Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SMARTPEME. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SMARTPEME. Mostrar todas las entradas

3 de marzo de 2020

CATRO OBRADOIROS SMARTPEME EN MARZO EN CAMBADOS

A Deputación de Pontevedra programou para o mes de marzo catro novas accións formativas do programa "Smartpeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Deste xeito, os cursos impartiranse dende o 5 ata o 26 de marzo e serán os seguintes: 
"Aprende a usar correctamente Facebook para empresas", que terá lugar este xoves 5 de marzo de 19:00 a 21:00 horas. 

"Como vender os teus produtos nun Marketplace", que se realizará o xoves 12 de marzo de 19:00 a 21:00 horas no Centro Comercial Arousa. 

"Empresas de actividades turísticas e plataformas de comercialización en liña", que se impartirá o martes 17 de marzo de 17:00 a 19:00 horas. 

"Copywriting aplicado a web e redes sociais", que terá lugar o xoves 26 de marzo de 19:00 a 21:00 horas.

"SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada s/n, Cambados), excepto "Como vender os teus produtos nun Marketplace" que será no Centro Comercial Arousa. As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer a través da app, no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.


6 de febrero de 2020

CINCO OBRADOIROS SMARTPEME EN CAMBADOS EN FEBREIRO


Cambados acolle en febreiro cinco novas accións formativas do programa "Smartpeme"

Están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades 05 febreiro 2020
A Deputación de Pontevedra programou para o mes de febreiro cinco novas accións formativas do programa "Smartpeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Deste xeito, os cursos impartiranse dende o 6 ata o 25 de febreiro e serán os seguintes: "Fotografía e vídeo para espazos interiores", que terá lugar este xoves 6 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas, "Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos", que se realizará o martes 11 de febreiro de 17:00 a 19:00 horas, "O teu plan de marketing dixital paso a paso", que se impartirá o xoves 13 de febreiro de 18:00 a 21:00 horas, "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing", que será o xoves 20 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas, e "Crea unha campaña de email marketing con Benchmarkemail (Práctica)", que terá lugar o martes 25 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas.

Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada s/n, Cambados). As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal


17 de enero de 2020

DUAS NOVAS ACTIVIDADES SMARTPEME A VINDEIRA SEMANA EN EXPOSALNÉS


A vindeira semana continúan as actividades Smartpeme en ExpoSalnés. 

A primeira delas será o martes 21 de xaneiro coa charla, TripAdvisor. A plataforma perfecta para a túa empresa turística.

Tripadvisor converteuse en apenas 20 anos nunha das maiores plataformas de viaxes do mundo con innumerables artículos, opinións, fotografías e vídeos inspiradores. Neste portal online os viaxeiros poeden ter información de valor para planificar mellor as súas viaxes e atopar fácilmente o seu voo, hotel, experiencia ou restaurante, comparar prezos e facer reservas. 
Coa súa última actualización Tripadvisor volveuse unha ferramenta máis personalizada e social coa que poder colaborar con outros, crear listas e seguir a familiares e amigos. 
Os viaxieros comparten e acceden a centos de millóns de opinións e contido relacionado con viaxes e as valoracións e a reputación das empresas turísticas son un elemento estratéxico que repercute no volume de vendas.

Contidos:

¿Qué é TripAdvisor?
¿Para qué serve?
¿Cómo funciona o seu ranking?
¿Cómo dar de alta a túa empresa?
Boas prácticas para incrementar as reseñas

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

E para o xoves 23 está programada  a actividade: Como utilizar Instagram para promover a túa empresa.

De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos.

Índice de contidos

• Introdución a Instagram
• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• O perfil de empresa en Instagram
• Estratexia de contidos
• Marcas nas que inspirarte

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Para solicitar praza para os eventos, é necesario inscribirse.







10 de enero de 2020

NOVA ACTIVIDADE SAMARTPEME EN EXPOSALNÉS


O vindeiro martes 14 de xaneiro continúan as actividades Smartpeme en ExpoSalnés e faráo coa charla, Deseña con Canva. 

Índice de contidos

1. Crea o teu logotipo.
2. Deseña a papelería da marca.
3. Deseños para Redes Sociais.
4. Deseños para a páxina web.
5. Prácticas con Canva.


O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse.

