Asi se desprende das declaracións feita polo representante do Colectivo de Emigrantes Retornados do Salnés.
O colectivo de emigrantes retornados do Salnés volveu "decepcionado e indignado" coa actitude do Partido Popular que negou cos seus votos a iniciativa do BNG de modificar a lei 35/2006 do IRPF para evitar a discriminación existente entre pensionistas que perciben unha ou varias pagas como sucede coa totalidade dos emigrantes retornados.
Os Emigrantes Retornados acusan ás deputadas do Salnés do PP, Marta Rodríguez Arias e Rosa Oubiña Solla "cómplices e verdugos do roubo" de "traizón e complicidade necesaria con quen nos rouba", o PP, "votan a favor nos concellos da comarca das nosas demandas pero chegan o parlamento e prefiren conservar as súas cómodas cadeiras a mollarse polos seus veciños e veciñas".
O colectivo anuncia que todas as plataformas comarcais concentraranse o vindeiro martes 4 de novembro, ás 11:00 horas diante das delegacións comarcais de Facenda.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.