Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta INTERNET. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INTERNET. Amosar todas as publicacións

7 de xuño de 2018

CHARLA EN CAMBADOS SOBRE O CONSUMO RESPONSABLE EN TELEFONÍA E INTERNET



O Concello de Cambados continúa enchendo de contidos o programa “Cambados Emprende”.
Nesta ocasión, a Concellería de Promoción Económica organiza para o próximo 14 de xuño unha charla aberta sobre telefonía e internet destinada a emprendedores e veciños en xeral.
Será en Exposalnés ás 20.30 horas e a asistencia é gratuita previa inscripción no correo economia@cambados.es.
A intención é asesorar aos asistentes a elexir a operadora e o contrato máis adecuados, así como defender os seus dereitos ante posibles disconformidades co servizo.


17 de abril de 2018

FIONA FERRER VISITA CAMBADOS


Como avanzamos en días pasados a blogueira e "influencer" Fiona Ferrer visitou Cambados o pasado domingo.
 A coñecida blogueira Fiona Ferrer percorreu o destino Rías Baixas no marco dunha nova acción de promoción das Rías Baixas. O principal obxectivo deste blogtrip, é converter ao destino Pontevedra provincia nun lugar de excelencia, de calidade, único e exclusivo como marcan as liñas do Plan estratéxico de turismo da Deputación.
Fiona Ferrer coñeceu Sanxenxo e O Grove, coa súa Illa da Toxa. Durante o sábado aproveitou para descubrir o patrimonio natural, a gastronomía e o termalismo que oferta a provincia de Pontevedra. Xa para o domingo o lugar seleccionado foi Cambados, onde realizou unha ruta cultural e gastronómica, e Cuntis.
Onte luns, visitaba a Lalín para percorrer o pazo de Liñares e Castrodeza.

Desta viaxe teremos cumprida conta pola propia Fiona Ferrer nunha reportaxe que verá a luz en poucos días. 





2 de abril de 2018

OITO NOVOS CURSOS SMARTPEME EN ABRIL EN CAMBADOS


O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de abril oito obradoiros ao abeiro do programa "SmartPeme" da Deputación Provincial. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros, que se celebrarán a partir das 19.00 horas, agás dous, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es



O novo proxecto "SmartPeme" é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación.  Este proxecto desenvolverá novas carteiras de servizos. Así, ábrense tres novas grandes liñas como son o "Centro Provincial de Economía Dixital" (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPeme Impulsa e TurisTIC, que se irán facendo dispoñibles para as persoas autónomas e empresas nos vindeiros meses.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vanse dar a coñecer ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para elo, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro.
Doutra banda, SmartPeme Impulsa, abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos.
Finalmente TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar ao sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital. Adicionalmente, esta liña de "SmartPeme" contará con iniciativas innovadoras como unha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e un congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.


O SALNÉS (EXPOSALNÉS)
Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos  3/4
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos.
-  Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial  5/4 17:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos
Facebook marketing  9/4
Este obradoiro presentara unha introdución sobre a rede social facebook e as posibilidades que ofrece para os negocios e como medio publicitario.
Sesión informativa: Así funciona Whatsapp Business 12/4
Nesta sesión informativa darase a coñecer a ferramenta  Whatsapp  Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería  Whatsapp.
Graba e monta videos profesionales có teu Smartphone 16/4
Neste obradoiro veránse as peculiaridades técnicas e  compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou  tablet. 
- Linkedin: a túa rede de networking  18/4
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
- Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console  23/4
Google  Search  Console é unha ferramenta totalmente gratuíta que está a disposición de todos os usuarios co fin de axudarlles a mellorar o posicionamento SÉ das páxinas web dunha maneira simple e intuitiva.
Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos  25/04 17:00
Coa regulación das vivendas de uso turístico en Galicia e noutras Comunidades, ábrese un marco legal na súa comercialización en liña. 



21 de marzo de 2018

ACTIVIDADE SMARTPEME: A DIXITALIZACIÓN DO SECTOR TURÍSTICO






No Punto SmartPeme Cambados, nas oficinas de ExpoSalnés celebrarase unha nova actividade mañán xoces desde as 19hrs.

Tratarase a revolución do turismo a través das tecnoloxías móbiles, desde cómo se foron incorporando estas tecnoloxías á columna vertebral do sector ata como se foron implantando estas solucións no público xeral que consome produtos e destinos turísticos. Competir con produtos globais como Airbnb, Uber e un longo etcétera só é posible coñecendo profundamente o local, explotando ese coñecemento e dixitalizándoo para incorporarse como peixes nun océano a ese mar dixital. Coñecer estas claves é o obxecto desta charla de traballo.