8 de enero de 2020

ARRANCAN AS ACTIVIDADES SMARTPEME DE XANEIRO EN CAMBADOS


Mañán xoves 9 de xaneiro arrancan as actividades Smartpeme en ExpoSalnés  tralo parón polas festas de Nadal e faráo coa charla,  Así funciona Whatsapp Business.
Darase a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a Whatsapp
• Whatsapp vs. Whatsapp Business
• Novas funcionalidades
• Whatsapp Márketing

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse



3 de enero de 2020

EXPOSALNÉS ACOLLE EN XANEIRO SETE NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"


O Salnés acolle en xaneiro sete novas accións formativas do programa "SmartPeme"

Están dirixidas á adaptación das empresas e os proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades.
A Deputación de Pontevedra programa sete novas accións formativas do programa "SmartPeme" en Cambados para este mes de xaneiro. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e os proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Os cursos que se impartirán son os seguintes: 
Así Funciona Whatsapp Business, o xoves 9 de xaneiro, de 19 a 21 horas; Deseña con Canva, programado para o martes 14 de xaneiro, tamén entre as 19 e as 21 horas; o xoves 16, á mesma hora, será a quenda de Facebook Ads; Tripadvisor. A Plataforma Perfecta para a túa Empresa Turística chega o martes 21 de xaneiro, entre as 17 e as 19 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa será o xoves 23, de 19 a 21 horas; Crea unha Páxina Profesional con WordPress impartirase o martes 28 de xaneiro, entre as 18 e as 21 horas; e, finalmente, LinkedIn: a túa Rede de Networking terá lugar o xoves 30 de xaneiro, de 19 a 21 horas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro Exposalnés de Cambados. As inscricións nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
"SmartPeme" ofrécelles ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións empresariais de mozas e mozos autónomos.

3 de diciembre de 2019

CAMBADOS ACOLLE EN DECEMBRO CINCO NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"


Smartpeme
A Deputación de Pontevedra programou para este mes de decembro cinco novas accións formativas do programa "Smartpeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Os cursos que se impartirán ata o 19 de decembro son os seguintes:
"Motores de reservas para empresas turísticas", este martes 3 de decembro de 17.00 a 19.00 horas;
"Fotografía de produto: todo o que debes saber", programado para o martes 10 de decembro entre as 19 e as 21 horas; "Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais", o xoves 12 de novembro de 19 a 21 horas;
"Como promocionar o teu propio evento en redes sociais", que será o martes 17 de decembro entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, "Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos", que terá lugar o xoves 19 de decembro de 19 a 21 horas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro Exposalnés de Cambados. As inscricións nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
"SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.


4 de noviembre de 2019

CAMBADOS ACOLLE EN NOVEMBRO SETE NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"


Están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de novembro sete novas accións formativas do programa "SmartPeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
Deste xeito, os cursos impartiranse desde o día 5 ata o 26 de novembro e serán os seguintes: 
Como Facturar Electrónicamente para as Empresas e Administracións Públicas, que terá lugar o martes 5 de novembro de 19:00 a 21:0 horas. 
Aprende a Elixir as Palabras Clave para a túa Estratexia SEO e SEM, que será o xoves 7 de novembro de 19:00 a 21:00 horas. 
Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita como un Profesional, que se realizará o martes 12 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas. 
Crea un Plan de Márketing para a Campaña de Nadal, que se impartirá o xoves 14 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas. 
Inbound Márketing, cuxo horario será de 19:00 a 21:00 horas o martes 19 de novembro, Ferramentas de Márketing Dixital para Empresas Turísticas, que terá lugar o xoves 21 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas. 
Optimiza a túa Páxina de Facebook, que será o martes 26 de novembro, de 18:00 a 21:00 horas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, Cambados), a excepción do obradoiro Crea un plan de Márketing para a Campaña de Nadal que se realizará na sala de xuntas do Centro Comercial Arousa. As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina  web www.smartpeme.depo.gal. Ademais, o programa formativo SmartPeme estrea Twitter (@smartpeme) e Facebook (SmartPeme).


