O grupo de goberno de Cambados presenta no pleno desta noite as novas condicións do contrato para a explotación da piscina.

Este texto sacado do "Faro de Vigo" non ven si non a corroborar a nefasta, mala, pésima xestión de Aragunde ao frente do Goberno municipal e que agora este incremento de gastos repercute nos cambadeses/as esa xestión.
A tan prometida, en varias, moitas ocasións, remodelación da piscina non se da producido e polo tanto non hai empresa que queira facerse cargo da sua xestión. Picar AQUÍ para ler un artigo do 2012 moi clarexador.
Cecáis si a piscina fose arranxada no seu dia a situación pola que pasan os traballadores non se tería producido. E decimos cecáis.
Tamén aumenta o tempo de concesión de 10 a 12 anos e aumenta o custe para empresa concesionaria uns 3000 euros anuais. Esto é para disimular pois a empresa terá que pagar parte do que según o concello faise cargo o propio concello.
Resumindo, din que se fan cargo do todo o gasto enerxético pero en realidade cargan parte do total nos cambadeses/as e deixan parte do custe a empresa concesionaria, obrigando a esta a permanecer máis tempo coa concesión.
A concesión provisional remata nun mes de aí a urxencia de levar hoxe a pleno as novas condicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.