Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta emigrantes retornados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emigrantes retornados. Mostrar todas las entradas

28 de mayo de 2018

MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS EN CAMBADOS




A  Plataforma de Emigrantes Retornados de O Salnés  convoca unha manifestación que terá lugar o próximo mércores 30 de maio en Cambados.
De novo os emigrantes retornados saen ás rúas en defensa das súas demandas, como son o fin da “discriminación fiscal” do seu colectivo, así como a reforma ou eliminación das leis que afectan o seu réxime.
A partir das 11:30 horas, con saída desde a Escalinata de San Tomé.
Desde o colectivo convidan a participar a todos os afectados, así como a veciños en xeral que queiran sumarse, tanto do Salnés como de fora da nosa comarca.


20 de marzo de 2017

SUBVENCIÓNS PARA EMIGRANTES RETORNADOS












O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados, que teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Comunidade Autónoma de Galicia, en caso de familias con dificultades para esta acción.
Segundo establecen as mesmas bases da convocatoria, “estas axudas fundaméntanse en feitos de urxente atención, teñen carácter simplemente paliativo e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos polos afectados, de tal xeito que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos”.
As persoas que queiran acollerse a esta liña de axudas deben ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España. Igualmente, cómpre que non teña transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a da publicación desta resolución. Esíxese tamén que estea empadroado e teña residencia nun concello galego, careza de rendas ou ingresos suficientes, e tampouco posúa bens mobles ou inmobles cuxo valor supere o límite establecido na convocatoria. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de agosto.

Tres liñas fomentan o retorno


Se ben para a iniciativa publicada hoxe no DOG destínanse 200.000 euros, o montante global do orzamento destinado este ano pola Secretaría Xeral da Emigración para fomento do retorno, ascende a 850.000 euros, pois existen outras dúas liñas co obxectivo de axudar ao regreso dos galegos no estranxeiro: as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’, cun orzamento para este ano de 500.000 euros, e as ‘Axudas ao Retorno Emprendedor’, con 150.000. De feito, todo o aumento das contas da Secretaría Xeral para este ano 2017 emprégase integramente nesta materia.
Póñense en marcha neste 2017 as bolsas específicas para captar á mocidade galega residente no estranxeiro mellor formada, e fomentar o seu retorno á Galicia territorial. As “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior” queren atraer cada ano a galegos que viven fóra para que rematen aquí a súa formación, traballen en Galicia e fixen definitivamente a súa residencia no territorio galego.
Ademais, mantense o fomento do retorno emprendedor a través das axudas de autoemprego e creación de empresas por parte de persoas emigrantes retornadas, dotado con 150.000 euros, e cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto. Nos tres anos anteriores, esta medida impulsou a posta en marcha de máis de medio centenar de negocios. As subvencións, cunha contía máxima que pode chegar a 8.000 euros por proxecto, complementan -sen excluílas- as axudas doutros departamentos autonómicos, e doutras administracións, para autónomos e emprendedores. O seu obxectivo é aproveitar os coñecementos e experiencia dos galegos no Exterior, facilitando o seu retorno á terra natal, axudando a fixar poboación activa que xera emprego na súa volta á terra.







16 de marzo de 2015

NOVA MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS








A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados convoca unha manifestación de toda a emigración galega retornada en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 21 de marzo.


A Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados, xunto con 20 plataformas comarcais de emigrantes retornados, convocan para o sábado 21 de marzo unha manifestación en Compostela, con saída da Praza do Obradoiro ás 11:00h., onde reclamaremos a equiparación da presión fiscal independentemente da existencia de un ou mais pagadores, un marco homoxéneo para todas as pensións, ou a modificación do marco actual no sentido de evitar a retroactividade que establece a disposición adicional primeira da Lei 26/2014 tanto en relación coas persoas que xa tributaron por rendas percibidas en exercicios anteriores durante o ano 2013 e 2014, como para as que están pendentes de tributar todas as rendas desde o exercicio 2010 durante este período extraordinario de regularización.