30 de septiembre de 2019

CAMBADOS ACOLLERÁ EN OUTUBRO SETE NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"

Smartpeme

Están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de outubro sete novas accións formativas do programa "SmartPeme" en Cambados. Estas sesións, que comezan este martes, están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos.
Así, os cursos que se impartirán desde o 1 de outubro ata o 29 serán os seguintes: Mellora o teu Posicionamento Web con Google Search Console, que terá lugar o martes 1 de outubro, de 19.00 a 21.00 horas; Social Media Listening: O Que se di de ti en Internet, programado para o martes 8 de outubro, entre as 19 e as 21 horas; Apps de Edición: Sácalle Partido ó teu Instagram, o xoves 10 de outubro, de 18 a 21 horas; Xestión e Comercialización de Vivendas e Apartamentos Turísticos, que será o martes 15 de outubro, entre as 17 e as 19 horas; Deseña Sinxelamente Imaxes Abraiantes e Profesionais, que será na sala de xuntas do Centro Comercial Arousa, o xoves 17 de outubro, de 19 a 21 horas; Guía de Boas Prácticas para Redes Sociais, o xoves 24 de outubro, desde as 19 ata as 21 horas; e, finalmente, Aprende a Usar Correctamente Facebook para Empresas, que terá lugar o martes 29 de outubro, de 19 a 21 horas.

Estes obradoiros impartiranse no Centro Exposalnés de Cambados (paseo da Calzada, s/n), a excepción de Deseña Sinxelamente Imaxes Abraiantes e Profesionais, que terá lugar na sala de xuntas do Centro Comercial Arousa. As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.



31 de agosto de 2019

TRALO PARÓN DO VERÁN VOLVE SMARTPEME


Tralo parón do verán, a provincia de Pontevedra acollerá durante todo o mes de setembro, os obradoiros do programa "SmartPeme" que se desenvolverán nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo cunha programación de actividades de diversa índole. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e de mozos e mozas autónomas.

En Cambados e para todo o Salnés, se realizarán 6 obradoiros no Centro ExpoSalnés. 


O teu plan de márketing dixital paso a paso
Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing
Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics
Copywriting para a promoción de tours, experiencias e actividades
Experiencias SmartPeme: A Quinta de San Amaro
Vende os teus produtos en Facebook e Instragram

Lembramos que o novo proxecto SmartPeme é un modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.  Para isto, nas oficinas de SmartPeme se porán en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.




8 de julio de 2019

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFRECE NO MES DE XULLO EN CAMBADOS CATRO ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA SMARTPEME


Smartpeme Salnés

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia. 

Cambados acolle neste mes de xullo catro novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, o programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
A primeira cita terá lugar este próximo martes, 9 de xullo, ás 17:00 horas, coa acción Motores de Reservas para Empresas Turísticas. O martes 16 levarase a cabo o obradoiro Fotografía Gastronómica co Teléfono Móbil, ás 19:00 horas. A terceira acción, Crea a túa Tenda en Liña con Prestashop impartirase o martes, 23 de xullo, ás 18:00 horas. E, por último, Xestiona o teu Negocio desde o Móbil impartirase o martes 30 de xuño, ás 19:00 horas. A oficina SmartPeme de Cambados atópase no Centro ExpoSalnés, no paseo da Calzada s/n, e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.


2 de mayo de 2019

SMARTPEME TRAE 7 OBRADOIROS A CAMBADOS

Cambados acolle en maio sete novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro de "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia


O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante este mes de maio sete novos obradoiros ao abeiro de "SmartPeme", o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. O punto do Centro ExpoSalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.

O primeiro dos obradoiros será "Inbound Marketing", que se desenvolverá este xoves día 2 a partir das 19:00h. O martes 7 de maio, ás 17:00 horas, celebrarase "Facebook para promocionar o teu negocio turístico". O seguinte será o xoves desa mesma semana, cando a partir das 19:00 horas terá lugar o curso "Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos". O cuarto curso será "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing", que terá lugar martes 14, tamén ás 19.00h. O martes 21, esta vez ás 18.00 horas, Cambados acollerá "Todo o que precisas para saber sobre Google apps for Business". O obradoiro "Fotografía para turismo: As liñas no espazo" chega o martes 28 ás 19:00h. Por último, o xoves desa mesma semana á mesma hora terá lugar o curso "Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping".

A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.


