Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2019

CAMBADOS ACOLLERÁ ESTE MES DE XANEIRO SETE NOVOS OBRADOIROS "SMARTPEME"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante este mes de xaneiro sete novos obradoiros ao abeiro de "SmartPeme", o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos. O punto do Centro ExpoSalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.
O primeiro dos obradoiros deste ano será "Xestiona o teu negocio dende o móbil", que desenvolverase o xoves día 10, a partir das 19 horas. O seguinte será o martes 15 de xaneiro, cando a partir das 19 horas terá lugar o curso "Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet".
O terceiro curso do ano será "Chatbots: A automatización da atención ao cliente", que terá lugar o xoves 17 de xaneiro, ás 18 horas. A seguinte semana, Cambados acollerá "O márketing móbil e a súa importancia no sector turístico", o martes 22 de xaneiro, ás 17 horas, e "Social Media Listening: o que se di do teu negocio en Internet", o xoves 24 ás 19 horas.
Por último, o martes 29 de xaneiro, ás 17 horas, terá lugar o obradoiro "Google Calendar, moito máis que unha axenda" e o xoves 31 de xaneiro, ás 19 horas, "Márketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva".
A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no enderezo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.