Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de enero de 2020

EXPOSALNÉS ACOLLE EN XANEIRO SETE NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"


O Salnés acolle en xaneiro sete novas accións formativas do programa "SmartPeme"

Están dirixidas á adaptación das empresas e os proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades.
A Deputación de Pontevedra programa sete novas accións formativas do programa "SmartPeme" en Cambados para este mes de xaneiro. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e os proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Os cursos que se impartirán son os seguintes: 
Así Funciona Whatsapp Business, o xoves 9 de xaneiro, de 19 a 21 horas; Deseña con Canva, programado para o martes 14 de xaneiro, tamén entre as 19 e as 21 horas; o xoves 16, á mesma hora, será a quenda de Facebook Ads; Tripadvisor. A Plataforma Perfecta para a túa Empresa Turística chega o martes 21 de xaneiro, entre as 17 e as 19 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa será o xoves 23, de 19 a 21 horas; Crea unha Páxina Profesional con WordPress impartirase o martes 28 de xaneiro, entre as 18 e as 21 horas; e, finalmente, LinkedIn: a túa Rede de Networking terá lugar o xoves 30 de xaneiro, de 19 a 21 horas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro Exposalnés de Cambados. As inscricións nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
"SmartPeme" ofrécelles ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións empresariais de mozas e mozos autónomos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.