: “Cores de Cambados”; posteriormente, como resposta a ditas  páxinas da dereita, apareceron “Un novo Cambados” e “La alternativa de Cambados”. Aquí, algunha vez, temos falado de  ditas páxinas conservadoras, sobre todo para destacar hasta onde podía chegar a súa particular “obsesión” por intentar desprestixiar ao actual goberno municipal e que os levaban a situacións cómicas e, nalgúns casos, simplemente ridículas como, naquela ocasión (que xa temos comentado algunha vez) do primeiro ano no que o Cuatripartito tivo que organizar  a Festa do Albariño; dende estas páxinas  dixeron que a esquerda había arruinado a Festa e que a mesma fora un  fracaso, o divertido do caso (e que amosa hasta que punto están obsesionados os mesmos) é que todos eses comentarios fixéronnos unha semana antes de que empezara a Festa do Albariño: estaban tan ofuscados con querer criticar ao goberno municipal  que, nin sequera  esperaron  a ver os resultados e actuaron coma unha sorte  deses  adiviños  que podes atopar a altas horas da madrugada, en calquera canle de televisión, botando as cartas.
Hai moitos mais casos que podiamos contar, como aquela ocasión na que pechou un supermercado en Castrelo e, como non,  a culpa, para eles foi, tamén,  do Cuatripartito ou, a mellor de todas: recen nomeada alcaldesa, Fátima Abal  e, cando nin sequera levaba 48 horas hábiles como rexedora,  os de “Así es Cambados” colgaron fotos dicindo que si o pobo estaba sucio, que si non se  limpaba etc., todo iso, cando a alcaldesa, nin sequera se había sentado, por primeira vez, no seu despacho.


