Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de septiembre de 2020

INÍCIASE A MELLORA DO FIRME EN DISTINTAS ESTRADAS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA, O SALNÉS E CALDAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas.
Os traballos, licitados por preto de 1 millón, contan cun prazo de execución de 4 meses.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
Estas intervencións teñen por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Os traballos de mellora do firme comezaron xa na estrada PO-305: Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600, entre Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste treito de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias.
Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720.
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.