Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta XEITO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XEITO. Mostrar todas las entradas

23 de julio de 2018

CONCENTRACIÓNS DE PROTESTA DOS MARIÑEIROS DO XEITO



Os armadores do xeito consideran que chegou o momento de pasar á acción.
En Galicia os barcos afectados concentraranse en dous portos para apoiar as reivindicacións dos seus representantes. A Rianxo desprazaranse xeiteiros e cerqueiros da ría de Arousa, en tanto que o de Arcade será o punto de encontro das embarcacións que faenan nas de Pontevedra e Vigo.
A principal demanda está a de adiantar a xullo o cupo que correspondería a agosto, setembro e outubro, pero tamén expoñerán en Madrid a necesidade de que a frota de baixura quede á marxe das cotas, pola escasa incidencia que exercen sobre o stock. Por todo isto convocan dúas concentracións para mañá 24 de xullo. Unha en Arcade diante da sede da federación de Confrarías de Pontevedra e a outra en Rianxo na rampla do Taberneiro. Ambas serán a partir das 16:00horas.





17 de junio de 2016

O XEITO SUPERA EN 53 Ts AS CAPTURAS QUE DEBÍAN SER DE 21Ts











O 'xeito' supera en 53 toneladas a captura de sardiña fixada polo plan de xestión para finais de maio

A arte tradicional do 'xeito' pescou un total de 74,6 toneladas de sardiña a data do 31 de maio, o que supón 53 toneladas máis que as 21 toneladas que non debía superar nesas datas. Así figura nos datos feitos públicos este venres pola Federación de Confrarías de Galicia, que apunta que estas 74,6 toneladas alcanzaron un prezo de 159.644 euros, a 2,14 euros de media cada unha. 


Na proposta de plan elaborado pola comisión de seguimento do 'xeito', os consumos a 31 de maio non debían superar as 21 toneladas (cinco toneladas para o primeiro trimestre, así como oito toneladas para e abril e outras oito para maio), polo que se presenta un desfase ata o momento. O 'xeito' conta para este ano cunha cota anual de 175 toneladas, tras un recorte do 12,5% respecto das 200 toneladas das que dispoñía en 2015.







2 de febrero de 2015

FEIJÓO CÓLGASE MEDALLAS






O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe en Bruxelas que os informes da Xunta presentados desde o pasado mes de xullo de 2014 foron clave para que a Comisión Europea, a través da súa área de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca, estea a favor de que o xeito siga sendo unha arte de pesca legal na UE.
Tras unha reunión co comisario de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca, Karmenu Vella, nunha primeira rolda de contactos co novo Executivo comunitario, para afondar naqueles ámbitos nos que Galicia ocupa unha posición destacada en Europa, Feijóo comunicou o optimismo e a disposición do comisario de que se exclúa o xeito como arte de pesca prohibida na UE “e sexa, así, unha arte de pesca aceptada legalmente de acordo coa regulamentación da Comunidade –que xa temos- e aceptada desde o punto de vista da normativa europea”.
Nesta liña, o responsable autonómico incidiu en que, tal e como lle trasladou o comisario, os estudos científicos e técnicos remitidos desde a Xunta foron clave para inclinar a súa posición a favor de que o xeito siga a poder utilizarse.
Nada dixo de que foron os propios mariñeiros quenes, acompañados por membros do Bloque explicaron in situ o seu traballo ou as labores de outros eurodiputados de diferente grupo político promoveron iniciativas a prol do xeito. Por certo si ao final o xeito érexeitado pola Comisión Europea, dirá que é culpa do seu goberno porque o que fixo non foi suficiente?.
Feijóo destaca que na actualidade só faltan por finalizar as infraestruturas de saneamento das rías de Ferrol, de Pontevedra, de Arousa e de Vigo, “para que as rías galegas cumpran ao 100% a directiva marco da auga e conseguir o obxectivo adicional de que todos os núcleos de poboación de 2.000 habitantes teñan depuradas as súas augas” Presume de que parte das rías máis ricas do mundo aínda estén sen sanear.


21 de enero de 2015

O "XEITO" PASA O PRIMEIRO EXAME CON NOTA NO PARLAMENTO EUROPEO





A comisión de Medio do Parlamento Europeo mostrouse a favor este mércores de excluír o 'xeito' das artes de deriva cuxa práctica será prohibida en augas comunitarias por consideralas unha ameaza para os recursos ou os ecosistemas mariños. A proposta inicial inclúe esta arte tradicional galega no grupo de pesca de deriva, pero a comisión europarlamentaria aprobou unha posición que modifica o listado de Bruxelas para excluír o 'xeito'. 

