Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta VIOLENCIA DE XENERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIOLENCIA DE XENERO. Mostrar todas las entradas

7 de agosto de 2020

A DEPUTACIÓN APROBA AXUDAS DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA EN CONCELLOS DO SALNÉS

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para este ano 2020. Trátase da quinta convocatoria desta liña de axudas, que este ano conta con 230.000 euros, 10.000 máis que o pasado ano, e que beneficiarán a 44 concellos da provincia, un máis que no 2019.
O obxectivo destas subvencións é traballar en estreita colaboración cos concellos para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria e que loite contra as violencias machistas. Esta cooperación entre institucións é fundamental ó tratarse dos niveis máis próximos á cidadanía e polo coñecemento que estes teñen da súa poboación.
Os concellos que se beneficiarán destas achegas son Agolada, Arbo, Barro, Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos, Gondomar, O Grove, A Guarda, Illa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Poio, Pontecaldelas, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.
Estas axudas permitirán subvencionar proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; iniciativas das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional contra a violencia machista; ou proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero (fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo).
Tamén terán cabida programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos encamiñados á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; e accións encamiñadas á elaboración do plan municipal de igualdade. Ademais, a través destas subvencións os concellos tamén poderán poñer en marcha a creación de redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e profesional; actividades dirixidas ao alumnado, profesorado e familiar e profesional; e campañas de difusión e sensibilización á cidadanía en materia de igualdade.
Esta liña de axudas súmase a aquela destinada ás entidades de iniciativa social que traballan a prol da igualdade e que conta este ano cun orzamento de 108.000 euros. Ademais, no mes de xuño a Deputación asinou tres novos convenios de colaboración para a promoción da igualdade real e a loita contra as violencias machistas. Estes acordos foron coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e coa Asociación Nós Mesmas.

3 de agosto de 2020

MULLERES EN ACCIÓN #VIOLENCIAZERO CHEGA MAÑÁN A CAMBADOS

Mañán martes 4 de agosto as 20:30h no parque de Torrado, dentro das accións artísticas por toda a provincia presentación de "Las Antonias"
Cumprindo con todas as medidas sanitarias anti-contagio COVID-19.
A acción:
Las Antonias parten da idea principal de quererse e respectarse a elas mesmas por riba de todas as cousas. Antonia ou Antonio non é só un nome, é o álter ego de toda persoa que se valora e se quere e, como consecuencia, quere as e os demais.
Presentarán unha acción centrada no humor que as caracteriza, parando o movemento para escoitar a voz ou o canto da conciencia a través das súas cancións, nas que se reflicte a esencia do que nos queren transmitir. Destripan cancións de toda a vida nas que cambian o contido sexista ou violento destas polo humor para equilibrar a balanza entre persoas.
Humor, respecto e igualdade combínanse nesta ocasión para dar a luz esta acción chamada Conciencia.
CV Las Antonias
Nacen en 2015 na Sala Mardi Gras da Coruña cando dúas compañeiras de baile, das que "queiman pista", decídense a montar unha banda feminina. A idea toma forma coa necesidade de devolverlles ás cancións de toda a vida o apoderamento que as mulleres merecen.
Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, vasoiriñas, melódica, un fagot encontrado, batería e un ukelele baixo.
Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo antoñil para facérmonos sentir e saber que todas somos Antonias e Antonios, comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas ao ritmo dunha escena obscenamente riseira.
Las Antonias é un grupo formado por Antonia Lee (Ana Lee), Antonia Colores (Mamen Bazarra) e Antonia Deluxe (Elena García-Fresca). Nos últimos meses incorporaron novos membros para ofertar así unha formación máis completa: Antonia á Feira (Sabela Caridad) á percusión e Sam Antonio (Jota Romero) ao ukelele baixo.
Ao berro de "Todos somos Antonias!" inclúen a participación de mulleres e homes no seu espectáculo.


