Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INS. CABANILLAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INS. CABANILLAS. Mostrar todas las entradas

13 de febrero de 2020

CHARLA SOBRE COMO USAR UN DESFIBRILADOR NO INSTITUTO CABANILLAS


O vindeiro luns dia 17 nas instalacións do IES Ramón Cabanillas, a ANPA e o departamento de educación fisica  farán unhas xornadas relacionadas co uso do DESA.
Ditas charlas e prácticas serán impartidas por técnicos do 061 de forma voluntaria e altruísta.
Hai xa tres anos a ANPA Arco de Fefiñans dotou de un DESA (desfibrilador semi automatico) ó IES Ramón Cabanillas e co desexo de que o alumnado adquira nocións básicas do seu uso organizamos estas actividades.

DESA é a abreviatura de Desfibrilador Externo Semiautomático. É un dispositivo médico de uso extra hospitalario para reverter a parada cardíaca que pode axudar a salvar miles de vidas ao ano. A parada cardíaca ou morte súbita ocorre de forma repentina. A persoa que a padece perde a consciencia e a respiración debido a un fallo cardíaco do corazón. #Ante esta situación, cada minuto resta posibilidades de supervivencia, e actuar rápido pode supoñer salvar a súa vida. Para reverter a situación de parada, é importante que a poboación coñeza as técnicas de reanimación cardiopulmonar e saiban que é e onde hai un desfibrilador. Se realizamos a masaxe cardíaca e aplicamos o desfibrilador nos pimeros minutos, as posibilidades de manter con vida á persoa aumentan ata un 90%. Os desfibriladores externos semiautomáticos ( DESA) están deseñados para que a poboación poida usalos de forma fácil e intuitiva. A diferenza dos desfibriladores externos automáticos ( DEA), a descarga prodúcese de forma manual, avisando ao usuario de que ten que pulsar o botón de descarga e afastarse, un aviso que garante a seguridade da vítima e do usuario. No caso dos DEA, a descarga prodúcese automaticamente polo equipo.

Desde a ANPA agradecen de antemán ós membros do 061 que voluntariamente se prestan a impartir estas prácticas.


9 de marzo de 2017

DEPUTACIÓN E CONCELLO FIRMAN O CONVENIO PARA AS OBRAS DA PISCINA MUNICIPAL











O Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Cambados o convenio para a realización da obra de sustitución da cuberta da piscina municipal do Complexo Polideportivo do Pombal.
O convenio ascende a algo máis de 900.000 euros, 200.000 máis que o proxecto elaborado polo anterior goberno provincial e segundo as palabras de Carmela Silva...."“o proxecto anterior era irrealizable; asinamos un novo convenio, e o novo proxecto será unha realidade”.

Este novo proxecto contempla a reforma integral da cimentación e a instalación da climatización necesaria que cumpra os parámetros legais.
O importe será financiado case na súa totalidade pola Deputación xa que o Concello terá que aportar únicamente 50.000 euros ademáis da elaboración do proxecto.
Ademáis da firma do convenio para as obras da piscina, a Deputación entregou ao Concello as obras de reforma do Pavillón do Instituto Cabanillas despois do retraso xenerado polas pésimas reformas contratadas polo goberno de Louzán na Deputación.