O informe do relator Marco Affronte foi aprobado con 51 votos a favor, 11 en contra e dúas abstencións, e inclúe unha emenda que pide que sexan excluídos do veto aqueles buques que faenan a pequena escala con redes de deriva se a súa actividade "non" é daniña para as especies protexidas", como é o caso do 'xeito'. A opinión desta comisión non é vinculante pero si será tida en conta pola comisión de Pesca, onde se votará o 30 de marzo, que é a competente 
nesta materia e cuxa posición será elevada ao pleno do Parlamento Europeo, previsiblemente no mes de abril.



20 de enero de 2015

O "SECTOR DO XEITO" AFRONTA MAÑÁN UN DIA CRUCIAL






Praza.gal
O 'sector do xeito' galego afrontará mañán mércores, 21 de xaneiro, a primeira das súas citas importantes para decidir en Bruxelas se esta arte tradicional queda prohibida ao enmarcala no grupo de pesca de deriva -considerado como prexudicial para o medio-- ou finalmente resulta excluído e pódese seguir exercendo. Desta forma, someterase a votación o informe de Marco Affronte na Comisión de Medio do Parlamento europeo, que conta con emendas de diversos grupos en favor das artes tradicionais e non prexudiciais ambientalmente, aínda que as únicas nas que se cita o 'xeito' de forma expresa son as que realiza o BNG, a través a coalición de Los Pueblos Deciden.
BNG
Así, votarase o informe de opinión na Comisión de Medio, aínda que non será ata a Comisión de Pesca cando se vote proximamente o informe de fondo. Despois, o proceso seguirá en marcha ao levarse ao pleno do Parlamento europeo, onde quedará a proposta definitiva, que terá que negociarse no Consello e a Comisión Europea, polo que non haberá unha decisión definitiva ata marzo ou abril. Aínda que nun principio se prevía que neste mes de xaneiro se soubese se o '
xeito' quedaba prohibido ou non, as propostas aínda encóntranse en debate, polo que non será ata dentro de dous ou tres meses cando se realice a votación definitiva no pleno do Parlamento europeo.




10 de enero de 2015

HIPÓCRITAS EN BUSCA DE VOTOS





 A flota do xeito poderá volver faenar a partir da próxima semana trala publicación da orde que autoriza ás artes menores á captura da sardiña. Esta boa nova supón un paso adiante para garantir a pervivencia deste arte de pesca, á espera do debate da Comisión Europea sobre a prohibición das artes de enmalle á deriva. 
O PP aproba algo que non é capaz de defender en Bruxelas. As eleccións están cada dia máis cerca e o PP non quere que o sector do xeito está todavía máis na sua contra. 
A reserva dunha parte de capturas para as artes menores na pesqueira da sardiña posibilitará que a flota galega do xeito volva faenar tras meses parados por mor da orde que tan só autorizaba ó cerco á captura desta especie. Este balón de osíxeno chega nun momento crucial para os xeiteiros que agardan o dictame da comisión europea sobre a prohibición das artes de enmalle á deriva, na que tamén se incluía o xeito. O próximo 21 de xaneiro reunirase a comisión europea de Medio Ambiente para abordar a retirada do xeito deste decreto pero non será ata marzo cando se vote a proposta.
A maior parte do sector confía no compromiso adquirido pola administración europea, na súa recente visita a Bruxelas, na que tras escoitar os argumentos en defensa do xeito, os propios mariñeiros co apoio do BNG tiveron que explicar o seu traballo, manifestaron a súa intención de garantir a supervivencia deste arte. Mentres tanto, os xeiteiros suspenderon as mobilizacións xa que confían no compromiso europeo de manter esta arte tradicional, selectiva e sen danos para os caladoiros.




31 de octubre de 2014

A FROTA DO XEITO CHEGARÁ A MADRID




O alcalde de CambadosLuis Aragunde, apoiou hoxe coa súa presenza a concentración da frota do xeito contra a decisión da Unión Europea de prohibir esta arte de pesca a partir do 1 de xaneiro do próximo ano. Tamén estiveron presentes membros do PSOE, BNG, AGE ou PODEMOS non so de Cambados senón de toda a comarca.

Centos de xeiteiros concentrouse en Cambados portando pancartas nas que acusaban a Bruxelas de levar á ruína ao sector.
A concentración tivo lugar no peirao de Tragove, onde acudiron representantes do "xeito" pero tamén doutros sectores do mar.

Os patróns maiores presentes tamén reclaman á Xunta unha liña de axudas para unha frota que leva semanas sen poder saír a faenar, xa que ao ser unha arte que se practica en augas interiores queda excluída das subvencións estatais.


