Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta VICTOR CAAMAÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VICTOR CAAMAÑO. Mostrar todas las entradas

6 de octubre de 2019

CADENA PERPETUA, UNHA CONVERSA CON VÍCTOR CAAMAÑO RIVAS




Pasaron 25 anos desde a estrea de Cadena Perpetua e a verdade  que un segue sentindo un escalofrío cando a botan na tele, algún tipo de “forza mística” obriga a deixar o mando a distancia (deixar de facer zapping) para voltala ollar por enésima vez e terminaren  chorando de emoción … debe ser que me estou a facer vello … para o seu Director Frank Darabont ten unha explicación máis sinxela que da senso a feitos de cóma esta adaptación de Stephen King continúe encabezando o número 1 de 250 en IMDB,  que a sitúa coma a peli mellor valorada da Historia - por riba de El Padrino: esa forza é a natureza humana.
Nunha entrevista que concedeu aos medios o seu Director dixo  “que non importa cómo de retranqueira seña unha Cultura, non importa cómo de sarcástica se volte, hai certas cousas ás que a xente se aferra. Hai certa sinceridade a que responden as personas, certa xeneroisidade que seica queren experimentar. Penso que a xente quere crer que hai BONDADE e unha BRÚXULA MORAL no mundo. E creo que é por iso que Cadena Perpetua ten ese efecto nas personas. É o elemento da historia de Stephen King ao que reaccionei, e parece unha idea moi atemporal”.
Esta reflexión é a propósito da entrevista que este “narrador visual” mantivo co Portavoz e Voceiro da Oposición polo BNG de Cambados Víctor Caamaño, porén esa bondade, e ese eixo vertebrador no terreo das ideas, está latente. O verdadeiro diamante en bruto da conversa foi se o BNG ía voltar a formar goberno para dirixir coma fixo o Concello de Cambados (Fátima foi Alcaldesa e delegou en  infinidade de ocasións en Víctor por mor das súas visitas institucionais e actos varios que tiña coma encomenda).
Víctor respostou que iso depende de SC  e o Ps de G-PSOE enteiramente, que non é o tipo que quixeras contratar para dirixir unha peli de superheroes como a que temos desde o 15 de xuño en Cambados, e ese parece ser o grande faro nestes días en xornais, redes sociais, e  televisión ante o anuncio de que polo momento, NON. O seu tipo de ideoloxía quizaves estea lixeiramente en tela de xuízo, o Nacionalismo Galego non pasa polos seus mellores intres desde a escisión en Amio, aínda que no que a il lle atingue ten gasolina dabondo no depósito e lle encantaría facelo de atopar un fogar e atopar financiación, agora ben non vai de nengún xeito “a aguantar a respiración”; esto é Cambados despois de todo, e hai moita xente que nos estamos a poñer de cor azul por ter que aturar a este Goberno en minoría.
E tras este aperitivo, Caamaño, que leva catro lexislaturas ás costas, lanzou a bomba: non cre que hoxe en día, co populismo de Somos Cambados e a deriva absoluta no terreo das ideas do PSOE de Cambados, poda ser unha realidade a día de hoxe. Seica está absolutamente convencido de que non se pode repetir o acontecido co cuatripartito. Non pode nen imaxinar á xente entrometéndose nas súas áreas que estaría disposto a levar de novo. En 2.015 aconteceu algo “máxico”, ao seren capaces catro forzas de acabar co Reinado de 28 anos do PP de Cambados. Ese suceso extraordinario foi posíbel grazas a autonomía que calquera forza política precisa para facer o mellor cometido polos veciños e veciñas de Cambados. Non sabe se hoxe en día hai un espazo neste Goberno para unha fronte coma o BNG, o cual dito de paso é unha puñetera vergonza (esto o digo eu).
Con estas declararacións, Caamaño se suma ás voces que se están a lanzar preocupadas – e que personalmente apoio-  ao comprobaren coma a maquinaria da política aliméntase cada vez máis de cifras, estimacións, e previsións de riscos, en lugar de facelo a partires do talento, a liberdade, a creatividade, e ser quen de de poñer en marcha proxectos con por suposto  boas ideas.
De seguido podedes ler a entrevista completa na que  Víctor Caamaño fala sobre esta cuestión:
Víctor Caamaño Rivas, 57 anos, político Galego de ideoloxía Nacionalista, ex Director do I.E.S Francisco Asorey de Cambados entre os anos 2.004 a 2.008, desde o ano 2007 Concelleiro da Corporación Municipal, voceiro do BNG no Consello Local e no Consello Comarcal. Lugar da entrevista, o Parador de Turismo de Cambados un venres calquera ao solpor. Levaba Víctor unha faciana de paz, conxuntando uns vaqueiros de cor azul e unha camisa escura. O primeiro en me chamar a atención é o trato que lle dispensan os traballadores do establecimento cun sorriso nos beizos, e como se levantan das súas cadeiras varios veciños para o saludar. Un que ao non ser cargo público non vou facilitar o nome, solta unha frase reveladora: “estades condenados Víctor a entendervos”. Víctor aprétalle forte a man, con actitude, iso me gosta: fai pouco tempo lle din a man a un vello Catedrático da Universidade, columnista dun Diario de información xeral, e non sabía se estaba collendo unha man,  ou un pene flácido …
Entrando no terreno sexual, digo político, falamos do papel transversal que ocupou no derradeiro mandato, marcado polos constantes e chapuceiros saltos ao cuestionario; qué política de comunicación era aquela na que algún membro do Goberno saía na prensa e nen a propia Alcaldesa se enteraba do acontecido ata que abría os xornais o día seguinte, canda se falaba de temas CRAVES do debalar municipal, qué clase de lealdade é esa, tendo en conta que hai unha Xunta de Goberno Local onde marcar os tempos:
V.C: son consciente, quizaves non houbo as condicións adecuadas, tratouse o tema porén foi imposible levalo a cabo, dado o ego superlativo dalgún dos seus compoñentes …
Os Plenos pasan a se celebrar cada dous meses en vez de cada un, e tivemos que aturar algún “cónclaves” onda botaba unha parrafada Xurxo Charlín de 25 minutos, e outra José Ramón, chegando a prensa a se exasperar cando eran as doce da noite e ibamos pola metade dos puntos da Orde do Día …
V.C: sí, asemade o papel de moderar e dirixir un Pleno é potestade da Alcaldesa, e levalos é unha arte … nós tentamos ceñirnos ao guión estabelecido, sen entorpecer o seu normal funcionamento, e producto dunha conversa e discusión propia anterior do noso grupo político …o BNG ten coma compromiso irrenunciable facer política, non POPULISMO.
O populismo hoxe en día Víctor é o sino destes tempos, está á orde do día, e eleitoralmente ás outras forzas así lles foi de luxo
V.C. PODE SER CERTO, ASEMADE NON DEIXA DE SER UNHA SOBREACTUACIÓN CONTÍNUA QUE PODE TER E TEN EFECTOS PERXUDICIAIS, chegado o caso de que xa perdín a conta das veces que outros Concelleiros empregaron esa “arma” para se meter en áreas que non lle correspondían, provocando varias graves crises de Goberno  que saíron á luz pública e que tiveron cerna neste aspecto.
Entón Víctor coma interpretas os resultados electorais, a xente parece non ten problema algún en comulgar con ese xeito de facer política ….
V.C: non é iso, esa actuación era premeditada con vistas a crear un “marketing político” que poder desplegar na campaña eleitoral, e o BNG polo que parece non o fixo ben, non fumos quen de transmitir que a política é algo moi serio, non unha fanfarría onda “podo prometer e prometo”, hai un mandato taxativo dos veciños e veciñas e desvirtúase polo tanto, chegado o caso que se “prometen imposibles”.
O POVO É SABIO, como pode se entender por exemplo o mantra que circulou de que o BNG non o fixo ben co Deporte (nese intre Víctor adopta unha postura erguida_ vou subindo a intensidade na entrevista, o que se denominan preguntas incómodas,  porén compre facelas) …
V.C:  nese punto vou ser moi claro (frunce o ceño), nós collemos un auténtico dislate nesa área, onda cada quen collía e facía o que lle daba a gaña  co beneplácito do PP de Cambados … varias chaves, abríanse e pechábanse instalacións, cada quen empregaba o que é de todos ao seu arbitrio e baixo a presión de teño o permiso de … tentamos poñer orde, que os espazos públicos propiedade municipal fixeran berce na colectividade, que calquera pudera alugar ese espazo para o seu desfrute, e que as prevendas e privilexios que gozaban os de antes remataran dunha vez por todas.
Por  qué non hai unha Fundación de Deportes en Cambados coma se suxeríu …
V.C:  eso é caro, precisa un Presidente ou Presidenta, un Secretario ou Secretaria, personal que teñen que ter coma obxectivos un programa a desenrolar, e atopámonos cun páramo económico.
O Deporte Base seica ten que se entrenar as escuras, por qué tantos atrancos, o forte enfado dalgúns clubes, o campo de Burgáns feito un patatal …
V.C: coa Partida Presupuestaria que tiñamos fixemos o indecible, e todo eran atrancos de Xurxo Charlín, a contestación era non hai cartos … os números non sería ético os explicitar, asemade manter un campo de fútbol en condicións supón un esforzo inversor, e a as torretas de iluminación, así coma iso, poñer ao día un xeito obsoleto de entender a política e o deporte.
Nunha conversa que mantiven co Concelleiro de Economía, unha vez saímos do Plan de Axuste Presupuestario puxen énfase en que había que GASTAR invertindo en traballo e servizos, e a resposta é que había que xestionar …
V.C: é tal cual, o mantemento de calquera instalación supón unha inversión contínua en medios materiales e humanos, e todo era previo permiso deste Señor, non tiñamos autonomía de negunha clase, e así pouco se pode facer.
Caso Adolfo Suárez e a Policía Local, disque faltan efectivos …
V.C: non falo de temas que están en vía Xudicial en primeiro termo, i en segundo é posíbel que se precisen máis efectivos, medios nun Corpo conformado por 14 Axentes, onda hai incidencias, traballadores que enferman, que teñen coma non podía ser doutro xeito permisos, vacacións, e que non hai quen cubra estas incidencias, chegado o caso  de que se poden dar situación inverosímiles.
A política de personal, hai unha serie de traballadores que están na espera, nunha especie de limbo legal, “vacatio legis”.
V.C: é certo, e o BNG non vai a aceitar que se funcionarice a nengún traballador sen que houbera pasado un Proceso Selectivo, nese tema vamos ser implacables, os veciños están cansos de ter que observar unha opacidade alarmante nas contratacións, e que sempre traballen os mesmos, todos os veciños e veciñas teñén tantos dereitos coma os demáis.
E quenes van ser os responsables de levar esta tarefa a bó termo …
V.C: a  xefa de Personal do Concello María Parada, xunto aos Funcionarios con Habilitación de Carácter Nacional, Secretario, Interventora, e aqueles que mellor coñecen o que se precisa facer, non contemplamos a petición de Tribunais Independentes de fóra de Cambados…