Persoalmente eu alégrome de que  aparecesen estes “iluminados” porque do patéticos que son hasta resultaban divertidos e, pasábamolo pipa, entrando en “Asi es Cambados” para rebaterlles as súas “pallas mentais” aínda que, co paso do tempo, e tras collelos en mais dun renuncio, acabáronme bloqueando, arrebatándome  tales momentos de divertimento.
Pero o que nunca pensei hasta fai uns días é que, no seu afán de pintar de negro o que  é branco, puideran chegar a ser tan, como dicilo …….  verdadeiros fillos de puta.
A cuestión é a seguinte: moitos coma min, de seguro que lestes na prensa a noticia de que na próxima Festa do Albariño a Policía Local de Cambados verase reforzada con efectivos das policías locais de Porriño, Nigrán e Tui e, o que é mais importante, cun grupo especializado da Policía Local de Vigo denominado GOA (Grupo Operativo de Apoio) especializado en reforzar a seguridade en actos con presenza masiva de xente; obviamente esta era unha boa noticia pois, este ano hai dúas razóns fundamentais para extremar a seguridade: que Cambados sexa a Capital  Europea do Viño e, sobre todo, polo nivel 4 de alerta antiterrorista no que se atopa todo o  Estado Español  e que leva a extremar as medidas de vixilancia en actos multitudinarios por ser potenciais obxectivos de atentados; todos os que traballamos no terreo da seguridade, xa sexa nos Corpos e Forzas do Estado ou, como no meu caso, na Seguridade Privada, o primeiro que nos ensinaron no seu dia é que a seguridade absoluta non existe e que sempre é mellorable  de aí que eu, coma moitos, alegrárame ao ler tal noticia.    
Pero o que menos podía imaxinar é que algún fillo de puta puidera pintar isto como algo negativo cando, como vimos de ver, non deixa de ser algo enormemente favorable para Cambados e para a festa …… como non quero que me acusen de manipulador, reproduzo textualmente o que dixeron en “O solpor de Cambados” e en “Sombras de Cambados”, respectivamente, a tenor de dita noticia.
La fiesta  del Albariño siempre se ha caracterizado por la ausencia de incidentes (…). Estos titulares lo que van a conseguir es disuadir a los visitantes que se acercaban a disfrutar de lo que los cambadeses estabamos convencidos que era la mejor fiesta del mundo”
“Menuda imagen ha ofrecido el Cuatripartito de la fiesta anunciando un ferreo control policial. Al menos esa es la impresión que están dando”
Perdoádeme,  queridos amigos, pola miña pouca orixinalidade na variedade de adxectivos pero hai que ser moi pero que moi fillos de puta para facer estas declaracións porque sexamos sinceros ¿realmente  quen son os que teñen que preocuparse de que haxa un reforzo policial? a min ocorréseme, en concreto, tres  grupos  de individuos aos que, dende logo, non lles contenta tal presenza armada: os delincuentes i, especialmente, os  “carteristas” que en todas as concentracións de xente fan o seu particular “agosto”; os condutores que, despois de beber mais da conta van a coller o coche co correspondente risco para eles e, sobre todo, para o resto de cidadáns e, por último, os que en toda festa van, simplemente, a “buscar bronca” e montar “lio”; como digo estes son os que, de verdade, teñen que preocuparse da presenza policial, pero o resto:  a xente de ben, os que quedan cos amigos, para gozar da festa ou, como no meu caso, pai de tres nenos que terei que levalos ás atraccións, creo que estaremos mais tranquilos sabendo que se reforzou a seguridade neses días.
As declaracións que vimos de ler déronme  por  pensar si os administradores das páxinas carcas non estarían nalgún dos grupos que numerei para que rexeiten o que eles denominan  “ferreo control policial”.  
Por certo neste caso amosase a hipocrisía e a dobre moral  destes elementos  porque, precisamente, foron  eles os que, o ano pasado  alegaban falta de seguridade para  que o acto de nomeamento de novos cabaleiros do Albariño seguise a facerse no Patio de armas do Pazo de Fefiñans en vez de facelo  na praza, como reclamabamos moitos, para que, así, o puidesen presenciar mais cambadeses.  ¿pódese ser mais hipócrita?  .
Por último non quero esquecerme de Luís Aragunde, quen no seu perfil de Facebook, compartiu o artigo de “O solpor de Cambados” onde se recollían estas manifestacións; normalmente cando compartes algo nas redes sociais, como neste caso , salvo que expreses o contrario, é porque coincides co que alí se expón; obviamente (e isto quero remarcalo) a diferenza dos administradores de “O solpor” e “ Sombras” non  considero a Luís Aragunde un fillo de puta (como intentaron, en outras ocasións,  poñer tal aseveración na miña boca ), basicamente porque coñezo á nai de Aragunde e para min é unha SEÑORA con maiúsculas que ten todo meu respecto e, ante a cal, soamente podo poñerme aos seus pes pero, dende logo, nunca pensei que Luís  puidera caer tan baixo porque si hai alguén en Cambados  que debería comprender mellor que ninguén a importancia  de reforzar  a  seguridade ese non  é outro que  Aragunde pois cando  el era alcalde, en  mais dunha ocasión, tivo que sentarse co xefe da Policía Local,  a Garda Civil e outras autoridades para analizar o dispositivo a montar  ante a que é, sen dúbida, a semana mais complicada do ano, en Cambados, en materia de seguridade.
Aragunde ao darlle pábulo a declaracións coma as anteriormente vistas, demostra  estar mais preocupado en buscar calquera escusa, por banal que sexa,  para atacar ao Cuatripartito que no  realmente importante  e que non é outra cousa que o benestar e a integridade física  de tódolos cambadeses.  
En pouco menos dun mes empeza a que é, para a maioría dos  cambadeses,  unha das datas mais esperadas do ano, moitos desexamos que sexa unha festa tranquila e que a mellor noticia sexa, a ausencia de incidentes e, por tanto, debemos agradecer ás distintas autoridades tódolos esforzos e medios que están poñendo da súa parte para lograr tal fin; lamentablemente, como vimos de ver,  hai xente que desexaría todo o contrario, ala eles coa súa conciencia porque dende logo a xente de ben de Cambados tena moi tranquila.  


