Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2014

CONCURSO DE LOGOS DA ANPA DO CABANILLAS






Recentemente a ANPA do Instituto Ramón Cabanillas cambiou de nome, agora para completar todo o proceso precisan un novo logo. Por elo decidiron facer un concurso entre tod@s @s alumn@s do centro, o gañador e os finalistas terán premio. 
As bases na imaxe de abaixo.
O traballo gañador será a imaxe da ANPA a partires do 2015. 



































MOITA SORTE A TODOS. 
Moitas gracias de antemán.



ARAGUNDE CÓMPLICE DE FEIJÓO




Un artigo de Víctor Caamaño


No pasado pleno o BNG presentou, “vía urxencia”, unha moción referida á petición de contratación das obras de ampliación do Hospital do Salnés e de consignación orzamentaria nos orzamentos da Xunta para a súa execución. A maioría do PP, no pleno de Cambados, impediu que fose tratado este tema de vital importancia e transcendencia para todos os veciños e veciñas da comarca. Con esta postura, Aragunde  convértese en cómplice das promesas incumpridas pola Xunta de Galicia para ampliar o Hospital do Salnés. Núñez Feijoo leva dúas lexislaturas enganando á xente de xeito reiterado é a triste realidade é que a día de hoxe o único que existe é a ampliación do aparcamento; mal imos se teñen que operarnos no aparcamento.
Desde o ano 2009 ao 2013, o presidente da Xunta, apoiado por alcaldes coma o de Cambados, leva prometendo millóns de euros e promesas de ampliación que logo se quedaron en nada. Pero o máis sangrante e que neste 2014 se autorice a contratación das obras de ampliación por máis de nove millóns de euros pero que nos orzamentos 2015 da Xunta, ano no que se debía realizar a obra, non aparece ningunha partida destinada a pagar ditas obras; pouca credibilidade ten a nova promesa. O que realmente pedía o BNG coa presentación desta moción é que deixen de tomarnos o pelo e que a Xunta cumpra o que leva dúas lexislaturas prometendo.
A realidade é que o presidente da Xunta pode permitirse eses luxos de enganar con promesas á cidadanía porque conta con aliados nos concellos, como o noso alcalde, que están dispostos a encubrir as súas mentiras. Os representantes municipais son imprescindibles  para defender os intereses xerais dos seus veciños e veciñas e con Luís Aragunde os nosos intereses, neste momento os sanitarios, non están defendidos; outros moitos intereses tampouco.



ARRANCA EN CAMBADOS "BRINCAVAI"






Da man do FalaRedes 2014, “Brinca vai de aquí a acolá!” chegará nos derradeiros meses do ano a 25 concellos da RDL da Xunta de Galicia. A primeira parada será este domingo na vila de Cambados, onde a xente miúda ten unha cita coa diversión en galego ás 18:00 h no Auditorio da Xuventude.

Tras esta agardada estrea, a actividade visitará en novembro os concellos de Aranga, Guitiriz, Palas de Rei, Redondela, Xunqueira de Espadanedo, Viana do Bolo, O Bolo, A Rúa, Cangas, Melón, Arbo, A Laracha, Boiro, Frades, O Vicedo e Melide. Xa en decembro, Paco Nogueiras e o seu característico chapeu farán parada en Viveiro, Boborás, Corcubión, Santa Comba, A Coruña, Ramirás, Bergondo e Forcarei.



