Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de noviembre de 2018

CAMBADOS ACOLLE ESTE MES DE NOVEMBRO 7 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"






As oficinas do programa "SmartPeme" da Deputación de Pontevedra na provincia acollen este mes de novembro 38 accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. As oficinas de Vigo, Ponteareas e Porriño acollerán en conxunto 21 cursos; o Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra outras sete; o Centro ExpoSalnés de Cambados tamén sete; e o viveiro de empresas Lalín 2000 tres máis.
Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
CAMBADOS
As quendas para o mes de novembro son as seguintes: "Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades". O xoves 8, ás 19 horas, "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing". Por outra banda, "Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero" terá lugar o martes 13, ás 18 horas. O martes 20 de novembro, ás 19 horas, levarase a cabo "Fotografía gastronómica: trucos para conseguir unhas fotografías deliciosas". Esa mesma semana, o xoves 22 á mesma hora, será a quenda de "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas". A semana seguinte, o martes 27 ás 17 horas, chega "Estratexias de marketing para a túa empresa turística". Por último, "Aprende a usar correctamente Facebook para empresas" chegará o xoves 29, ás 19:00 horas. 
A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.