Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MULLER. Amosar todas as publicacións

20 de abril de 2018

IV ANDAINA SAUDABLE E SOLIDARIA. CASTRELO CON BENITO CASTRO E CONTRA A LEUCEMIA



O vindeiro domingo 29 de abril Castrelo Cambados (Pontevedra) mobilízase para loitar contra a leucemia e adicada a Benito Castro. A asociación Mulleres Rurais de Castrelo "As Saiñas" organiza, un ano máis, unha andaina solidaria gratuíta para todos os públicos e idades. A andaina, que será amadriñada por Eva Iglesias, empezará e terminará no campo de fútbol Beiramar e continuará polo camiño do complexo intermareal de Umia pasando por Ansuiña, Saiñas, Con de Xido e Correlo. Todos os participantes serán obsequiados con auga e froita ao final da mesma. No campo de fútbol haberá unha hucha solidaria onde se poderán facer doazóns para que a Fundación Carreras poida seguir investigando sobre a leucemia e outras enfermidades malignas do sangue. Ademais, haberá exhibición de Zumba Kids a cargo de Sara Abal e servizo de cantina! Vas perdelo?



12 de marzo de 2018

CARMELA SILVA REIVINDICA EN CAMBADOS A CLAVE DA EDUCACIÓN NA LOITA POLA IGUALDADE









Carmela Silva reivindica en Cambados a clave da educación na loita pola igualdade no preludio da impactante acción de Elisa Miravalles en violencia zero

A artista impresionou ao alumnado asistente coa súa performance na que as coliflores foron protagonistas na escenificación da forza das mulleres
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e pola deputada provincial, Digna Rivas, asistiu este luns no Salón Peña de Cambados á novena intervención artística do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero", unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.
No preludio da actuación da artista Elisa Miravalles, a presidenta Carmela Silva, lanzou unha mensaxe ao alumnado do Colexio Salesianos resaltando que "a educación é o único instrumento que nos vai permitir poñer en marcha un proxecto de sociedade onde a ninguén se lle vai impedir avanzar e así crear unha sociedade na que todas e todos sexamos iguais, en definitiva, unha sociedade mellor". Silva tamén recolleu datos que falan por si mesmos da lacra das violencias machistas e contou que "no ano 2016 houbo máis de 5.800 denuncias sobre malos tratos e en 2017 máis de 6.400, incrementou nun 13,3%". Así, sinalou que "cada ano aumentan as mulleres que dan o paso de denunciar pero desgraciadamente  tamén medran os asasinatos. No 2017 houbo 55 asasinatos machistas, máis que no 2016, e isto é algo que non podemos consentir".
Pola súa banda, Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, agradeceu á Deputación "a creación deste programa e o traballo que fai o goberno de Carmela Silva a favor da igualdade, as mulleres somos máis da metade da poboación e temos que ocupar o espazo que lle corresponde."
A protagonista da acción foi Elisa Miravalles, que actuou en Cambados coa súa performance "Extrema presenza". A artista deu protagonismo a ducias de coliflores coas que interactuou e coas que representou unha silueta e escribiu a verba "amor". A acción, que non deixou indiferente ao alumnado que asistiu ao acto, representaba segundo a propia artista "a fortaleza das mulleres en contraposición da idea de muller débil que aparece continuamente nos medios"
"Mulleres en Acción. Violencia Zero" reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta terceira edición comezou en novembro de 2017 e novamente se celebra este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).




"MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" CHEGA A CAMBADOS COA PERFORMANCE DE ELISA MIRAVALLES








O programa da Deputación "Mulleres en acción. Violencia zero" chega a Cambados coa performance de Elisa Miravalles