"ALBARIÑOS AL MUNDO" CELEBRARASE EN BRUXELAS








"Albariños al Mundo 2014" celebrarase en Bruxelas

O Concurso Albariños ao Mundo 2014 que organiza a Unión Española de Catadores celebrarase o 7 de novembro en Bruxelas.
Bruselas, centro neurálxico da Unión Europea, é o escenario escollido polo Concurso Internacional "Albariños al Mundo" para o desenvolvemento da súa terceira edición. Tras unha primeira edición en Londres e a segunda en DussëldorfAlbariños ao Mundo, aterrará o próximo 7 de novembro na capital belga da man da Unión Española de Catadores.
"Albariños al Mundo", unha iniciativa independente cuxo obxectivo non é outro que converterse nunha sólida plataforma promocional con carácter internacional dos viños e augardentes de calidade elaboradas a partir desta xoia vitícola ibérica, traspasa de novo as nosas fronteiras para viaxar a unha das máis importantes capitais europeas tanto vinícolas como de negocio.
O indiscutible piar que sostén unha cita como "Albariños ao Mundo" represéntao o abano de posibilidades tecnolóxicas que ofrece esta variedade autóctona da rexión galega. Tanto pola súa aptitude enolóxica como a súa puxante cara licorosa, que proporciona os seus sempre singulares augardentes e licores tradicionais. Este concurso da Unión Española de Catadores abre as súas portas a estas as súas dúas complementarias versións, a vinícola e a dos seus destilados.
Un ano máis, un auténtico elenco de prescriptores daranse cita nos salóns do Instituto Cervantes de Bruselas para avaliar en estrita cata ás cegas a totalidade de mostras participantes, todas procedentes dos dous berces autóctonos da uva Albariño, a Denominación de Orixe Rias Baixas en latitudes españolas e a Region Demarcada de Vinho Verdes en terras portuguesas. Unha selección de xornalistas, responsables de compras de grandes superficies, sumilleres e importadores compoñerá un xurado de catadores de primeiro nivel, presidido nesta ocasión polo único Máster of Wine español, Pedro Ballesteros, o mellor aval do prestixio que adquiriu este certame de calidade.

A FROTA DO XEITO CHEGARÁ A MADRID




O alcalde de CambadosLuis Aragunde, apoiou hoxe coa súa presenza a concentración da frota do xeito contra a decisión da Unión Europea de prohibir esta arte de pesca a partir do 1 de xaneiro do próximo ano. Tamén estiveron presentes membros do PSOE, BNG, AGE ou PODEMOS non so de Cambados senón de toda a comarca.

Centos de xeiteiros concentrouse en Cambados portando pancartas nas que acusaban a Bruxelas de levar á ruína ao sector.
A concentración tivo lugar no peirao de Tragove, onde acudiron representantes do "xeito" pero tamén doutros sectores do mar.

Os patróns maiores presentes tamén reclaman á Xunta unha liña de axudas para unha frota que leva semanas sen poder saír a faenar, xa que ao ser unha arte que se practica en augas interiores queda excluída das subvencións estatais.


A frota da sardiña atravesa por duros momentos pero a súa situación tamén afecta a outros sectores, como os detallistas, xa que se trata dunha pesca moi vinculada á economía da ría de Arousa e da que viven máis de 400 familias.

O debate xa chegou ao Parlamento, onde o PP rexeitou unha moción de AGE para que se permitise a arte do "xeito" en augas interiores. Todo hai que decir e ao igual que cos Emigrantes Retornados, moito apoio nos plenos e mobilizacións locais e logo no Parlamento...

A frota seguirá coas concentracións e está previsto que este asunto tamén se debata no Congreso dos Deputados.




30 de octubre de 2014

A MAREA VERMELLA REMITE E PERMITE A APERTURA DE POLÍGONOS





A marea vermella remitiu de forma xeneralizada e permitiu este xoves a apertura de 11 polígonos de mexillón nas rías de Vigo,Arousa e Pontevedra.
En concreto, segundo informa o Instituto Tecnolóxico de Galicia (Intecmar), abren tres polígonos no Grove (C2, C3 e C4); Bueu (Be A1); así como Cangas (DE e G) e Portonovo (A,B,C). Así mesmo, detectáronse os primeiros negativos no polígono F de Cangas, que deberán ser confirmados antes de decretarse a apertura.
De tal forma, a inmensa maioría dos polígonos de mexillón quedan abertos tras meses nos que a toxina lipofílica obrigou a realizar peches continuados, o que impediu traballar ao sector durante boa parte do ano.

Así, tras estas 11 aperturas decretadas, tan só quedan pechados os polígonos de Cangas B e F, así como o de Corme B. Tamén permanece pechado para a extracción de ostra o do Grove B.






