CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta AUTOVIA DO SALNES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AUTOVIA DO SALNES. Amosar todas as publicacións

20.11.17

MOTORISTA FERIDO EN BARRANTES











Un motorista resultou ferido despois de colidir un coche e unha moto que circulaban pola Rúa Cruceiro Vello, en Barrantes, no termo municipal de 

Ribadumia. Ás 12:00 horas, un particular solicitaba asistencia sanitaria para o motorista. A partir de aí, dende o 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario e informouse á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil de Ribadumia. 






8.3.17

UN BEBÉ DE TRES DIAS ILESO NUN ACCIDENTE NA VÍA RÁPIDA












Imaxes: Emerxencias Cambados


Un recén nado resultou ileso na tarde deste mércores nunha colisión por alcance en Cambados. O accidente tivo lugar na VG-4.3, na saída da Illa de Arousa, segundo informa o 112.
Un particular informaba da colisión ao centro de atención ás emerxencias ás 14,15 horas. Indicaba no seu relato que os vehículos se atopaban na beiravía.
Entón, o 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Vilanova de Arousa e dos Bombeiros de Ribadumia, que saíron cara ao lugar.
Ao chegar, constataron que o recentemente nado e as demais persoas implicadas atopábanse ilesas. Requiriron, por precaución, os servizos de urxencias médicas, que desprazou unha ambulancia ata o punto para comprobar o seu estado de saúde.






17.2.17

ACCIDENTE NA VÍA RÁPIDA CON UN FERIDO












Unha brutal colisión entre dous vehículos rexistrada na noite deste xoves na Vía Rápida que une Cambados con Ribadumia, á altura de Barrantes, saldouse cunha persoa ferida.

O sinistro produciuse, supostamente, cando un turismo invadiu de forma temeraria o carril contrario para realizar un adiantamento, provocando que outros dous vehículos ocupasen a beiravía para esquivalo e acabasen chocando entre eles.

A pesar do forte impacto e o estado no que quedaron os turismos afectados o único dos feridos, que foi trasladado a un hospital próximo, non sufriu feridas de gravidade.

O vial tivo que ser cortado durante preto de media hora. 
As autoridades investigan se finalmente o primeiro condutor -o que presuntamente realizou o temerario adiantamento- deuse á fuga tras provocar o accidente.









Imaxes: Protección Civil de Cambados

Espectacular persecución tras darse dos personas a la fuga en un control







9.2.17

UNHA ÁRBORE CAE SOBRE A AUTOVÍA E CASE PROVOCA UNHA DESGRACIA













A pericia dunha conductora evitou esta tarde unha desgraza no tramo da Vía Rápida que une Cambados e Vilanova a altura de Tremoedo, cerca das 17.00 horas, ían nun Audi A3 viron de súpeto como un eucalipto caía polo noiro da vía e invadía o carril polo que circulaban elas, en sentido Cambados. Uns veciños que estaban cortando unha árbore non puderon evitar que caíra sobre a estrada no momento en que un automóbil con duas mulleres pasaba polo lugar. 

A reacción da condutora foi a de dar un volantazo para esquivar o impacto coa árbore. Invadeu o carril contrario coa fortuna de que nese momento non circulaba ninguén polo carril contrario.
Malia todo non evitou completamente a copa do eucalipto, e chocou parcialmente contra el. As  mulleres estaban ben, e o coche tiña unha avaría que provocou unha vertedura de aceite.
Os servizos de emerxencias achegáronse ao lugar trala chamada das mulleres. Antes dos servizos de Emerxencias chegou a persoa que estaba a tallar a árbore xunto á súa muller. Explicando que a árbore caeu al lado contrario do que tiñan previsto.

A árbore entorpecía o tráfico polo que houbo retencións e foi necesaria a presenza de Protección Civil de Cambados para retirar a árbore e a Garda Civil de Tráfico para regular a circulación.