Casos prácticos:

Vigoexperience (Guía de Vigo).
Metrominuto Pontevedra (Promovendo a mobilidade).
Calixtina e Camiña ( iBeacons e internet das cousas aplicados ás guías multimedia)
App Terras de Pontevedra (Arte Rupestre en Pontevedra). 

Esta charla será impartida por Chiu Longina, antropólogo especializado en tecnoloxía e fundador do estudo Pumpún Dixital, un laboratorio de software e hardware pioneiro en proxectos en contornas de Computer vision, Mapped vídeo projection, síntese sonora, comunicación [ OSC] ou Realidade Aumentada. Membro fundador de portais como Mediateletipos.net, Artesonoro. org, Sinsalaudio, Alg-a. org ou Escoitar. org. 

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse




12 de marzo de 2018

MÁIS DE 130 EMPRESAS FORON ASESORADAS POLO PUNTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN EN CAMBADOS










Máis de 130 empresas do Salnés foron asesoradas en Cambados pola oficina de SmartPeme

Carmela Silva amosou a súa satisfacción por "ver que os recursos públicos serven para poñer proxectos de futuro a disposición da cidadanía e da actividade económica"


A presidenta da Deputación dvisitou esta mañá as instalacións de SmartPeme en Cambados acompañada da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, e da responsable dun proxecto empresarial de éxito, "Mamacosesola", Elisa Franco, que recibiu asesoramento por parte deste servizo da institución provincial.
Carmela Silva fixo balance dos resultados e funcionamento da Oficina de Cambados e  dixo sentirse "moi contenta por ver que os recursos públicos serven para poñer a disposición da cidadanía e da actividade económica proxectos de futuro que sirvan ás empresas para internacionalizarse, ter máis beneficios, poder contratar a máis persoas ou ter máis presenza". 
De feito, tal e como informou a presidenta, a oficina de SmartPeme en Cambados que presta asesoramento á comarca do Salnés, "realizou desde a entrada en funcionamento máis de 400 asesoramentos, organizou máis de 90 talleres sobre novas tecnoloxías aos que asistiron máis de 700 persoas e se atendeu a máis de 130 empresas. Este ano, queremos impulsar asesoramentos en materia tecnolóxica vinculados ao turismo, un dos sectores económicos máis importantes para a comarca do Salnés e para a toda a provincia".
Pola súa banda, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, agradeceu o traballo que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra a través da oficina de SmartPeme na vila. Máis polo miúdo, Abal destacou que "ata aquí acoden moitas persoas emprendedoras e empresas a diario, para buscar axuda e asesoramento para seguir adiante cos seus proxectos, para ter un futuro máis prometedor".
Neste eido, durante a visita á oficina de SmartPeme en Cambados, tanto a presidenta da Deputación como a alcaldesa da vila e o deputado de Innovación e Promoción Económica puideron coñecer, de primeira man, a experiencia dunha muller emprendedora, Elisa Franco, que foi asesorada por este centro para impulsar a súa empresa "Mamacosesola". Así, Franco explicou que "eu comecei a traballar cosendo dende a casa de xeito autodidacta e, trala costura, empecei a formarme en patronaxe dixital infantil e impulsei a miña empresa, Mamacosesola, co obxectivo de ofrecer ás familias patróns e instrucións para poder levar a cabo vestiario infantil de xeito sinxelo". A emprendedora destacou a axuda "fundamental de SmartPeme para actualizar a miña presenza en Internet", xa que a través da oficina se impulsou a viralidade dos contidos de "Mamacosesola", se realizou un asesoramento na xeración de plans de marketing, marketing dixital, optimización de redes sociais e no emprego intensivo da analítica.
"SmartPeme" é un programa que oferta ás persoas emprendedoras, autónomas, ás asociacións e aos axentes dos concellos, servizos personalizados para o desenvolvemento económico do tecido empresarial a través das tecnoloxías da información e da comunicación. Actualmente conta con sedes en Cambados, Pontevedra, Vigo, Lalín, A Estrada, O Porriño e Ponteareas.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vanse dar a coñecer ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para elo, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro, co obxectivo de posicionarse na vangarda da innovación da provincia ao servizo das empresas. Doutra banda, SmartPeme Impulsa, abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos, e preparando ás empresas locais para competir nos mercados internacionais. Finalmente TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar ao sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital, cun enfoque específico para cada colectivo. Adicionalmente, esta liña de "SmartPeme" contará con algunhas iniciativas innovadoras como serán a creación dunha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e a creación dun congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.