19 de julio de 2020

INGRESA EN PRISIÓN UN HOME ACUSADO DE INTENTO DE HOMICIDIO DA SUA MULLER

Un home de 45 anos veciño de Meis ingresou en prisión por un suposto intento de homicidio que sería un novo caso de violencia machista. O acusado intentou matar a súa muller botándolle gasolina por riba.
Os feitos sucederon o venres no domicilio familiar no lugar de Noval, na parroquia de Paradela en Meis. Na casa estaban o home, a muller, un fillo e a nai da muller.
Despois dunha forte discusión da parella o home abandonou o fogar. Supostamente foi a unha gasolineira onde mercou un bidón con 5 litros de combustible. Regresou o fogar e asperxeu a gasolina pola cociña e mesmo contra a muller de 39 anos. Ameazou con queimala, pero ata o lugar chegou unha parella da Garda Cvíl avisada pola muller mentres a súa parella estaba fóra.

Os axentes detivérono e este sábado ingresaba en prisión tras pasar polo xulgado de Cambados por un suposto delicto de homicidio en grao de tentativa.


15 de abril de 2020

A DEPUTACIÓN INXECTA 320.000 € A CONCELLOS E ENTIDADES EN LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deputación de Pontevedra
A igualdade é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación de Pontevedra, establecéndose como política transversal que vertebra a acción da institución provincial. Deste xeito, vén de inxectar 320.000 € á cobertura de plans e iniciativas de igualdade, así como programas de loita contra a violencia machista que impulsaron concellos e entidades da provincia. Máis polo miúdo 220.000 euros foron dirixidos a 42 concellos de menos de 20.000 habitantes e 100.000 euros a 21 entidades.
En canto aos concellos, a institución máis próxima á cidadanía, as axudas de 220.000 euros concedidas tiveron por obxectivo previr a violencia de xénero e fomentar a igualdade de oportunidades. Preténdese así colaborar cos municipios para que impulsen e realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e equitativa con proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos ou persoas dependentes ao seu cargo; actuacións destinadas a mulleres vulnerables ou con dificultades; iniciativas para mellorar a formación e orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres; proxectos para elaborar plans municipais de igualdade ou difundilos;  accións para crear redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, familiar e profesional; proxectos de prevención e sensibilización no eido educativo e campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade.
Os concellos beneficiados por esta liña de axudas da Deputación foron Arbo, Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, O Porriño, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
En canto ás entidades, as achegas concedidas ascenden a 100.000 € distribuídos entre 21 entidades de 10 concellos da provincia (Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía) que están a traballar para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loitar contra a violencia de xénero.  En liñas xerais, a través desta iniciativa estanse a impulsar proxectos de ámbito provincial centrados na sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; na atención integral a vítimas de violencias machistas; programas destinados a mulleres vulnerables ou con dificultades; iniciativas de fomento da igualdade; accións para mellorar a formación e orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres; iniciativas para crear redes e servizos de apoio e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía.

11 de marzo de 2020

PRESENTACIÓN DO LIBRO DUNHA MULLER MORTA A MANS DA SUA EXPARELLA


O próximo sabado ás 20 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados acollerá a presentación do libro «Non camiño do vento», unha publicación póstuma de Sesé Mateo, que foi asasinada en 2017 en Chapela (Redondela) pola súa expareja. A presentación está organizado polo Concello e a Asociación Esmar contra a Violencia de Xénero. O acto contará coa presencia do seu fillo, Joshua A. Mateo.