PRESÉNTASE INICIATIVA POR UN FUNERAL LAICO I EN GALEGO





Preséntase en Cangas a iniciativa por un pasamento laico en galego. Os promotores teñen como obxectivo desenvolver un ritual completo non relixioso para empregar nas despedidas fúnebres.

Na presentación daranse a coñecer diversos materiais, entre eles un formulario para reflectir as últimas vontades ou unha escolma de poemas para ler na cerimonia. 
A comisión promotora da iniciativa elaborou tamén un modelo de acto fúnebre laico para que estea nos tanatorios a disposición das familias que o desexen. A iniciativa presentarase este serán, ás oito, no Concello de Cangas.


Funeral Laico ou Civil é o servizo funerario baseado na persoa falecida e a súa vida. Esta é unha celebración sobre a vida do falecido e a súa esencia sen importar as crenzas relixiosas de quen oficia a cerimonia ou preferencias dos familiares doentes.
Neste tipo de cerimonia recórdase ao falecido e as súas virtudes, preferencias, frases favoritas, música, etc.
Esta forma de celebración é a favorita de moitas persoas agnósticas ou ateas ou simplemente aqueles que non se senten identificados con algunha relixión ou ideoloxía, en especial en países como Australia, Nova Zelandia e Inglaterra onde cada vez se fai máis popular esta práctica e onde mesmo existen os profesionais idóneos para celebrar este tipo de cerimonias.



A PÉSIMA XESTIÓN DE ARAGUNDE CUSTA MOITOS CARTOS AOS CAMBADESES-AS





O grupo de goberno de Cambados presenta no pleno desta noite as novas condicións do contrato para a explotación da piscina.

O novo prego de condicións presenta varios cambios que, en teoría, o farán máis atractivo para as empresas, despois de que o primeiro concurso quedase deserto porque non se presentou ningunha oferta. Así as cousas, a administración municipal farase cargo do 100 por 100 dos gastos de enerxía (luz e gasóleo), fronte ao compromiso de asumir o 60 por cento das primeiras bases.
Este texto sacado do "Faro de Vigo" non ven si non a corroborar a nefasta, mala, pésima xestión de Aragunde ao frente do Goberno municipal e que agora este incremento de gastos repercute nos cambadeses/as esa xestión. 
A tan prometida, en varias, moitas ocasións, remodelación da piscina non se da producido e polo tanto non hai empresa que queira facerse cargo da sua xestión. Picar AQUÍ para ler un artigo do 2012 moi clarexador.

Cecáis si a piscina fose arranxada no seu dia a situación pola que pasan os traballadores non se tería producido. E decimos cecáis.
Tamén aumenta o tempo de concesión de 10 a 12 anos e aumenta o custe para empresa concesionaria uns 3000  euros anuais. Esto é para disimular pois a empresa terá que pagar parte do que según o concello faise cargo o propio concello.
Resumindo, din que se fan cargo do todo o gasto enerxético pero en realidade cargan parte do total nos cambadeses/as e deixan parte do custe a empresa concesionaria, obrigando a esta a permanecer máis tempo coa concesión.
 A empresa concesionaria tamén  terá que aboar outros 40.000 euros en concepto de canon, dos cales 20.000 os pagará en metálico e outros 20.000 en obras na piscina. O Concello dará 15 días naturais para a presentación das ofertas así como o anuncio do concurso se publique no DOG.
A concesión provisional remata nun mes de aí a urxencia de levar hoxe a pleno as novas condicións.