8 de enero de 2019

CAMBADOS ACOLLERÁ ESTE MES DE XANEIRO SETE NOVOS OBRADOIROS "SMARTPEME"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante este mes de xaneiro sete novos obradoiros ao abeiro de "SmartPeme", o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos. O punto do Centro ExpoSalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.
O primeiro dos obradoiros deste ano será "Xestiona o teu negocio dende o móbil", que desenvolverase o xoves día 10, a partir das 19 horas. O seguinte será o martes 15 de xaneiro, cando a partir das 19 horas terá lugar o curso "Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet".
O terceiro curso do ano será "Chatbots: A automatización da atención ao cliente", que terá lugar o xoves 17 de xaneiro, ás 18 horas. A seguinte semana, Cambados acollerá "O márketing móbil e a súa importancia no sector turístico", o martes 22 de xaneiro, ás 17 horas, e "Social Media Listening: o que se di do teu negocio en Internet", o xoves 24 ás 19 horas.
Por último, o martes 29 de xaneiro, ás 17 horas, terá lugar o obradoiro "Google Calendar, moito máis que unha axenda" e o xoves 31 de xaneiro, ás 19 horas, "Márketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva".
A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no enderezo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.


7 de diciembre de 2018

EXPOSALNÉS ACOLLE 4 OBRADOIROS SMARTPEME EN DECEMBRO

SmartPeme en Cambados
O Salnés acolle en decembro catro novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro de "SmartPeme"
O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia.

O Centro Exposalnés de Cambados acollerá durante este mes de decembro catro novos obradoiros ao abeiro de "SmartPeme", o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. O punto do Centro Exposalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.

Tras o primeiro obradoiro deste martes "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais", o seguinte está previsto para o 11 de decembro, ás 19 horas, titulado "Rentabiliza o teu perfil profesional en Facebook". Dous dias despois, o xoves 13 de decembro, ás 19 horas, terá lugar o curso "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest". Por último, o martes 18 de decembro, ás 19 horas, impartirase o módulo "Bokeh, domina a técnica do desenfoque selectivo". A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro Exposalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.



6 de noviembre de 2018

CAMBADOS ACOLLE ESTE MES DE NOVEMBRO 7 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"






As oficinas do programa "SmartPeme" da Deputación de Pontevedra na provincia acollen este mes de novembro 38 accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. As oficinas de Vigo, Ponteareas e Porriño acollerán en conxunto 21 cursos; o Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra outras sete; o Centro ExpoSalnés de Cambados tamén sete; e o viveiro de empresas Lalín 2000 tres máis.
Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
CAMBADOS
As quendas para o mes de novembro son as seguintes: "Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades". O xoves 8, ás 19 horas, "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing". Por outra banda, "Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero" terá lugar o martes 13, ás 18 horas. O martes 20 de novembro, ás 19 horas, levarase a cabo "Fotografía gastronómica: trucos para conseguir unhas fotografías deliciosas". Esa mesma semana, o xoves 22 á mesma hora, será a quenda de "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas". A semana seguinte, o martes 27 ás 17 horas, chega "Estratexias de marketing para a túa empresa turística". Por último, "Aprende a usar correctamente Facebook para empresas" chegará o xoves 29, ás 19:00 horas. 
A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.

4 de junio de 2018

CAMBADOS ACOLLE EN XUÑO SETE NOVOS OBRADOIROS "SMARTPEME"