Máis información




12 de enero de 2015

MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS




Mañan martes a partir das 11h. manifestación comarcal, dende diante da facenda en Vilagarcía de Arousa ata a sede do PP, verdugos e culpabeis do roubo aos emigrantes retornados!!!





4 de diciembre de 2014

MANIFESTACION EMIGRANTES RETORNADOS






NOTA DO BNG SOBRE O PROBLEMA DOS EMIGRANTES RETORNADOS






Unha vez máis querémonos referir á problemática que rodea a emigración que Galiza padeceu, e continúa padecendo. Foron milleiros as persoas que se viron obrigadas a abandonar o noso país desde comezos do século XIX para procurar un medio de vida. Hoxe, persoas mozas cunha alta cualificación, tamén se ven obrigadas a facer o mesmo que fixeron os seus avós e avoas para poderen ter un traballo.
Moitas das persoas emigrantes, xa de retorno na Galiza e en idade de xubilación, son beneficiarias de pensións que perciben de estados estranxeiros. Tras este colectivo recibir requirimentos da Axencia Tributaria para que declaren as cantidades percibidas coa finalidade de proceder á regularización ou no seu caso formulación da declaración sobre o imposto das persoas físicas correspondentes aos exercicios de 2008, 2009, 2010 e 2011, produciuse unha forte resposta social. Estas persoas nunca recibiron ningún tipo de información en relación coa súa obriga de declararen as contías das pensións percibidas no estranxeiro. Existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF, o que confirma a falta de intencionalidade de defraudar por parte destas, e que se  apoia co feito de os estados pagadores nunca lles expediren ningunha certificación en relación coas cantidades percibidas.
Foi a presión que realizou con intensidade a Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados/as a que conseguiu que se saiba quen son os verdadeiros defraudadores e que se coñeza que houbo un trato inxusto e discriminatorio cos/coas pensionistas retornados/as. Tamén esa contestación social motivou a introdución na reforma fiscal prevista para 2015 dun “proceso de regularización” dirixido a este colectivo que, con todo, é unha solución parcial que non asegura un tratamento fiscal equitativo e non discriminatorio respecto doutras persoas que só perciben pensións de organismos do Estado español. Por iso non se pode consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ás xustas demandas deste colectivo coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais. Son imprescindíbeis medidas reais para que a tributación das pensións de emigrantes retornados/as sexa xusta e igualitaria, que os impostos que soportan non teñan un tratamento legal diferente polo simple feito de ter desenvolto unha parte da súa vida laboral no estranxeiro.

Por iso o grupo municipal do BNG, solicita do Pleno da Corporación Municipal, a adopción do seguinte:

ACORDO
1. Demandar do Goberno do Estado español a adopción urxente das seguintes medidas:
a) Que proceda á modificación lexislativa para fixar un mesmo réxime do IRPF para as rendas procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios estados.
b) O recoñecemento de oficio das pensións de invalidez, recoñecidas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación destas pensións.
c) Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo de Suíza, para verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dupla imposición.
d) Revisión dos convenio marco con outros países para evitar que situación deste tipo poidan volverse a producir.
2. Manifestar o apoio deste concello aos veciños e ás veciñas beneficiarias de pensións percibidas no estranxeiro afectadas pola reclamación da Axencia Estatal Tributaria, asistindo á manifestación convocada para o vindeiro venres 5 de decembro na cidade de Ourense.



29 de octubre de 2014

ROSA OUBIÑA E MARTA RODRIGUEZ, TRAIZOEIRAS E CÓMPLICES





Asi se desprende das declaracións feita polo representante do Colectivo de Emigrantes Retornados do Salnés.

O colectivo de emigrantes retornados do Salnés volveu "decepcionado e indignado" coa actitude do Partido Popular que negou cos seus votos a iniciativa do BNG de modificar a lei 35/2006 do IRPF para evitar a discriminación existente entre pensionistas que perciben unha ou varias pagas como sucede coa totalidade dos emigrantes retornados.