O BNG DENUNCIA A FALLA DE APARCAMENTOS






Profesionais sanitarios e usuarios do centro de saúde de Cambados lle trasladaron ao BNG a súa preocupación porque un ano máis, con motivo da Celebración de Defuntos, gran parte do aparcamento deste centro médico quedará ocupado polos postos de venta de flores, o que claramente dificultará aos usuarios e profesionais o acceso ao centro sanitario. Así mesmo, esta situación aínda se complica máis neste momento pola coincidencia das obras de instalación dunha nova caldeira no centro de saúde. Que solución se lle da aos usuarios que teñen que acceder ao centro con anciáns? A esa dificultade de acceso dos usuarios se suma, igualmente, a problemática dos profesionais sanitarios  que alí traballan ao ter que acudir ás urxencias ou simplemente cando asisten aos domicilios con esixencias dun tempo concreto. Como todo o mundo pode entender, o bo funcionamento do Centro de Saúde debe ser prioritario sobre outro tipo de actividades como as descritas; actividades que, ademais, facilmente poderían ser ubicadas noutros lugares do municipio (como por exemplo na Calzada, como se fai nalgunhas festas). Polo tanto, sería moi fácil darlle unha solución a esta problemática sen que as paguen os profesionais sanitarios ou os veciños e veciñas de Cambados que deben acceder ao Centro de Saúde; polo que


Por todo esto o BNG solicita que o concello aporte unha solución á problemática descrita para que o bo funcionamento do Centro de Saúde non se vexa alterado pola redución de aparcamentos nas próximas datas con motivo da Celebración de Defuntos.







29 de octubre de 2014

ROSA OUBIÑA E MARTA RODRIGUEZ, TRAIZOEIRAS E CÓMPLICES





Asi se desprende das declaracións feita polo representante do Colectivo de Emigrantes Retornados do Salnés.

O colectivo de emigrantes retornados do Salnés volveu "decepcionado e indignado" coa actitude do Partido Popular que negou cos seus votos a iniciativa do BNG de modificar a lei 35/2006 do IRPF para evitar a discriminación existente entre pensionistas que perciben unha ou varias pagas como sucede coa totalidade dos emigrantes retornados.

Os Emigrantes Retornados acusan ás deputadas do Salnés do PP, Marta Rodríguez Arias e Rosa Oubiña Solla "cómplices e verdugos do roubo" de "traizón e complicidade necesaria con quen nos rouba", o PP,   "votan a favor nos concellos da comarca das nosas demandas pero chegan o parlamento e prefiren conservar as súas cómodas cadeiras a mollarse polos seus veciños e veciñas".
Xose Lois Leiros, lembrou que a iniciativa debatida o martes no Parlamento Galego presentada polo BNG, "é o principal obxectivo dos emigrantes retornados, era por tanto nosa e non só do BNG, polo que o PP hoxe volveu darnos as costas e nós deberemos facer o mesmo cando se presente a ocasión nas próximas eleccións".
O colectivo anuncia que todas as plataformas comarcais concentraranse o vindeiro martes 4 de novembro, ás 11:00 horas diante das delegacións comarcais de Facenda.



A EMPRESA ENCARGADA DA AMPLIACIÓN DO H. DO SALNÉS BAIXO SOSPEITA






Os socialistas da comarca de Arousa, na súa xuntanza de onte pola noite en Vilagarcía coa secretaria de organización de Galicia, Pilar Cancela, valoraron entre outros temas a implicación da empresa Cofely na rede de corrupción destapada estes días en España con orixe en Madrid, pero que tamén afecta ao Goberno de Núñez Feijoo, e que alerta da rede clientelar que o PP ten instalada en moitas das institucións que goberna. Precisamente sobre a actuación da Xunta existe neste momento unha sombra que afecta a obras que a Xunta do PP, especialmente a Consellería de Sanidade, adxudicou á empresa Cofely. Dentro destas está a obra de ampliación do Hospital do Salnés.
Os socialistas láianse da xestión do PP que, unha vez máis, vai camiño de deixar a Arousa sen a tan necesaria e demandada obra de ampliación do Hospital do Salnés. Os socialistas apuntan que dende o inicio, esta necesaria ampliación foi sistematicamente burlada polo PP de distintas maneiras, facenco promesas sobre orzamentos que nunca se cumpriron e retrasando a tan demandad actuación. Ao final, e xa en ano electoral, o PP apuntou que iniciaría estas obras que agora se atopan con que a empresa que tiña concedida esta actuación está implicada da man do PP nunha rede de corrupción indecente e de dimensións escandalosas. Os socialistas pregúntanse se, ao final, unha demanda social se convertíu para o PP nunha oportunidade de negocio, e reclaman que a Xunta de explicacións rápidas e convincentes sobre o asunto para tranquilizar á cidadanía.
Especialmente os socialistas piden tamén aclaracións aos representantes cidadáns que o PP ten en Arousa, como os alcaldes que non levantaron voz ante o ninguneo a que estiveron sometidas as reclamacións e mobilizacións da cidadanía, e os deputados e deputadas do PP e cargos de dirección do partido que se mantiveron agochados despois de tantos enganos.