                 UN SAUDO A TODAS E A TODOS
            RICARDO DOMINGUEZ REY
    







6.7.17

REFÓRZASE A SEGURIDADE NA FESTA DO ALBARIÑO POLA ALERTA TERRORISTA












Esta mañán celebrouse en Cambados a Xunta Local de Seguridade presidida pola subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortíz, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. e sobre todo falouse do dispositivo de seguridade que se organizará durante a Festa do Albariño.
Este ano á habitual cifra de asistentes hai que sumar as que se acheguen con motivo da Capitalidade Europea de Viño de Cambados. O goberno prevé un aumento de visitas en relación a anos anteriores sin poñer un número concreto. Normalmente son arredor de 200.000 persoas as que acudiron a Festa todos estes últimos anos.
Todo esto fai que o goberno local queira dar una resposta as demandas de seguridade que aparecen en eventos desta magnitude.
Por todo esto se incrementa o número de efectivos de seguridade cidadán coa chegada de  axentes das policías locais de Vigo (GOA,), Porriño, Nigrán e Tui. 
O Xefe da Policía Local tamén expuxo a necesidade de aumentar o número de efectivos da Garda Civil.
A ameaza Yihadista en concentracións multitudinarias é evidente polo que as medidas de seguridade van ser extremas. Compre lembrar que neste intre España está en nivel 4 de alto risco de atentados islamistas. malia que Cambados por importancia e poboación non debería ser obxectivo dos terroristas toda precaución é pouca.

A máis solicítase da Xunta un aumento de efectivos sanitarios para ese días.

O Concello de Cambados instalará barreiras de formigón en distintos puntos da contorna da praza de Fefiñáns e do Paseo dá Calzada para impedir o tránsito de vehículos pesados durante a Festa do Albariño, do 2 ao 6 de agosto, pola alerta de nivel 4 antiterrorista.

Ademais, como xa é habitual, reforzarase o persoal da Policía Local coa incorporación de axentes de Vigo, O Porriño, Nigrán e Tui, e tamén haberá máis efectivos da Garda Civil, que conta practicamente coa totalidade de axentes dispoñible para esas datas.

Así figura no plan de seguridade que hoxe abordaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, e a alcaldesa de Cambados, na reunión na que tamén estiveron presentes os concelleiros Tino Cordal e J.R. Abal e mandos das forzas de seguridade e de Protección Civil.


Do mesmo xeito que en anos anteriores, cortaranse ao tráfico varias rúas do centro da localidade e habilitaranse parcelas particulares nos arredores do centro para ser utilizadas como aparcadoiro e así aliviar a densidade de vehículos durante a Festa do Albariño.


Por último nesta xunta local de seguridade falouse do índice de criminalidade en Cambados durante os primeiros 5 meses do ano mantivéronse respecto aos datos do ano anterior, incrementándose o número de asuntos resoltos nun 29 por cento.







30.11.16

NOVO ACCIDENTE EN CORBILLÓN












Un novo accidente en Cambados sáldase so con danos materiaís.
O suceso producíase sobre as 20:15 horas de hoxe na avenida de Vilagarcía, en Corbillón na Po-549, 
Colaboraron nas tarefas de limpeza e sinalización a Policía Local i efectivos de Protección Civil de Cambados.










14.10.16

UNHA VECIÑA DENUNCIA PERSECUCIÓN POR PARTE DE AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS














A continuación podedes leer a nota que publica no seu muro do facebook unha veciña de Cambados denunciando os continuos desplantes e abusos por parte de axentes da Policía Local cambadesa.

O texto está correxido pola propia autora.