O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante todo o mes de xuño sete novos obradoiros ao abeiro de "SmartPeme", o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. O punto do Centro ExpoSalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.
As quendas para o mes de xuño son as seguintes: o martes 5 de xuño ás 19:00 horas, "Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite". O xoves 7 de xuño, tamén ás 19:00 horas, "Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl". O martes 12, á mesma hora, realizarase a acción "Parte Práctica da Lei de Protección de Datos 2018, RGPD Europeo", a cal contará cunha retransmisión en vivo. O xoves desa mesma semana, o día 14 á mesma hora, será a quenda de "Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva". O día 19 de xuño, martes, ás 19:00 horas chega "Google Calendar, moito máis que unha axenda". O xoves desa mesma semana, á mesma hora, é a quenda de "Crea o teu propio logotipo con Canva". Por último, "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing" chegará o martes 26 de xuño, á hora habitual, as 19:00 horas. A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
"SmartPeme" desenvolve este ano novas carteiras de servizos co obxectivo de continuar axudando ás empresas da provincia a ser máis competitivas na contorna económica actual. O programa abre tres novas grandes liñas: o "Centro Provincial de Economía Dixital" (CPED), no viveiro de empresas de Barro, "SmartPeme Impulsa" e "TurisTIC".
A través do Centro Provincial de Economía Dixital as empresas, persoas autónomas e emprendedoras da provincia poderán coñecer as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes da economía dixital. Para iso, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación ten instalado no viveiro de Barro, co obxectivo de posicionarse na vangarda da innovación ao servizo das empresas.
"SmartPeme Impulsa" abre novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos, e preparando ás empresas locais para competir nos mercados internacionais.
Finalmente "TurisTIC" erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar o sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital, cun enfoque específico para cada colectivo. Adicionalmente, esta liña de "SmartPeme" contará con algunhas iniciativas innovadoras como serán a creación dunha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico e a creación dun congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.



2 de mayo de 2018

7 NOVOS OBRADOIROS SMARTPEME EN CAMBADOS EN MAIO



Novos obradoiros do programa "SmartPeme" para axudar a modernizar a actividade económica da provincia

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia.
As oficinas do programa "SmartPeme" da Deputación de Pontevedra acollerán durante o mes de maio novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
As quendas para o mes de maio na oficina de Cambados son as seguintes: o mércores 2 de maio ás 19:00 horas, "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest". O luns 7 de maio, tamén ás 19:00 horas, "Edición de fotografía para plataformas e-commerce". O xoves 10, á mesma hora, "Prestashop I: Comeza a crear a túa propia tenda online", ao que lle seguirá a segunda parte, "Prestashop II: Xestión dunha tenda online", o luns 21 ás 19:00 horas. O xoves desa mesma semana, o día 24, será a quenda de "Seguridade informática: conceptos básicos", pero esta vez ás 17:00 horas, ao igual que "Márketing dixital: clave para competir nun mercado turístico global" o luns 28. Por último, "Crea un servizo privado de almacenamento na nube" chegará o xoves 31 de maio, nesta quenda á hora habitual, as 19:00 horas. A oficina "SmartPeme" de Cambados no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.
As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web   http://www.smartpeme.depo.gal.


2 de abril de 2018

OITO NOVOS CURSOS SMARTPEME EN ABRIL EN CAMBADOS


O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de abril oito obradoiros ao abeiro do programa "SmartPeme" da Deputación Provincial. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros, que se celebrarán a partir das 19.00 horas, agás dous, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es



O novo proxecto "SmartPeme" é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación.  Este proxecto desenvolverá novas carteiras de servizos. Así, ábrense tres novas grandes liñas como son o "Centro Provincial de Economía Dixital" (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPeme Impulsa e TurisTIC, que se irán facendo dispoñibles para as persoas autónomas e empresas nos vindeiros meses.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vanse dar a coñecer ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para elo, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro.
Doutra banda, SmartPeme Impulsa, abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos.
Finalmente TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar ao sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital. Adicionalmente, esta liña de "SmartPeme" contará con iniciativas innovadoras como unha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e un congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.


O SALNÉS (EXPOSALNÉS)
Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos  3/4
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos.
-  Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial  5/4 17:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos
Facebook marketing  9/4
Este obradoiro presentara unha introdución sobre a rede social facebook e as posibilidades que ofrece para os negocios e como medio publicitario.
Sesión informativa: Así funciona Whatsapp Business 12/4
Nesta sesión informativa darase a coñecer a ferramenta  Whatsapp  Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería  Whatsapp.
Graba e monta videos profesionales có teu Smartphone 16/4
Neste obradoiro veránse as peculiaridades técnicas e  compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou  tablet. 
- Linkedin: a túa rede de networking  18/4
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
- Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console  23/4
Google  Search  Console é unha ferramenta totalmente gratuíta que está a disposición de todos os usuarios co fin de axudarlles a mellorar o posicionamento SÉ das páxinas web dunha maneira simple e intuitiva.
Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos  25/04 17:00
Coa regulación das vivendas de uso turístico en Galicia e noutras Comunidades, ábrese un marco legal na súa comercialización en liña.