Este proxecto nace cando se decide publicar o libro «No camiño do vento» de Sesé Mateo. Este libro é unha autoedición dos fillos de Sesé Mateo, familiares e amigos, coa axuda dun grupo de mulleres: Míriam Ferradáns, Helena Torres, Olga Nogueira, Sonia Díaz, Anxos Sumai, Carme Vidal e María Montes.
Joshua como responsable do proxecto decide que: A recadación da presente edición irá destinada ao Fondo de Bolsas Soledad Cazorla de Fundación Mujeres. A recadación axuda aos nenos e nenas orfos pola violencia machista a través do Fondo de Bolsas Soledad Cazorla Prieto, de Fundación Mujeres. Un proxecto pola memoria de Sesé Mateo García, nai, amiga e compañeira. Un proxecto contra a violencia machista. Un proxecto pola igualdade de xénero, polos orfos da violencia machista Sesé Mateo foi asasinada nun acto de violencia machista en 2017, "a nosa nai, amiga e compañeira sufriu o peor final que lle podería dar esta sociedade violenta". O 20 de febreiro de 2019 no aniversario do seu asasinato a familia Mateo publicamos coa axuda dun grupo de mulleres increibles o libro “No camiño do ventoNO CAMIÑO DO VENTO O libro véndese en concepto de doazón por 10€ que son ingresados integramente ao numero de conta que habilita Fundación Mujeres. A recadación axudase aos nenos e nenas orfos pola violencia machista a través do Fondo de Bolsas Soledad Cazorla Prieto, de Fundación Mujeres.




25 de noviembre de 2019

TRES CAMBADESAS AMOSARÁN A SUA ARTE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.


Hoxe 25 de Novembro, Día internacional da loita contra a violencia de xénero, tres cambadesas amosarán co seu traballo contra esta lacra de forma artística.
Baixo a organización do colectivo feminista "A Naiciña" estrearase o video producido e dirixido por Ariadna Cordal (cambadesa) as 19.00 no Salón de plenos do Concello de Cambados.
As 19.30h tralo visionado do vídeo sairase á rúa nunha manifestación, acompañadas dos paraugas violetas, cara á praza Asorey
Unha vez xunta a estatua da Naiciña, farase a lectura do manifesto da man de Pauliña (cambadesa).
Xunto con ela Julia Boullosa alumna do instituto Asorey (Cambados), gañadora do concurso da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, que lerá unha parte do seu relato premiado sobre a violencia de xénero .



"Ni un minuto de silencio"

"BAIXO A NOSA PROTECCIÓN, TODAS FORTES, UNIDAS E EN ACCIÓN"

Pola mañán celebraronse concentracións na plaza do concello ou nos centros de ensino de Cambados.









CARTA DE UNHA VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO












A continuación podedes leer a carta dunha víctima da violencia de xénero e o seu caso particular. Recalcamos o de particular porque agardemos que non todas as vítimas teñan que pasar polo que esta vítima tivo e ten que pasar.


Hoxe 25 de noviembre Dia Contra a Violencia de Xénero.


A verdade é que nunca entendín eso do dia de …. xa que por desgracia, neste caso da violencia de xénero é diaria, 365 dias o ano, pero, hoxe é dia de política, dia de protestas, dia de lazos, dia donde todos nos concienzamos etc.

Realmente sabemos como se trata, como funciona a xustiza ante a violencia de xénero? No, non o sabemos porque nadie nos informa, todos din: "Saquemos tarjeta roja", que bonita queda a foto!!

Todos din denuncia, non cales!!!
Chama o 016 e non teñas medo, denuncia!!! Pero cal é a realidade?
Como funciona unha vez que decides dar o paso?
Cal é atención e seguimento da vítima?
Como funciona a Guardia Civil cando denuncias?
Como funcionan os xuíces? Imaxinade que aquí en Cambados hai unha abogada de oficio (que por certo para ser abogado de oficio contra a violencia de xénero, preséntaste voluntariamente) que o primero que che dice e….. NON DENUNCIES!!
Para que? Para poñer máis furioso á tua ex parexa?
Pensas que che van a poner un gardaespaldas? Imaxina que escoitas esas primeiras palabras dunha abogada de casos de violencia de xénero.

Imaxina que cando presentas a denuncia, si a abogada non te convenceu do contrario, que pasas cinco horas no cuartelillo declarando, ti soa sin asesoramento, sin coñecemento e donde a Garda Civil termina facendo un "test de peligrosidad". Ese "test" consta de moitas preguntas das cales un 75% non lle-las fan as vítimas de violencia de xénero.

Porque? Porque é un "rollazo"(dito entre dous axentes).
Seguinte paso. Xulgado de Guardia para declarar. Alí podes pasar de seis a sete horas mentras todas as partes declaran, volven a revivir todo o que pasaron unha e outra vez e finalmente a vítima sae con orden de afastamento.

