POR RICARDO DOMINGUEZ REY
A anécdota que vou relatar a continuación creo que xa contei en algunha ocasión pero é ideal pra ilustrar o tema do que hoxe quería falar.
A historia, en cuestión , ten de protagonista a unha familia cambadesa, unha familia con apelido ilustre e pasado de avoengo; un pasado de nobreza e pazos señoriais, un pasado de clase alta pero que, co paso do tempo e, xa na actualidade, quedou en pouco mais que no susodito apelido e nun escudo de armas que lembraba aqueles tempos pasados tan gloriosos.
O gracioso do asunto é que esta familia seguía considerándose de “clase alta” e non “da plebe”, entendendo por “plebe” a calquera dos nosos veciños, de clase media, e que forma esa bendita masa social cambadesa. Un dia a desgraza chegou a esta familia ou, polo menos, eles así o entenderon: o seu fillo, namorárase dunha rapaza humilde, unha rapaza dunha familia traballadora, non estou moi seguro pero creo recordar que de pai mariñeiro e de nai mariscadora. Non fai falta dicir como caeu na familia tal amorío pero, nada comparado, coa noticia que lle deron cando, co descorrer do tempo, decidiron casar; aquilo, queridos amigos, xa foi demasiado pra os proxenitores: eles que se crían a “creme da creme” veríanse mesturados, no banquete de vodas, con mariñeiros, labregos e demais “paletada”, ¿que pensarían os seus invitados, chegados de Compostela ou de Madrid? …. “¡que vergoña vamos a pasar!”, exclamaba a na do noivo …… pero como di o refraneiro popular: “pra un roto sempre hai un descosido” e, ao final, atoparon a solución ao seu problema …. ¿queredes saber cal foi?....... pois ben,resulta que chegou o gran dia, soleado e radiante; na igrexa podíase apreciar dous grupos, claramente diferenciados: a un lado, os convidados do noivo, chegados, maiormente de fora e, doutro lado, os convidados da noiva, xente do pobo e das parroquias próximas; acabou a cerimonia e, a continuación, o banquete de vodas, un banquete que, deliberadamente, a nai do noivo encargouse que non se estendera en exceso, alegando escusas como que , algúns do convidados, chegados de fora, terían que madrugar ao dia seguinte, un suposto malestar ou, simplemente, o cansazo , e así foi “despachando” un por un aos invitados por parte da noiva; cando toda a “paletada” xa se fora, pecharon as portas e comezaron a que consideraban que era a verdadeira celebración: o pai do noivo sacou ese whisky de reserva, gardado para as grandes ocasións e, a nai, díxolle ao servizo que xa podían sacar as deliciosas “delicatessen”, estratexicamente agochadas nas neveiras hasta ese momento, sobra dicir que esta nova festa durou hasta altas horas da madrugada.
Esta anécdota ven a colación porque, ás veces, penso que en Cambados aínda hai xentiña que cree que vive noutro século i en tempos pasados e casos no pobo temos algún , quizais, o mais coñecido e soado é o desa panda de “señoritos” que constitúen o Capítulo Serenísimo do Albariño porque, ao fin e ao cabo, ben ser algo moi similar: unha panda de “pijos” que non queren mesturarse coa “plebe” e deciden facer a festa pola súa banda, algo totalmente lexítimo, todo sexa dito, o problema ben cando esa festa exclusiva e VIP queren que lla paguen os demais e iso foi o que viña pasando mentres o PP gobernaba o Concello de Cambados e o Capitulo Serenísimo tiña ao seu “tonto util”, ¿qué facían falta 300 invitacións para o Xantar do domingo pra dar de comer a tódolos “estómagos agradecidos” (na maioría dos casos afiliados e simpatizantes do partido da gaivota) e que soamente se acordaban de Cambados ese dia? Non había problema e, ademais, “de propina” 20.000 euros das arcas municipais para gastos, total, o pagaban os “paletos”, os parvos, en definitiva, os contribuíntes cambadeses; cando, no ano 2015, chegou o Cuatripartito de esquerdas ao goberno local intentou cambiar as cousas e, simplemente, pediulles unha cousa para que seguiran contando co apoio do Concello: que o acto de imposición dos Novos Cabaleiros en vez de facelo no patio de armas do Pazo, de reducidas dimensións, se fixera na Praza de Fefiñans para que así, todo Cambados, puidera ter a oportunidade, de contemplar dito acto; xa vedes, queridos amigos, que “tremenda” condición poñía o goberno municipal ao Capitulo: simplemente que se abriran ao pobo e que dito acto puidera ser presenciado por tódolos cambadeses que, ao fin e ao cabo, eran os que pagaban. O resto da historia xa a coñecedes todos: o Capitulo Serenísimo, como a familia “snob” da que vos falaba ao comezo tiña a menos “mesturarse” coa “clase media” e alegaron a escusa “barata” da seguridade, unha escusa que se caia polo seu propio peso pois o paseo da comitiva das autoridades, dende a Xuventude ao pazo de Fefiñans e, dende aí, ao Pazo de Torrado facíano sempre a pe; obviamente o Concello non se pregou as súas exixencias e o Capitulo Serenísimo seguiu montando a festa pola súa banda.
