Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ANPAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANPAS. Mostrar todas las entradas
30 de julio de 2020
A XUNTA CARGA AOS CONCELLOS A LIMPEZA DOS COLEXIOS E MOITOS QUEDARÁN SEN PLAN MADRUGA OU COMEDOR ESCOLAR
O próximo curso non haberá comedores escolares nos colexios da provincia de Pontevedra dependentes ou xestionados polas ANPA´s, por decisión dos pais que consideran inviable manter os comedores e cumprir o protocolo anti COVID deseñado pola Xunta. Xa o advertían nada máis coñecer o protocolo, e desde a Federación de ANPA´s pediron que se rectificasen algúns aspectos. Pero as súas demandas non se tiveron en conta, nin tampouco as dos sindicatos que expuxeron a retirada do proxecto. Contra vento e marea a Xunta segue adiante, e o contraataque dos pais é a suspensión dos comedores escolares, pero tampouco haberá Plan Madruga. A FANPA sabe que é un problema maiúsculo para a conciliación de miles de familias, pero o protocolo de seguridade elaborado de forma unilateral pola Xunta non lles deixa outra saída: nesas condicións é imposible e de aí o acordo anunciado polo presidente da Federación Provincial de Anpas, Rogelio Carballo.
Para poder levar a cabo os comedores e o Plan Madruga, a FANPA di que teñen que cambiar 3 cuestións, pero o que non acaban de entender é que nas aulas teñan unhas condicións e no comedor os requirimentos sexan moito maiores. Parece que o panorama non pode estar máis revolto, e con todo estao. Van saltar faíscas nos concellos porque a Xunta pídelles un esforzo económico á conta do COVID, tendo en conta de que o mantemento nos colexios é cousa dos concellos.
A Xunta desenténdese da limpeza a maiores motivada polo COVID-19. Ata agora eran os concellos quenes se encargaban da limpeza pero cos novos protocolos anti-COVID.
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, criticou este mércores que a Xunta non vaia a habilitar un fondo extraordinario para compensar aos concellos polas tarefas de limpeza especiais, derivadas da pandemia pola COVID-19, que deberán asumir nos centros escolares de primaria.
Os concellos consideran "inviable" sufragar os gastos anuais, a maiores, que calculan que lles custará poñer en marcha as medidas de prevención do coronavirus que estipula o protocolo da Xunta para os colexios. O documento esixe que "durante a xornada lectiva unha persoa do servizo de limpeza realizará unha limpeza de superficies de uso frecuente e, no caso dos aseos, de polo menos tres veces ao día".
7 de junio de 2020
12 de noviembre de 2019
O GROSO DAS OBRAS DO IES CABANILLAS FARANSE DE TARDE
A ANPA do instituto celebraba o venres pasado unha asemblea extraordinaria, na que se acordaba pedir á Delegación de Educación e a Xunta que a empresa estaba a realizar todo tipo de traballos durante as mañás coas conseguintes consecuencias negativas para os alumnos que se vían expostos a situacións de risco, de ruídos e suciedade que afectaba a moitas clases. Esta situación estaba a producirse desde o inicio do curso, pero en menor medida e as clases se estaban desenvolvendo con menos atrancos dos que agora soporta a comunidade escolar. Tras todo esto a Consellería de Educación púxose ao parecer en contacto coa empresa que está a facer as obras de rehabilitación do instituto Ramón Cabanillas para ordenarlle que as obras maiores se realicen en horario non lectivo lectivo. Con esta medida a duración dos traballos retrasarase no tempo, pero alomenos non interrumpirán o normal desenrolo das clases.
Onte á mañan desde a cadena COPE fixeronlle unha pequena entrevista ó presidente da ANPA donde pudo explicar as queixas que se trataron o pasado venres na asamblea.
Aquí vos deixamos un enlace donde podedes escoitar as preguntas ó presidente (minuto 15'30) e o mais interesante, a resposta do xefe territorial de educación (minuto 46)
Despois de escoitar a entrevista a César Pérez Ares cabe preguntarse, que facían os obreiros durante as visitas que efectuaba ao centro o delegado territorial de Educación?