5 de marzo de 2018

SMARTPEME OFRECE 8 CURSOS ESTE MES EN CAMBADOS












O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de marzo oito obradoiros ao abeiro do programa "SmartPeme" da Deputación Provincial. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As persoas interesadas en participar nestes obradoiros, que se celebrarán na súa práctica totalidade a partir das 19.00 horas, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es


O novo proxecto "SmartPeme" é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación.  Este proxecto desenvolverá novas carteiras de servizos. Así, ábrense tres novas grandes liñas como son o "Centro Provincial de Economía Dixital" (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPeme Impulsa e TurisTIC, que se irán facendo dispoñibles para as persoas autónomas e empresas nos vindeiros meses.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vanse dar a coñecer ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para elo, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro.
Doutra banda, SmartPeme Impulsa, abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos.
Finalmente TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar ao sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital. Adicionalmente, esta liña de "SmartPeme" contará con iniciativas innovadoras como unha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e un congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.


O SALNÉS (EXPOSALNÉS)
  • "A túa información sempre a man: almacenamento na nube" (luns, 5)
  • "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing" (mércores, 7)
  • "Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais" (luns, 12)
  • "A comercialización do turismo rural: centrais de reservas" (martes, 13)
  • "Woocommerce II – A solución para vender por internet" (xoves, 15)
  •  "Bota as túas propias fotografías para o comercio electrónico" (martes, 20)
  • "A dixitalización no sector turístico" (xoves, 22)
  •  "CRM, o cliente como centro de estratexia de negocio" (luns, 26)







23 de febreiro de 2018

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL DENUNCIADA POR UN FUNCIONARIO DO CONCELLO








Un funcionario do Concello de Cambados ven de denunciar á alcaldesa Fátima Abal por ter cometidos 7 presuntos delitos.
O funcionario ao parecer é o mesmo que ao parecer estaría sendo investigado como presunto autor da noticia falsa da detención da nosa alcaldesa. 
A propia alcaldesa ven de comunicalo na súa páxina de facebook.
Segundo ela mesma publica... "Como despois da chantaxe e das ameazas proferidas por un funcionario para q retirase a querella non o fixen, agora denúnciame pola comisión de sete presuntos delitos. Mañá sairá en toda a prensa, pero teño a conciencia moi tranquila. Non penso retirar a querella!!"

Ao parecer a denuncia deste funcionario viría trala publicación na páxina de Facebook da alcaldesa dun post (debaixo) contestando ao líder da oposición. Nese post a alcaldesa facía mención a un funcionario en termos bastante duros.








19 de febreiro de 2018

ACTIVIDADE SMARTPEME "COLABORA CÓ TEU EQUIPO DUN XEITO MÁIS SINXELO"












O obradoiro vai dirixido a todos aqueles emprendedores e empresarios que necesiten modernizar o modo nos que se comunican os seus traballadores, tendo sempre en conta que a comunicación en tempo real permite tanto a innovación, como a competitividade. Coa velocidade de desenvolvemento vertixinosa de hoxe en día, é necesario simplificar a comunicación e apostar por unha organización accesible a todos. Coñeceremos unha ferramenta moi útil e versátil como " SLack" para poder levar a cabo todas estas ideas.   

Índice de contidos

1. Traballo en equipo.
2. Simplificación da comunicación.
3. Procura da información.
4. Optimización de fluxos de traballo.
5. Exemplo práctico.  Slack.

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse







26 de xaneiro de 2018

CANTO CUSTA UNHA WEB MUNICIPAL?








Quen minte á hora de ofrecer un dato como é o do valor de crear unha páxina web pagada por todos os veciños?
A quen lle-la meteron dobrada?

O 8 de febreiro do 2013 Luís Aragunde presentaba a web do Concello de Cambados. Desde ese día a web do Concello de Cambados xa se podóa consultar na rede. Baixo a dirección www.cambados.es o usuario accedía a un amplo abanico de información sobre o concello en cuxos contidos se daba especial protagonismo á promoción turística, aínda que tamén tiña apartados adicados ao Concello como institución, á administración electrónica e un foro para facer suxestións á alcaldía.
O deseño desta páxina correspondera a unha empresa contratada polo Concello con cargo á partida de 40.000 euros que recibiu do Fondo para a Modernización de Infraestruturas Turísticas ( Fomit).
Esta páxina foi desde o principio e ata ben pouco algo así como a inutilidade feita web. Pouca renovación de contidos, enlaces inservibles, nula información e mal diseño.

