Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2020

ARRANCAN AS ACTIVIDADES SMARTPEME DE XANEIRO EN CAMBADOS


Mañán xoves 9 de xaneiro arrancan as actividades Smartpeme en ExpoSalnés  tralo parón polas festas de Nadal e faráo coa charla,  Así funciona Whatsapp Business.
Darase a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a Whatsapp
• Whatsapp vs. Whatsapp Business
• Novas funcionalidades
• Whatsapp Márketing

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.