"Voume presentar, son unha muller, veciña da vila de Cambados, que fai vida no pobo, e que ten un vehículo e fai uso de el aquí. Ata este momento nada fora do común, e así gústame que sexa a min, unha mais de tantas veciñas deste pobo.
Sempre tentei facer unha vida normal, coma o resto, adaptándome como puiden e como me deixaron. Vou a contarvos un pouco máis, teño unha discapacidade de mobilidade que me impide camiñar e para iso utilizo aparatos e muletas. Algo que non me freou xamáis de traballar como unha máis ou desplazarme, facer vida en resumen.
O que si podo prometer e que as obrigacións que veñen impostas por estas limitacións cumplinnas todas, que remedio non si? En cambio nunca me aproveitei desto, para nada.
O motivo desta carta aberta é o seguinte, dende un tempo hacia aquí teño un problema que quero compartir con todos vos, xa porque non sei como solucionalo, porque pareceme xusto que se sepa, porque pode que así alguien poida darme unha solución ou porque quizáis alguén máis vive esta situación.
Despois de toda unha vida cos aparatos e as muletas ó meu carón, vou notando as consecuencias, fortes dores por facer forza, feridas nas pernas polas rozaduras, e perda de axilidade para desplazarme por mor de forzar a máquina de máis.
Mais tendo en conta esto, son unha persona negativa? NON, nin o fun nin o serei, e neste instante comeza a explicación do meu problema real.
Dende comezos de este verán, entraron na miña vida uns axentes da Policía local de Cambados, uns axentes que vexo máis que a moitos dos meus familiares, e dende logo nunca para ben.
Todo comezou unha tarde que estaba diante da casa dos meus pais, co meu coche aparcado na praza de discapacitados. Praza que solicitei ter e fago uso dela diariamente.
A vista está que teño un coche adaptado para min, e que teño dereito a aparcar en dita praza sin ter que xustificarme diariamente. Pois ben, estes axentes que velan pola seguridade e benestar da cidadanía consideraron que merecía unha multa por non ter o xustificante de discapacidade á vista no coche. Multa que paguei relixiosamente sabendo que non era merecida, pero decidín evitar problemas.
O seguinte encontro cos axentes da Policía Local foi diante do supermercado, tiña estacionado o coche diante, como o resto das persoas que van alí, pero neste caso xustificado que esté aparcado diante, pois nin hai praza para discapacitados nin donde deixalo preto para que poida chegar a el sin problemas e mais co peso da compra apoiado nas muletas. Neste caso non houbo multa, só aviso, porque salín a tempo do establecemento.

A siguiente vez que sucedeu esto, no mesmo sitio, tuven que insistir que non podo moverme ben, e que si consideraban mellor que me axudasen ca compra a levala ata o meu vehículo xa que non hai outra solución posible, e manifestei a miña disconformidade por ver como diariamente na praza para discapacitados que hai en Fefiñáns é ocupada dia si día tamén por persoas que non a necesitan, que non son sancionadas por ese feito, e que provocan que eu e as persoas que si podemos dispoñer desa praza teñamos que estacionar moito mais lonxe. Feito que non consideraron de relevancia os axentes.
Pois a seguinte vez que topei con eles, o primeiro que fixeron foi sacarme unha foto ó coche, a miña tarxeta de discapacitada estaba fora do sitio, pois a miña familia cando colle o meu coche quitaa para non aproveitarse desta situación, e nese momento no que a puxen no sitio o axente quitou a foto, non lle deu tempo a quitala para multarme, e escapouselle un JODER!.

Agora ven a parte na que me confeso, confeso que despois deste acoso, por parte dos axentes, que me fan a vida imposible, que me humillan e perseguen como se fose unha delincuente, que me imposibilitan facer unha vida o mais normal que podo, saleumes un insulto, dixenlles que se estaban a comportar conmigo como uns fillos de puta, cousa pola que me disculpei, pero que motivou unha multa.

A conclusión de eles é a seguinte, si non podes aparcar coma o resto e moverte non te movas da casa, a base de multas vas a aprender, hai novos sheriffs na vila, e non están para facilitar a vida ós cidadáns, velar pola súa seguridade e benestar.

A partires deste momento comecei a velos mais, están tan pendientes de min, que realmente xa non sei que facer. 
Anteriormente e desta vez cos policías locais de reforzo que traballan no verán sucedeu a seguinte situación, estacionei diante da praza de abastos, meu coche tiña exactamente media roda de diante tapando a liña amarela, eu salía da ferretería cargando en cada muleta bolsas con botes de pintura, e estos dous axentes consideraron mais importante multarme por tapar con media roda a liña amarela que botarme unha man a chegar ó meu vehículo con todo o peso. As persoas que pasaban por alí increpáronnos, e pode que esto alimentase o seu afecto hacia a miña persoa. 

Outra das anécdotas, por chamarlle de algunha maneira, foi cando tiña que acudir á asistenta social para entregarlle uns documentos en man, polo cal debía aparcar e baixar ó centro médico, pero chovía tanto e non había onde aparcar que ó ver a dous axentes pregunteilles si podía parar o coche un momento para levar o papel, estacionandoo sin que molestase ó resto dos vehículos, pero a resposta pola súa parte foi unha negativa, tanto eso como que recollesen eles mesmos o documento , é decir, aportar solucións non, e facilitar a vida ós cidadáns tampouco.