Seguinte paso. Volver o Xulgado a un xuício rápido, soen ser tan rápidos que nin os celebran, chegas o Xulgado e sin máis avisan no se celebra juicio (no meu caso) por faltas de probas e testemuñas, pero ollo!! SÍ HAI PROBAS MÉDICAS E SÍ HAI TESTEMUÑAS, por algo o Xuiz de Guarda dou a orden de afastamento, pero claro están saturados os Xulgados e arquivan casos, casos de violencia de xénero que hai que DENUNCIAR!!! pero, que terminan arquivados.
Así que cando digan a unha persona, "denuncia a violencia de xenero", que lle digan; "ollo que sepas que vas a revivir as tuas miserias durante horas, en lugares distintos e que o final poida que salgas máis humillada do que estabas antes de denunciar, que cando se termine si un xuíz non fixo o seu traballo, quedas sol@, abandonad@". Claro que hay que denunciar!!! Pero non so o maltratador, tamén a o Guarda Civil que non cumple co seu traballo, ao abogad@ que intenta convencer a unha vítima que non denuncie, os xuíces que non fan o seu traballo, porque o final si eso non se cumple, somos victimas de violencia de genero e vítimas de unha Xustiza que non funciona.
Saquemos tarjeta roxa a violencia de xénero, pero tamén saquemos tarjeta roxa os Guardia Civís, abogados e xuíces incompetentes

Está claro que a xustiza nos casos de violencia de xénero NON FUNCIONA PERFECTAMENTE.







21 de noviembre de 2019

A CAMBADESA JULIA BOULLOSA RECOLLEU O SEU PREMIO POLO RELATO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A Unidade de Violencia de Xénero da subdelegación provincial organizaba por terceiro ano consecutivo un concurso de relatos curtos e debuxos que sirvan para reflexionar sobre este problema social. Este xoves na sede de Afundación entregábanse os premios nunha gala institucional presentada polos xornalistas Diana Lovar e Antón Prieto.
Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, presidía o acto e facía un chamamento para que os máis novos adopten un compromiso para rematar coa violencia machista. Neste sentido, a subdelegada pediu unha reflexión sobre as cifras de asasinatos machistas que se producen e indicou que as compañeiras de instituto ou de colexio poden protagonizar no futuro un caso máis de violencia polo feito de ser mulleres. Lembrou que no segundo trimestre deste ano xulgáronse a catro menores en Galicia como presuntos autores de actos de violencia contra as mulleres.

Estíbaliz Palma, comisaria provincial da Policía Nacional; Simón Venzal, coronel xefe da Garda Civil; a directora provincial da DXT Paula Yubero, a directora do Instituto Españo de Oceanografía, Victoria Besada e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal acudían a este acto ao que tamén asistían outras autoridades locais e provinciais.
Para relato curto, o xurado composto pola escritora Montse Fajardo e o escritor Manel Loureiro; o profesor do instituto Valle Inclán, Eduardo Cid; e a profesora da UNED, Mila Lores, decidiu que os gañadores foran os seguintes traballos: 
CATEGORIA 1 (FP e ESO)
1º PREMIO: 'Amarga espera', de Julia Boullosa Alvarez do IES Francisco Asorey de Cambados.
2º PREMIO: 'Descubrindo a Violencia', de Alejandro Campos Herbes do CPR San Fermín de Caldas.
3º PREMIO: 'O Click', de Sabela Martínez do CPR A Inmaculada de Ponteareas.
CATEGORIA 2 ( Bacherelato e FP Superior)
1ºPREMIO: 'Fin da cita', de Lucía Ardao Cuevas do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo.
2ºPREMIO: 'O primeiro amor', de Carla Márquez Pereira do Colexio Compañía de María de Vigo.
3ºPREMIO: 'Polas invisibles', de Nuria Pintos Rodiño do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
Na modalidade de debuxo, o xurado composto por Carme Hermo, profesora de Belas Artes e pintora; o pintor Manuel Ruibal; Ana Fortes, profesora do
instituto da Xunqueira; e o pintor Quique Ortega seleccionaron as seguintes obras:
CATEGORIA 1 (FP e ESO)
1º PREMIO: 'Xuntos non é unha fantasía', de Sergio Guillermo Loures Miranda do Colexio San José de Cluny de Vigo.
2º PREMIO: 'Fora as malas accións', de Laura Alonso Serdín do IES Carlos Casares de Vigo.
3º PREMIO: 'Recoñece. Hai saída', de Sofía Cedeira Rodríguez do IES Carlos Casares de Vigo.
CATEGORIA 2 (Bacherelato e FP Superior)
1º PREMIO: 'Phantom', de Sofía Neira Cibeira do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
2º PREMIO: 'Cuestión de Tempo', de Mario do Prado Lago do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo.
3ºPREMIO: 'Que non cho pinten de rosa', de Leire Gil Xusto do IES Xunqueira I de Pontevedra.