A presidenta Carmela Silva e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, asistirán á acción artística Extrema presenza xunto ao alumnado de centros escolares da localidade
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, a artista Elisa Miravalles, e pola deputada provincial, Digna Rivas, asistirá este luns 12 de marzo ás 12 horas, na praza do Concello, (en caso de mal tempo trasladarase ao Salón Peña), á novena intervención artística do programa "Mulleres en acción. Violencia zero", unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas así como dar a coñecer o traballo de novas artistas contemporáneas que están a traballar a prol da igualdade.
A protagonista da acción artística será Elisa Miravalles, artista visual e de performance, licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, cun mestrado en Investigación, Arte e Creación realizado na mesma entidade. A obra que representará en Cambados titúlase Extrema presenza. A actuación, á que ten confirmada a súa asistencia o alumnado do Colexio Salesianos, estará aberta ao público xeral.
Todas as performances de Elisa Miravalles son irrepetibles e en cada unha delas existe un gran contido de improvisación. Debido a que estas dependen do estado "do ser" no que se atope nos días anteriores á acción, nunca pode asegurar con exactitude como se levará a cabo a representación. En Extrema presenza utilizará a forza e a presenza do seu corpo como fío condutor entre os materiais escollidos, o tempo e o espazo presentes, creando una acción dotada dunha grande intensidade estética, sonora, física e emocional que non deixará o público indiferente.
"Mulleres en acción. Violencia zero" reúne o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta terceira edición comezou en novembro de 2017 e novamente terá lugar este ano en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade, Mos, A Lama, Forcarei, As Neves, Lalín, Cambados, Ponteareas, Barro, A Cañiza, Valga, Silleda, Catoira, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Bueu, Moaña, O Porriño, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Mondariz e O Rosal).


10 de marzo de 2018

ÚLTIMOS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER











O domingo día 11 de marzo.- GALA DAS MULLERES, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña ás 18:00 h.
O Concello de Cambados homenaxeará a vinte viticultoras, de idades ben diferentes. O recinto estará decorado con camelias.
Luns 12 de marzo. –  "Mulleres en acción. Violencia Zero" 2017-2018 é un acto que ven da man da Deputación de Pontevedra de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta praga presente na sociedade. Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea qe se levarán a cabo ata novembro de 2018 en 25 concellos da provincia.
Información 
Hora: 12:00 h
Lugar: Praza do Concello. En caso de chuvia, será no Salón Peña

Acción: a cargo de Elisa Miravelles



- 19:00 horas CHARLA SOBRE AXUDA ÁS MULLERES EMPRENDEDORAS no edificio Exposalnés, onde se informará ás novas emprendedoras e as que xa son emprendedoras das axudas a autónomas, tarifa plana etc..
O mércores dia 14 de marzo. – XORNADA DE MINDFULNESS “Mulleres rompendo barreiras”, no edificio de Exposalnés ás 18:00 h.



8 de marzo de 2018

GALA DAS MULLERES O 11 DE MARZO NO SALÓN DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS JOSE PEÑA




Haberá agasallos para as mulleres viticultoras e para a máis lonxeva  e máis cativa do concello 
Desde a alcaldía gustarianos a máxima difusión para as diversas actividades polo Día Internacional das Mulleres entre o que cabe destacar a Gala da Muller que se celebrará o día 11 de marzo as 18:00h no Salón de Congresos e Exposicións Jose Peña.
O acto será presentado pola escritora e cantante Carmen Pením que acaba de publicar un dos seus últimos libros “Herdeiras”, tamén contarase coa presenza de Beatriz Piñeiro da Asociación da Igualdade de Pontevedra. Na gala premiarase a traxectoria das mulleres viticultoras pertencentes a Unións Agrarias que están xubiladas e ás mozas.
Do mesmo xeito  haberá un premio para a muller máis lonxeva de Cambados que ten 100 anos e outro premio para a última empadroada no concello. Todos estes premios estarán acompañados de unha proxección audiovisual.
E como acompañamento musical contarase coa Asociación Xironsa e Pandereteiras Maiores.
No salón Jose Peña permanece parte da II Mostra Internacional da Camelia. E como a camelia representa a igualdade da muller, no mesmo día da Gala da Muller faranse entrega de uns agasallos as premiadas coa  Camelia de Ouro e a Camelía Artística.
Fátima Abal  quere agradecer a Asociación Ibérica da Camelia a colaboración obtida coa decoración de este evento e recorda que  esta actividade é totalmente gratuita e anima a todas e a todos a participar da xornada.




7 de marzo de 2018

ACTIVIDADES PARA O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES







Mañán xoves  8 de marzo levaranse a cabo varios actos no día central da semana da MULLER.


