Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de mayo de 2020

OBRAS DE MELLORA EN ESTRADAS DO SALNÉS (veñen elecións)

Un total de catorce empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de firme en distintas estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis, licitadas por importe de 1 millóns de euros.
Esta intervención terán un prazo de execución de 4 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.
As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
O contrato ten por obxecto a rehabilitación de firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios destas estradas. Tamén se prevé a reposición da sinalización horizontal en varios treitos.
Na estrada PO-223, Pontevedra-Campo Lameiro (PO-231), actuarase no treito entre os puntos quilométricos 4+250 e 16+100. Neste tramo de preto de 12 quilómetros realizarase o fresado localizado e reforzo de firme, así como a renovación das marcas da vía.
Na estrada PO-224, Ponte Bora (N-541)-San Antoniño (N-550), os traballos de rehabilitación do firme realizaranse en dous treitos, o que vai dos puntos quilométricos 5+330 o 6+570, e entre o 10+100 e 10+830. En toda a estrada renovaranse as marcas viarias.
Os mesmos traballos serán executados na PO-300, Mosteiro-Cambados (VG-4.3), nos treitos entre os puntos quilométricos 2+680 e 6+320, así como entre os puntos 6+790 e 11+720. Tamén se executarán esta tarefas na estrada PO-305, Saiar (N-640)-Vilagarcía (N-640), no tramo que que vai do punto quilométrico 0 a 0+600
Na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada (PO-550), a intervención prevista comprende as distintas actuacións nos treitos dos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
Finalmente os traballos deste contrato prevén a renovación das marcas viarias na PO-309: Poio Sur (PO-308)-A9, no tramo entre os puntos quilométricos 0 e 1+180.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.