A frota da sardiña atravesa por duros momentos pero a súa situación tamén afecta a outros sectores, como os detallistas, xa que se trata dunha pesca moi vinculada á economía da ría de Arousa e da que viven máis de 400 familias.

O debate xa chegou ao Parlamento, onde o PP rexeitou unha moción de AGE para que se permitise a arte do "xeito" en augas interiores. Todo hai que decir e ao igual que cos Emigrantes Retornados, moito apoio nos plenos e mobilizacións locais e logo no Parlamento...

A frota seguirá coas concentracións e está previsto que este asunto tamén se debata no Congreso dos Deputados.




28 de octubre de 2014

CONCENTRACIÓN DE XEITEIROS EN CAMBADOS












OS  ARMADORES  DE  XEITO CONVOCAN  A  TÓDOLOS 
MARIÑEIROS/AS  A  UNHA CONCENTRACIÓN  O  XOVES 
30  DE  OUTUBRO  ÁS  17:00 H. NA  DÁRSENA  DO  PORTO   
DE  TRAGOVE  EN  APOIO  DO SECTOR  DO  XEITO.
O porto de Tragove será escenario o xoves, a partir das cinco da tarde, dunha nova concentración en apoio ao sector do xeito. Esta frota, un dos máximos expoñentes da pesca artesanal na ría deArousa, está ameazada de morte ao ter sido incluída por Bruxelas na súa normativa para erradicar a pesca con artes de deriva. Concentracións como a prevista en Cambados realizáronse xa noutros portos galegos, a última na Illa.




24 de octubre de 2014

O "XEITO" MOBILÍZASE CONTRA BRUXELAS





O sector do xeito volveu na tarde do mércores ás mobilizacións. Os mariñeiros concentráronse no porto da Illa de Arousa para reclamar que lles permitan seguir empregando este arte de pesca tradicional e que a Unión Europea pretende prohibir xunto ás redes de deriva. Cren que o descoñecemento do sector por parte das institucións comunitarias pode levar por diante unha das artes máis antigas de cantas se empregan nas nosas costas.

Ao longo da tarde embarcacións que se dedican ao xeito foron chegando ao porto da Illa de Arousa. Mariñeiros de Cesantes, Rianxo, Cambados ou da Pobra do Caramiñal reuníronse no peirao para levantar a voz contra a prohibición desta arte de pesca. A decisión da Unión Europea de eliminar as redes de deriva a partir do primeiro de xaneiro próximo inclúe entre elas o xeito, a pesar de que desde o sector se asegura que é moi respectuosa co medio e que se leva empregando desde hai séculos.
 En total máis de 400 embarcacións en Galicia usan esta arte, e unhas 1.000 familias dependen dela.

O sector asegura que as mobilizacións non se van deter aquí. A próxima semana poderían ir mesmo ata Bruxelas e levar con eles as súas redes.

Este mércores o Parlamento Galego aprobou por unanimidade unha proposta para esixir que a Unión Europea non prohiba o xeito. O PP en Bruxelas non levou a voz cantante das protestas, foron os partidos da oposición PSOE e BNG os que presentaron mocións.




18 de octubre de 2014

AVISOS MOI IMPORTANTES DA CONFRARÍA "SAN ANTONIO"





Despois de moito tempo parada a páxina web da Confraría de Cambados volve a funcionar. A transparencia que desde una web se ofrece e a evidencia de que as cousas están a mudar desde o primeiro dia na que a nova directiva se fixo cargo.
Desde esa web chegan varios avisos para a vindeira semán de moita importancia e que de seguido vos expoñemos.


MÉRCORES  22  DE  OUTUBRO  AS  17:00H.  CONVÓCASE  A  UNHA  XUNTANZA  NO  PORTO  DA  ILLA  DE  AROUSA, EN  APOIO  AO  ARTE  DO  XEITO.
A  CONCENTRACIÓN  SERA  DE  BARCOS  POR  MAR  E  DE  XENTE  POR  TERRA.
 AGRADECEMOS  DE  ANTEMÁN  A  COLABORACIÓN  DE  TODOS.
CONVÓCASE  ÁS  MARISCADORAS  Á  ASMABLEA  XERAL  QUE  TERÁ  LUGAR  NO  SALÓN  DE  ACTOS  DA  CONFRARÍA  O  XOVES  23  DE  OUTUBRO  ÁS  18.30H.  EN PRIMEIRA  CONVOCATORIA  E  ÁS  19:00H.  EN  SEGUNDA PARA  TRATAR  OS  SEGUINTES  TEMAS:
PLAN  DE  EXPLOTACIÓN  2015
 ASUNTOS  VARIOS

