O Goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe luz verde a unha inxección de máis de 2,2 millóns de euros destinada á conservación de firmes nas estradas provinciais. Esta adxudicación de contratos, distribuída en tres lotes por zonas xeográficas da provincia, completarase proximamente con outras dúas que permitirán seguir achegando recursos aos concellos para manter a rede viaria e impulsar a economía. A presidenta, Carmela Silva, resaltou que "É fundamental facilitar a mobilidade e seguridade das persoas que empregan as estradas de titularidade provincial pero, ademais, con esta adxudicación de máis de 2,2 millóns, imos permitir que se reactive a actividade económica, o que significa tamén o mantemento do emprego".
En concreto os máis de 2,2 millóns de euros aprobados pola Xunta de Goberno están distribuídos en tres lotes que afectan a tres zonas da provincia de Pontevedra.
Polo que respecta a estradas do Salnés e Ulla-Umia preto de 700.000 € irán para estradas provinciais de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova e A Illa. Nesta zona as actuacións terán lugar na EP8504 Forno-Cernadas e EP 8505 Ferreirós-Vilar (Valga); na EP 8702 Catoira-Torres do Oeste (Catoira); EP 9001 Castrelo-Couto de Abaixo e EP 9005 Corbillón-Tremoedo (Cambados); EP 9101 O Grove-Igrexa de San Vicente, EP 9102 acceso mirador Siradella e EP 9103 rampla Meloxo (O Grove); EP 9205 Sanxenxo-Meaño, EP 9208 Noalla-Aios e EP 9212 Noalla-Praia da Lanzada (Sanxenxo); EP 9303 Meaño-Dena (Meaño); EP 9403 Santo Tomé-San Salvador (Meis); EP 9508 Lois-A Goulla e EP 9509 Os Muíños Novos-Tabueiros (Ribadumia); EP 9803 Vilanova-Pontearnelas (Vilanova) e EP 9801 Ponte-Laxes (A Illa de Arousa).
A presidenta provincial informou que aínda quedan pendentes dúas contratacións máis, para poder cubrir os 1.500 quilómetros de vías provinciais e garantir que se manteñan en "perfecto estado".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.