Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta GDR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GDR. Mostrar todas las entradas

4 de noviembre de 2019

XORNADA SOBRE "A VIOLENCIA DE XÉNERO EN MULLERES E NENAS CON DISCAPACIDADE"

Mañán martes, 5 de novembro terá lugar en Exposalnés, Cambados (Paseo dá Calzada s/n) ás 20:00 horas un xornada sobre a violencia de xénero na mulleres e nenas con discapacidade.
O Grupo de Desenvolvemento Rural ( GR) Salnés Ulla Umia ofrece en Exposalnés (Cambados) unha charla sobre a violencia de xénero en mulleres e nenas con discapacidade. O acto é de acceso libre e vai dirixido, especialmente, a mulleres con discapacidade e colectivos e profesionais que traballan con elas. Intervirán as avogadas e consultoras Laura Seara e María Jesús Boo.



Por outra banda o colectivo feminista A Naiciña.convoca un acto de concentración en repulsa pola sentencia de Manresa. Hoxe luns as 20.00 da tarde uníndose así a outras plataformas feministas.

""NON É ABUSO É VIOLACIÓN""





10 de octubre de 2019

A EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO O RURAL" DO GDR, CHEGA A CAMBADOS


O Concello de Cambados inaugura mañá venres a exposición itinerante «Descubrindo o rural», que está organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) O Salnés-Ulla-Umia. A mostra é o resultado do concurso de fotografía organizado por esta entidade co fin de animar a participación pública e privada no proceso de desenvolvemento e coñecemento do medio rural. Os gañadores do concurso levaron os seus correspondentes premios económicos pero, ademais, as súas imaxes forman agora esta exposición que percorrerá todos os municipios que forman parte do GDR.

A exposición poderá visitarse en Exposalnés dende o 11 ao 27 de outubro con entrada de balde en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00; Sábados de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 e Domingos de 10:30 a 13:30h.


15 de abril de 2016

16 CONCELLOS DO SALNÉS-ULLA-UMIA CREARÁN UN NOVO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL









O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu esta mañá a primeira reunión conxunta dos 16 concellos que conformaban os GDR de Salnés e Ulla-Umia co obxectivo da posta en marcha do novo grupo de desenvolvemento rural que permitirá a presentación de proxectos dentro do programa Leader Galicia 2014-2020. A semana pasada xa tiveran unha toma de contacto.
A reunión asistiron alcaldes e representantes dos concellos de O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Portas, Catoira, Cambados, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis, Pontecesures, Moraña e Valga. Non asistiron os municipios de Vilagarcía de Arousa nin de Cuntis.
No anterior territorio de actuación existían 31 GDRs en Galicia, 6 deles correspondentes a Pontevedra, que agora pasa a contar con 5. Deste xeito, hoxe reuníronse os membros representativos dos GDRs do Salnés e máis de Ulla-Umia para unirse nun só grupo de desenvolvemento rural que pasará a chamarse, segundo acordaron hoxe: GDR Salnés-Ulla-Umia. 
Na reunión de hoxe acordouse traballar en 3 ámbitos á vez: na reforma do estatuto do novo grupo, na distribución territorial e na preparación da estratexia programática.
Para a reforma do estatuto acordouse tomar como base o existente xa no GDR-Salnés, integrándose no mesmo o resto de concellos procedentes do do Umia-Ulla. Así, cada concello terá agora que aprobar en pleno a entrada no novo grupo. Os cambios previstos son o do nome do GDR nacente, a súa modificación territorial con maior número de concellos, e a regulación da xunta directiva que pasaría, con case total seguridade, a contar con 21 membros en lugar de 19, dos cales 10 serían representantes da administración e os outros 11 do sector privado.
E finalmente, hoxe tamén se abordou a preparación da estratexia futura do GDR, tomándose a decisión de solicitar ofertas a empresas especializadas en programas de desenvolvemento rural, dándose de prazo unha semana para volver a reunirse de cara a elección das ofertas máis axeitadas. 

O proceso culminará coa celebración dunha Asemblea constituínte na que se aprobarán os seus estatutos, escollerase unha xunta directiva e se establecerá un plan de traballo para elaborar a estratexia de desenvolvemento local. Finalmente, tras a asemblea o GDR, xa formalmente constituído, deberá comezar a definir o programa de desenvolvemento para o seu territorio.
Os membros deste novo GDR son conscientes de que teñen que desenvolver a súa estrutura de cara a poder converterse en entidade colaboradora para a a xestión da medida Leader Galicia e para a concesión de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.
Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, o orzamento deste novo programa será de 84 millóns de euros para toda Galicia que se xestionará a través de 24 GDRs.