E ata aquí a primeira parte … por mor de que me pediron sobriedade e deixar os recursos literarios, emplazo para unha segunda entrega o alí explicitado, e xa estou a transmitir petición dunha segunda entrevista a unha sobranceira  política de Cambados.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez, o Artista  antes coñecido coma Prince.-

5 de abril de 2019

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO BNG AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS


En menos de media hora terá lugar o acto de presentación do equipo do BNG de Cambados liderado por Víctor Caamaño ás 20.30 horas no Salón José Pena. Ademais do candidato á Alcaldía, falarán outros membros da súa lista, a deputada no Parlamento galego Montserrat Prado e María Xosé Cacabelos,.
O acto contará coa música de Pauliña.



17 de enero de 2019

ACTO PRESENTACIÓN DE VÍCTOR CAAMAÑO COMO ALCALDABLE DO BNG

O BNG de Cambados celebra mañá venres, ás 20.30 hs no salón Peña, un acto público no que fará a presentación do candidato á alcadía ás vindeiras eleccións municipais de maio, Víctor Caamaño Rivas. Ademais da presenza de militantes e cargos orgánicos e institucionais da comarca, asistirán a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e a deputada no Parlamento Galego, Montse Prado e o responsable comarcal, Manolo domínguez.



28 de noviembre de 2018

CERTAME MANUEL MARÍA DE PROXECTOS TEATRAIS



O Concelleiro de Cultura do Concello de Cambados, desprazouse ao teatro Rosalía de Castro, da Coruña, para estar presente na entrega de premios do CERTAME MANUEL MARÍA DE PROXECTOS TEATRAIS.
Cambados foi un dos concellos galegos que asinou o convenio de colaboración coa Fundación Manuel María de Estudos Galegos que ten por obxecto promover a representación da súa obra teatral entre o público galego.
Para Víctor Caamaño a figura de Manuel María foi fundamental para a restauración da lingua e literatura galegas nos anos da posguerra, sendo o primeiro autor novo que publicou un libro en galego tras a guerra civil (Muiñeiro de brétemas, 1950). O seu corpus literario comprende máis de cen obras de poesía, narrativa e teatro. A súa obra poética constitúe un dos territorios creativos máis ricos da literatura galega. A súa obra foi recoñecida con numerosos premios, entre os que destacan o Premio Otero Pedrayo -que outorgan as catro deputacións galegas-, o Pedrón de Ouro, o premio Celanova, casa dos poetas, e o premio Irmandade do Libro, así como o título de Fillo Adoptivo de varias cidades e vilas e Fillo Predilecto da súa vila natal, Outeiro de Rei. No ano 2003 entrou na Real Academia Galega, cargo para o que xa fora proposto en 1968 polos académicos Xosé María Álvarez Blázquez, Fermín Bouza-Brei e Francisco Vales Villamarín. No ano 2016 a RAG designouno como o autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
O recoñecemento público de Manuel María como poeta non debe ocultar o seu abondoso e acertado cultivo do teatro. O escritor chairego, consciente do seu valor didáctico, deixounos escritas nada menos que 36 pezas dramáticas de moi distinto formato (farsas, autos, pezas infantís…) e de temática moi variada, que o converten nun dos dramaturgos galegos máis prolíficos. Estas circunstancias fan aconsellable a colaboración mutua das institucións públicas e privadas para a difusión deste importante legado literario.
Coa sinatura do citado Convenio entre  Concello e  Fundación, ambas institucións expresan a súa vontade de colaborar para difundir a obra de Manuel María, comprometéndose o Concello de Cambados a incluír dentro da súa programación teatral do ano 2019 ou 2020 a representación da obra de teatro realizada segundo o proxecto que resulte gañador do CERTAME MANUEL MARÍA DE PROXECTOS TEATRAIS do ano 2018 convocado pola Fundación.
Membros do xurado
A compañía "Teatro dá Ramboia" foi a gañadora do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais deste 2018 cunha representación da obra do escritor "Farsa de Bululú".
Os 23 concellos e as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, se comprometen a incluír na súa programación cultural o proxecto gañador. A representación estrearase a finais de 2019. Ademais, a compañía obtén un premio económico de 2.000 euros. O xurado estivo formado por Manuel Lourenzo, Belén Pichel, Quico Cadaval e Alberte Ansede.