Os Emigrantes Retornados acusan ás deputadas do Salnés do PP, Marta Rodríguez Arias e Rosa Oubiña Solla "cómplices e verdugos do roubo" de "traizón e complicidade necesaria con quen nos rouba", o PP,   "votan a favor nos concellos da comarca das nosas demandas pero chegan o parlamento e prefiren conservar as súas cómodas cadeiras a mollarse polos seus veciños e veciñas".
Xose Lois Leiros, lembrou que a iniciativa debatida o martes no Parlamento Galego presentada polo BNG, "é o principal obxectivo dos emigrantes retornados, era por tanto nosa e non só do BNG, polo que o PP hoxe volveu darnos as costas e nós deberemos facer o mesmo cando se presente a ocasión nas próximas eleccións".
O colectivo anuncia que todas as plataformas comarcais concentraranse o vindeiro martes 4 de novembro, ás 11:00 horas diante das delegacións comarcais de Facenda.



27 de octubre de 2014

MANIFESTACIÓN DE EMIGRANTES RETORNADOS EN SANTIAGO





A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados convoca unha manifestación de todos os emigrantes galegos retornados en Santiago de Compostela mañán martes 28 de outubro.


A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados fai un chamamento a tod@s @s emigrantes galegos retornad@s para participar masivamente na manifestación, que se vai celebrar en Santiago de Compostela, o vindeiro martes, día 28 de outubro a partir das 11h da mañá, con saída da Alameda e remate diante do Parlamento de Galiza, onde nos concentraremos, para entregar un Documento, coas nosas reivindicac
ións ao Presidente da Xunta, a entrega de sinaturas, recollidas por todas as Plataformas que conformamos a Coordinadora Nacional Galega de emigrantes retornad@s, e para rematar, lerase un manifesto.

Son máis de 250.000 os emigrantes galeg@s retornados con pensións de Países Estranxeiros, que continuamos a recibir da Axencia Tributaria Española, a comunicación con carácter retroactivo, que nos obriga a ter que facer a declaración de cinco anos: 2008/2013, e a multas e xuros.

Con esta manifestación os emigrantes retornados queren solicitar que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións na Lei 35/2006, necesarias para garantir un trato igualitario. Concretamente, o artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000€/ano de ingresos, e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto das e dos pensionistas do Estado Español.