– LECTURA DO MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, ás 12 horas na Praza do Concello se o tempo o permite, si non trasladarase o acto ao Salón de Plenos, ao mesmo tempo Fátima Abal anima a apoiar o parón que se levará a cabo desde as 12:00 h. ata as 14:00 h. 

- Pola tarde ás 19:00 h. terá lugar unha MASTER CLASS COMMUNITY MANAGER para emprendedoras, no edificio de Exposalnés, para explicar trucos para ser máis visible á hora de ser emprendedoras e captar así máis clientes.

- CHARLA-CONCERTO NO AUDITORIO DA XUVENTUDE ás 19h no auditorio municipal da Xuventude. A directora da escola de Música da Illa de Arousa Ana Belén Nieto ofrece una conferencia-concerto titulada “Eu, o trombón!”.






5 de marzo de 2018

ESTE XOVES CHARLA-CONCERTO NO AUDITORIO DA XUVENTUDE








Este xoves 8 de marzo, ás 19h no auditorio municipal da Xuventude, con motivo do Día Internacional da Muller, a directora da escola de Música da Illa de Arousa Ana Belén Nieto ofrece una conferencia-concerto titulada “Eu, o trombón!”

Formación

Comezou os seus estudios musicais coa guitarra á idade de 7 anos na Escola Municipal de música Bernardo del Río en Vilagarcía de Arousa. Con 14 anos empeza a estudar trombón da man de Jesús Nogueira Franco e realiza o Grao Profesional nos Conservatorios de Vilagarcía, Santiago e Ourense, combinándoo cos estudios de Licenciatura en Publicidad e Relacions Públicas que termina no 2011. No ano 2012 obtén o Grao Profesional de Trombón con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Grado. Ese mesmo ano accede ó Conservatorio Superior de Música de Vigo no que actualmente cursa 4º de Interpretación na especialidade de Trombón. No ano 2016 obtén a titulación de Máster universitario en Profesorado.

Realizou diversos cursos de perfeccionamiento técnico e instrumental con trombonistas moi prestixiosos como Antonio Caneda, Santiago Blanco, David Rejano, Carlos Gil, Indalecio Bonet, Alberto e Unai Urretxo, Douglas Wright, Vicent Lepape entre outros.

Experiencia docente
É profesora de Trombón, Música e Movemento e Linguaxe Musical nas escuelas de Música de Vilanova de Arousa e Illa de Arousa. Desde 2016, profesora de trombón na Escola de música de Vilaboa.

Outros

Actualmente é membro da Banda de Música de Vilagarcía de Arousa e colabora asiduamente con outras bandas da comunidade así como coa Orquesta Casablanca, Orquesta Clásica de Vigo e Orquesta Sinfónica 430.







ACTIVIDADES PARA HOXE E MÉRCORES DENTRO DA SEMANA DA MULLER










Hoxe luns dia 5 de marzo dentro dos actos da Semana da Muller en Cambados haberá unha XORNADA DE PROXECCIÓN: “ GRAZAS A ELA, EU PODO” no auditorio da Xuventude ás 19:00 h. 
O acto constará de varias proxeccións facendo referencia a todas esas mulleres que ao longo da historia deron o primeiro paso para acceder á educación secundaria, ou a poder exercer o seu dereito ao voto que todo o mundo debería lembrar.

O mércores 7 – ALMORZO DE MULLERES EMPRENDEDORAS DO SALNES, este acto celebrarase en Plus De Sucre e é un acto no cal todas as mulleres que teñan intención de ser emprendedoras poderán gozar dunha xornada con mulleres que xa deron o paso e están a dirixir os seus negocios.