17 de julio de 2018

CONDES DE ALBAREI CELEBROU OS SEUS 30 ANOS POR TODO O ALTO


César Portela e Carlos Núñez acompañaron tamén a familia "Condes de Albarei"

A cooperativa cambadesa Condes de Albarei celebrou ao grande o seu 30 aniversario, festa que fixo coincidir co décimo aniversario da compra da emblemática finca de Pazo Baión. Foi nesta última onde reuniu a boa parte das 400 familias que compoñen a cooperativa na actualidade para festexar tres décadas de traballo “para producir unha uva cada vez de máis calidade”, como sinalou a actual presidenta, Dolores Calvo.
Os actos estiveron presididos por Alberto Núñez Feijóo quen felicitou aos fundadores da empresa, alá por 1988. Estiveron presentes tamén a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal e o tenente de alcalde, Víctor Caamaño, ademais dos alcaldes de Ribadumia e Vilanova de Arousa. No acto, a cooperativa quixo tamén ter un recoñecemento aos membros do primeiro Consello Reitor e aos diferentes presidentes que tivo nestes 30 anos. Os homenaxeados, que recibiron un presente de mans de Alberto Núñez Feijóo, foron: Manuel Padín (socio nº1 e primeiro presidente da cooperativa), Manuel Chantrero a título póstumo (socio nº2), Hernando Gómez (socio nº3), José Padín (socio nº4), Agustín Portela (socio nº5), Adolfo Santaya (socio nº6), José Antonio Vázquez (socio nº7), Evaristo Varela (socio nº8), Ramón Meis (socio nº9), Antonio Álvarez (socio nº66), Guillermo Rodríguez (socio nº73) e a actual presidenta, Dolores Calvo (socia nº160).



25 de enero de 2018

A DEPUTACIÓN INCREMENTA A PARTIDA ORZAMENTARIA PARA A DINAMIZACIÓN DO GALEGO E ESIXE COMPROMISO POR PARTE DOS CONCELLOS










A Deputación incrementa a partida orzamentaria para a dinamización do galego e esixe un compromiso claro por parte dos concellos

Xosé Leal anuncia que as axudas para os servizos de normalización lingüística e para a dinamización do galego contan cunha partida de 300.000 euros e que se esixirán compromisos mínimos por parte dos concellos.

"Incrementamos a partida orzamentaria das axudas destinadas a promover o uso do galego ata os 300.000 euros, que é o dobre do orzamento de hai dous anos, pero igual que a Deputación incrementa os recursos imos esixir que os concellos incrementedes o voso compromiso" asegurou esta mañá o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, durante a III Xornada de Normalización Lingüística. O deputado indicou que estas axudas, que naceron con 150.000 euros no ano 2016, son imprescindibles "porque queremos que se aposte máis polo galego desde a Administración local", e neste sentido sinalou como a primeira das novidades que "se primará aqueles concellos que teñan ou decidan crear un servizo de normalización lingüística". Así, nesta convocatoria a Deputación achegará a cada concello, agrupación de concellos ou entidade local menor un 75 % do orzamento de gastos do servizo de normalización lingüística, ata un máximo de 15.000 euros. A este respecto, o deputado nacionalista anunciou que "para o reparto das actividades culturais do Ano da Lingua tamén se primará aqueles concellos que teñen un servizo de normalización lingüística e que levan tempo facendo un traballo continuado e rigoroso en canto á promoción do uso do galego entre a súa veciñanza".

Esta aposta por impulsar a creación e mantemento dos servizos de normalización lingüística foi o tema central dunha xornada que reuniu a alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, e técnicas e técnicos de máis de corenta concellos da provincia. Nesta sesión déronse a coñecer tamén as conclusións da Auditoría lingüística dos concellos da provincia de Pontevedra, realizada pola Mesa entre os meses de febreiro e maio de 2107 e que, entre outras cuestións, evidencia a baixa implantación deste servizo na provincia: tan só 12 dos 61 concellos conta cun servizo de normalización lingüística.

Ao igual que nas dúas convocatorias anteriores, os concellos que opten a estas axudas poderán elixir entre solicitar a "creación ou mantemento do servizo de normalización lingüística", ou a "promoción e desenvolvemento de programas de dinamización do galego".
Leal tamén sinalou como requisito de obrigado cumprimento que os concellos que non teñan ordenanza nin regulamento municipal sobre o uso de galego o aproben antes de que finalice o ano 2018. Para facilitar este traballo entregóuselles ás persoas asistentes un modelo de ordenanza para o impulso social da lingua galega nun concello realizado pola Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Normalización Lingüística. Na actualidade só contan con esta ordenanza 13 concellos da provincia. O deputado de Cultura e Lingua tamén asegurou que será imprescindible que nas solicitudes para a "promoción de programas de dinamización" se achegue unha memoria de todas as actuacións e accións  transversais de cada unha das áreas de goberno (a maiores da propia proposta subvencionable). En canto á proposta subvencionable, a solicitude debe incluír polo menos tres eidos dos sete que mencionan as bases: ensino, comercio e industria, tecnoloxías da información, turismo, premios e distincións, urbanismo e medio natural, e benestar social e igualdade. Por último, entre as novidades tamén se inclúe que as propostas subvencionables deben ter un orzamento non inferior a 3.000 euros.
Iniciativas de éxito
Ademais de facer públicas as novidades das axudas para este exercicio, na Xornada interviñeron o presidente da Mesa, Marcos Maceira, para dar a coñecer as conclusións da Auditoría lingüística dos concellos da provincia de Pontevedra; ademais da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño, e o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, para explicar o traballo de dinamización e normalización nos seus respectivos concellos.