20 de noviembre de 2019

CAMBADOS EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS


O Concello de Cambados súmase, un ano máis, á campaña “en negro contra as violencias” e convida a tódolos comercios, centros de ensino, clubes deportivos, asociacións e cidadanía a participar nela.
É preciso seguir reivindicando a igualdade, xa que os números indican que seguimos sen conseguila. Dende o ano 2003, só en España foron asasinadas máis de 1.000 mulleres e a cifra segue aumentando.
Debemos recordar que a violencia contra a muller abarca máis que a violencia física. Segundo a Declaración aprobada pola Asamblea Xeral da ONU (1993) defínese como “todo acto violento baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na privada”.
Por todo isto, dende a Concellería da Muller e Igualdade repartimos carteis que tinguiran de negro os comercios locais e a praza de abastos. Se algunha asociación, clube deportivo precisa deste material en contra das violencias machistas, poderá recollelo en Alcaldía.
Convidámosvos, tamén, a participar na lectura do manifesto, que será o luns 25 de novembro na Praza do Concello ás 12:00 horas e, ao día seguinte, martes 26 de novembro á charla programada polo CIM “Mulleres Superviventes. Novas inciativas en materia de loita contra a violencia de xénero” no Edificio Exposalnés as 19:00 horas.
Está nas mans de todas e todos nós, formar unha sociedade máis xusta e comprometida coa igualdade real e a non violencia contra as mulleres.
“Contra as violencias, educación”


4 de noviembre de 2019

XORNADA SOBRE "A VIOLENCIA DE XÉNERO EN MULLERES E NENAS CON DISCAPACIDADE"

Mañán martes, 5 de novembro terá lugar en Exposalnés, Cambados (Paseo dá Calzada s/n) ás 20:00 horas un xornada sobre a violencia de xénero na mulleres e nenas con discapacidade.
O Grupo de Desenvolvemento Rural ( GR) Salnés Ulla Umia ofrece en Exposalnés (Cambados) unha charla sobre a violencia de xénero en mulleres e nenas con discapacidade. O acto é de acceso libre e vai dirixido, especialmente, a mulleres con discapacidade e colectivos e profesionais que traballan con elas. Intervirán as avogadas e consultoras Laura Seara e María Jesús Boo.



Por outra banda o colectivo feminista A Naiciña.convoca un acto de concentración en repulsa pola sentencia de Manresa. Hoxe luns as 20.00 da tarde uníndose así a outras plataformas feministas.

""NON É ABUSO É VIOLACIÓN""





2 de octubre de 2019

"INVISIBLES", DOMINGO AS 7 NO AUDITORIO DA XUVENTUDE


A Deputación de Pontevedra levará a súa programación cultural neste mes de outubro aos concellos de Baiona, Cambados, Silleda, Gondomar, Poio, Soutomaior, Moraña e Bueu con varias propostas expositivas, teatrais e musicais. Todas as actividades desenvolveranse en espazos públicos e estarán dirixidas a todos os públicos.