6 de noviembre de 2019
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA DO CABANILLAS
ANPA Arco de Fefiñáns informa que as obras que comezaron xunto co curso están a converter a docencia e a asistencia a clase nun auténtico despropósito e un perigo desde o punto de vista da saúde, a seguranza no traballo e no deambular polo centro, na concentración mental necesaria, etc.
Na anterior asemblea falárase do tema sen descartar mobilizacións chegado o momento.
1 de febrero de 2019
CHARLA NO IES CABANILLAS SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET DIRIXIDA A PAIS, TITORES E ALUMNOS
Este próximo luns o ANPA Arco de Fefiñáns do I.E.S. Ram´n Cabanillas ofrecerá unha charla dirixida ós pais e titores do alumnado enmarcada dentro do "PLAN DIRECTOR". “LOS PELIGROS DE INTERNET Y LAS NUEVAS TECNOLOGIAS” enmarcada dentro do PLAN DIRECTOR para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e no seu entorno impartida por un membro da Garda Civil. Posto que o centro de ensino nútrese de alumnos do C.E.P. Magariños e o C.E.I.P. de Corvillón e contando coa colaboración das suas ANPAs convidan tamén ós pais con nenos/as en 5º e 6º de primaria a asistir e participar na devandita charla.
O luns 4 de febreiro no Salón de actos do IES Ramón Cabanillas a partires das 18:30 hrs.
O luns 4 de febreiro no Salón de actos do IES Ramón Cabanillas a partires das 18:30 hrs.
8 de mayo de 2018
ESTE XOVES A ANPA DO CABANILLAS ENTREGARÁ UN DESA AO CENTRO EDUCATIVO
Despois das xornadas didácticas sobre a utilización de un desfibrilador que tiveron lugar este luns no I.E.S. Ramón Cabanillas, este xoves vaise facer a entrega do desfibrilador (DESA) ó instituto para así cumplir co acordado polos pais a principios de curso na asemblea da ANPA.
Queremos salientar que según as informacións da propia ANPA o IES Ramón Cabanillas é o primeiro centro educativo que conta con este dispositivo de emerxencias, polo menos o que respecta á comarca do Salnés son pioneiros neste tipo de equipamentos. Que por outro lado desexan que nunca se teña que utilizar, pero...
Este xoves farase de forma oficial a entrega ó instituto do DESA no primeiro recreo 10:30-10:50.
4 de mayo de 2018
ALUMNOS E MESTRES DO CABANILLAS RECIBIRÁN CURSOS PARA UTILIZACIÓN DE DESFIBRILADORES
A principios de curso foi aprobada en xunta xeral da Anpa do Instituto R. Cabanillas a compra de un desfribilador (DESA) para dotar ó centro de este dispositivo, que en caso de emerxencia pode
salvar vidas.
Tamén propuxeron a idea de formar ós alumnos e profesores para, en caso de emerxencia, precisen utilizar dito dispositivo saiban facelo.
Finalmente tras manter conversas con PROTECCION CIVIL de CAMBADOS para conseguir a súa colaboración para dar os cursos de formación tanto a alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bach, como ó profesorado.
Estes cursos vanse realizar no salón de actos do instituto este luns dia 7 dende as 09:00 hasta as 11:40 para os alumnos da ESO, dende as 16:30 hasta as 18:10 para os alumnos de Bach e a partir das 18:15 para o profesorado.
E o vindeiro xoves as 10:30 farase a entrega oficial ó instituto do DESA, cumplindo así o acordado en xunta xeral, que foi aprobado por unanimidade.
Dende a ANPA queren agradecer a confianza que sempre depositan en eles as familias, a predisposición do profesorado para a formación e como non á Agrupación de Protección Civil
pola sua colaboración.
Tamen decir que a actividade da formación vaise a prolongar co paso dos anos, desta maneira todos os anos daráselle este curso ós alumnos de 4º da ESO e os de 1º de Bach.
7 de junio de 2017
6 de diciembre de 2016
MALESTAR NA ANPA DO COLEXIO MAGARIÑOS
Malestar na Anpa. Santa Mariña do Colexio Antonio Magariños pola negativa da dirección do centro de colocar unha árbore de nadal nun dos seus patios.
Ante esta negativa a directiva da Anpa quere expresar a sua indignación por este feito ao ver que as suas propostas non son nunca ou case que nunca atendidas.