4 de marzo de 2018

PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES PARA O DÍA INTERNACIONAL DÁS MULLERES








Fátima Abal fixo fincapé en que non se pode resaltar soamente a igualdade das mulleres nun día concreto do ano, senón que ten que ser un traballo constante de recoñecemento os 365 días do ano.
No día de hoxe a alcaldesa Fátima Abal acompañada por Mónica Novas fixeron a presentación dos actos que se van a celebrar con motivo do Día Internacional Dás Mulleres, onde Fátima Abal quixo informar a todos e a todas de que este 8 marzo ademais dos actos que se van a celebrar o concello de Cambados fará un parón de 2 horas comprendidas entre as 12:00 h e as 14:00 horas, nese mesmo período de tempo farase a lectura dun manifesto e a proxección dalgún vídeo ademais de poñer por megafonía o himno que se escoitará na gran manifestación de hoxe domingo en Vigo pola loita dun salario igualitario para os homes e mulleres que realizan as mesmas funcións.
Os actos que terán lugar durante estes días son:
O luns 5 de marzo.- XORNADA DE PROXECCIÓN: “ GRAZAS A ELA, EU PODO” non auditorio dá xuventude as 19:00 h. O acto constará de varias proxeccións facendo referencia a todas esas mulleres que ao longo da historia deron o primeiro paso para acceder á educación secundaria, a poder exercer o seu dereito ao voto que todo o mundo debería lembrar.
O mércores 7 de marzo. – ALMORZO DE MULLERES EMPRENDEDORAS DO SALNES, este acto celebrarase en Plus De Sucre e é un acto no cal todas as mulleres que teñan intención de ser emprendedoras poderán gozar dunha xornada con mulleres que xa deron o paso e están a dirixir os seus negocios.
O xoves 8 de marzo. – LECTURA DO MANIFESTO DO DÍA INTERNACIONAL DÁS MULLERES, ás 12 horas na Praza do Concello se o tempo permíteo, senón trasladarase o acto ao Salón de Plenos, ao mesmo tempo Fátima Abal anima a apoiar o parón que se celebrará desde as 12:00 h. ata as 14:00 h. pola tarde ás 19:00 h. terá lugar unha MASTER CLASS COMMUNITY MANAGER para emprendedoras, no edificio de Exposalnes , para explicar trucos para ser máis visible á hora de ser emprendedoras e captar así máis clientes.
O domingo día 11 de marzo.- GALA DÁS MULLERES, no Salón de Congresos e Exposicións José Pena ás 18:00 h.
O luns 12 de marzo. – MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO, Este acto que vén da man da Deputación de Pontevedra consiste nunha performance da artista Elisa Miralles que se celebrará na Praza do Concello ás 12:00 h., se a climatoloxía é adversa este acto trasladarase a Salón de Congresos e Exposicións José Pena, pola tarde ás 19:00 horas CHARLA SOBRE AXUDA AS MULLERES EMPRENDEDORAS no edificio Exposalnes, onde se informará ás novas emprendedoras e as que xa son emprendedoras das axudas a autónomas, tarifa plana etc..
O mércores dia 14 de marzo. – XORNADA DE MINDFULNESS “Mulleres rompendo barreiras”, no edificio de Exposalnes ás 18:00 h.
Desde o concello lémbrase que todas estas actividades son totalmente gratuítas e a alcaldesa Fátima Abal anima a todas as mulleres que se animen e participen de todas estas xornadas as cales ano tras ano contan con mais asistentes.