Esta serie de feitos fai que me pregunte, cal é o deber destes axentes? Velar pola cidadanía? Simplemente sancionar sin miramentos? Mirar si os vehículos estacionados nas prazas de discapacitados están adaptados ou teñen tarxeta?
Con esto tamén quero engadir, que non todos son iguais, por suposto que non, xa que anteriormente o sarxento que estivo aquí no pobo, ou calquera dos outros axentes, sempre intentaron facilitarme a mobilidade, e ofreceron alternativas.
En conclusión quería compartir con vos a miña situación, moitas grazas por lerme, compartir este texto ou aportar ideas".








2.6.16

11 CONCELLOS E DEPUTACIÓN APOSTAN POLAS "CIDADES D@S NEN@S"













Representantes da Deputación de Pontevedra e dos concellos de Tomiño, Catoira, Cambados, Silleda, Redondela, Ponteareas, Lalín, Salceda, Arbo, Vilaboa e Pontevedra expuxeron hoxe no Seminario de Cidades d@s nen@s celebrado en Granada a súa aposta pola filosofía de Francesco Tonucci á hora de deseñar as súas vilas. No encontro compartiron experiencias con participantes doutros corenta concellos e entidades de todo o estado coa finalidade de lograr que os espazos públicos sexan deseñados para os nenos e, por extensión, para os demais cidadáns en lugar de para os coches.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez, que falou en nome dos municipios pontevedreses, destacou que a Deputación de Pontevedra vén de cambiar o modelo de mobilidade que se viña aplicando ata hai un ano na provincia. Sinalou que "queremos dar un xiro de 180º ás políticas iniciando unha estratexia de mobilidade sostible que ten como destinatarias ás persoas". Subliñou que se está a traballar en dúas liñas e destacou que a primeira é o traballo nas vías de titularidade provincial, creando espazos de seguridade destinados ás persoas nos núcleos rurais de poboación. Neste sentido citou o Plan Móvese para promover medidas de calmado do tráfico que permitan que os tránsitos peonís se realicen en contornos de convivencia.

Como segunda liña, Benítez salientou que a Deputación quere traballar como elemento de expansión do 'modelo Pontevedra', que Tonucci calificou como a "referencia fundamental" para aplicar os criterios das 'Cidades d@s nen@s'. "Queremos funcionar como asesores, como guías para os concellos e expandir as ideas... servir de interlocutores e impulsores dunha rede provincial de cidades e vilas dos nenos e nenas", salientou, para engadir que "hai que traballar para que tamén se poida aplicar a filosofía Tonucci tamén nos pequenos concellos do rural", dixo. Benítez lembrou que dende o mes de xaneiro, cando a Deputación organizou o primeiro encontro para potenciar unha provincia 'amiga d@s nen@s', xa se teñen adherido formalmente á rede 17 concellos pontevedreses, que a partir de agora irán aplicando actuacións concretas.
Por parte da provincia de Pontevedra estiveron en Granada o vicepresidente Mosquera, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, os deputados Digna Rivas e Santos Héctor, o asesor Jesús Fole, os alcaldes de Catoira, Silleda, Cambados e Tomiño, e concelleiros de Vilaboa, Arbo, Redondela, Ponteareas, Lalín, Pontevedra e Salceda.  Participaron tamén concellos do resto do estado como Granada, Barcelona, Santiago, Narón, Fuerteventura ou Málaga, entre outros. Tamén representantes de entidades e universidades de todo o estado.
O proxecto
 O proxecto 'A cidade dos nenos' naceu en Fano (Italia) en 1991 e traballa cara a unha nova filosofía de goberno da cidade, tomando aos nenos como parámetro e como garantía das necesidades de todos os cidadáns. Desde a súa creación adheríronse 200 cidades de Italia, España, Arxentina, Colombia, México, Uruguai, Perú, Chile e Líbano.
O Seminario organízase no marco da exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato' e abordou as características, ideas, valores e iniciativas que os concellos deben asumir para sumarse á Rede Internacional. Todo iso a través da exposición de casos de éxito e de experiencias que enriqueceron o encontro con expertos de áreas tan diversas como o urbanismo, o espazo público, a arquitectura, a mobilidade, a cultura ou a educación.
Así mesmo, os asistentes tiveron a oportunidade de visitar a exposición 'IImaxinar a educación. 50 anos con Frato' e coñecer os elementos pedagóxicos que se mostran nela e que están na base da metodoloxía educativa desenvolvida polo pedagogo italiano.
Durante o seminario plantexouse a posibilidade de que Pontevedra sexa a cidade que acolla o próximo seminario da rede internacional.