Dende o PSdeG lamentan que a corrupción poida ser a lousa definitiva para que a ampliación do Hospital non se leve adiante, dado que a empresa pode quedar desmantelada e inoperativa, e os fondos FEDER que financian esta obra teñen como data límite o fin de 2015, co que se perderían se non se realiza. Pregúntanse dende o PSdeG de Arousa se é unha casualidade que Cofely tivera tantas adxudicacións da Consellería de Sanidade.



PREGUNTAS DO BNG PARA O PLENO DE MAÑÁN





O BNG presentará no pleno de mañán varias preguntas para que sexan respondidas polo goberno municipal.
Dase a circunstancia que todas elas xa foran feitas en anteriores ocasións.
Nas inmediacións do centro de saúde hai unha serie de locais (centro de saúde, comercios, oficinas bancarias, praza de abastos …)  que xeran gran cantidade de residuos de papel e cartón e que ata hai un tempo dispoñían de contedor específico para a recollida deste tipo de materiais. Hai aproximadamente un ano que o BNG preguntou, nunha sesión plenaria,  pola desaparición dos citados contedores e se lle respondeu desde o concello, que estaban sendo arranxados. Agora volven a preguntar cando se repoñerán os contedores de papel e cartón nas proximidades do centro de saúde? 

Nunha das últimas asembleas das mariscadoras da Confraría de Cambados votouse por primeira vez unha proposta sobre a posición que o colectivo tiña con respecto ao proxecto de construción das comportas para o Saco de Fefiñáns. Nesa asemblea e tras a votación, o colectivo de mariscadores  posicionouse, case por unanimidade, en contra da construción das comportas no Saco de Fefiñáns e, así mesmo, o novo Patrón Maior afirmou publicamente, que a Confraría apoiará esta decisión, polo que cremos que a Administración (Concello e Xunta) debería facer o mesmo; por iso  preguntamos se unha vez rexeitado o proxecto de construción das comportas no Saco polo sector marisqueiro afectado, seguirá o goberno municipal de Cambados apostando por levar adiante dito proxecto?
Con data 26 de agosto o grupo municipal do BNG realizou unha serie de preguntas ou peticións, relacionadas coa celebración da pasada Festa do Albariño que, a día de hoxe, aínda non están contestadas e polo tanto volven a repetilas.
Gastos orixinados pola organización da Festa do Albariño 2014.
Axudas económicas facilitadas polas Administracións Públicas (diferentes Consellerías da Xunta e Deputación) para a organización deste evento (cantidades recibidas e orixe das mesmas).
Listado de convidados ao Xantar do Albariño (listado de todas aquelas persoas que asistiron ao Xantar convidados polo concello e a razón pola que foron convidados).


No  pasado pleno, o BNG realizou dous rogos; un  sobre a modificación dun pequeno “badén”, situado entre dous máis grandes, no Camiño do Castro e o outro sobre a eliminación de estacionamento para mellorar a visibilidade viaria, na saída da rúa que ven de Burgáns e se encontra coa estrada PO-300, por ser un lugar de moita sinistralidade. Por iso o BNG  quere preguntar se o concello ten a intención de levar a cabo ámbalas propostas? .


MOCIÓN DO BNG NOS CONCELLOS DA COMARCA





O BNG de Cambados ven de presentar unha moción para debatir no pleno de mañán en relación ao Hospital do Salnés. Esta moción será presentada en todos os concellos da comarca.
Nela piden que adxudique de inmediato as obras de ampliación do Hospital do Salnés  acordadas no Consello da Xunta do 3 de xullo de 2014 e publicadas no DOG do 22 de xullo dese mesmo mes.