24 de febreiro de 2018

CELEBRÁRONSE ONTE AS XORNADAS DE IGUALDADE SEN FRONTEIRAS










A Alcaldesa de Cambados , Fátima Abal , acudiu onte pola tarde ás xornadas de igualdade sen Fronteiras que, se celebraron no edificio de Exposalnés acompañada da coordinadora do acto Mónica Novas.
O acto presentouse desde o compromiso en prol de unha  sociedade  igualitaria entre homes e mulleres e  forma parte de unha serie de actividades promovidas polo Concello  de Cambados para o apoio ás vìtimas e a educación en igualdade, o mesmo que o curso de Defensa Persoal levado a cabo este ano cunha gran acollida entre as veciñas de Cambados.
No acto tiveron lugar  proxeccións que forman parte das charlas da fundación Ted´x ( Tecnoloxía, Entretemento e Diseño) , coa participación de Chimamanda Ngozi Adichie, escritora de novelas nixeriana, a actriz británica Enma Watson que tamén é embaixadora de boa vontade de ONU Mulleres e  dúas rapazas coreanas que relatan as diferencias no sistema educativo entre a Korea do Sur e a Korea do Norte, finalizando co testemuño de Mayfins Nocon, una rapaza de Filipinas afincada en Madrid.
As cinco mulleres abordaron a desigualdade de xénero dende as súas experiencias persoais, as dificultades e desvantaxes ás que se viron sometidas polo feito de ser mulleres, asumindo a súa postura como feministas e reivindicando a connotación positiva do termo “Feminismo” como a “ Ideoloxía que defende que as mulleres deben ter os mesmos dereitos que os homes”, representando así a mesma misión dende diferentes partes do mundo e facendo posible unha sociedade igualitaria onde mulleres e homes terían por fin as mesmas oportunidades.
A Alcaldesa  agradeceu a todos os participantes a súa asistencia, polo compromiso que supón unha implicación activa da sociedade na loita contra lacra da violencia de xénero e as desigualdades ,recordou tamén que este ano crece o investimento do Concello para con esta causa , o cal o ano pasado ascendeu a  case 9300 euros e que foi medrando desde 2014 no que o investimento foi nulo e no que  non existía un Plan de Igualdade.
A Rexidora subliñou que desde o Concello o traballo nesta materia e cousa de todo o ano e informou que o día 1 de marzo terá lugar un Pleno no que se celebrará unha moción apoiando o parón de dúas horas para defender a loita contra as desigualdades e a brecha salarial, que todavía en pleno siglo XXI segue acontecendo, ademais terá lugar unha rolda de prensa ás 12:00h  no que serán presentadas as actividades do 8 de Marzo.

O acto rematou coa entrega de diplomas do curso de Defensa Persoal no que a Alcaldesa agasallou os participantes cun “boli táctico” que os alumnas aprenderon a manexar previamente nas súas clases.

Fonte: Galisur






23 de febreiro de 2018

CHARLA-SEMINARIO SOBRE IGUALDADE EN EXPOSALNÉS










O acto terá lugar  hoxe venres no Edificio ExpoSalnés as 19H 

No seminario participarán a través de proxeccións e videoconferencia  mulleres de  Arxentina, Reino Unido, Nixeria , Korea e Filipinas

Esta tarde celebrarase en ExpoSalnés unha charla-seminario sobre a Igualdade.

Esta actividade pretende concienciar á nosa comunidade, non só da lacra da violencia física  e psicolóxica que desgraciadamente acontece a diario nos fogares galegos e españois, senón da existencia dunha serie de “prexuicios inconscientes” en materia de Igualdade de xénero,  que acontecen en todo o mundo e que todavía hai que erradicar para o ben de todos e do crecemento e evolución sociais.
Dende o seu papel de rexidora de Cambados e tamén como muller traballadora da Administración Pública, a Alcaldesa  subliñou, no acto de presentación da semana pasada, a obriga de facer todo o posible nesta materia na que dende o Concello de Cambados se traballa todo o ano, e non só o 8 de Marzo.
Esta labor fíxose  mediante a realización de diversas actividades e xornadas para o apoio e a educación en igualdade, como o curso de Defensa Personal que se levou a cabo este ano e que tivo moi boa aceptación entre as cambadesas.
A Alcaldesa destacou a importancia que ten educar dende as pequenas idades para a lloita contra as desigualdades, a gravidade de que cada vez existen máis casos de xóvenes que practican actitudes machistas e micromachistas e que ven estas actitudes como algo normal, en palabras da Rexente : “a situación é o suficientemente grave como pra darlle prioridade”.

Por iso dende o ano 2014 no que o investimento en esta materia foi nulo , e no que non existía sequera un Plan de Igualdade , viuse un incremento da implicación por parte do Concello ata este ano 2018, sendo en 2015,  886 euros investidos, en 2016 ó redor de 5100 euros e chegando ós case 9300 do ano 2017, un total de aproximadamente 54 mil euros investidos pola Mancomunidade do Salnés en esta materia, demostrando así con estos datos significativos que o Concello de Cambados está cambiando e que vai loitar cotra a lacra da Violencia de Xénero.
No acto levaranse a cabo diversas proxeccións e videoconferencias de 5 mulleres de Arxentina, Reino Unido , Nixeria, Korea e Filipinas, que nos relatarán as súas experiencias sobre os logros e os impedimentos , as súas vivencias personais , en materia de igualdade e desigualdade de xénero.  Aproveitando esta xornada de Igualdade sen Fronteiras farase tamen entrega dos dipomas do curso de “Defensa Personal” e o  agasallo dun “bolígrafo táctico” ós seus integrantes.
A cita terá lugar no Edificio de Exposalnés situado no Paseo da Calzada en Cambados hoxe venres 23 de febreiro  e a entrada será de balde para todos os que queiran asistir.




