
Joshua como responsable do proxecto decide que: A recadación da presente edición irá destinada ao Fondo de Bolsas Soledad Cazorla de Fundación Mujeres. A recadación axuda aos nenos e nenas orfos pola violencia machista a través do Fondo de Bolsas Soledad Cazorla Prieto, de Fundación Mujeres. Un proxecto pola memoria de Sesé Mateo García, nai, amiga e compañeira. Un proxecto contra a violencia machista. Un proxecto pola igualdade de xénero, polos orfos da violencia machista Sesé Mateo foi asasinada nun acto de violencia machista en 2017, "a nosa nai, amiga e compañeira sufriu o peor final que lle podería dar esta sociedade violenta". O 20 de febreiro de 2019 no aniversario do seu asasinato a familia Mateo publicamos coa axuda dun grupo de mulleres increibles o libro “No camiño do vento” NO CAMIÑO DO VENTO O libro véndese en concepto de doazón por 10€ que son ingresados integramente ao numero de conta que habilita Fundación Mujeres. A recadación axudase aos nenos e nenas orfos pola violencia machista a través do Fondo de Bolsas Soledad Cazorla Prieto, de Fundación Mujeres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.