28 de marzo de 2016

A ESTACIÓN DE VITICULTURA FORMOU A CASE 2000 PERSOAS










Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro )
Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro )
Un total de 1.930 persoas participaron durante o bienio 2014/2015 nas accións formativas desenvolvidas pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), ubicada no Concello de Leiro e dependente da Consellería do Medio Rural. Foron 26 as actividades de formación impulsadas por este centro, no contexto dun labor formativo baseado en tres piares básicos: o Plan de Transferencia para o Agro Galego;  o Plan de formación propiamente dito e, por último, os convenios de formación continua con centros de Formación Profesional, en concreto os IES Ribeiro (Ribadavia) e Ramón Cabanillas (Cambados).
Durante estas accións, tratáronse aspectos como a viticultura ecolóxica e de precisión, viños de garda, calidade dos augardentes, defectos do viño, técnicas de cultivo, iniciación á cata de viños ou as enfermidades da madeira. Fíxose tanto en xornadas técnicas específicas como en talleres prácticos e cursos de formación. Neste contexto, Medio Rural salienta a organización do I Congreso de Investigación en Viticultura e Enoloxía de Galicia que convocou, o 23 de xuño de 2015 en Ourense, a 15 grupos de investigación de centros públicos e universitarios.
Alumnos cambadeses visitando unha adega
Ademais, no marco dos convenios de formación cos ciclos de Elaboración de Aceites e Viños impartidos nos IES Ramón Cabanillas de Cambados e Ribeiro de Ribadavia, a EVEGA asumiu a formación práctica tanto en Viticultura coma en Enoloxía de 93 novos profesionais. Xunto con estes centros, a estación mantén tamén convenios de prácticas curriculares con outros institutos, como A Granxa de Ponteareas ou A Carballeira de Ourense.
A maiores, no eido da Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación (I+D+i), no período 2014/2015, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia desenvolveu 5 proxectos de innovación con adegas galegas no marco das axudas FEADER á innovación en produtos, procesos e tecnoloxías

30 de octubre de 2015

ASAMBLEA XERAL DA ANPA ARCO DE FEFIÑANS







ANPA ARCO DE FEFIÑANS
ASAMBLEA XERAL
Pola presente convocase a tódalas nais, pais e titores legais a próxima asamblea xeral ordinaria que terá lugar o vindeiro venres 06 de novembro no salón de actos do I.E.S. Ramón Cabanillas  as 20:30 horas en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda convocatoria con arreglo a seguinte orde do dia:

  1. Lectura e Aprobación da Acta Anterior
  2. Estado de Contas
  3. Banco de Libros
  4. Actividades Extraescolares
  5. Dereito de uso do Pavillón pola ANPA nas actividades extraescolares
  6. Excursións de 4º da ESO -1º Bacharelato e 2º Bacharelato
  7. Resumo xeral das actividades realizadas no ano 2014-2015
  8. Cancelación de Conta Bancaria da A BANCA e apertura de nova conta bancaria.
  9. Elección de Xunta Directiva
  10. Rogos e Preguntas

Esperando contar coa vosa presencia  e sen outro particular reciban un cordial saudo da xunta direciva.

675330562





28 de octubre de 2015

Sr. ARAGUNDE O INST. CABANILLAS AGARDA A SÚA VISITA







Sr Aragunde, non se lle veu o pelo onte polo pavillón do Instituto Cabanillas.

Pois tiña cámaras para inmortalizalo. Sí, cámaras como as que lle sacaron a foto o dia que "inauguraron" o novo pavillón e do que presumía. "Fixémolo nos" so lle faltou decir aquel dia co seu sorriso e a satisfación do traballo ben feito. Traballo que se antollou a medias ao descubrir que se fixera un pavillón sen vestiarios e sin unha beirarrúa perimetral proxectada no seu momento entre outras deficiencias ou faltas ao proxecto orixinal.
Teremos que recordarlle que a empresa que fixo esta obra é a mesma que fai o Centro de Día ou remodelou o Campo de fútbol do Pombal? Agardemos que fixeran mellor estas obras que a do pavillón.


Vídeo 1-  Antía Martínez
Vídeo 2-  Antonio Fernández

Si non veu as imaxes da inundación pode facer un percorrido polo Facebook e poderá ver unhas imaxes que deixan en moi mal lugar ao noso pobo e das que vostede ten parte de culpa. E agora non escurra o bulto. Reclame aos seus amigos que estaban con vostede na foto. E os seus amigos de AEC, dirán algo? quero recordarlle unha bonitas verbas adicadas nun post desa páxina...."Otra obra realizada por el gobierno del PP de Cambados e inaugurada por el cuatripartito, con bajada de pantalones de Víctor Caamaño incluida. ¡Ya van dos!". 
Ou un comentario dun dos seus amigos de fotografías......  "Jaja como fastidia ver a Luis en los actos jaja el gobierno del PP fue el que hizo posible esta obra por no decir todas las de Cambados. Gracias a Dios que esté aún no realizó ninguna obra (más bien paralizar) y ojalá nunca las realice".