30 de septiembre de 2014

NOVA MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS






A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca do Salnés continúa coa súa axenda de mobilizacións para reclamar ao Goberno do PP a anulación das sancións impostas pola Axencia Tributaria por non ter declarado as pensións que reciben os emigrantes retornados desde outros países desde o 2008 e para reclamar un cambio lexislativo. Así, este xoves, 2 de outubro, ás 11:00 horas, convocan unha manifestación comarcal, con saída do Concello de Vilagarcía ata diante da delegación da Axencia Tributaria en Vilagarcía de Arousa, a que convidamos e instamos a pelexar con nós aos: afectad@s, familiares, amig@s, veciñ@s e sociedade en xeral, xa que, por desgraza, vemos que o Goberno Español do PP está a meter man en tódalas caixas posíbeis con nocturnidade e alevosía...
A Plat. de Emigrantes Retornados do Salnés quere con esta manifestación trasladar ás seguintes peticións en relación coa posición que está mantendo o Ministerio de Hacienda coa problemática da tributación das nosas pensións percibidas no estranxeiro:
1. Que non imos consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais, e que, pola contra adopten medidas eficaces para que a tributación das nosas pensións sexa xusta e igualitaria.
2. Congratulámonos de que por fin saiba quen son os verdadeiros defraudadores, que non somos ás e os pensionistas retornados. Porén iso non é suficiente e polo tanto trasladámoslle as propostas para que no ámbito da reforma fiscal se adopten decisións para resolver de verdade a nosa problemática.
3. As e os emigrantes retornados non renunciaremos ata que se modifique a lei 35/2006 para que as pensións das persoas retornadas tributen igual que a do resto dos galegos:
• Coa elaboración dun informe no que se poña de manifesto como por idénticas cantidades tributan máis que outros pensionistas.
• Que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións na lei 35/2006 necesarias para garantir un trato igualitario. Concretamente o artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000 euros ano de ingresos e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto dos e das pensionistas.
• Que tendo en conta que moitos emigrantes retornados para teren dereito á prestación sanitaria teñen que ou pagar no país de orixe un seguro ou establecer un convenio coa seguridade social española (arredor de 90 €/mes) que estas cantidades se poidan incluír como gastos deducibeis no IRPF, igual que xa ocorre cos gastos de seguridade social dos e das traballadoras.
4. Hai cambios que para nós son esenciais na proposta de modificación legal remitida ás Cortes Xerais en relación coas pensións dos e das emigrantes retornadas:
• Modificar o texto remitido ás Cortes no sentido de que en ningún caso a obriga de presentar declaración do IRPF se aplique con carácter retroactivo. Polo tanto que o período de regularización só afecte a partir deste ano.
• Aclaración sobre como se vai realizar a devolución ás persoas que xa foron requiridas e que aboaron sancións e intereses: trámites a realizar. Do mesmo xeito que nos sancionaron e ameazaron con embargos de oficio, tamén de oficio deberán devolvernos os nosos cartos.
5. E finalmente tamén queremos que vexan que existen importantes lagoas na actuación da Axencia Tributaria que poden dar lugar a un trato discriminatorio aos emigrantes retornados e mesmo provocar que se vexan obrigados a tributar sen teren que facelo. Nalgúns casos incorrendo mesmo na dobre imposición que está explicitamente excluída nos convenios internacionais asinados polo Estado español. Nese sentido solicitamos:
• Informar a todas as persoas afectadas e que se indique quen ten obriga de incluír as pensións na declaración tendo en conta: país de procedencia das pensións, as sentenzas existentes, as resolucións do Tribunal Económico Administrativo e os cambios dos últimos anos nos diferentes convenios bilaterais.


• Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo Suíza, para verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dobre imposición. (Hai persoas que por determinadas cantidades xa tributan no país de orixe malia o cal a AT lles reclama a súa inclusión na declaración).
• Pensións por incapacidade. Recoñecer de oficio o recoñecemento das invalideces realizadas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación de ditas pensión. (Actualmente hai persoas con incapacidade total no país de orixe, que segundo o INSS é equiparábel á absoluta, que están sendo requiridas pola AT para a súa tributación) Os e as emigrantes retornadas non abandonaremos as nosas reivindicacións e mobilizacións até conseguir os obxectivos que consideramos de xustiza.
Por todalas razóns expostas con esta manifestación queren solicitar que na tramitación nas Cortes Xerais do Proxecto de Lei pola que se modifican a lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persóas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de Non Residentes, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2004, 5 de marzo, e outras normas tributarias, SE INTRODUZAN AS MODIFICACIÓNS no articulado correspondente á Disposición Adicional Única coa finalidade de incluír medidas concretas QUE RESOLVAN as carencias antes mencionadas.


Agardando que se den as ordes pertinentes ao Ministro de Facenda para que inclúa todas e cada unha das xustas demandas dos emigrantes retornados.
Tampouco deixaremos de sinalar co dedo a aqueles que como Montoro, Rajoy ou Feijóo pretenden só un enxaugue electoralista no canto de resolver o problema da nosa discriminación.



