Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de octubre de 2014

PREGUNTAS DO BNG PARA O PLENO DE MAÑÁN





O BNG presentará no pleno de mañán varias preguntas para que sexan respondidas polo goberno municipal.
Dase a circunstancia que todas elas xa foran feitas en anteriores ocasións.
Nas inmediacións do centro de saúde hai unha serie de locais (centro de saúde, comercios, oficinas bancarias, praza de abastos …)  que xeran gran cantidade de residuos de papel e cartón e que ata hai un tempo dispoñían de contedor específico para a recollida deste tipo de materiais. Hai aproximadamente un ano que o BNG preguntou, nunha sesión plenaria,  pola desaparición dos citados contedores e se lle respondeu desde o concello, que estaban sendo arranxados. Agora volven a preguntar cando se repoñerán os contedores de papel e cartón nas proximidades do centro de saúde? 

Nunha das últimas asembleas das mariscadoras da Confraría de Cambados votouse por primeira vez unha proposta sobre a posición que o colectivo tiña con respecto ao proxecto de construción das comportas para o Saco de Fefiñáns. Nesa asemblea e tras a votación, o colectivo de mariscadores  posicionouse, case por unanimidade, en contra da construción das comportas no Saco de Fefiñáns e, así mesmo, o novo Patrón Maior afirmou publicamente, que a Confraría apoiará esta decisión, polo que cremos que a Administración (Concello e Xunta) debería facer o mesmo; por iso  preguntamos se unha vez rexeitado o proxecto de construción das comportas no Saco polo sector marisqueiro afectado, seguirá o goberno municipal de Cambados apostando por levar adiante dito proxecto?
Con data 26 de agosto o grupo municipal do BNG realizou unha serie de preguntas ou peticións, relacionadas coa celebración da pasada Festa do Albariño que, a día de hoxe, aínda non están contestadas e polo tanto volven a repetilas.
Gastos orixinados pola organización da Festa do Albariño 2014.
Axudas económicas facilitadas polas Administracións Públicas (diferentes Consellerías da Xunta e Deputación) para a organización deste evento (cantidades recibidas e orixe das mesmas).
Listado de convidados ao Xantar do Albariño (listado de todas aquelas persoas que asistiron ao Xantar convidados polo concello e a razón pola que foron convidados).


No  pasado pleno, o BNG realizou dous rogos; un  sobre a modificación dun pequeno “badén”, situado entre dous máis grandes, no Camiño do Castro e o outro sobre a eliminación de estacionamento para mellorar a visibilidade viaria, na saída da rúa que ven de Burgáns e se encontra coa estrada PO-300, por ser un lugar de moita sinistralidade. Por iso o BNG  quere preguntar se o concello ten a intención de levar a cabo ámbalas propostas? .


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.