16 de junio de 2015

IMPORTANTÍSIMA REUNIÓN DA ANPA DO CABANILLAS










Dende a ANPA Arco de Fefiñans están a traballar na elaboración do banco de libros, este mércores dia 17 terán unha asamblea informativa no salón de actos do instituto Ramón Cabanillas as 20:30h donde informarán a tódolos asistentes sobre a organización, deberes e obrigas para poder participar en dito banco de libros, así mesmo recordan ós pais d@s alumn@s que en este curso xa son beneficiarios de dito banco, que o vindeiro venres 19 deberán entregar os libros que teñen en préstamo (agás os das asignaturas que
lle queden pendientes para Setembro) para poder volver a ser beneficiarios no vindeiro curso. Por outra banda e non menos importante, piden ós pais de alumnos de bachiller que na medida do posible donen os libros  que @s seus fill@s non precisen ó banco de libros xa que de esta etapa teñen poucos exemplares e moitas demandas. Coma sempre agradecen de antemán a colaboración e agardan a afluencia de cantos máis pais e nais na asamblea do mércores.



1 de enero de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO LOGO "ARCO DE FEFIÑÁNS"




A ANPA do Instituto Ramón Cabanillas xa ten logotipo: dos tres finalistas do concurso que organizou entre os alumnos saiu elexido o deseño de Cristina González. 
 Primeiro posto e gañadora Mª Cristina González Montero de 4º da ESO co traballo "DENDE O PUNTO DE CABANILLAS". 
 Segundo posto para Carlos Moares Rodriguez de 2º da ESO co traballo "ARCO DE FEFIÑANS"








Terceiro posto para Ana Varela Chaves de 4º da ESO co traballo "ANPA"












31 de octubre de 2014

CONCURSO DE LOGOS DA ANPA DO CABANILLAS






Recentemente a ANPA do Instituto Ramón Cabanillas cambiou de nome, agora para completar todo o proceso precisan un novo logo. Por elo decidiron facer un concurso entre tod@s @s alumn@s do centro, o gañador e os finalistas terán premio. 
As bases na imaxe de abaixo.
O traballo gañador será a imaxe da ANPA a partires do 2015. 



































MOITA SORTE A TODOS. 
Moitas gracias de antemán.



14 de octubre de 2014

NACE A ANPA "ARCO DE FEFIÑÁNS"








Dende a ANPA queren agradecer a presencia a tod@s @s que asistichedes a xunta ordinaria celebrada onte. Despois de aprobado por unanimidade onte (punto Nº7 da orden do dia) pasan a denominarse ANPA ARCO DE FEFIÑANS.
Os puntos do dia eran os seguintes.

1) Lectura e aprobación da acta anterior
2) Estado de contas
3) Presentación das actividades extraescolares para o curso 2014-2015
4) Banco de Libros
5) Excursións de 4º ESO e 2º BACH
6) Resumen xeral de actividades realizadas pola APA no curso 2013-2014
7) Cambio de nome do APA DO IES RAMÓN CABANILLAS
8) Renovación da Xunta Directiva
9) Rogos e Preguntas

Moitas gracias a tod@s e esperando seguir contando  colaboración de pais, nais e titores.


13 de octubre de 2014

REUNIÓN DA APA DO CABANILLAS






A APA do IES RAMÓN CABANILLAS convoca a os seus socios a celebración da XUNTA XERAL ORDINARIA a celebrar hoxe luns día 13 de outubro do 2014 no salón de actos do IES RAMÓN CABANILLAS ás 20:30 horas na primeira convocatoria e 21:00 horas en segunda convocatoria con arregro ó seguinte orde do día.