E estos días vense de presentar unha nova web que sustitúe a anterior e que parece moito máis manexable e sinxela para todos os cambadeses.
Esta nova web municipal cambia a imaxe e renova contidos respecto da anterior. Unha das principais novidades é que incorpora ligazóns á administración electrónica, o que permite aos veciños realizar numerosos trámites desde o computador ou desde o teléfono. Empadroarse, conseguir un certificado ou solicitar unha subvención xa é posible desde www.cambados.es. Desde esta plataforma tamén se pode acceder ao portal de transparencia e ao perfil do contratante do Concello e, por suposto, ofrécese toda a información sobre a institución e os servizos municipais. Tamén se concibe como unha ferramenta turística que ofrece información sobre onde aloxarse, onde comer e que visitar. O custo da nova páxina ascende a 4.344 euros, que se financiaron con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Como pode ser que algo mellor que o anterior custe case 10 veces menos?


Máis información: A MESMA EMPRESA QUE LEVA A WEB MUNICIPAL LEVA A WEB DE ARAGUNDE




24 de xaneiro de 2018

O CONCELLO ESTREA NOVA WEB










Hoxe o Concello de Cambados estrea nova páxina web, para facer máis accesible a información á cidadanía.

Un novo portal dixital, creado pola empresa de Vilagarcía “Diseños e Webos” por un importe de 4.344 euros financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación.
A nova web de Cambados é máis intuitiva, visible e sinxela de usar tanto para os veciños como para os funcionarios municipais.
Así o explicaba a alcaldesa Fátima Abal na presentación da nova web, acompañada do concelleiro Miguel Osorio e da representante da empresa de deseño María Riveiro.






1 de decembro de 2017

CURSOS SMARTPEME DE DECEMBRO EN CAMBADOS













O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO TRES CURSOS EN DECEMBRO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS

SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de decembro, tres obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.
A actividade no Centro ExpoSalnés de Cambados arrancará este luns 4 de decembro co obradoiro "Ferramentas de google para a promoción de negocios locais" e seguirá o mércores 13 de decembro co curso "Guía de boas prácticas para redes sociais". Por último, o mércores 20 de decembro, celebrarase o curso "Sácalle partido á túa conta de Gmail". A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/nTodas as actividades deste mes comezarán ás 19 horas.

Herramientas de google para la promoción de negocios locales 4/12

Guía de buenas prácticas para redes sociales 13/12

Sácale partido a tu cuenta de Gmail 20/12








10 de novembro de 2017

CAMBADOS ACOLLERÁ A CHARLA “IMPACTO DAS REDES SOCIAIS NA XUVENTUDE E NA ADOLESCENCIA: QUE PODEMOS FACER? QUE DEBEMOS FACER?










O concello de Cambados organiza mañán mércores 15 de novembro a xornada: “Impacto das Redes Sociais na xuventude e na adolescencia: Que podemos facer? Que debemos facer?”
Esta xornada, que organizan conxuntamente as concellarías de Igualdade e de Novas Tecnoloxías, desenvolverase a partir das 19:00 horas do mércores 15 de novembro, e será de acceso gratuíto. Será impartida por unha psicóloga especialista.
Con esta charla, preténdese concienciar para un uso responsable das redes, unha ferramenta que mudou por completo a nosa forma de relacionarnos cos demáis e de interactuar no mundo, cambiando os nosos hábitos e costumes. 






4 de novembro de 2017

MANIFESTACIÓN CONTRA A ANTENA DOS CAEIROS








Un grupo de veciños da rúa os Caeiros iniciaron unha recollida de firmas e convocan unha concentración para o vindeiro mércores, ás 19 horas ante a Casa Consistorial. 
O obxectivo é que a empresa Orange retire o proxecto de instalación dunha antena de telefonía e internet, que agora mesmo atópase paralizado no Concello á espera de informes técnicos e xurídicos sobre a licenza de obra solicitada. 
A compañía de telefonía está á espera de recibir a licenza municipal, un trámite que espera superar sen problemas pois afirma que a instalación cumpre con todos os requisitos legais.

Fátima Abal, reuniuse onte cunha vintena de cambadeses contrarios á instalación da antena polos efectos que sobre a saúde poida ter. A alcaldesa está cos veciños pero, "no caso de que a obra obteña os informes técnicos favorables, o Concello deberalle conceder a licenza", sinalou a alcaldesa. E é que existe preocupación porque se colocará cerca do IES Francisco Asorey e a alarma chegou mesmo aos pais do CEIP San Tomé, así como ás garderías desta zona e a escola da Pastora. 






