A Deputación de Pontevedra programou para o mes de marzo catro novas accións formativas do programa "Smartpeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Deste xeito, os cursos impartiranse dende o 5 ata o 26 de marzo e serán os seguintes:
"Aprende a usar correctamente Facebook para empresas", que terá lugar este xoves 5 de marzo de 19:00 a 21:00 horas.
"Como vender os teus produtos nun Marketplace", que se realizará o xoves 12 de marzo de 19:00 a 21:00 horas no Centro Comercial Arousa.
"Empresas de actividades turísticas e plataformas de comercialización en liña", que se impartirá o martes 17 de marzo de 17:00 a 19:00 horas.
"Copywriting aplicado a web e redes sociais", que terá lugar o xoves 26 de marzo de 19:00 a 21:00 horas.
"SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada s/n, Cambados), excepto "Como vender os teus produtos nun Marketplace" que será no Centro Comercial Arousa. As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer a través da app, no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.