Outros dous accidentes de tráfico en Cambados. 
O primeiro deles foi sobre as 19.00 horas, tamén na vía rápida, pero entre Corvillón e Vilariño dous vehículos colidiron, pero non houbo que lamentar feridos.
Posteriormente, unha colisión por alcance na avenida de Galicia (en pleno centro do centro urbano cambadés) provocou que un dos vehículos atropelara a un peón. Tamén sin feridos de consideración


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén acudeu a asegurar a un cable que estaba chispeando na rúa San Saturdiño.

Imaxes: Protección Civil de Cambados







   



24.11.16

ACCIDENTE MÚLTIPLE NA VG 4.3







Arquivo, P.C. Vilagarcía




As 09:30 horas da mañán de hoxe, producíase unha colisión múltiple –tres turismos-  en Vilanova de Arousa, na VG 4.3 de Cambados, dirección Sanxenxo.

Neste caso, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. Iso si, foi precisa a intervención do persoal do servizo de conservación da estrada que se encargou da limpeza da vía, polos danos ocasionados.

Ata o punto, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, desprazáronse  axentes de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Vilanova.







23.11.16

UN XABARÍN PROVOCA UN ACCIDENTE EN CORBILLÓN







Un xabarín provoca un accidente na Vía Rapida 4.3, a altura de Corbillón. 
Non hai que lamentar danos personais, so a morte do animal de poucos meses e os desperfectos no vehículo.
Segundo o conductor do vehículo o xabarín non ía en grupo, algo raro sendo tan novo. Pero seguramente o resto da "familia" ande cerca polo que hai que ter toda a precaución ao paso pola zona.
Ao lugar acudeu Protección Civil e Policia Local de Cambados.






13.11.16

ACCIDENTE MORTAL EN CAMBADOS


















Un motorista perdeu a vida logo de colidir co seu vehículo contra un turismo.
Sucedeu minutos antes das seis desta mañá na vía de alta capacidade en dirección a Vilagarcía, un pouco despois da rotonda de Vilariño, preto da saída de Corbillón.
Varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dunha colisión entre unha moto e un coche. Insistían en que o motorista estaba grave e, inmediatamente, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou aos servizos sanitarios de urxencia.
Aínda que o motorista estaba liberado, os xestores do 112 tamén comunicaron o suceso aos Bombeiros do Salnés e aos efectivos do servizo local de Protección Civil, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.
Ademais, o equipo de bombeiros de Ribadumia pediu reforzos á sede vilagarciana debido á delicada situación na que atoparon o corpo da vítima.
Pola súa banda, o condutor do turismo, aínda que moi nervioso, resultou ileso. 
A vía tivo que permanecer cortada case 3 horas como consecuencia do accidente. Ata o lugar tamén se trasladaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Garda Civil do posto de Cambados e da Policía Local do municipio.

O caso está rodeado de varias incógnitas e a Garda Civil tenta esclarecer o acontecido.
A vítima circulaba sen documentación nun ciclomotor que non era seu, o que complicou a identificación. Segundo contou o titular do vehículo, era unha moto vella que levaba anos arrombada no curruncho dun alpendre e, por suposto, sen seguro. Non se sabe como se fixo con ela.




29.10.16

CINCO FERIDOS NUN ACCIDENTE NA VÍA RÁPIDA AO SEU PASO POR CORBILLÓN













Cinco persoas resultaron feridas a causa dunha colisión na que se viron implicados tres turismos. O accidente rexistrouse ás 23:30 horas de onte na vía alta capacidade que une Cambados con Vilagarcía, moi próximo á rotonda de acceso de Corbillón.
Como consecuencia do impacto, un dos vehículo comezou a botar fume. Realmente, tratouse de vapor procedente do sistema de refrixeración do vehículo, pero as persoas que chamaron ao 112 Galicia pensaron que ardía. En calquera caso, os xestores do centro de emerxencias informaron aos Bombeiros de Ribadumia e aos membros do servizo local de Protección Civil.
Os feridos presentaban diferentes golpes e contusións. Dolor dervical e limbar na maioría dos 5. Dúas ambulancias de Urxencias Médicas encargáronse do traslado dos feridos. En total, cinco persoas necesitaron asistencia médica e foron trasladadas ao hospital de Salnés.
Debido á cantidade restos do accidente espallados pola calzada, interviu, tamén, un equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Insfraestruturas, que restableceron a seguridade vial.