1 de septiembre de 2014

EMIGRANTES RETORNADOS MANIFÉSTANSE MAÑÁN






Mañan martes ás 11h. manifestación comarcal diante da facenda en Vilagarcía de Arousa.
A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca do Salnés continúa coa súa axenda de mobilizacións para reclamar ao Goberno do PP a anulación das sancións impostas pola Axencia Tributaria por non ter declarado as pensións que reciben os emigrantes retornados desde outros países desde o 2008 e para reclamar un cambio lexislativo. Así, mañan martes, 2 de setembro, ás 11:00 horas, convocan unha manifestación comarcal, con saída do INEM de Vilagarcía,  ata diante da delegación da Axencia Tributaria en Vilagarcía de Arousa, a que convidamos e instamos a pelexar con nós aos: afectad@s, familiares, amig@s, veciñ@s e sociedade en xeral, xa que, por desgraza, vemos que o Goberno Español do PP está a meter man en tódalas caixas posíbeis con nocturnidade e alevosía...
@s emigrantes retornad@s pensionistas, con está manifestación, queren denunciar publicamente e dar a coñecer a toda a sociedade que están a denunciar que a Lexislación española provoca que os traballador@s emigrantes retornado teñen que realizar a declaración do IRPF a partir de 11.200 euros anuais de ingresos, cando o resto dos pensionistas só teñen que facela ao superaren os 22.000 euros e que o tipo impositivo que se lles aplica sexa superior, POR IDÉNTICAS CANTIDADES que aos que NON TIVERON QUE EMIGRAR.


É dicir, DENUNCIAN A DISCRIMINACIÓN de ter que pagar POR IDÉNTICOS INGRESOS máis que calquera outro contribuínte do Estado Español.









9 de mayo de 2014

MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS E AFECTADOS POR PREFERENTES




A Plataforma de Marin-Pontevedra organiza na cidade de Pontevedra unha manifestación conxunta das plataformas galegas de afectados por preferentes e subordinadas coas plataformas de emigrantes retornados. Mañá sábado e terá hora de partida da marcha será ás 11:30 dende a Praza de Ourense (Detrás da Igrexa da Peregrina, a carón da Praza da Ferrería). 
O percorrido polas rúas de Pontevedra será de 1,7 Kms e rematará na Praza de España, frente ao Concello e a Subdelegación de Goberno. Alí, un representante dos emigrantes e un representante dos preferentistas lerán cadanseu manifesto, rematando o evento ás 13:30. 

A carón da Praza de España, na Alameda, está situado o lugar de parada dos buses, para a chegada e recollida. Tamén hai dous aparcamentos privados na contorna da praza.



14 de marzo de 2014

ASEMBLEA INFORMATIVA PARA OS EMIGRANTES RETORNADOS EN MEIS




O BNG de Meis organiza unha Asemblea Informativa sobre as pensións que reciben do estranxeiro os emigrantes retornados, con respecto a estafa dos cartos que lles reclama facenda. 
PRESENTA:
Pilar Xiráldez
Voceira Municipal do BNG de Meis
FALARÁ: 
Xosé Lois Leirós Gude
Afectado e membrol da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés.

Centro Multiusos do Mosteiro, Praza da Feira. Sábado 15 ás 19:30 da tarde.











28 de febrero de 2014

NOVAS MOBILIZACIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS



O vindeiro mércores 5 de Marzo os emigrantes retornados teñen pensado mobilizarse para entregarlle na Coruña as asinaturas conqueridas a Delegada Especial de Facenda.

Desde o seu muro de de facebook arengan así ao seus amigos.........
..............Benquerido@s compañeir@s, agardo que xá o quentiño do fogar esteades tod@s recuperad@s da MOLLADURA que nos deixóu o temporal desta mañá. 
Si seguimos firmes e somos constantes na nosa loita, estóu seguro que o noso esforzo se transformará en resultados positivos, para nós e se fará XUSTIZA.

PRÓXIMA BATALLA: MÉRCORES, DÍA 5 DE MARZO, ÁS 11h. DA MAÑÁ NA CORUÑA...MANIFESTACIÓN NACIONAL, PARA ENTREGARLLE A DELEGADA ESPECIAL DA FACENDA ESPAÑOLA MILES DE SINATURAS...que serán miles de razóns para que nos escoiten e para que paren de roubarnos. REBELÉMONOS!!!!!!!!!!!!!!!!! Apertas.