Todos os anos, e non so esta directiva senón anteriores, ven como a dirección do centro rexeitan a maior parte das iniciativas que desde a Anpa propoñen para facer o centro máis agradable aos alumnos. Desde pintar xogos nos patios para os rapaces o a instalación de elementos deportivos, como porterías ou canastras.
Neste caso a dirección chegou incluso a negarlles a que a árbore, que finalmente está no exterior do centro, poidese contar con unha toma de electricidade para as luces fixeran máis vistoso adorno navideño. Neste caso o Concello de Cambados colaborou aportando todo o que a Anpa lles solicitou.
Decir que a árbore costou uns cartos dos socios e a directiva da Anpa Santa Mariña teme que algún desaprensivo faga algunha trasnada que tire os cartos e as ilusións dos máis pequenos por terra.
Esta tarde terá lugar un acto no que se adornará a árbore e acenderán as luces ao que a directiva invita a todos os que queiran pasar a velo e colaborar. Será as 5 da tarde diante da porta principal onde está colocada a árbore.
PROPOSTAS DA ANPA
A ANPA Santa Mariña Dozo quere darvos a coñecer as propostas e moito do traballo realizado por nós verase.
Ata a data, o APA propuxo o Centro diferentes puntos para debater e para desenrolar que de seguido enumeraremos, moitos de eles aínda están no aire, xa que dependen do Consello Escolar para a súa aprobación.
Se plantexaron propostas para o 50 aniversario e para levar a cabo o Samaín recibindo un non rotundo para estas dúas. Aínda así seguimos plantexando ideas novas e fixemos un pequeno desgrose das propostas que barallamos para este ano escolar (sendo estás as principais pero non as únicas que estamos ideando).
Estes puntos son os seguintes;
1. Proxecto de pintura do patio pequeno polo 50 aniversario.(anexo)
2. Placa en releve conmemorativa para o 50 aniversario. (En trámites co Concellos e a escola de oficios de cantería)
3. Volta a entrar os pais dos alumnos nos festivais realizados polo centro, previa concenciación dos asistentes a non sacar fotos e vídeos das actuacións dos rapaces. (Magosto,Nadal ....fin de curso)
4. Charlas ofertadas para os alumnos por un membro de Protección Civil (Seguridade e primeiros auxilios orientado para rapaces e Invasión e consecuencias dunha nova especie de abellas ... Proporcionando colmeas retiradas polo equipo de protección civil de Cambados)
5. Simulacro de incendio, ofertado polo equipo de Protección Civil de Cambados. ( Camións e bombas de fumo incluídos)
6. Cambio de adxudicación da casa que o APA ten concedida dá 29D a 29B, nova adxudicación conxuntamente pedida co Centro ou individual.
7. Petición da APA e do Centro se o apoia, para que se investigue por mediación do Concello e de Educación a casa 29A, xa que os pais lles consta que non fai uso de esta casa a persoa que ten a adxudicación, senón unha filla de ésta. Pasos a seguir se ésta información é certa.
8. Estado e situación das casas que están dentro das instalacións do Centro escolar, xa que dende que se anunciou o seu derribe, aínda non se executou ... polo que o APA cree que debe de pedir información sobre esta situación. Información solicitada conxuntamente co centro ou individual.
9. Semán da ciencia; Proporcionar o centro de diferentes inventos e as súas explicacións.
10. Nadal; Dotar o centro de adornos do Nadal así como un árbol nun dos patios do colexio.
11. 14 de Febreiro; entrega a tódolos rapaces dunha carta motivadora (que proporcione unha inxección de autoestima ), así como un photocall na entrada do colexio baseado nun corazón como fondo (previa autorización do uso de imaxe)para que calquera membro deste centro poida ter un recordo deste día. 12. Carnaval; Baile no pavillón do noso colexio inspirado nas máscaras.
13. Muller Traballadora; charla ofertada por algunha muller do noso pobo que sexa emprendedora e traballadora, dotar o centro de murais e fotografías (con unha por neno será suficiente) dos seus ancestros (bisavós,avós, pais....) traballando.
