Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
17 de enero de 2020
DUAS NOVAS ACTIVIDADES SMARTPEME A VINDEIRA SEMANA EN EXPOSALNÉS
A vindeira semana continúan as actividades Smartpeme en ExpoSalnés.
A primeira delas será o martes 21 de xaneiro coa charla, TripAdvisor. A plataforma perfecta para a túa empresa turística.
Tripadvisor converteuse en apenas 20 anos nunha das maiores plataformas de viaxes do mundo con innumerables artículos, opinións, fotografías e vídeos inspiradores. Neste portal online os viaxeiros poeden ter información de valor para planificar mellor as súas viaxes e atopar fácilmente o seu voo, hotel, experiencia ou restaurante, comparar prezos e facer reservas.
Coa súa última actualización Tripadvisor volveuse unha ferramenta máis personalizada e social coa que poder colaborar con outros, crear listas e seguir a familiares e amigos.
Os viaxieros comparten e acceden a centos de millóns de opinións e contido relacionado con viaxes e as valoracións e a reputación das empresas turísticas son un elemento estratéxico que repercute no volume de vendas.
Contidos:
¿Qué é TripAdvisor?
¿Para qué serve?
¿Cómo funciona o seu ranking?
¿Cómo dar de alta a túa empresa?
Boas prácticas para incrementar as reseñas
O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
E para o xoves 23 está programada a actividade: Como utilizar Instagram para promover a túa empresa.
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.
Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos.
Índice de contidos
• Introdución a Instagram
• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• O perfil de empresa en Instagram
• Estratexia de contidos
• Marcas nas que inspirarte
O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para os eventos, é necesario inscribirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.