16 de febreiro de 2018

PRESENTADO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO AS XORNADAS DE IGUALDADE SEN FRONTEIRAS












O acto terá lugar  o venres  próximo día 23 de febreiro no Edificio Exposalnés as 19H 

No seminario participarán a través de proxeccións e videoconferencia  mulleres de  Arxentina, Reino Unido, Nixeria , Korea e Filipinas

A Alcaldesa de Cambados , Fátima Abal , presentou onte pola mañá  no salón de plenos do Concello acompañada de Mónica Novas, coordinadora do acto, a xornada de Igualdade sen Fronteiras.

Esta actividade pretende concienciar á nosa comunidade, non só da lacra da violencia física  e psicolóxica que desgraciadamente acontece a diario nos fogares galegos e españois, senón da existencia dunha serie de “prexuicios inconscientes” en materia de Igualdade de xénero,  que acontecen en todo o mundo e que todavía hai que erradicar para o ben de todos e do crecemento e evolución sociais.
Dende o seu papel de Rexente de Cambados e tamén como muller traballadora da Administración Pública, a Alcaldesa  subliñou a obriga de facer todo o posible nesta materia na que dende o Concello de Cambados se traballa todo o ano, e non só o 8 de Marzo.
Esta labor fíxose  mediante a realización de diversas actividades e xornadas para o apoio e a educación en igualdade, como o curso de Defensa Personal que se levou a cabo este ano e que tivo moi boa aceptación entre as cambadesas.
A Alcaldesa destacou a importancia que ten educar dende as pequenas idades para a lloita contra as desigualdades, a gravidade de que cada vez existen máis casos de xóvenes que practican actitudes machistas e micromachistas e que ven estas actitudes como algo normal, en palabras da Rexente : “a situación é o suficientemente grave como pra darlle prioridade”.

Por iso dende o ano 2014 no que o investimento en esta materia foi nulo , e no que non existía sequera un Plan de Igualdade , viuse un incremento da implicación por parte do Concello ata este ano 2018, sendo en 2015,  886 euros investidos, en 2016 ó redor de 5100 euros e chegando ós case 9300 do ano 2017, un total de aproximadamente 54 mil euros investidos pola Mancomunidade do Salnés en esta materia, demostrando así con estos datos significativos que o Concello de Cambados está cambiando e que vai loitar cotra a lacra da Violencia de Xénero.
No acto levaranse a cabo diversas proxeccións e videoconferencias de 5 mulleres de Arxentina, Reino Unido , Nixeria, Korea e Filipinas, que nos relatarán as súas experiencias sobre os logros e os impedimentos , as súas vivencias personais , en materia de igualdade e desigualdade de xénero.  Aproveitando esta xornada de Igualdade sen Fronteiras farase tamen entrega dos dipomas do curso de “Defensa Personal” e o  agasallo dun “bolígrafo táctico” ós seus integrantes.
A cita terá lugar no Edificio de Exposalnés situado no Paseo da Calzada en Cambados o venres próximo 23 de febreiro  e a entrada será de balde para todos os que queiran asistir.





4 de xaneiro de 2018

CURSO DE DEFENSA PERSOAL EN CAMBADOS










O Concello de Cambados dende a concellaría de Igualdade organiza a partir do 22 de xaneiro e ata o 6 de febreiro un curso de defensa persoal.
O curso terá unha duración de 12 horas que se repartirán en sesións de 2 horas con horario de tarde e estará dirixido por un policía especializado en defensa persoal que amosará de maneira práctica como con movementos de evasión, ataques e obxectos de uso diario (como por exemplo un bolígrafo, paraugas ou outro tipo de obxectos que se adoitan portar na rúa) unha muller pode defenderse nunha situación de perigo ante o seu agresor.
O curso estará dirixido a mulleres en xeral que desexen aprender estas técnicas. Xa está aberto o prazo de inscrición gratuíta con prazas limitadas. A inscrición debe dirixirse á concellaría de igualdade, a través do teléfono 986 520 902 / 43 / 51 ou ao email alcaldia@cambados.es





