Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de octubre de 2019

"INVISIBLES", DOMINGO AS 7 NO AUDITORIO DA XUVENTUDE


A Deputación de Pontevedra levará a súa programación cultural neste mes de outubro aos concellos de Baiona, Cambados, Silleda, Gondomar, Poio, Soutomaior, Moraña e Bueu con varias propostas expositivas, teatrais e musicais. Todas as actividades desenvolveranse en espazos públicos e estarán dirixidas a todos os públicos.

A Deputación levará ata Cambados, a peza teatral Invisibles de Redrum Teatro. Trátase dun espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo que presenta ante o público diferentes historias que contan como fío común a violencia machista. A actividade vai dirixida a un público maior de 12 anos co obxectivo de reflexionar sobre a inexistencia dun perfil de mulleres que sofren violencia machista e sobre a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade. Invisibles poderá verse o 6 de outubro no Auditorio municipal de Cambados. A actuación terá lugar, ás 19:00 horas.

Antes de comezar a súa xira nacional, que comezará en xaneiro do ano 2020, “Invisibles” o espectáculo de teatro documento sobre violencia de xénero, estará en Cambados.

“Invisibles”, dirixida pola actriz e directora Marián Bañobre, é unha adaptación da novela homónima da xornalista Montse Fajardo que relata sete historias reais de violencia de xénero vividas por sete mulleres galegas, usuarias na súa maioría do Centro de Información á Muller doConcello de Pontevedra.
O espectáculo é unha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña; e foi a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares deste ano, conseguindo os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación. Este último para a iluminadora Laura Iturralde, converténdose na primeira muller premiada cun María Casares nesta categoría. Recibiu tamén o Premio Luisa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.
“Invisibles” está protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña, e Nieves Rodríguez.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.