26.7.15

CAMBADOS RECIBE UN NOVO VEHÍCULO PARA A POLICÍA LOCAL







O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta tarde de dez vehículos á Policía Local dos concellos pontevedreses de Bueu, Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Mondariz, As Neves, Poio, Tomiño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.
O acto tivo lugar na delegación da Xunta en Pontevedra, e contou coa presenza do delegado territorial na provincia, José Manuel Cores Tourís. As entregas destes vehículos, que comezaron o pasado martes na provincia da Coruña, estanse a realizar ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros.
Por parte cambadesa asisteu José Ramón Abal concelleiro cambadés.



26.5.14

SEMINARIO DE DEFENSA PERSOAL FEMENINA






 
Esta é a mellor ocasión para aprender a aplicar sinxelas técnicas de defensa persoal en caso de necesitalo: seminario gratuito de defensa persoal feminina, este de maio pola tarde. Esta especialmente orientado ás mulleres pero os homes tamén poden participar.

É gratuito e esta dirixido por dous  profesionais de judo, Andres Senin e Rosi Serantes.
 Sábado 31
O seminario terá lugar no Ximnasio Vital Sport de Cambados na avda de Vilariño a partir das 17:00hrs.







9.5.14

CONTO ELECTORAL. A SEGURIDADE É O MÁIS IMPORTANTE





Hai unhas semanas saltaba a nova de que un residente nun asilo rexentado por monxas desaparecera unha persoa.

As forzas vivas de algúns concellos da comarca xa están a preparar un protocolo de seguridade para que o vindeiro 25 de maio esto non ocurra e todos os anciáns de asilos e residencias acudan a exercer o seu dereito a votar.
Coma sempre o dereito a votar é fundamental na democracia e as forzas vivas mobilizaranse para que coma todos os anos ningún dos nosos maiores teñan inconvintes en votar e facelo coa seguridade que implica ir da man de voluntarios anónimos.
Ben sabemos que moitos dos anciáns que viven nos asilos ou residencias do pais non están en condicións de ir sen compañía a exercer o seu dereito a votar polo que todas as medidas tomadas para garantir o normal desenrolo deste dereito é beneficioso para a seguridade e a saúde de todos.

Coma exemplo tomarán o dispositivo creado para anteriores eleccións polas "monjitas" dun asilo de moito prestixio e solera. Podedes velo no video de abaixo.


23.4.14

UN MES DESPOIS A POLICÍA RECÚA






Imaxe de Onda Cero
O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, comparecerá hoxe no Congreso para explica-los incidentes acontecidos nas chamadas "Marchas da Dignidade" do pasado 22 de marzo, que remataron con máis de 100 feridos, a metade deles policías.

Os feitos deran lugar á apertura dunha investigación interna. Cosidó comparece diante da Comisión de Interior a petición propia, se ben tanto o PSOE como a Izquierda Plural esixiran xa a comparecencia do máximo responsable da Policía para que aclarase se houbo erros na operación.

"Resistencia Galega está tras los incidentes más graves del 22-M", titulaba o diario El Mundo o 25 de marzo. Este titular é só un exemplo da ofensiva mediática que culpou a galegos dos disturbios tras as marchas da dignidade.

Outros medios como ABC, El País ou a Cadena Ser tamén situaron a Resitencia Galega no punto de mira, citando fontes policiais sen identificar que falaban de "radicales próximos al independentismo gallego". Isto sucedeu malia a evidencia que as organizacións máis independentistas do país mantivéronse completamente á marxe desta mobilización.

Agora é a mesma Policía Nacional quen desbota a participación desta organización, segundo datos publicados este serán por varios medios de comunicación. O Ministerio do Interior filtrou hoxe que mañá o director xeral da Policía presentará probas que culpan dos incidentes a manifestantes de ideoloxía anarquista. En concreto a grupos insurrecionalistas vencellados co  Comando Insurreccionalista Mateo Morral, desmantelado o ano pasado tras unha bomba na Basílica do Pilar en Zaragoza.