13 de febrero de 2014

NOVA PROTESTA DOS EMIGRANTES RETORNADOS





A Plat. de Emigrantes Retornados reclama a modificación da Lei 35/2006 sobre o imposto das persoas físicas para evitar as inxustas diferenzas entre un ou varios pagadores e o cese da presión sobre o emigrantes coa aplicación de sancións e intereses..

Os colectivos de emigrantes retornados galegos convocan concentracións simultáneas diante das delegacións de facenda este venres 14 de febreiro, no caso do Salnés, será na delegación de Vilagarcía de Arousa, ás 11:00.

Modificación da lexislación tributaria para evitar a inxustiz
a de trato entre un ou varios pagadores.

Dende o Colectivo queren facer fincapé na reivindicación para a modificación da lei 35/2006, que vimos facendo dende un principio, da derrogación da fatídica lei dos dous pagadores, que non só afecta aos emigrantes retornados, senón que tamén o fai a persoas en activo que por calquera circunstancia teña dous pagadores durante o período tributario, por exemplo unha persoa que quedase en situación de desemprego e ese ano cobrase mais 11.200€ brutos terá que facer a declaración da Renda de forma obrigatoria mentres que unha persoa que só teña un pagador se non ingresa mais de 22.000€ non terá obriga de declarar, feito este que queren por enriba da mesa para que todas aquelas persoas que pensen que isto non se axusta ao espírito de progresividade dos impostos do que fala a Constitución española e que ademais pensen que non é xusto, nos acompañen este venres en Vilagarcía de Arousa.

Paralización das sancións e intereses de demora
Por outra banda os colectivos seguen esixindo a paralización de sancións e intereses aplicados pola axencia tributaria, en liña con varias sentenzas xudiciais. Dende a plataforma do Salnés denunciamos que a administración de facenda obríganos a acudir á vía xudicial cos gastos que isto supón para as persoas afectadas que en moitos casos reciben pequenas pensións e ademais, tendo en conta o contexto económico, soportan o mantemento de cargas familiares.



Demandan:
· Revogación dos expedientes xa iniciados instruídos pola Axencia Estatal Tributaria e que lle notificaron nos últimos meses a persoas beneficiarias de pensións no extranxeiro, e devolución do xa pagado.
· Non ao cobro abusivo de intereses de demora por parte da Axencia Tributaria.
· A modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.
· Que a Axencia Tributaria inicie unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras.

Ademáis os afectados, con expediente iniciado ou xa pagado, farán entrega no rexistro dun escrito dirixido ao consello para a defensa do contribuinte para que quede constancia da súa queixa.

Dende a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés chaman a asistir a concentración deste venres a tódalas afectadas e afectados por esta inxusta decisión, xa que nin a propia Axencia Tributaria lle meteu a pensión aos emigrantes retornados na declaración do IRPF, por poñer un exemplo. E ademáis de inmoral a imposición de sancións a un colectivo perceptor das pensións máis baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro.

Ademáis queren aproveitar para agradecer, por adiantado, a todos os compañeiros do colectivo e a aqueles que queiran acompañalos, a participación na concentración do día catorce diante da oficina da Axencia Tributaria de Vilagarcía de Arousa as once da mañan e animalos a seguir loitando.




10 de enero de 2014

OS EMIGRANTES RETORNADOS BUSCAN FIRMAS PARA A SUA CAUSA






Os emigrantes retornados levan piden firmas a través de change.org para que o Ministerio de Economía e Facenda sexa máis compresible coa sua situación.

Milleiros de emigrantes galegos retornados con pensión do estranxeiro están a recibir requerimentos da Axencia Tributaria Española con comunicación de sancións, mentres aos auténticos defraudadores fiscais o Goberno español lles concede amnistía.
Afectadas e afectados por esta decisión inxusta que descoñecían estas obrigas tributarias. E ademáis é inmoral a imposición de sancións a un colectivo que percibe pensións tan baixas despois de traballar toda unha vida no estranxeiro.
Agora, a Axencia Tributaria obriga a facer as declaracións dende o ano 2008 e a pagar a totalidade da cantidade resultante nun prazo de dez días con intereses de demora e con carácter retroactivo.