E que se consignen nos orzamentos da Xunta para 2015 as partidas orzamentarias precisas, cando menos nas cuantías establecidas na resolución de licitación nove millóns setecentos cincuenta e dous mil cinco euros con trinta e cinco céntimos (9.752.005,35€), e un valor estimado de oito millóns cincuenta e nove mil cincocentos oito euros con cincuenta e cinco céntimos (8.059.508,55€).





CONCURSO AFECCIONADO DE CATADORES EN CAMBADOS







A Ruta do Viño Rías Baixas xa abriu a inscrición para participar na III edición do Concurso Afeccionado de Catadores, que terá lugar o próximo 8 de novembro no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados, no marco da programación coordinada con este concello.

A actividade, que volve desenvolverse en novembro con motivo da celebración do Día Europeo do Enoturismo, o próximo 9 de novembro, ten por obxectivo ofrecer a oportunidade ao público xeral de degustar e coñecer mellor os viños da D.O Rías Baixas. A iniciativa, que chega á súa terceira edición.

A xornada permitirá a un total de 120 persoas introducirse no mundo da cata da man do sumiller Luís Padin, que conducirá a xornada explicando como se cata un viño, cales son os aspectos que se valoran, en que nos debemos fixar cando probamos un viño a través da vista, o olfacto e o gusto, etc. Os participantes dispoñerán de todo o necesario para facer unha valoración dos viños, probaranos primeiro a botella vista e logo taparanse os viños catadores para proceder a realizar o concurso, que será unha "cata cega", animando os participantes a acertar cales son os viños que cataron e demostrando así a súa memoria sensitiva.


A actividade é completamente gratuíta e a inscrición xa está aberta. Para iso só teñen que anotarse a través dos teléfonos da Ruta do Viño Rías Baixas: 986 091 088 ou 687 523 230 ou no correo info@rutadelvinoriasbaixas.com.








CANTOS CORES EXISTEN NO MUNDO?





A iniciativa parte dun grupo creado hai uns anos en facebook, CANTOS CORES EXISTEN NO MUNDO?

Cores é unha familia Europea con raíces no mundo enteiro. O obxectivo é de reunir ao maior numero de persoas de apelido Cores e/ou familiares, para intercambiar fotos, vídeos e historias de familia, e conta con case trescentos membros
Un grupo daqueles que levan o apelido Cores en todo o mundo.

Neste grupo coñecéronse familiares, de diversas partes, mesmo unha parella conoceuse grazas ao grupo e agora son Cores Cores
Despois de varias intentos decideuse facer unha reunión en Galicia de onde provén unha rama importante do apelido.
reunion celébrase o 18 de xullo en Padron nun restaurante que pertence a un Cores tamén
Parrillada BELLAVISTA
Angueira de Suso, 6
15980 - Escravitude - Padrón Coruña 
Todo aquel Cores interesado en participar ou saber máis sobre o tema pode acceder ao grupo e alí o seu administrador José Cores estará encantado de dar toda clase de detalles.




28 de octubre de 2014

XA PODES VER O PROGRAMA "AQUÍ GALICIA" FEITO EN CAMBADOS





O programa “Aquí Galicia” continúa percorrendo as vilas e cidades do país, recalando o sábado pasado en Cambados. Enclavado en plena ría de Arousa, Cambados está considerado a capital do albariño, un dos mellores viños brancos do mundo. A súa zona histórica está declarada Ben de Interese Cultural e alberga un dos conxuntos de pazos nobiliarios máis importantes de Galicia.
Para os que non pudéchedes ver o programa en directo ou na televisión deixámosvos o enlace aquí.
Por suposto falouse do viño albaiño, houbo cociña cunha exaltación da vieira, un dos moluscos máis prezados e destacados na economía de Cambados e doces de Samaín preparados pola Asociación de Amas de Casa de Cambados.
 A música puxéronna a cantante Tania Veiras, da orquestra Nevada, o grupo Treixadura, e das agrupacións Con de Xido, Xironsa e Volandeira.





