Eran as oito menos dez da mañán cando o 112 recibía unha chamada alertando da desaparición dun home duns 80 anos en Cambados. O ancián era un turista enfermo de alzheimer e aloxado nun hotel céntrico do povo.
O home apareceu aos poucos minutos nas inmediacións do Hotel Europa, san e salvo.
O Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados que participou na busca do ancián, tivo tamén traballo extra cunha mancha de gasoil na rúa San Benito. Pasadas as 10 e media de onte acudiron, alertados pola Policía Local, procederon a limpar unha mancha de gasóil en Fefiñáns.
Horas máis tarde, as dez e media da mañán, volveron a recibir unha segunda chamada da Policía Local alertando que a zona seguía a estar esbaradiza polo que volveron a actuar para evitar que se produciran situacións de risco.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.