Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de octubre de 2020

LABORES DE LIMPEZA NA VIA RÁPIDA ENTRE CAMBADOS E VILAGARCÍA


Actuarase nas vías de alta capacidade CG-4.2, en Tomiño e A Guarda; na VG-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía; así como na estrada AC-542, en Betanzos.

Seguirán os traballos iniciados hai dúas semanas na vía de alta capacidade PO-010, que conecta a circunvalación de Vigo co polígono industrial de Balaídos.

Tamén continuará a traballarse na vía CG-2.2, en Lugo e no Corgo; na LU-862, entre O Vicedo e Viveiro; e na estrada da provincia de Ourense OU-404, en Cartelle.

Seguirán, ademais, as tarefas na comarca de Ferrol, na vía de alta capacidade VG-1.2, en Ares e Mugardos; e na estrada da Costa da Morte AC-432, en Vimianzo.

As actuacións céntranse na retirada de especies pirófilas e nas rozas nas marxes das estradas, así como no acondicionamento das sendas para o tránsito peonil.

Os obxectivos destes labores son potenciar o efecto cortalumes das estradas, aumentar a seguridade viaria e fomentar a mobilidade segura e sustentable.

A Xunta comeza este luns os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas de titularidade autonómica nas comarcas do Baixo Miño, O Salnés e Betanzos.

A vindeira semana iniciaranse estas tarefas de limpeza, concretamente, nas vías de alta capacidade CG-4.2, entre Tomiño e A Guarda; na Vía de Alta Capacidade VG-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía; e na estrada AC-542, ao seu paso polo municipio coruñés de Betanzos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de máis de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.