A Deputación levará ata Cambados, a peza teatral Invisibles de Redrum Teatro. Trátase dun espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo que presenta ante o público diferentes historias que contan como fío común a violencia machista. A actividade vai dirixida a un público maior de 12 anos co obxectivo de reflexionar sobre a inexistencia dun perfil de mulleres que sofren violencia machista e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Invisibles poderá verse o 6 de outubro no Auditorio municipal de Cambados. A actuación terá lugar, ás 19:00 horas.

Antes de comezar a súa xira nacional, que comezará en xaneiro do ano 2020, “Invisibles” o espectáculo de teatro documento sobre violencia de xénero, estará en Cambados.

“Invisibles”, dirixida pola actriz e directora Marián Bañobre, é unha adaptación da novela homónima da xornalista Montse Fajardo que relata sete historias reais de violencia de xénero vividas por sete mulleres galegas, usuarias na súa maioría do Centro de Información á Muller doConcello de Pontevedra.
O espectáculo é unha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña; e foi a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares deste ano, conseguindo os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación. Este último para a iluminadora Laura Iturralde, converténdose na primeira muller premiada cun María Casares nesta categoría. Recibiu tamén o Premio Luisa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.
“Invisibles” está protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña, e Nieves Rodríguez.




25 de septiembre de 2019

O ESPECTÁCULO TEATRAL "INVISIBLES" SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO ESTARÁ EN CAMBADOS


Antes de comezar a súa xira nacional, que comezará en xaneiro do ano 2020, “Invisibles” o espectáculo de teatro documento sobre violencia de xénero estará nas localidades de: Lalín, A Estrada, Cambados (6 outubro), Ferrol, Boiro, Poio, A Coruña, Bueu, Riveira, Muxía, Oroso, Bergondo, Vilalba, Mugardos, Santa Comba, Vigo, Outes, Tomiño, Caldas de Reis, Lugo, Monforte, Neda, Palas de Rei, Boqueixón, Ponteareas e Redondela.
“Invisibles”, dirixida pola actriz e directora Marián Bañobre, é unha adaptación da novela homónima da xornalista Montse Fajardo que relata sete historias reais de violencia de xénero vividas por sete mulleres galegas, usuarias na súa maioría do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra.

O espectáculo é unha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña; e foi a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares deste ano, conseguindo os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación. Este último para a iluminadora Laura Iturralde, converténdose na primeira muller premiada cun María Casares nesta categoría. Recibiu tamén o Premio Luisa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.
“Invisibles” está protagonizada por Mela Casal, moi coñecida polo público galego pola súa interpretación como alcaldesa da serie “Mareas Vivas”, polo seu personaxe de Socorrito no programa “Luar” así como polo seu traballo na máis recente “Fariña”; Sheyla Fariña, que protagonizou a serie de TVE “Acacias 38” ou a galega “ Serramoura” e Nieves Rodríguez que puidemos ver na súa faceta de presentadora en programas como “Luar” ou “Desde Galicia Para O Mundo” e como actriz en series como “Pazo de Familia” ou “ Serramoura”.



17 de septiembre de 2019

CONCENTRACIÓNS DE REXEITAMENTO DO TRIPLO CRIME DE VALGA





O feminismo galego toma as rúas mañán 18 de setembro para denunciar o triplo asasinato machista de Valga. Máis de 50 convocatorias confirmadas neste momento e aínda á espera de confirmar máis vilas vilas e cidades. Busca a que teñas máis perto.