1 de novembro de 2017

O PROXECTO SMARTPEME LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN NOVEMBRO EN CAMBADOS









O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN NOVEMBRO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS

SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de novembro, seis obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.
A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.esTodas as actividades deste mes comezarán ás 19.00h.





8 de outubro de 2017

CAMBADOS APOSTA POLA TRANSPARENCIA










O portal de transparencia do Concello de Cambados recibiu máis de 20.000 visitas desde a súa posta en marcha en decembro do 2015.

Durante este período, incrementáronse as solicitudes de acceso a información pública, tanto por medios electrónicos como en papel no rexistro do concello. O pasado mes de setembro foi o que maior número de visitas obtivo dende a creación do Portal no exercicio 2015, polo que o Concello de Cambados subliña o incremento notable das visitas no que vai de ano.

Nos accesos contabilizáronse máis de 20.000 visitas e foron consultadas un total de 55 páxinas, a maioría, o 8,92% das visitas realizadas, en relación coa Declaración de bens dos concelleiros; logo, un 8% das visitas do portal, corresponde coa consulta das Ordenanzas e da normativa municipal, ademais da que se atopa en vigor, tamén a que esta en tramitación nas súas diferentes fases. Séguenlle cun 6,83% das visitas totais realizadas, as consultas en páxinas relacionadas con altos cargos da Administración Local; e cun 5,54% as visitas ao Taboleiro de Anuncios Virtual do Concello de Cambados; un 3,63% das visitas consultan a Transparencia Económica Financeira; un 3,53% das consultas realízanse para poder consultar as actas dos Plenos ou ver a gravación dos mesmos; un 3,44% son consultas dos Orzamentos e un 3,22% son as visitas realizadas para a consultar o estado das contratacións públicas do Concello de Cambados.

Do total de visitas, o Martes é o día que máis visitas se realizan no Portal, un 22% das mesmas, e ás 22:00h. cun 9% das consultas, é a franxa horaria que maior número de visitas ten. Por meses foi o pasado mes de setembro con preto de dúas mil visitas o mes que maior afluencia tivo, seguido de xaneiro de 2016 con 1.462 visitas e decembro de 2015 e abril de 2016 con máis de 1.200 visitas neses meses.
Os lugares de procedencia destas visitas, un total de 38 estados, destaca España que foi o que máis consultas realizou (19.037). Séguenlles Estados Unidos (507); Francia (79); Portugal (32); Canada (31); Reino Unido (27); e Brasil (26) foron os lugares das visitas ao Portal de Transparencia Cambades que maior número de visitas realizaron por procedencia, inda que tamén se realizaron consultas dende Suíza, Noruega, Italia, Alemaña, Países Baixos, Finlandia, Bélxica, Irlanda, Austria, Suecia, Grecia, Arxentina, Uruguai, Venezuela, Colombia, Chile, Bolivia, Perú, Ecuador, Costa Rica, Ghana, India, Filipinas, México, Rusia e mesmo ata de Singapur…


O Concelleio de Somos Cambados, Xurxo Charlín, destacou que a web foi mellorada en accesibilidade facilitando as consultas ao Taboleiro Virtual así como na materia de Contratación de obras e servizos,  xa que a transparencia debe facilitar o acceso do cidadán á información sobre a actuación do seu concello, as súas fontes, bases de datos e plans ou programas de actuación, co obxectivo de reforzar a súa confianza.  Lonxe queda, a pesar de pasar só uns anos, cando o anterior goberno e actual grupo da oposición, publicaba os orzamentos de 2011 e non os volveu actualizar na web municipal, ou ameazaba con expulsar do Pleno a quen gravase as sesións do Pleno por ser supostamente ilegal, e que agora quere esixir transparencia ao actual goberno, mesmo cando ten documentación do concello antes de que se faga publica nos Boletíns Oficiais.






5 de outubro de 2017

ACTIVIDADES SMARTPEME DE OUTUBRO EN CAMBADOS










O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO CINCO 

CURSOS EN OUTUBRO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS


SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes, cinco obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.
As quendas para o mes de OUTUBRO, todas elas en horario de 19:00 horas, son as seguintes:

Fotografía e video para espazos interiores día 5
A túa páxina web en menos de 90 minutos día 10
Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións día 18
Comercializa os teus servizos a través das redes sociais día 25
Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite día 27

Picando en cada un dos enlaces tes a información sobre cada actividade.