21.3.16

DOUS ACCIDENTES NA VÍA RÁPIDA











Ao fío das 15:30 horas, a condutora dun turismo resultaba ferida de gravidade tras sufrir unha saída de vía na autovía do Salnés á altura de Meis. A vítima tivo que ser excarcerada ao non poder saír do vehículo polos seus propios medios.

A muller veciña de Cambados foi trasladada nun helicóptero do 061 ao Hospital CHUS de Santiago de Primeiras duas imaxes
Compostela. O CAE 112 tamén mobilizou ao lugar dos feitos a unha ambulancia asistencial e a persoal sanitario do PAC de Cambados.


Unha hora antes, 14:15 aprox. na VG 4.3 en Corbillon, Cambados un novo accidente. Un turismo que se dirixía direeción Vilagarcía perdeu o control e bateu contra un todoterreno que circulaba cara Cambados. Unha muller que ocupaba o todo terreno resultou ferida leve con dores cervicais e lumbar. A conductora do turismo de nacionalidade extranxeira resiltou ilesa. Imaxes restantes

Acudeu Protección Civil de Cambados e  Garda Civil de Tráfico











7.2.16

ESPECTACULAR ACCIDENTE EN CAMBADOS






Cinco feridos tras caer un vehículo sobre outro en Cambados



Un total de cinco persoas precisaron asistencia sanitaria por mor dun accidente de tráfico rexistrado en Cambados, concretamente na VG 4.3, en dirección Vilagarcía.    Segundo precisou o CAE 112 Galicia, un vehículo caeu desde un paso elevado sobre outro que circulaba pola Vía Rápida a Vilagarcía. En concreto, tres dos feridos circulaban co seu coche por un paso elevado coñecido como A Ponte de Corvillón, mentres que os outros dous feridos facíano pola Vía Rápida.
A pesar do golpe, todos os feridos saíron polos seus propios medios dos coches aínda que, posteriormente, foron atendidos polos técnicos de Urxencias Médicas e trasladados ao centro hospitalario de referencia.  
Os efectivos do parque comarcal de bombeiros encargáronse de retirar os danos provocados polo impacto e de restablecer a seguridade na vía.    O suceso ocorreu sobre as 6,00 horas deste domingo. De feito, pouco despois desta hora un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.  
A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) activaron un operativo no que, ademais dos bombeiros e os servizos sanitarios de urxencia, participaron os membros do Servizo Municipal de Protección Civil e os axentes da Garda Civil de Tráfico.



28.8.15

UN FERIDO LEVE NUN ESPECTACULAR ACCIDENTE EN MEIS







Un camioneiro caeu por un desnivel co vehículo que conducía pola Autovía do Salnés (AG-41), ao paso pola localidade pontevedresa de Meis. Pese ó golpe e á situación na que quedou o camión, o condutor –único ocupante do vehículo- estaba liberado e accesible e foi evacuado en ambulancia ó centro hospitalario de referencia. 
Por causas que se descoñecen, o home perdeu o control do vehículo, precipitándose por un desnivel e acabando no camiño de senderismo de San Martiño de Meis.

A consecuencia do sinistro, a calzada quedou cuberta con combustible do depósito, deixando unha mancha importante que, posteriormente, tivo que ser retirada polos Bombeiros do Salnés.

