O deputado Uxío Benítez apunta que as obras completaranse coa renovación da sinalización horizontal
A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, está a traballar na mellora do firme das estradas provinciais EP-9002 Fefiñáns-Oubiña en Cambados e na EP-9704 de acceso á igrexa de Caleiro en Vilanova dentro do Plan de Conservación de Firmes que a institución provincial ten en marcha para mellorar a rede provincial.
Segundo explica Benítez, as actuacións realízanse de maneira preventiva para o mantemento das vías, actuando en diferentes treitos da estrada de Cambados onde se detectaron maiores deficiencias (algunhas zonas puntuais e outras abranguendo toda a sección), e en todo o ámbito da estrada á igrexa de Caleiro, nos 400 metros de lonxitude da vía de Vilanova.
Estes traballos na mellora das vías rematarán nos vindeiros días. Unha vez reposta a capa de rodadura e aplicadas as capas de tratamento antiescorregadizo acometerase tamén a nova sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, cebreados, símbolos e frechas).
Na contorna da comarca son varias as estradas que se están a rehabilitar na batida de renovación da rede viaria a través do novo contrato marco do Plan de Conservación, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para todas as estradas da provincia. Esta fórmula supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias.
Co novo Plan de Conservación de firmes a provincia divídese en cinco zonas nas que cinco empresas diferentes son as responsables das obras. Á zona do Salnés correpóndelle o lote cinco, que atende aos concellos de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Illa de Arousa, cun orzamento de 699.868,86 euros e a adxudicataria ‘Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa SL’ (MARCONSA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.