Leticia Santos lembrou que Moaña é un dos primeiros concellos da provincia que conta con servizo e técnica de Normalización Lingüística, desde o ano 1988, polo que o traballo estable dá lugar a avances en canto á implantación do uso do galego en todos os ámbitos municipais. A alcaldesa explicou que o traballo de normalización e asesoramento comezou co propio persoal municipal para ir avanzando cara a veciñanza a través de colectivos sociais e culturais e a colaboración con centros educativos. Tras esta primeira fase que Leticia Santos cualificou como "imprescindible", están agora a traballar en programas de dinamización para todas as franxas de idade, centrándose sobre todo en idades temperás e a adolescencia. Como exemplos, Leticia Santos mencionou o programa Rechouchíos, destinado a crianzas entre os 3 e os 8 anos, e a programación estable semanal en período escolar. "Agora estamos vendo que as crianzas demandan cultura e que demandan cultura en galego" asegurou a alcaldesa. A rexedora de Moaña tamén mencionou que, no pasado ano, o seu concello contou cunha axuda da Consellería de Cultura de 3.600 euros para este eido, e con 7.800 euros das axudas da Deputación. A este respecto agradeceu a sensibilidade do organismo provincial para "apostar pola lingua, algo que nunca antes ocorrera ata que chegou Xosé Leal ao departamento de Lingua".

Juan Constenla fixo un repaso exhaustivo do traballo feito no concello da Estrada desde a década de 1980. Este concello tamén foi un dos primeiros en apostar polo Servizo de Normalización Lingüística, aínda que neste momento están sen técnica ou técnico, o que posibilita que teñan implantadas accións de dinamización en diversos eidos transversais. Constenla asegurou que foron dos primeiros concellos en "galeguizar a Administración local" e en aprobar unha ordenanza sobre o uso do galego. Salientou ademais a aposta por iniciativas que promoven e visibilizan a lingua propia no ensino e na mocidade, co programa A festa da palabra, entre o comercio e o empresariado con campañas e accións "encamiñadas a demostrar que o galego non é unha barreira para as actividades comerciais, senón que é unha vantaxe" afirmou. Tamén fixo fincapé en que realizan a práctica totalidade da actividade cultural en galego e "con artistas galegos que usan o galego como lingua vehicular". Por último, lembrou que A Estrada ten un premio orientado exclusivamente a recoñecer a dinamización lingüística, os Premios San Martiño, e patrocina un premio xornalístico, o Reimóndez Portela, e tres premios literarios, o García Barros de novela, o Avelina Valladares de poesía, e o Varela Buxán de teatro.
Pola súa banda, Víctor Caamaño foi o encargado de expoñer unha iniciativa de dinamización realizada de xeito transversal e interxeracional a través do proxecto A memoria das palabras. Unha iniciativa realizada en colaboración cos equipos de normalización dos tres institutos de Cambados e que relacionou dous grupos de idade: a adolescencia e as persoas maiores. A través deste proxecto as mozas e os mozos recolleron información de persoas maiores –esixíase un mínimo de 50 anos de diferenza de idade– relativa a cantigas, patrimonio, alcumes, fotos, oficios e saberes, habilidades, ou refráns e ditos populares. Con esta información elaboraron un sitio web e unha aplicación para móbiles onde poder dispoñer de todos os contidos, e na actualidade están traballando na edición dun libro.





31 de octubre de 2017

POSICIONAMENTO DO B.N.G. RESPECTO A RUPTURA DO CUATRIPARTITO






Foto de Bng Cambados.




O BNG de Cambados vén de ter coñecemento, polos medios de comunicación que Cambados Pode anuncia a ruptura do Acordo de Goberno caso de que non se acepte un ultimatun que plantexan.
O BNG considera unha falta de respecto enteirarse pola prensa de algo que afecta ao goberno de coalición que tanto custou crear, e que abreu unha nova etapa no noso concello depois de décadas de gobernos do Partido Popular.
Un goberno plural, como é o de Cambados, é difícil de xestionar, pois somos catro forzas políticas distintas; e tivemos as catro que facer renuncia temporal de aspectos dos nosos propios programas para construír un porxecto común, que permitira recuperar Cambados para os veciños e veciñas e rematar co desgoberno, o enchufismo e o sectarismo que existían no noso concello.
Conscientes desa complicación, fomos quen introducimos no Acordo de Goberno unha comisión de seguimento do mesmo, algo que tivo reticencias por parte dos outros tres grupos políticos. Foi o BNG tamén o que solicitou que esa comisión de seguemento se reunira, algo ao que se negaron as outras tres forzas até que as circunstancias obrigaron a manter unha reunión, para tentar solventar problemas existentes de funcionamento e de usurpación de funcións.
O BNG seguiu propoñendo aos outros grupos a necesidade de coordenarnos e de manter un respecto polas áreas de goberno de cada quen e unha lealdade para cos compañeiros e compañeiras de goberno.

Desgraciadamente, as veces semella que hai máis interese en saír na foto e en aproveitar de xeito partidista o labor de goberno, que en traballar conxuntamente nun proxecto que os cambadeses e cambadesas decidiron que fora plural.
O BNG diante da delicada situación na que se atopa desde hoxe un goberno no que estamos comprometidos desde o primeiro día, quere deixar claro aos cambadeses e cambadesas que non vai aceptar espectáculos nin pelexas de galos.
Entendemos que os nosos veciños e veciñas valoran positivamente o labor do goberno, pero tamén levamos tempo advertindo de que precisamos reflexionar os catro grupos políticos ao respecto das deficiencias de funcionamento e de como debemos facer para solventarlas polo ben de Cambados.
O BNG vén de solicitar aos outros tres grupos políticos que reunamos con urxencia a comisión de seguemento do Acordo de Goberno, pois debe ser aí onde expoñamos as discrepancias que poidamos ter, e onde busquemos as solucións.
O BNG está no goberno de Cambados para traballar polos veciños e veciñas, e entendemos que o levamos demostrado. O BNG ten toda a disposición para manter o pacto de goberno, pero non imos aceptar nin ultimátuns nin actuacións personalistas, que poñan en perigo un proxecto que ilusionou e segue ilusionando á maioría dos cambadeses e cambadesas.