• A Coruña, 20h Obelisco
• A Estrada, 20:30h diante do Concello
• A Guarda, 20:30h Praza do Reloxo
• Allariz, 20h Praza do Concello
• Ames, 20h Praza da Amaía (Bertamiráns)
 
          -20h Paseo da igualdade (Milladoiro)
• A Rúa (Valdeorras). 20h na Praza do concello
• As Pontes, 20h Praza do Hospital
• Betanzos, 20h a carón do Palco da Música
• Bueu, 20h diante do Concello
• Burela, 20.30h Praza da Mariña
• Brión, 20h diante do Concello
• Cabanas, 20h diante Casa do Concello
• Cangas, 20h punto lila (Praza María Soiña)
• Carballo, 20h na Praza do Concello
• Carnota, 20h na Praza de Abaixo
• Cariño, 20h na Casa do Concello
• Cee, 20:30h na Praza 8 de marzo
• Celanova, 20h Praza de Celanova
• Chantada 20.30h na rúa Leonardo Rodríguez
• Compostela, 20h Praza 8 de Marzo
• Cuntis, 21h Praza das árbores
• Ferrol, 20h Diante da Xunta
• Lalín, 20:30h na Praza da Igrexa
• Laxe, 20:30 na Praza Ramón Juega
• Lugo, 20h diante do Concello
• Melide, 20h Praza do Convento
• Moaña, 20h na Praza do Concello
• Mondoñedo, 20:30h Praza do Concello
• Monforte, 20.15h Campo Santo Antonio
• O Barco, 20h diante do Concello
• Ourense, 20h na Castañeira (Parque San Lázaro)
• Pobra do Caramiñal, 20h no Cantón da Leña
• Pontevedra, 20h diante da Audiencia
• Porriño, 20.30h na Praza do Concello
• Redondela, 20h na Praza do Concello
• Ramallosa, 20h na Rotonda
• Rianxo, 20h na Praza de Castelao
• Ribadavia, 20h na Praza Maior
• Ribeira, 20h na Praza do Concello
• Sada, 20h na Praza de San Roque
• Salceda de Caselas, 20h na Praza do Concello
• Tordoia, 20:30h diante do Concello
• Valga, 20h na Plazuela de Valga
• Val Miñor, 20h na Rotonda da Ramallosa
• Vigo, 20h no MARCO
• Vilaboa, 20:30h na Casa da Cultura
• Vila de Cruces, 20h diante do Concello
Vilagarcía, 20.30h na Praza de Galiza
• Vilalba, 20.30h na Casa da Cultura
• Viveiro, 20h na Praza da Fontenova
• Xinzo, 20h Praza Carlos Casares

En Cambados estaba previsto un acto de repulsa na Plaza Asorey pero, trala convocatoria por parte do Concello de unha concentración hoxe decidiron non desconvocala.
En Cambados hoxe os veciños amosaron o seu rexeitamento contra a violencia machista e mostraron o seu apoio ás familias e amigos/as das vítimas.

A Asociación ESMAR participou na concentración coa lectura do manifesto.









6 de agosto de 2019

21 ENTIDADES SOCIAIS RECIBIRÁN AXUDAS DA DEPUTACIÓN PARA IGUALDADE E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA



A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión de axudas, cun orzamento de 105.000 euros, a 21 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro de 10 concellos da provincia para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra as violencias machistas no ano 2019. Deste xeito, benefícianse desta liña de subvencións entidades de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Máis polo miúdo, con esta liña de axudas o goberno de Carmela Silva pretende apoiar as entidades sociais da provincia para que poidan desenvolver proxectos e actividades de sensibilización; formación e prevención da violencia de xénero; proxectos de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos e persoas dependentes ao seu cargo; programas e actuacións destinados a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.
A deste ano é a cuarta convocatoria de subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia que están a desenvolver proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra as violencias machistas.


28 de julio de 2019

O PUNTO MORADO DA FESTA DO ALBARIÑO SUMA A LOCAIS DE CAMBADOS

Imaxe: Diario de Arousa

A Festa do Albariño de Cambados súmase por segundo ano consecutivo á iniciativa de "puntos morados" que están a protagonizar as principais festas e festivais de Galicia. Así, repite como establecemento de apoio e información contra as agresións machistas.

