Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta BARRANTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BARRANTES. Mostrar todas las entradas

28 de agosto de 2018

A DEPUTACIÓN MELLORA O FIRME DA ESTRADA PROVINCIAL EP-9506 BARRANTES-VILARIÑO EN CAMBADOS



A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, rematará nas próximas xornadas a rehabilitación do firme da estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño, dentro do termo municipal de Cambados. A actuación, segundo explica o deputado Uxío Benítez, supón a mellora duns 900 metros cadrados ao final da vía, e está enmarcada dentro do Plan de Conservación de Firmes que a institución provincial estreou este ano para mellorar a rede provincial.
As obras nesta estrada, segundo explica Benítez, débense a que os vixiantes da zona detectaron aglomerado en mal estado en lugares puntuais debido ao seu uso e tamén ás inclemencias do tempo. Ante isto, activouse o novo contrato marco e iniciáronse as obras de rehabilitación estrutural a primeiros de agosto co fresado da calzada, para posteriormente repoñer a capa de rodadura e aplicar capas de tratamento antiescorregadizo. Os traballos, segundo está previsto, finalizarán nos vindeiros días, cando a empresa retomará a actividade e repintará a sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, cebreados, símbolos e frechas).
Na comarca do Salnés son xa varias as estradas que se están a rehabilitar na batida de renovación da rede viaria a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para as estradas da provincia. Esta fórmula supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias. Os proxectos de actuación dentro do contrato marco son acoutados e en ningún caso se mellora a totalidade da lonxitude e sección dunha estrada, xa que unha actuación desas características requiriría dun proxecto completo e específico para cada vía.



20 de noviembre de 2017

MOTORISTA FERIDO EN BARRANTES











Un motorista resultou ferido despois de colidir un coche e unha moto que circulaban pola Rúa Cruceiro Vello, en Barrantes, no termo municipal de 

Ribadumia. Ás 12:00 horas, un particular solicitaba asistencia sanitaria para o motorista. A partir de aí, dende o 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario e informouse á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil de Ribadumia. 






29 de julio de 2014

ACCIDENTE EN VILARIÑO





Un autobús de Monbus cargado de pasaxeiros viuse involucrado nun accidente múltiple acontecido na vía rápida do Salnés, no tramo comprendido entre a rotonda de Vilariño e a de Barrantes.
Non houbo danos persoais.
Segundo informou Protección Civil de Cambados o suceso tivo lugar ás 16:00 horas na VG-4.3. á altura do quilómetro 3, pouco despois da gasolineira de Vilariño.
A veciña de Cambados, C.I.A. de 64 anos, invadiu o carril contrario co Audi que conducía, golpeando no lateral ao autobús que circulaba polo carril contrario. Un terceiro vehículo, marca Saab foi alcanzado por unha moldura que se soltou do autobús.
Ata o punto desprazáronse Protección Civil de Cambados, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada do 061, con persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cambados a bordo que trasladou á condutora do Audi ao presentar un cadro de ansiedade.



4 de julio de 2014

DE NOVO APRAZADO O CONCERTO DE TREIXADURA EN BARRANTES





O concerto de Treixadura aprazado na Festa do Viño Tinto de Barrantes e que se ía a celebrar mañán sábdo 5 de xullo volve a trocar de data. Esta mañán decideuse aprazalo para o 19 deste mesmo mes de xullo na carballeira de Barrantes as 23:30 horas.





2 de junio de 2014

TREIXADURA EN CONCERTO EN BARRANTES





O grupo de música tradicional galega Treixadura actuará o venres 6 de xuño, ás 23:30 h, en Barrantes.
Concretamente na Carballeira. Os ritmos da formación levan máis de dúas décadas facendo cantar e bailar ó público, ó que tratan de transmitir o seu profundo respecto pola cultura tradicional.
Esta actuación forma parte do circuíto de concertos que organiza a Deputación e que achegará a todas as comarcas da provincia, de maio a setembro. 

Esta actuación entra do programa da Festa do Viño Tinto, que cada ano se celebra en Barrantes (Ribadumia).





9 de mayo de 2014

GHAITEIRADA 2014 EN BARRANTES






Formas parte dún grupo de música tradicional? 
Tocas algúns intrumento tradiconal? 
Gústache escoitar a nosa música? 
Pois en calquera dos casos isto interésache..

Dende a Asociación Herminio Barreiro cremos na necesidade de impulsar o coñecemento e a posta en valor da nosa música mais tradicional. Por ese motivo puxemos en marcha , co apoio do grupo de panderetas Noutrora, varios negocios hostaleiros de Barrantes (Lareca, Encontro, Che, Aromas e Lucho) unha xuntanza de músicos tradicionais que demos en chamar, Ghaiteirada 2014.
 

Tratase de crear una xornada de confraternidade entre os amantes da música tradicional, sexan músicos ou simplemente persoas as que lles gusta escoitar unha boa muiñeira.

Para lograr ese obxectivo planexamos unha xornada completa,

 Osábado dia 10 de Maio, que comezará cun pasarúas polo centro de Barrantes, o que logo da pausa para tomar aire, seguirá un Xantar de confraternización que en principio se celebrara no meson de Lucho (rua condesa), pero que en caso de superar o aofor do local se trasladara o centro cultural de Barrantes.

A este Xantar os grupos que confirmen asistencia poderan acudir convidados pola Asociación Herminio Barreiro e polos nosos patrocinadores.


Pero ademais calquera persoa que o desexe poderá adquirir un convite polo prezo de 20€. Ademais para facilitar que as familias traian os seus nenos, as crianzas ata os 14 anos non terán que pagar nada, solo vir acompañadas dos seus, avós, pais ou irmáns maiores e disfrutar da marabilla de compartir mesa cun grupo de músicos,. Sen dúbida unha experiencia digna de recordar.


Xa cara o serán, os musicos trasladaranse os locais participantes, e desfrutaremos dunha velada da sempre alegre e festeira musica galega.

Se che gusta a música tradicional, te emocionas co son dunha gaita ou te lanzas ao sentir o ritmo das pandereiteiras, non podes faltar. E se solo sentes curiosidade por coñecer un pouco mellor a nosa cultura a traves dos sons que a conforman, tampouco podes faltar. E se solo tes ganas de pasar un rato de festa e alegría, pois aínda menos.

E se ademáis queres participar do Xantar, podes adquirir os convites nos locais participantes ou chamando o 672 41 8619.