O CONCELLO DE CAMBADOS PREMIA AOS DIVORCIADOS





Para que entendades a razón do titular imos a explicar varios casos  de persoas que recibiron ou non as axudas para material escolar e libros de texto para primaria e secundaria. 
Para todos os casos poñemos dous ou tres fillos para non confundir.
Familia con dous fillos ou tres, casada  e con ingresos de 12.000 euros ou ata 24.000 euros. Non recibe as axudas.

Familia con dous ou tres fillos, separada ou solteira e cos mesmos ingresos que a anterior. Si percibe as axudas.
Familia con un dos proxenitores morto con dous ou tres fillos so piden a declaración da renda d@ proxenitor vivo e non contan a pensión de horfandade de cada fillo, que poidan percibir, si ten dereito  a axuda.
Nos casos de divorcio ou separación non se contan os ingresos do proxenitor que non conviva cos nenos, por moitos ingresos que teña e pensión alimenticia que pase.
Que diferencia hai económicamente entre estos casos?
Para aqueles que non solitáchedes estas axudas e non teñades as bases podédelas ver BOPPO do 16 de xuño a partir da páxina 51.
Por outro lado concédese unha cantidade de diñeiro que para percibir, o receptor ten que presentar a correspondente factura. 
E si a factura é menor que a cantidade asignada?.

Para quen son os cartos sobrantes?
Hai lista de beneficiarios suplentes?
Quédase o concello con eses cartos?
Todas as dúbidas quedarán sen despexar mentras o alcalde ou en quen delegue explique todo, algo que como ben sabedes non se fai neste concello.

As dúbidas que teñades podedes clarexalas no concello. Sería moi apropiado que os 300 solicitantes sen axudas foran ao concello a pedilas. Ían ter falar claro dunha vez.



CONCENTRACIÓN DE XEITEIROS EN CAMBADOS












OS  ARMADORES  DE  XEITO CONVOCAN  A  TÓDOLOS 
MARIÑEIROS/AS  A  UNHA CONCENTRACIÓN  O  XOVES 
30  DE  OUTUBRO  ÁS  17:00 H. NA  DÁRSENA  DO  PORTO   
DE  TRAGOVE  EN  APOIO  DO SECTOR  DO  XEITO.
O porto de Tragove será escenario o xoves, a partir das cinco da tarde, dunha nova concentración en apoio ao sector do xeito. Esta frota, un dos máximos expoñentes da pesca artesanal na ría deArousa, está ameazada de morte ao ter sido incluída por Bruxelas na súa normativa para erradicar a pesca con artes de deriva. Concentracións como a prevista en Cambados realizáronse xa noutros portos galegos, a última na Illa.




27 de octubre de 2014

ABREN DUAS INVESTIGACIÓNS POLO ACCIDENTE DA AVIONETA




Membros da Comisión de Aviación Civil chegaron hoxe desde Madrid para abrir unha invetigación paralela á da Garda Civil sobre o accidente de avioneta que onte tivo lugar en Barro. A aeronave caía sobre o medio dia moi preto da AP9 tras realizar unha aterraxe de emerxencia por rexistrarse un fallo técnico durante o voo. Os catro ocupantes resultaron feridos de diversa consideración, pero as súas vidas non corren perigo.
Ás once e vintecinco da mañá partía onte do aeroporto vigués de Peinador a avioneta modelo Piper PA-28 no que era unha viaxe de lecer polas Rias Baixas.
A Garda Civil xa estaba a estudar as causas do sucedido cando esta mañá chegaban ó lugar do sinistro membros da Comisión de Aviación Civil para iniciar outra investigación paralela.



A CAMBADESA SARAH FARIÑA VOLVE AO "WELLA INTERNATIONAL TREND VISION"





A estilista cambadesa participa na categoría de novos talentos. 
A estilista cambadesa Sarah Fariña de "La pelu de Sara" volverá a ser a representante do norte de España na semifinal do concurso "Wella International Trend Vision", que se celebra do 2 ao 5 de novembro en Marrakech (Marrocos). Sarah compite contra outras tres españolas na categoría de novos talentos. A gañadora participará na gran final que terá lugar en Mónaco. En 2013, Sarah Fariña non logrou o pase á final, pero quedou subcampiona nacional de novos talentos do Trend Vision 2013.