Ultimamente, en Cambados, temos outro exemplo desa “loita de clases” que ten, por unha banda ao soberano pobo de Cambados e, por outro, ao moradores do ala norte do Pazo de Fefiñans ( a familia de nobreza e rancio avoengo Gil Armada) e o seus fieis lacaios a xa famosa “Asociación amigos de Fefiñans”; a historia xa é ben coñecida por todos: dende fai uns cantos anos, o concello de Cambados viña montando na Praza de Fefiñans a Aldea de Nadal, unha montaxe con pontes, casas e outros elementos representativos de Cambados e que, dende a primeira vez, que se montou, contou con múltiples eloxios e foi un lugar de referencia non só pra a xente de Cambados senón, tamén, pra outras poboacións veciñas.
Con todos estes argumentos a favor resulta que, este ano, saltou á palestra a anteriormente mencionada “Asociación amigos de Fefiñans” que tras expoñer as súas queixas ante o Valedor do Pobo e Patrimonio, instaba ao Concello de Cambados a cambiar a situación da Aldea do Nadal alegando que un uso excesivo da praza podía ser “nocivo” e que se “discriminara” en canto as actividades que, alí, se celebraban pra protexela.
Vamos a ver, vou intentar ser “politicamente correcto” e non deixarme levar pola paixón porque, sinceramente, as explicacións dadas pola “Asociación amigos de Fefiñans” raian o cinismo e son unha mostra de querer tratar de parvos aos veciños de Cambados.
¿Onde estaba a “Asociación amigos de Fefiñans” cada 10 de xullo, festa de San Cristóbal e na que a praza de Fefiñans énchese de camións, autobuses e demais tráfico rodado? ¿Por que non lle van con ese mesmo conto ao señor párroco Aldao?
¿Onde está a “Asociación amigos de Fefiñans” cada mes de setembro cando, co comezo da vendima, atravesan a praza ducias de tractores cargados de uva camiño da bodega do palacio? ¿Por que non lle foron, tamén, con ese conto ao señor marques? ¿Acaso as actividades anteriormente citadas non son “nocivas” pra a praza? ¿ou en función de a quen beneficien ou a quen non amósanse preocupados ou non pola praza?
A realidade é moi distinta e a maioría do cambadeses sabemos a que “intereses” obedecen as queixas de Asociación Amigos de Fefiñans porque é ben sabido (porque así o manifestaron achegados da familia Gil Armada) que a Praza de Fefiñans cando é o centro de actividades sociais, deportivas, comerciais ou culturais (como pode ser mesmamente a Aldea do Nadal) as visitas guiadas de turistas polo Pazo e a afluencia á tenda que ten nos baixos baixan considerablemente de aí que piden (cito textualmente) “unha vista limpa do conxunto patrimonial” ..... ¡¡claro que si!! debe ser iso ¿ou non será, mais ben, que non interesa que os turistas non se vaian entretendo polo camiño e vaian dereitiños como borreguiños pra o pazo a deixarse os cartiños?
Non fai falta falar aquí do malestar que, entre a poboación de Cambados, produciu o traslado da Aldea de Nadal xa que as redes sociais, estas semanas, eran o mellor termómetro e, independentemente das inclinacións políticas de cada un, a inmensa maioría dos cambadeses amosaban o seu malestar polo traslado de lugar da Aldea do Nadal.
Por ultimo quería mandarlle un consello aos membros da “Asociación amigos de Fefiñans”: farían ben en cambiarlle o nome ao seu grupo eu, persoalmente, recomendaríalle “Asociación de plebeos do señores do Palacio de Fefiñans” penso que, en realidade, é mais fiel ao que representa e aos feitos remitímonos.
UN SAUDO A TODAS E TODOS RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.