Dos dezasete detidos na capital do Estado, unicamente un era galego(outros dous identificados). En concreto, un mozo do Carballiño que denunciou malos tratos durante o día que estivo detido antes de ser libertado sen cargos.

Culpar a Resistencia Galega dos incidentes serviu para afastar o foco de atención sobre a polémica actuación da policía o 22M. Varios sindicatos policiais alertaron da improvisación do dispositivo de seguridade.

Os servizos de emerxencia dixeron que máis de 100 persoas, a maioría policías, resultaron feridas tras os incidentes daquel domingo. Un dos 17 detidos segue en prisión, acusado de intento de homicidio a un antidisturbios.





31.1.14

CONTROIS "ANTITERRORISTAS" NO SALNÉS E PONTEVEDRA






O Grupo de Respuesta y Seguridad (GRS) da Guardia Civil estableceu onte polo menos tres controis nas estradas da Comarca do Salnés. Malia que a delegación do Goberno non informou do motivo do importante dispositivo, non é habitual que esta unidade operativa de elite .especializada na loita contra o terrorismo e as mafias da droga- despregue unha actividade tan intensa. 
 
Os axentes procedían do acuartelamento de Castro Senín, na parroquia de Mourente, en Pontevedra. Os guardias pararon coches tanto nas saídas da AP-9 en Caldas de Reis e Barro como nos accesos a Autovía do Salnés en lugares como San Vicente do Grove, Cobas e Meaño. Non se informou de ningunha detención.




28.2.13

BAIXA A DELINCUENCIA EN CAMBADOS





Cambados está por baixo da media provincial en canto a número de delitos, A pesares do pouco que se ve polas rúas a Policía Local. No 2012 reducíronse nun 14,7 % respecto ao ano anterior e a tendencia á baixa continúa. Os datos foron ofrecidos esta mañá polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, tras a xunta local de seguridade celebrada no Concello. Tanto o subdelegado como o alcalde fixeron fincapé nos datos positivos que arroxa a estatística e atribuírono ao bo nivel de coordinación que existe entre a Garda Civil e a Policía Local, que van a decir si a xente de Cambados é moi boa e non da moitos problemas.

 Na reunión tamén se acordou, a proposta da Policía Local, impartir charlas nos colexios e institutos para informar aos mozos dos efectos nocivos do consumo de drogas, pero acaso non teñen máis temas dos que falar cos xóvenes?. Está ben que informen sobre as drogas, pero informar do mal comportamento dalgúns donos de cans, de seguridade vial, ou sobre a lacra da violencia de xénero tamén estaría ben. De todos os xeitos non creo que, agás a seguridade vial, sexan temas nos que a Policía Local sexan expertos. 

O subdelegado do Goberno volverá no verán a Cambados para presidir outra xunta de seguridade para preparar a Festa do Albariño e ten prevista unha terceira reunión antes de finalizar o ano. En marzo convocarase a mesa relacionada coa violencia doméstica na que participarán o Centro de Información á Muller (CIM).
Do que non temos constancia e de que Luís Aragunde lle pedira a Tourís, tamén presente, que teñen menos efectivos na Policía Local e que faría falla algún máis e non so no verán.

9.1.13

ROUBO EN CAMBADOS E INTENTO EN VILAGARCÍA





Un veciño de Vilariño (Cambados) levouse unha desagradable sorpresa cando regresou á súa vivenda tras ausentarse durante dous días. Atopouse coa porta forzada e ao entrar no seu domicilio comprobou como alguén entrara para levarse un botín consistente en xoias da súa propiedade e tamén da súa ex muller así como unha importante cantidade de diñeiro en metálico.

A Garda Civil investiga agora as circunstancias do roubo.

Menos sorte tiveron os ladróns en Vilagarcía onde intentaron roubar na Boutique do Fumador, o estanco da céntrica e peatonal cale Alcalde Rei Daviña.
Os cacos intentaron acceder ao establecemento escalando pola casa contigua pero cando camiñaban sobre o tellado do almacén este cedeu co seu peso afundíndose e haciéndo saltar a alarma. Os presuntos delincuentes fuxiron do lugar sen o seu botín.