14. Fin de Curso; Festa da escuma no patio grande. Graduación e baile dos rapaces de 6 de primaria.
30 de octubre de 2015
ASAMBLEA XERAL DA ANPA ARCO DE FEFIÑANS
ANPA ARCO DE FEFIÑANS
ASAMBLEA XERAL
Pola presente convocase a tódalas nais, pais e titores legais a próxima asamblea xeral ordinaria que terá lugar o vindeiro venres 06 de novembro no salón de actos do I.E.S. Ramón Cabanillas as 20:30 horas en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda convocatoria con arreglo a seguinte orde do dia:
- Lectura e Aprobación da Acta Anterior
- Estado de Contas
- Banco de Libros
- Actividades Extraescolares
- Dereito de uso do Pavillón pola ANPA nas actividades extraescolares
- Excursións de 4º da ESO -1º Bacharelato e 2º Bacharelato
- Resumo xeral das actividades realizadas no ano 2014-2015
- Cancelación de Conta Bancaria da A BANCA e apertura de nova conta bancaria.
- Elección de Xunta Directiva
- Rogos e Preguntas
Esperando contar coa vosa presencia e sen outro particular reciban un cordial saudo da xunta direciva.
675330562
16 de junio de 2015
IMPORTANTÍSIMA REUNIÓN DA ANPA DO CABANILLAS
Dende a ANPA Arco de Fefiñans están a traballar na elaboración do banco de libros, este mércores dia 17 terán unha asamblea informativa no salón de actos do instituto Ramón Cabanillas as 20:30h donde informarán a tódolos asistentes sobre a organización, deberes e obrigas para poder participar en dito banco de libros, así mesmo recordan ós pais d@s alumn@s que en este curso xa son beneficiarios de dito banco, que o vindeiro venres 19 deberán entregar os libros que teñen en préstamo (agás os das asignaturas que 1 de enero de 2015
GAÑADORES DO CONCURSO LOGO "ARCO DE FEFIÑÁNS"
A ANPA do Instituto Ramón Cabanillas xa ten logotipo: dos tres finalistas do concurso que organizou entre os alumnos saiu elexido o deseño de Cristina González.
Primeiro posto e gañadora Mª Cristina González Montero de 4º da ESO co traballo "DENDE O PUNTO DE CABANILLAS". Segundo posto para Carlos Moares Rodriguez de 2º da ESO co traballo "ARCO DE FEFIÑANS"
Terceiro posto para Ana Varela Chaves de 4º da ESO co traballo "ANPA"
31 de octubre de 2014
CONCURSO DE LOGOS DA ANPA DO CABANILLAS
Recentemente a ANPA do Instituto Ramón Cabanillas cambiou de nome, agora para completar todo o proceso precisan un novo logo. Por elo decidiron facer un concurso entre tod@s @s alumn@s do centro, o gañador e os finalistas terán premio.
As bases na imaxe de abaixo.
O traballo gañador será a imaxe da ANPA a partires do 2015.
MOITA SORTE A TODOS.
Moitas gracias de antemán.
14 de octubre de 2014
NACE A ANPA "ARCO DE FEFIÑÁNS"
Dende a ANPA queren agradecer a presencia a tod@s @s que asistichedes a xunta ordinaria celebrada onte. Despois de aprobado por unanimidade onte (punto Nº7 da orden do dia) pasan a denominarse ANPA ARCO DE FEFIÑANS.
Os puntos do dia eran os seguintes.
1) Lectura e aprobación da acta anterior
2) Estado de contas
3) Presentación das actividades extraescolares para o curso 2014-2015
4) Banco de Libros
5) Excursións de 4º ESO e 2º BACH
6) Resumen xeral de actividades realizadas pola APA no curso 2013-2014
7) Cambio de nome do APA DO IES RAMÓN CABANILLAS
8) Renovación da Xunta Directiva
9) Rogos e Preguntas
Moitas gracias a tod@s e esperando seguir contando colaboración de pais, nais e titores.
17 de octubre de 2013
CHARLA SOBRE A LOMCE EN CAMBADOS
As directivas das ANPAs dos centros educativos do concello de Cambados anuncian que o vindeiro Venres 18 de Outubro as 20:30 celebrarase una charla informativa acerca da LOMCE (Lei organica para a mellora da calidade educativa) no auditorio municipal “A xuventude” de Cambados con entrada libre e hasta completar aforo.





















