Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
25 de septiembre de 2019
O ESPECTÁCULO TEATRAL "INVISIBLES" SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO ESTARÁ EN CAMBADOS
Antes de comezar a súa xira nacional, que comezará en xaneiro do ano 2020, “Invisibles” o espectáculo de teatro documento sobre violencia de xénero estará nas localidades de: Lalín, A Estrada, Cambados (6 outubro), Ferrol, Boiro, Poio, A Coruña, Bueu, Riveira, Muxía, Oroso, Bergondo, Vilalba, Mugardos, Santa Comba, Vigo, Outes, Tomiño, Caldas de Reis, Lugo, Monforte, Neda, Palas de Rei, Boqueixón, Ponteareas e Redondela.
“Invisibles”, dirixida pola actriz e directora Marián Bañobre, é unha adaptación da novela homónima da xornalista Montse Fajardo que relata sete historias reais de violencia de xénero vividas por sete mulleres galegas, usuarias na súa maioría do Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra.
O espectáculo é unha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña; e foi a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares deste ano, conseguindo os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación. Este último para a iluminadora Laura Iturralde, converténdose na primeira muller premiada cun María Casares nesta categoría. Recibiu tamén o Premio Luisa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.
“Invisibles” está protagonizada por Mela Casal, moi coñecida polo público galego pola súa interpretación como alcaldesa da serie “Mareas Vivas”, polo seu personaxe de Socorrito no programa “Luar” así como polo seu traballo na máis recente “Fariña”; Sheyla Fariña, que protagonizou a serie de TVE “Acacias 38” ou a galega “ Serramoura” e Nieves Rodríguez que puidemos ver na súa faceta de presentadora en programas como “Luar” ou “Desde Galicia Para O Mundo” e como actriz en series como “Pazo de Familia” ou “ Serramoura”.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.