25 establecementos que son marcados como "puntos de seguridade". Aquelas mulleres que se vexan intimidadas, poderán acudir a eles, que son fácilmente reconocibles, xa que teñen nos seus escaparates un cartel informativo. Para preparar aos traballadores nestes locais, unha psicóloga especializada no tema está a acudir persoalmente a eles, dando unhas pautas e ensinando un protocolo para seguir.
Este ano, locais do pobo serán parte do Punto Morado como lugares de seguridade. 
Os establecementos remataron a súa formación no protocolo de prevención e coordinación coa caravana do punto morado, que estará en fronte á Policía Local durante a Festa do Albariño.
Facilitarán axuda en caso de acoso ou agresión a mulleres, en coordinación coa caravana morada.

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1hlArnb_3mgoBu6ykEkxq99Jwy8PEAag_&ll=42.51714520215212%2C-8.804636990691506&z=15

Concello de Cambados
Policía Local De Cambados
CARAVANA  PUNTO MORADO
Baloca Bar
Vélvet Cóctel Bar
A Leria
Ayf
Kiosco Nestle
Golosinas Y Helados Bety
A Fonte Do Viño
El Rincón del Tío Paco
O Casal
Estanco Coronas-Yaisa Rial
Brokers Cambados
A Favela Cambados
O Enxebre Cambados
La Embajada
Pepa A Loba
Restaurante A Dos Piñeiros
SOHO
Taberna Da Calzada
A Despensa De Piñeiro
Pub Studio 54
Cuartel da Guardia Civil
Cafe Bar A Illa





7 de julio de 2019

CONCENTRACIÓN DE APOIO Á VITIMA DA VIOLACIÓN DE MANRESA


Organizacións feministas convocaron para o luns 8 de xullo concentracións en apoio á vítima da chamada “Manada de Manresa”, como se coñece o caso dunha presunta violación múltiple ocorrida en 2016 nesta localidade. Os seis xóvenes de Manresa sentan desde este martes #ante a Sección 22ª da Audiencia Provincial de Barcelona, acusados de abusar sexualmente dunha moza de 14 anos. Os feitos ocorreron nunha fábrica abandonada de Manresa en outubro de 2016. Durante un botellón, os mozos abusaron da menor, de 14 anos, aproveitándose do seu estado de embriaguez, segundo o escrito da Fiscalía. O primeiro deles levou á menor ata unha caseta, onde despois o resto se turnó para violala. Acúsase a un sétimo home de masturbarse mentres presenciaba os feitos sen facer nada para impedilos. O caso volve traer ao primeiro plano da actualidade a tipificación dos delitos contra a liberdade sexual, xa que a Fiscalía considera que se trata dun caso de abuso e non de agresión porque non mediou violencia ou intimidación, un argumento que xa deu a Audiencia de Navarra no caso da Manda, e que corrixiu logo a sentenza do Supremo, que si aprecia intimidación. Fiscalía non descarta elevar os cargos a agresión unha vez escoite o testemuño da vítima, que será previsiblemente o vindeiro luns.
As convocatorias do día 8 de xullo estendéronse a través das redes sociais coas palabras atribuídas aos presuntos agresores: “Tes 15 minutos, non tardes que me toca a min”. Ata o momento, un total de 120 concentracións adheríronse á convocatoria a través de organizacións feministas locais.

Non é abuso, é violación! A #XustizaPatriarcal vai rematar!!!! 
O luns 8 de xullo saímos ás rúas de novo en protesta pola decisión xudicial no caso da manada de Manresa #IrmáEuCréote #NonÉAbusoÉViolacion

Convocatorias na Galiza
Allariz 20h Praza do concello
Ames: 20h Praza da Maía
As Pontes 18h Praza do hospital
Cambados 21h diante do concello
Cangas 18h diante do concello
Coruña 18h diante do concello
Compostela 20h Praza 8 de marzo
Cuntis 21h Praz da árbores
Ferrol 20h Cantón de Molíns (diante palco música)
Lugo, 20h diante do concello
Marín 20h diante do concello
Ourense 20h Praza Maior
Pontevedra 18h Concello (Praza de España)
Redondela 20.00h diante do Concello
Ribeira 20:30 Praza do concello
Vilalba 20h Praza da Constitución
Vilagarcía 20h diante do concello
Vigo 20h diante do MARCO