6 de decembro de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS E O CAMPO DE GOLF DE MEIS ORGANIZAN A XORNADA “GOLF FEMININO PLURAL”





Foto da nova




O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración iniciada este ano coa organización da I Semana de Ouro do Albariño, que foi un éxito en canto a organización e participación.
Nesta ocasión ambas entidades organizan unha xornada chamada “GOLF FEMININO PLURAL”. Trátase dunha actividade gratuíta que se desenvolverá no campo de golf de Meis o vindeiro domingo 10 de decembro cun programa para 55 mulleres que participarán na mesma.
Con estas actividades o Concello de Cambados pretende aproveitar o gran recurso que é o campo de golf para beneficio da súa poboación e do turismo que acode á zona, baixo o lema “Cambados tamén ten campo de golf”

O programa da xornada, que se desenvolverá o domingo 10 de decembro, será o seguinte:
11:00 Saída do autobús dende o aparcamento da igrexa de Castrelo e a estación de autobuses de Cambados
11:15 Almorzo e mesa redonda sobre “o golf como xestor de emocións”
11:45 Bautizo de golf na cancha de prácticas
12:15 Concurso de pateo en putting Green
12:45 Despedida e reparto de información
13:00 Saída en autobús de regreso a Cambados

A xornada está aberta a todas as asociación de mulleres e mulleres en xeral que queiran participar, as cales se deberán inscribir no Concello de Cambados. Participan na xornada a asociación de mulleres rurais de Castrelo “as Saíñas” e a asociación “ESMAR”.





21 de novembro de 2017

CAMPAÑA “STOP DENDE O PRIMEIRO SINAL”, CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO










O Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés programa unha serie de actividades durante os meses de novembro e decembro, para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero, o 25 de novembro.
Estas actividades inclúen a lectura dun manifesto o vindeiro venres 24, ás 12:00 diante do Concello, á cal convidamos a toda a veciñanza.
Estas serán as actividades programadas:
NOVEMBRO:
-Programa de prevención nos IES: curtas e monólogos contra a violencia de xénero na aula
-Contos para tod@s: sesión dirixidas a centros de educación infantil contra os estereotipos de xénero a través dos contos
-Lectura do manifesto mancomunado contra a violencia de xénero: venres 24 de novembro ás 12:00h nos edificios consistoriais de Cambados, Meis e Ribadumia
DECEMBRO:
-Programa de prevención nos IES: curtas e monólogos contra a violencia de xénero na aula
-Contos para tod@s: sesión dirixidas a centros de educación infantil contra os estereotipos de xénero a través dos contos
-VI Simposio Móstrate Salnés: Simposio que motiva e mostra a outras mulleres as experiencias de emprendemento a nivel comarcal, autonómico, nacional e internacional (Ribadumia)
-II Fast Dates Mulleres do Salnés: Reunións rápidas entre mulleres do Salnés en activo ou inactivo para a busca de traballo ou colaboracións femininas en materia de emprendemento (Meis)
-A unión da o poder: o asociacionismo e a muller: Reunión de asociación con nome feminino a nivel comarcal, internacional e nacional para amosar os beneficios do asociacionismo entre mulleres (Cambados)







17 de novembro de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS SÚMASE Á CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”












O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en andamento a campaña de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.
A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización En negro, contra as violencias, formaron parte da acción: A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas. Este ano xa somos máis de cincuenta os concellos que queremos situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.
Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos tan diversos, e de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.







7 de novembro de 2017

CARMELA SILVA PRESENTA "MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" QUE PASARÁ POR CAMBADOS EN MARZO












Durante o evento tivo lugar a performance "Non", de María Marticorena, que transformou o hall do Pazo Provincial nun berro de denuncia contra as violencias que sofren as mulleres

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, de deputadas e deputados provinciais e de alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia, presentou a nova programación de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2017-2018" que arrancará o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas. No acto de presentación da terceira edición do programa tivo lugar tamén a última performance de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2016-2018" a cargo de María Marticorena.