Témos que nos mobilizar por un trato xusto e igualitario para os emigrantes retornados pensionistas, e esiximos a:
-Revogación dos expedientes xa iniciados e devolución do pagado.
-Anulación dos expedientes sancionadores.
-Non ao cobro de intereses de demora por parte da Axencia Tributaria Española.
 -Modificación da Lei para garantir a igualdade de trato para os emigrantes retornados.

Para votar PICA AQUÍ



27 de diciembre de 2013

EMIGRANTES RETORNADOS E PREFERENTISTAS PROTAGONISTAS NA DEPUTACIÓN




As Plataformas de afectados polas Preferentes e de Emigrantes Retornados  buscaron o apoio dos tres grupos que integran o pleno da Deputación de Pontevedra. No pouco tempo que lles deixaron os preferentistas, os emigrantes, protestaron pola estafa á que aseguran que pretende sometelos a Axencia Tributaria ó cobrarlles polas pensións que reciben de países estranxeiros sen previo aviso.

Os xubilados que no seu día traballaron no estranxeiro aseguran que son máis de 250.000 só en Galicia os que están a recibir este tipo de sancións. Unha persecución económica que continuará a primeiros do ano que ven, din, cunha nova remesa de 30.000 multas por parte do Ministerio de Facenda. E é que ós xubilados ven a sorprendelos esta actuación desde primeiros de ano posto que desde sempre, en virtude do Modelo de Convenio da OCDE, nunca tributaran en España polos cartos que chegan por vía legal desde os países que no seu día traballaron. Estes xubilados contrapoñen a súa situación á dos defraudadores ós que se lles ofreceu unha amnistía fiscal recentemente con toda a publicidade posible, cando a eles ninguén lles informou deste cambio normativo. Unha postura, a súa, que apoiaron desde o Parlamento Galego e na súa chegada ó Congreso o PP votou abaixo ca súa maioría absoluta. Piden pois unha solución política a este “saqueo planificado” do que aseguran sentirse víctimas, e que lles devolvan o recadado este ano en Galicia máis de 3,5 millóns. 

Dende os grupos provinciais do BNG e PSdeG-PSOE animaron ó Partido Popular a propoñer conxuntamente ao Goberno que cambie a lei para alcanzar a exención naqueles casos de pensións de retornados que non superen os 22.000 euros anuais. De non obteren unha resposta satisfactoria, os xubilados retornarán, desta volta ó Pleno da Deputación, dentro dun mes.






11 de diciembre de 2013

OS EMIGRANTES RETORNADOS VANSE FACER ESCOITAR EN MADRID




A Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés convoca aos afectados do Salnés (Comarca do Salnés, O Grobe-Vilalonga-Sanxenxo-Cambados-Vilanova de Arousa- Vilagarcía de Arousa-Catoira) a concentración que se vai a celebrar a nivel nacional en Madrid diante do Parlamento o vindeiro martes 17 de decembro.


A Plataforma de Emigrantes Retornados do 

Salnés, Coordinadora Nacional 

Galega de Emigrantes Retornados, convoca a 

todolos afectados emigrantes galegos 

retornados do Salnés con pensións do 

estranxeiro están a recibir requerimentos da 

Axencia Tributaria Española a unha 

CONCENTRACIÓN NACIONAL, diante do 

Parlamento de Galiza en Compostela, para 

defendermos dende a rúa, o debate que se 

producirá no Parlamento, a iniciativa do Grupo Parlamentario do BNG da 

Proposición de Lei da Reforma da Lei 35/2006 do Imposto da Renda das 

Persoas Físicas (IRPF), relativa á Tributación das pensións públicas percibidas 

por persoas Emigrantes Retornadas.