18 de junio de 2017

DOUS ANOS DE GOBERNO (2): VÍCTOR CAAMAÑO











Un dos eixos que vertebran o modelo de goberno en Cambados pivota ao redor do BNG encabezado polo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Educación e Cultura Víctor Caamaño. Certo que esta formación fuxe dos personalismos para se centrar nos programas asemade o pulo de Víctor, María Xosé Cacabelos e Teresa Prado é notorio, porque teñen o que en política coñecemos coma principios ben fortes. Mar, agro, medio ambente, participación veciñal, deporte e patrimonio son tamén competencias que asumíu para mudala faciana da nosa vila.

Levan no seu ADN seren catalizadores das demandas dos veciños e veciñas que aspiran a deixar atrás o caciquismo do PP local e pretenden facer do Concello un lugar de encontro desde onde crear unha nova maioría social. O bloque gobernando ou na oposición sempre deixou claro que é imperativo facer pedagoxía para trocalo anterior modelo e acadar un concello diferente que teña coma principiais alicerces o traballo arreo, a firmeza e a honradez, na percura dunha maior calidade de vida para os veciños, poñendo en valor os recursos propios que ten a nosa terra e a nosa Cultura.

MODELO AO SERVIZO DAS PERSOAS
Coma en toda Galiza traballan para ter un Concello libre e democrático onde non teña cabida algunha a corrupción que representa o Partido Popular. Os seus principais apoios son os veciños que non se resignaron e loitaron a pé de rúa, porta por porta e desde a oposición (agora no goberno) por eliminaren esa lacra. Son un espello para aqueles que detestan o transfuguismo e rompela vontade do pobo que é o depositario da soberanía, un dos leitmotivs do seu programa. Comprometéronse co seu electorado nalgunhas cuestións que tiveron unha repercusión mediática moi potente, como o caso da Peonalización da Praza de Fefiñáns e a retirada da estatua de Manuel Fraga. 


REBELDÍA, esta sería a verba axeitada para definir o que é o BNG non seu conxunto, un partido que loita contra as desigualdades e ten coma ronsel a xustiza social. Non era de “xustiza” ter un monolito adicado a un Fascista; por moito que mudara de pel despois nunca pedíu perdón por aquela etapa, nunca se arrepentíu e coma reflicte Víctor un goberno de esquerdas non podía pasaren por alto iso, e polo “alto” foi Fraga. E da Praza de Fefiñáns o desencontro con Xosé Ramón Abal encheu moitas portadas. Certo que no pacto de goberno estipulaba como condición “sine qua non” Cambados Pode que esta lexislatura non se cerraría ao tráfico (por motivos de sobra coñecidos) a Praza porén o BNG quixo amosar o seu compromiso cos seus votantes. É coma aqueles manifestantes que en EE.UU daban voltas cunha pancarta ao redor dunha central nuclear. Un poli que por alí estaba, canso de ter que ficar alí vixiando, achegouse a un e díxolle: “Non vos decatades que co que estades a facer non vos van facer caso algún”. Resposta: “Sí, seino, pero estando aquí amoso que non estou de acordo con isto”.
Ese é o xerme da democracia e o equipo do BNG de Cambados quere un goberno democrático e libre, e se iso significa practicala asertividade e dicir non estou de acordo con isto, faino, e coma isto calquera cousa. 

FESTA DO ALBARIÑO.-
Unha das teimas da dereita ven sendo que o BNG “nacionalizou” a Festa por antonomasia da nosa vila. O Capítulo Serenísimo, o Consello Regulador, o Partido Popular nunha palabra está doente porque priváronlles ao perdelo goberno de Cambados de montalo “sarao” ao que nos tiñan acostumados. Son dúas visións contrapostas, e a nostalxia e a xenreira por parte dos segundos provoca que se critique calquera cambio na súa organización: todo está mal, o cartel, o programa de actos, as actuacións musicais … agás o pregoneiro non se salva nen o apuntador. Hai debate: sí, penso que habería que consensuar de aquí en adiante o programa de concertos, preguntar aos veciños que lles gostaría ollar, dese xeito evitábase que sempre esteamos coa mesma tonada, así como lle daren maior valor ao Cartazo do Albariño. Unha Festa de interese turístico nacional non pode ter un concurso para elexir un cartel cun premio de 500 euros, é unha imaxe moi pobre. Non sei que fotógrafo profesional nen que empresa de comunicación pode estar interesada nalgo así de tal xeito que o cartel premiado este ano xa está no centro da tormenta. Comparto que hai que darlle unha oportunidade aos nosos artistas, aos novos valores, porén para iso xa están outros certames, non me parece apropiado para un evento desta magnitude. O que foi a supresión do desfile con “modelo incluída”, o que no Xantar cada quen pague o seu prato e que se vele pola seguridade está ben feito, son (entre outras cousas) decisións axeitadas.
En definitiva o BNG non deixa a nadie indiferente. Cometen erros coma todos pero en nengún caso se pode poñer en tela de xuízo o seu compromiso cos demais e que se deixan a pel nesa tarefa. Están coas xentes do mar recollendo e sementando as súas propostas, coa do campo, poñendo en valor un sector productivo crave na economía de moitas familias, en contínua conversa cos comerciantes e hosteleiros, escoitando que se pode facer para melloralo tecido produtivo e cun especial énfase na Cultura, sobre todo a nosa, a Galega. Divulgala, dinamizala, fomentala, é unha obriga dos poderes públicos e estano a facer dun xeito modélico, inmellorable. Nunca houbo tal cantidade de actividades, exposicións, conferencias, todas co denominador común de poñer en valor as nosas ideas, artes, ciencias e costumes que forman e caracterizan o estado social do noso pobo.


