En concreto, segundo informa o Instituto Tecnolóxico de Galicia (Intecmar), abren tres polígonos no Grove (C2, C3 e C4); Bueu (Be A1); así como Cangas (D, E e G) e Portonovo (A,B,C). Así mesmo, detectáronse os primeiros negativos no polígono F de Cangas, que deberán ser confirmados antes de decretarse a apertura.
De tal forma, a inmensa maioría dos polígonos de mexillón quedan abertos tras meses nos que a toxina lipofílica obrigou a realizar peches continuados, o que impediu traballar ao sector durante boa parte do ano.
Así, tras estas 11 aperturas decretadas, tan só quedan pechados os polígonos de Cangas B e F, así como o de Corme B. Tamén permanece pechado para a extracción de ostra o do Grove B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.