Dada a grande importancia que ten 


para eles a Modificación desta Lei 

para todos e todas os afectad@s 

terán que ser unha marea de 

xente, para demostrarlle ao Goberno 

Galego, á Facenda española e á 

Sociedade as súas xustas 


reivindicacións, a sua forza e determinación por defender a dignidade, a 

 honra e os cartos das pensións, que con tantos esforzos e sacrificios lles 

custou conseguir, e que ademais son as que sustentan a miles de familias e 

fogares galegos. 

É de vital importancia, para os intereses desta Plataforma, que o martes, día 

17 de decembro ás 15,30h nos concentremos diante das portas do 

Parlamento o maior número de persoas posíbeis. 

Sairá un autobus dende a comarca para ir a Santiago de Compostela. Prezo 


do billete: 5 € por persoa.
Para inscribirse ou máis información 

chamar ao tl.: 649467787 ou mandar 

mensaxe privado ao facebook da Plat 

Emigrantes Retornados Do Salnés.








26 de noviembre de 2013

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS PENSIONS DOS EMIGRANTES RETORNADOS POR ANOVA






ESTE XOVES, A PARTIRES DAS 20:30, NO CENTRO CULTURAL DE BARRANTES,

TERA UN LUGAR UN ACTO INFORMATIVO SOBRE A REFORMA DAS PENSIÓNS E

TAMEN FALAREMOS DAS PENSIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS.

• Como nos afectarán os últimos cambios lexislativos?

• Que significa que non van a actualizarse co IPC? 



• Cambia a cotización?

• Que pasa coas pensións que se cobran da emigración?.



I N T E R V I R Á N:


- Enrique Oubiña Lago.


Membro de ANOVA e Concelleiro en Ribadumia.

- Xurxo Charlín Trigo.

Asesor Fiscal e Tributario – membro de ANOVA.

CENTRO CULTURAL DE BARRANTES as 20:30 Xoves 28


30 de octubre de 2013

OS EMIGRANTES RETORNADOS BUSCAN EN CAMBADOS O QUE LLE NEGARON EN VILAGARCÍA







A Plataforma Emigrantes Retornados do Salnés estará mañán presente no pleno municipal que se vai celebrar como cada último xoves de mes en Cambados.


Un dos puntos a debatir será si o Concello deCambados  apoiará a esta Plataforma nas suas reivindicacións. Cabe recordar que en Vilagarcía non foi apoiada a sua demanda pero si no pleno da Mancomunidade do Salnés si foi apoiada, coa extrana e cobarde ausencia do alcalde vilagarcián.

Desexamos que Aragunde non se dobregue ante o sr. Montoro e vote a favor da moción.


29 de octubre de 2013

COMUNICADO DAS PLATAFORMAS DE EMIGRANTES RETORNADOS





“Milleiros de galegos e galegas ficamos atónitos ao ler ou escoitar o proceso emprendido dende a Axencia Tributaria contra os Emigrantes Retornados, que percibimos parte da nosa pensión de países estranxeiros. En esencia, logo de anos e décadas de vir recibindo pensións dende os Países nos que estivemos traballando, sen que esas rendas figurasen como ingresos a tributar, agora Facenda esíxenos o pagamento atrasado (2008/2012) do imposto sobre a renda correspondente, incrementado con xuros de demora e máis sancións.
                                                                                           
 
Propoñemos facilitar a regularización da situación do período 2008/2012, sen fixar para as persoas que se atopen nesta situación nin recargo, nin intereses de demora. Iniciar unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, anulando o requirimentos relativos aos exercicios comprendidos entre os anos 2008/2012. E a revisión dos convenio marco con outros Países, para evitar que situacións deste tipo, poidan volverse a producir, e tamén, unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF, con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados.

Namentres non se amañe o problema, tanto as Plataformas das distintas localidades e comarcas, como a Coordinadora Nacional que aglutina ás mesmas, inicia unha campaña de visualización e actos de protesta para resolver o mesmo.