Por Óscar Núñez









21 de febrero de 2017

SIMULACRO NO PORTO DE TRAGOVE















A Consellería do Mar, a través de persoal do ente público Portos de Galicia, de Gardacostas e do Intecmar, vén de organizar conxuntamente con Salvamento Marítimo e a Confraría de Pescadores de Cambados un exercicio de loita contra un vertido contaminante, a partir dun simulacro. A actividade, que contou coa presenza do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e o tenente alcalde e concelleiro de Medioambiente de Cambados, Víctor Caamaño, tivo lugar esta mañá no porto de Tragove, do municipio cambadés, e permitiu obter novos datos relativos ao funcionamento de equipos para establecer protocolos de resposta ante accidentes ambientais.
O suposto partía dunha vertedura de hidrocarburo na zona das instalacións de varada do peirao de Tragove. Nesta ficticia situación, o produto derramado era fuel tipo IFO 180. Na evolución da contaminación obsérvase que parte do produto queda estendido entre a ramplas da explanada e a escollera do contradique de abrigo e que pequenas concentracións de fuel rebasan as augas portuarias e derivan á ría de Arousa por efecto da marea e da corrente. Seguindo o suposto, as condicións meteorolóxicas provocan manchas fragmentadas pola ría que poden afectar ás bateas e aos bancos marisqueiros, polo que se require a actuación dos equipos de loita anticontaminación da Consellería e SASEMAR, así como da confraría cambadesa.
Segundo explicou o presidente de Portos, “este tipo de exercicios desenvólvense de xeito regular para comprobar a capacidade de resposta dos efectivos e o grao de coordinación e efectividade do seu traballo conxunto”. Neste caso, a actividade permitiu “testar o estado e o bo funcionamento dos equipos e instruír ao persoal participante na utilización dos medios para a loita contra a contaminación no mar por hidrocarburos”, engadiu Durán Hermida.





2 de octubre de 2015

VICTOR CAAMAÑO RESPOSTA A ROLDA DE PRENSA DE ARAGUNDE







Menos discurso e máis realismo
 O BNG forma, actualmente, parte do goberno municipal de Cambados, sendo moi consciente, ao igual cos outros grupos políticos deste goberno, que na acción de goberno non deben primar os personalismos. Somos un goberno municipal e non catro, como quixera Luís Aragunde para ter argumentos e facer algunha crítica crible. Formamos parte dun goberno municipal que está preocupado polos veciños e veciñas de Cambados e non polo PP, que desde o “batacazo” das eleccións municipais aínda non recuperou o coñecemento e que basea todas as súas críticas no estribillo de que “estes  lévanse mal”.
O BNG asume a súa labor neste novo goberno e faise responsable da xestión das súas áreas sabendo formar parte do grupo. Claro que o  BNG segue a defender a peonalización da Praza de Fefiñáns pero é consciente de que non goberna só (o cidadán así o decidiu democraticamente) e o actual acordo de goberno subscrito  responde a un consenso entre  catro grupos, o  que, sen dúbida, redundará no beneficio de veciños e veciñas.
E temos que gobernar un concello queimado economicamente polo PP; un PP que deixou unha serie de proxectos en marcha cunha mala planificación. Proxectos, como a praza de abastos ou cuberta da piscina, pensados para presentar nun programa electoral e non para solucionar as carencias e necesidades nestes aspectos. Proxectos, ámbolos dous, mal pensados, mal planificados e mal adaptados ao que realmente  necesitamos.  E isto pasou porque estes proxectos non foron consensuados cos interesados, senón que foron presentados para sacarse a foto e hoxe o novo goberno municipal ten que pelexar para que  se axusten ao que realmente se necesita en Cambados.

Alégranos de que ao PP non lle guste como gobernamos, porque iso quere dicir que eles non o faría así; o cal é bo, pois ao PP  botárono os cidadáns pola forma de gobernar.



14 de julio de 2015

VISITA DE TOURÍS A CAMBADOS







Cando onte publicamos que Cores Tourís non tiña previsto vir a Cambados era porque non había data, nin siquera se puxeran en contacto as duas institucións. Pouco despois advertíamos no antetítulo que ao final si se ía producir hoxe o encontro.