O vehículo accidentado era un camión frigorífico que transportaba mexillón.
O seu conductor e único ocupante non quedou atrapado no interior, pese o envorcamento, o que posibilitou que os servizos de emerxencia accederan a el sen problemas para o seu traslado a un centro hospitalario.
Ademais, como consecuencia do impacto, o combustible procedente do depósito do camión derramouse sobre a calzada. 

Así, o traballo dos Bombeiros do Salnés se está a centrar en conter e retirar a vertedura. Ás 11:15 horas de hoxe, varios automobilistas, que tamén circulaban pola Autovía do Salnés, chamaron ó 112 Galicia para pedir axuda. Ademais dos efectivos do parque comarcal, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se informou a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Meis. 




17.6.15

ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS







Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a tres persoas que sufriron diversas feridas a causa dunha colisión por alcance na Autovía do Salnés. 

O accidente se produciu ao fío do mediodía no punto quilométrico 18, en sentido O Grove. 

Tras recibir a alerta dun particular, o persoal do CAE 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas.








7.4.15

ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS SEN VÍCTIMAS






Esta tarde na Vía rápida do Salnés en Corvillón (Cambados) prodúxose un accidente entre dous turismos cando un deles tratou de esquivar uns cans que se atopaban na estrada.
Non hai que lamentar desgrazas personais, pero si danos nos vehículos.
Non é a primeira vez que esto ocorre e ninguén toma as medidadas necesarias para evitalo.
Agardemos que se solucione pronto este problema para evitar unha desgraza maior e non pase coma noutros casos nos que as mortes fan recapacitar aos nosos gobernates, para que traballen en conxunto Seprona, Garda Civil de Tráfico, Conservación de Estradas e Policía local en menor medida.
Non hai mpoito tempo un xabarín provocou outro accidente non moi lonxe de alí. 
Ao lugar desprazouse Protección Civil de Cambados.




12.2.15

ACCIDENTE NA VÍA RÁPIDA






Dous feridos, en principio de carácter menos grave é o balance dun aparatoso accidente entre dous coches que se produxo sobre as 20:20 no tramo da Vía Rápida que une Cambados con Ribadumia.
Tralo accidente a estrada quedou cortada producindo importantes retencións.
Os feridos, os conductores de ambos turismos, foron levados ao Hospital do Salnés.





Imaxes:







 

19.1.15

HORA E MEDIA TIRADOS NA CARRETERA TRAS UN ACCIDENTE






Un condutor colisionou a noite do sábado cun xabaríl na Autovía do Salnés. O suceso de prodúxose no punto kilométro 4.30 do enlace de Cambados a Vilagarcía. Segundo informou Protección Civil de Vilanova, o suceso saldouse cun bo susto para os ocupantes do turismo. O xabaríl tivo peor sorte. No derradeiro mes lévanse contabilizado cinco incidentes con xabaríls como protagonistas. 


Unha das persoas ocupantes do vehículo dirixeuse a CORES DE CAMBADOS para denunciar o caso que veu publicado no noso blog, e a situación que tiveron que pasar durante hora e media.

"O meu enfado é porque puido haber máis. 
Porque en hora e media non compareceu ninguén, nin Policia Local (Vilanova, xa que o accidente foi en Tremoedo), nin Tráfico, nin Protección Civil, ninguén estando avisados dende o momento do accidente e claro nós correndo gran perigo xunto co noso fillo, está é a real noticia nótase que estaba mala noite, así funciona este pais,  vos (CORES DE CAMBADOS) só dás a información e nos moi agradecidos, pero como o vivín de primeira man, quero que se saiba como nos sentimos alí tirados sen poder facer nada, un saúdo".

Aparte de esto a familia está sen coche agardando que alguén se faga cargo dos gastos da reparación.