ORDE DO DÍA:
1) Lectura e aprobación da acta anterior
2) Estado de contas
3) Presentación das actividades extraescolares para o curso 2014-2015
4) Banco de Libros
5) Excursións de 4º ESO e 2º BACH
6) Resumen xeral de actividades realizadas pola APA no curso 2013-2014
7) Cambio de nome do APA DO IES RAMÓN CABANILLAS
8) Renovación da Xunta Directiva
9) Rogos e Preguntas



19 de agosto de 2014

ATA SEMPRE TERESA PLASENCIA





Teresa Plasencia falece víctima dunha enfermidade que a barreu en 2 semanas. 
Teresa de vermello nunha cea de profesores
Unha hepatite autoinmune fixo que a profesora do Instituto Ramón Cabanillas deixáranos aos 59 anos e cando alviscaba o descanso laboral tras 30 anos sentándo cátedra nos xóvenes cambadeses. Esixente e, como non decilo "mala" profesora para os malos alumnos, os que suspenden sempre poñíamos excusas para xustificar a nosa pouca cabeza e as nosas poucas ganas de estudar.

Pero a pesares de todo, todos os seus alumnos gardan boas lembranzas de Teresa. 

Chegou a Cambados en plena efervescencia oitenteira, cando os xóvenes máis inquedos abrazaban as doutrinas culturais e musicais do momento. Na época don punk, do rock e do pop.... da contracultura.
Unha época de movidas, a "movida madrileña" a "movida viguesa" e a "movida do Cabanillas". Unha época de grandes recordos e que agora votando a vista atrás votamos en falta. Na época cecáis máis revolucionaria de cantas pasaron por alí.


Esta tarde será incinerada nunha cerimonia estictamente familiar en Ourense, no tanatorio "As Burgas" ata onde onte se desprazaron os seus compañeiros profesores para darlle o último adeus no seu nome e no de centos de alumnos i ex-alumnos de Teresa.


ATA SEMPRE!!!!!


13 de agosto de 2014

ADXUDICADAS AS OBRAS DO POMBAL E DO INST. CABANILLAS





A empresa Copcisa será a responsable da execución dos traballos de  mellora de instalacións deportivas en O Pombal, no concello de Cambados. Así o acordou a Xunta de Goberno da Deputación, que adxudicou as obras en 649.729,15 €.
Os traballos afectarán tanto a diversas instalacións do Complexo Deportivo de O Pombal como ao pavillón polideportivo do IES Ramón Cabanillas.
No Pombal as obras afectarán ao campo de fútbol siatuado máis ao sur do complexo, que se dotará de herba artificial de última xeración e dunha grada cuberta, así como de novos accesos. O terreo de xogo marcarase para un campo do fútbol 11 e dous de fútbol 7 e dotarase de diverso equipamento, rede recolle balóns, iluminación, sistema de rego e drenaxe.
En canto á grada aumentará o aforo do campo e, ademais, estenderase a cuberta ata enlazar coa grada existente e renovarase o peche perimetral do campo.
Tamén no Complexo de O Pombal, procederase á substitución do peche perimetral das pistas de tenis.

Pola súa banda, o Pavillón do Ramón Cabanillas dotarase de nova pista deportiva e dunha grada con capacidade para 124 persoas. Ademáis, ampliarase a cuberta do pavillón e construiranse aseos para o público, almacéns de pista e cuarto de instalacións. Tamén se farán melloras nos acabados interiores e na fachada do edificio.


13 de marzo de 2014

CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR NO INSTITUTO CABANILLAS






Desde a ANPA Ramón Cabanillas en colaboración co departamento de orientación van organizar una charla o vindeiro luns 17 de Marzo co seguinte tema a tratar.

-TEMA: 
Acoso escolar.

-LUGAR: 19:45 no salón de actos do IES Ramón Cabanillas.


O poñente será un membro da garda civil xa que esta charla está enmarcada dentro do "Plan Director da Garda Civil de convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos". E ó remate contestará as nosas preguntas ou dúbidas.

Dada a importancia do tema a tratar agardan contar coa presencia de todos aqueles con intereses na educación e benestar dos xóvenes.