AVISO REUNIÓN RAÑEIROS


CONVÓCASE  ÓS  RAÑEIROS  A  UNHA REUNIÓN  QUE  TERÁ  LUGAR   O VENRES  24  DE  OUTUBRO  ÁS  19:30H.  NO  SALÓN  DE  ACTOS  DA CONFRARÍA  PARA  TRATAR  O SEGUINTE  PUNTO  DA  ORDE  DO  DÍA:
PLAN  DE  EXPLOTACIÓN  2015


17 de octubre de 2014

O XEITO, CAMIÑO DE DESAPARECER






O  socialista José Blanco e a nacionalista  Ana Miranda, arremeteron conta os gobernos da Xunta e de Madrid.
"Irresponsabilidade política" que a Xunta non mande ningunha alegación á Comisión Europea no trámite de consultas aberto polo Executivo comunitario entre marzo e setembro de 2013 sobre a súa proposta normativa de prohibir calquera tipo de rede de deriva a partir de xaneiro de 2015 e que se traduce na prohibición da arte tradicional do 'xeito'.

A isto únese, que o Goberno español tampouco fixo ningunha alegación, de forma que "este deixamento" levará a que 427 embarcacións, das que viven directamente máis de 1.000 familias "poden desaparecer dunha tanda en menos de tres meses".

A proposta de prohibición do 'xeito' está formulada "desde a total ignorancia", sobre a cal a Xunta "non fixo nada por corrixir". En contraposición, a oposición continúa con contactos políticos na Eurocámara para sacar á pesca artesanal de este veto.

É "unha aberración" a proposta de prohibir esta arte tradicional que "non supón ningún impacto medioambiental".
Por este motivo, si non se retira a proposta do reglamento,  Blanco propoñeralle aos eurodiputados españois a firma conxunta de enmendas para exceptuar ao 'xeito' galego.



Tamén o eurodiputado popular Francisco Millán Mon mostrou a súa oposición á proposta da Comisión Europea de prohibir o 'xeito', á vez que dixo que ve "esperanzador" que o novo comisario de Pesca, Karmenu Vella, distánciese da proposta da CE e móstrese aberto ao diálogo co Parlamento Europeo.




16 de octubre de 2014

BRUXELAS DEBATE O FUTURO DE 1000 FAMILIAS GALEGAS





Hoxe é un día clave para o sector do xeito. A comisión de pesca do Parlamento europeo debate a prohibición total desta arte. Só en Galicia hai máis de catrocentas embarcacións que pescan ao xeito, do que viven máis dun milleiro de familias.
A Asociación de Armadores de Artes Menores pídelles unidade a todos os eurodeputados galegos na defensa dos seus postos de traballo e quere que o xeito quede exento desta prohibición.
En Rianxo e Cambados están convocadas senllas mobilizacións para esta tarde ao mesmo tempo que a co
misión se reúne en Bruxelas.














15 de octubre de 2014

MARIÑEIROS DO XEITO MANIFÉSTANSE EN SANTIAGO




Representantes do sector do xeito en Galicia mantiveron unha xuntanza con diferentes grupos da Cámara do Hórreo.
EUROPAPRESS
Populares, socialistas e nacionalistas escoitaron as súas reivindicacións na véspera dunha importante comisión comunitaria. Mañá Bruxelas vai debate-la prohibición total desta técnica tradicional.
Así as cousas, o sector pideu hoxe ós políticos galegos "unidade para defende-los seus postos de traballo". 
Antes de esta reunión varias decenas de mariñeiros do 'xeito' protestaron este mércores ante o Parlamento galego en contra da prohibición desta arte tradicional, que consideran "inxusta e irracional", ao asegurar que a súa actividade é "sostible e respectuosa co medio".

Os manifestantes permaneceron tras unha pancarta co lema 'salvemos ou xeito' que clamaba porque a súa continuidade é o seu "dereito" e a súa prohibición "ao asimilarse ao arrastre", "inxusta e irracional".

Un dos afectados, Jorge Ordóñez, explicou, en declaracións aos medios de comunicación, que a súa intención esta xornada de mobilización foi trasladar un escrito aos grupos parlamentarios con representación na Cámara autonómica (PPdeG, PSdeG, AGE e BNG) para que estes saiban cal é a súa postura, e o que defenden. "Ata agora, estivemos a ter o seu apoio", apuntou.

De feito, a concentración de profesionais afectados polo peche da pesqueira da sardiña dende este mes de setembro e o veto á arte do 'xeito' a partir do 1 de xaneiro de 2015 prodúcese un día despois de que os grupos aprobasen por unanimidade unha iniciativa do Bloque en defensa de medidas "para afrontar a falta de actividade" dunhas 400 embarcacións que en Galicia teñen permiso de explotación para faenar con esta arte (Rianxo, na Coruña, é o porto principal, con 116 barcos).