Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2018

SAE A INFORMACIÓN PÚBLICA A MELLORA DA ESTRADA PO-549 ENTRE VILANOVE E CAMBADOS

Imaxe: La Voz de Galicia

A Xunta aproba a información pública do proxecto de mellora de seguridade na estrada PO-549, en Vilanova de Arousa e Cambados, ao ampliar en 700 metros o treito da actuación.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da información pública e do proxecto de mellora de seguridade viaria no entorno do tramo de concentración de accidentes na estrada PO-549, nos Concellos de Vilanova de Arousa e Cambados.
No seguinte enlace ao DOG, pódese ampliar a información relativa a este  anuncio:  https://goo.gl/dv15MM
Trátase dun proxecto cuxo obxecto inicial do proxecto era a formulación de actuacións puntuais coas que evitar ou reducir no posible a accidentalidade no tramo final da PO-549, identificado como TCA , entre o Pq. 8+000, ao final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa),e o Pq. 9+800, na intersección coa VG-4.3 en Cambados.
Este proxecto xa se sometera a información pública, procedemento no que o Concello de Vilanova solicitou que se ampliase o ámbito nunha lonxitude de 700 metros e se executasen sendas no tramo. O Goberno galego atendeu esta solicitude, polo que o tramo no que se desenvolverán as obras é o comprendido entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800.
As principais actuacións realizaranse nas interseccións mais relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
O proxecto tamén contempla a execución dunha nova glorieta na intersección do Pq. 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no Pq. 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.
Ademais mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de bus, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medida







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.