O programa "Mulleres en acción. Violencia Zero" naceu en novembro de 2015 a través dunha acción simultánea en 10 concellos da provincia de Pontevedra. O principal obxectivo do programa, tal e como informou Silva, é fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica e reflexiva sobre a violencia machista ao tempo que se promove e da visibilidade a artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista. Ao respecto, Silva destacou que "no mundo da cultura hai milleiros de mulleres traballando e, sen embargo, é un dos eidos onde máis invisibilidade feminina existe. Por isto, a través deste proxecto, queremos empoderar ás mulleres e dar a coñecer todo o talento feminino que temos, un talento posto ao servizo da loita contra as violencias machistas".

O goberno de Carmela Silva, tralo éxito da primeira edición, decidiu impulsar un renovado "Mulleres en acción. Violencia Zero" no que se puxeron en marcha 25 accións ao longo do ano en 25 concellos da provincia:"25 accións en homenaxe ao 25 de novembro, Día Internacional contra as Vilencias Machistas", tal e como asegurou esta mañá Silva. Nesta segunda edición do programa, amais, incrementáronse as disciplinas artísticas engadindo, á performance, danza, teatro, música, poesía e graffiti disciplinas que se repetirán na terceira edición do "Mulleres en acción. Violencia Zero".

Carmela Silva asegurou que "queremos dar un paso máis reivindicando a igualdade de xénero e poñendo o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e por iso preparamos, desde este mes ata o mesmo mes do 2018, 25 novas accións que se realizarán nos concellos de Pontevedra e Vigo (novembro 2017); Mos e Cerdedo-Cotobade (decembro 2017); A Lama e Forcarei (xaneiro de 2018); As Neves e Lalín (febreiro 2018); Cambados e Ponteareas (marzo 2018); Barro e A Cañiza (abril 2018); Valga e Silleda (maio 2018); Catoira e Gondomar (xuño 2018); A Guarda e A Illa de Arousa (xullo 2018); Bueu e Moaña (agosto 2018); O Porriño e Ribadumia (setembro 2018); Vilagarcía de Arousa e Mondariz (Outubro 2018) e O Rosal (novembro 2018). A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que "a estes 25 concellos levaremos 25 accións culturais cargadas de compromiso, de mensaxe, de denuncia, de conviccións, de principios, de valores, de loita pola igualdade e denuncia das violencias".

Estas accións, amais da performance, incluirán poesía, música, graffiti, danza contemporánea e acción escénica co obxectivo, tal e como informou Silva, de "berrar, alto e forte, con rabia, para levar á conciencia da sociedade todo o que padecen as mulleres". Ao respecto, a presidenta da Deputación asegurou que "este ano van 49 mulleres asasinadas, 7 máis que no 2016 nestas mesmas datas, apuñaladas, queimadas, tiradas pola ventá, con centos de golpes e deixando orfos e orfas… e non podemos consentir que isto sega a suceder porque cando unha muller é asasinada, a sociedade é golpeada duramente". Con "Mulleres en acción. Violencia Zero" pretendemos denunciar e que non haxa silencio ante esta lacra social porque unha sociedade non pode ser democrática, nin xusta, se o 52% da poboación sofre violencia polo mero feito de ser mulleres".


A terceira edición do programa, tal e como informou Silva, comezará o 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, con performances en Pontevedra, a cargo de Ana Matey ás 11.00 na Praza da Peregrina, e Vigo, a cargo de Verónica Ruth Frías ás 19.30 no exterior do Museo Marco.

Durante o transcurso da presentación de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2017-2018" tivo lugar a última representación da edición anterior, a cargo de María Marticorena e a súa performance "Non", que xirou ao redor da figura dunha lavandeira como símbolo de forza, robustez e da coraxe feminina. Unha peza que, como dixo a presidenta da Deputación, pon o acento na "necesidade de lavar os trapos sucios en público e que todo o mundo saiba da violencia que sofren as mulleres".

Carmela Silva pechou o acto de presentación do programa cunha mensaxe de optimismo, "porque o optimismo é o único que nos permite cambiar o mundo e, estou segura, imos rematar contra as violencias machistas porque non hai nada máis xusto que a loita contra as desigualdades e a violencia, e esa loita ímola gañar".