Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2019

SMARTPEME TRAE 7 OBRADOIROS A CAMBADOS

Cambados acolle en maio sete novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro de "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia


O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante este mes de maio sete novos obradoiros ao abeiro de "SmartPeme", o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. O punto do Centro ExpoSalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.

O primeiro dos obradoiros será "Inbound Marketing", que se desenvolverá este xoves día 2 a partir das 19:00h. O martes 7 de maio, ás 17:00 horas, celebrarase "Facebook para promocionar o teu negocio turístico". O seguinte será o xoves desa mesma semana, cando a partir das 19:00 horas terá lugar o curso "Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos". O cuarto curso será "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing", que terá lugar martes 14, tamén ás 19.00h. O martes 21, esta vez ás 18.00 horas, Cambados acollerá "Todo o que precisas para saber sobre Google apps for Business". O obradoiro "Fotografía para turismo: As liñas no espazo" chega o martes 28 ás 19:00h. Por último, o xoves desa mesma semana á mesma hora terá lugar o curso "Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping".

A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.