O equipo de goberno de Cambados, encabezado pola alcaldesa Fátima Abal, recibiu esta mañá a visita de Cores Tourís dentro da rolda de contactos que o delegado territorial está a realizar nos concellos onde houbo cambios de executivo tralo 24M, para coñecer cales son as súas demandas e proxectos prioritarios.
Na reunión tamén estiveron presentes os Concelleiros do BNG, Victor Camaño, de Somos, Xurxo Charlín, e de Pode, José Ramón Abal.
Entre os temas que analizaron os representantes municipais e o delegado territorial estiveron cuestións como a cobertura de necesidades no ámbito deportivo do municipio.
Neste punto, o Concello considera necesario a dotación de equipamento para o novo pavillón do IES Ramón Cabanillas, e a resolución dalgúns problemas xurdidos trala reforma do campo de futbol de O Pombal.
Asimesmo, durante o encontro tamén se abordou o estado de diversas obras que están en marcha como a mellora do saneamento no entorno de A Seca, a climatización da piscina municipal e o mobiliario necesario para o novo Centro de Día do municipio.

O delegado territorial púsose a disposición do novo goberno de Cambados, resaltando o seu “interés persoal como cambadés e tamén ex-alcalde” da vila do albariño, co fin de “traballar codo con codo co Concello e acometer todas as inversión que poidamos para Cambados”
Neste sentido, tamén abogou Cores Tourís en seguir solicitando a colaboración da Deputación Provincial e manter a coordinación entre as institucións para sacar adiante novos proxectos.
O delegado provincial pechará esta rolda de contactos cos Concellos o vindeiro luns en Vilagarcía, tralas reunión mantidas xa en Sanxenxo, A Illa, Ribadumia, Barro, Portas, Cuntis e Pontecesures, ademáis do encontro de hoxe en Cambados.

25 de mayo de 2015

VÍCTOR CAAMAÑO: NO QUE DEPENDA DO BNG O PP NON GOBERNARÁ CAMBADOS






Tras 28 anos de desgoberno ábrese un novo tempo en Cambados. O BNG-Asembleas Abertas e eu, persoalmente, comprometémosnos a traballar para que ese novo tempo se consolide cun goberno ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas
Como candidato do BNG-Asembleas Abertas quero dar os parabéns a todos os veciños e veciñas que onte deron o seu apoio á nosa candidatura, confiando en que ese  apoio  sería fundamental para rematar con 28 anos de gobernos do PP; veciños e veciñas que nunhas circunstancias complexas debido á volatilidade electoral e ao intento de facer crer que todas as organizacións políticas somos iguais apoiaron a unha organización que sempre encabezou, no noso concello, a loita contra as políticas do PP e que ademais considera que construír un novo Cambados é construír tamén Galiza.
A perda da maioría absoluta por parte do PP é algo no que o BNG leva traballando moitos anos consciente de que o noso concello precisa un cambio de rumbo cun goberno municipal ao servizo de todos os cambadeses e cambadesas.
Onte abriuse esa porta e pola nosa parte temos toda a disposición para construír ese concello democrático e transparente polo que apostaron onte os nosos veciños e veciñas, unha construción que vai ser complexa, pois son 28 anos de desgoberno e o panorama post-electoral no noso concello é moi fragmentado.
Un novo Cambados é posíbel sempre e cando se basee en programas e non en personalismos, programas que para o BNG-Asembleas Abertas son sempre compromisos cos veciños e veciñas.




30 de abril de 2015

O BNG PIDE UN CONCELLO DO POBO PARA O POBO






Concello do Pobo ao servizo do Pobo
En moitas ocasións o BNG denunciou a utilización partidista que o PP ven facendo do concello. De xeito inxusto  sempre tentou dar a imaxe de que concello e PP era a mesma cousa; estratexia que o BNG leva denunciado desde hai anos. Así, por exemplo, o BNG  ten denunciado  que, a cotío,  se utilizara o concello para empregar ás persoas afíns ao PP. Hai pouco, incluso, puidemos comprobar como se modificaba a RPT (Relación de Postos de Traballo) para beneficiar a traballadores/as afíns, colaboradores do PP nos procesos electorais, en detrimento dos poucos que non o son. Este tipo de prácticas levou ao BNG a propoñer a revisión e control dos procedementos de contratación ou selección de traballadores e traballadoras  e á elaboración de listas de contratación para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo no concello. Non é de recibo que se repitan ás imaxes de persoas pelexando á saída do concello porque consideran inxusto e inaceptable a elección  de determinadas persoas para cubrir ofertas de emprego temporais.
Pero a utilización partidista do concello de Cambados vai moito máis alá e así, nos actos institucionais, o PP sempre se esquece de que hai concelleiros doutras opcións políticas  que representamos a unha parte importante da cidadanía e que polo tanto compre a nosa presenza neles. E seguindo nesta argumentación de indiferenciación entre PP e concello,  tamén queremos facer unha referencia a aquela impresentable revista municipal (“A Calzada”) que pagabamos entre todos/as e que era utilizada como propaganda do PP nas eleccións, chegando incluso a mostrar algunha fotografía que teñen reutilizado nos panfletos políticos do PP. E semella que seguen a actuar, nesta mesma liña, pois  esta semana algúns veciños/as preguntáronlle ao BNG como nunha rede social do PP e do concello se tiñan publicado as mesmas noticias practicamente ao mesmo tempo, como se fora a mesma persoa a encargada de controlar ámbalas redes sociais (“seguro que son imaxinacións da xente”). De tentar que Aragunde nos aclare esta dúbida todos intuímos a resposta de que iso son imaxinacións nosas. No BNG temos moitas imaxinación, por certo.

En calquera caso, un Concello debe ser do Pobo e estar ao servizo do Pobo e non do PP (nin doutro, claro) e iso será unha das moitas cousas que cambiarían cun goberno municipal do BNG no concello de Cambados.