18.1.15

OUTRO XABARÍL PROVOCA UN ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS






Un condutor colisionou a noite pasada cun xabaríl na Autovía do Salnés. O suceso de prodúxose no punto kilométro 4.30 do enlace de Cambados a Vilagarcía. Segundo informou Protección Civil de Vilanova, o suceso saldouse cun bo susto para os ocupantes do turismo. O xabaríl tivo peor sorte. No derradeiro mes lévanse contabilizado cinco incidentes con xabaríls como protagonistas. 
Nas últimas semanas é constante a presenza destes animais fora do seu entorno provocando accidentes como na Noiteboa en Barrantes, a pasada semana tamén na Autovía pero noutro punto ou paseando por Cambados ou O Grove.

9.1.15

UN XABARIL PROVOCA UN ACCIDENTE CON FERIDOS







Un xabaril, que interceptou na Autovía do Salnés (AG-4.1), provocou danos en varios vehículos –dous turismos e unha moto- e deixou a unha persoa ferida. Varios particulares contactaron onte co 112 Galicia para informar da presenza do animal que, como consecuencia do impacto, quedou morto na calzada. Tras a alerta ás 23:00 horas de onte, o persoal do CAE 112 Galicia activou un operativo no que participaron Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio. O accidente se produciu na Autovía do Salnés, á altura do punto quilométrico 9. 
Nas últimas semanas é constante a presenza destes animais fora do seu entorno provocando accidentes como na Noiteboa en Barrantes ou paseando por Cambados ou O Grove.



3.1.15

ACCIDENTE NA AUTOVÍA DO SALNÉS





Un vehículo saíuse da vía e deixou dúas persoas afectadas en Meaño, concretamente, na Autovía do Salnés (AG-41). Debido ás feridas sufridas foron trasladados a un hospital. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia ás 13:56 horas desta tarde e, de inmediato, comunicouse a información a Urxencias Médicas e a Garda Civil de Pontevedra.






26.10.14

A GARDA CIVIL INVESTIGA UN ACCIDENTE NA VIA RÁPIDA






Un total de catro persoas resultaron feridas de carácter leve ao accidentarse o vehículo no que viaxaban por mor dun turismo que circulaba de maneira inadecuada pola Autovía de Vilagarcía a Cambados, antes da saída 7, no municipio de Vilagarcía de Arousa. O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso grazas á chamada dun particular, pasados uns minutos das 21:00 horas deste sábado, quen asegurou que as persoas feridas non precisaban ser trasladadas, pero unha ambulancia que circulaba pola zona parou, e atendeu aos feridos que se queixaban de dores cervicais.  O Centro de Atención ás Emerxencias tan pronto como recibiu a alerta informou á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Vilagarcía.
O operativo, no que participaban entre outros corpos a Garda Civil e Protección Civil de Vilagarcía, buscaba ao posible autor ou autores, aínda que as mesmas fontes apuntaban xa á posible localización do coche á fuga.




UNHA AVIONETA ATERRA DE EMERXENCIA EN CURRO






Imaxen de PontevedraViva.
Catro persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, tras a aterraxe forzosa da avioneta na que viaxaban no bordo da AP-9, no concello pontevedrés de Barro.

En concreto, a aterraxe forzosa, que aconteceu sobre as 12,30 horas, tivo lugar nunha zona arborada que se encontra a uns 30 metros da Autoestrada do Atlántico, segundo precisaron a EuropaPress fontes de Protección Civil de Barro.

Os ocupantes --dous homes e dúas mulleres-- foron trasladados a distintos centros hospitalarios. De feito, un dos homes, ao revestir gravidade, foi trasladado en helicóptero ao Complexo Universitario Hospitalario de Santiago (CHUS).
Para que o helicóptero puidese recoller o ferido e trasladalo aSantiago foi necesario cortar un carril da AP-9, segundo indicaron as mesmas fontes de Protección Civil.


Pola súa banda, os outros tres feridos --un home e dúas mulleres-- tamén foron trasladados a centros hospitalarios, pero fixérono en ambulancia.
Ata o lugar do accidente desprazáronse os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil, un helicóptero, varias ambulancias e a propia Protección Civil de Barro.



Información:EuropaPress