O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de abril oito obradoiros ao abeiro do programa "SmartPeme" da Deputación Provincial. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
As persoas interesadas en participar nestes obradoiros, que se celebrarán a partir das 19.00 horas, agás dous, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es.
O novo proxecto "SmartPeme" é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación. Este proxecto desenvolverá novas carteiras de servizos. Así, ábrense tres novas grandes liñas como son o "Centro Provincial de Economía Dixital" (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPeme Impulsa e TurisTIC, que se irán facendo dispoñibles para as persoas autónomas e empresas nos vindeiros meses.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vanse dar a coñecer ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para elo, o CPED vaise apoiar nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro.
Doutra banda, SmartPeme Impulsa, abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización unindo, deste xeito, os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos.
Finalmente TurisTIC erixirase como o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar ao sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital. Adicionalmente, esta liña de "SmartPeme" contará con iniciativas innovadoras como unha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico, e un congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.
O SALNÉS (EXPOSALNÉS)
- Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos 3/4
- Como mellorar a percepción dos teus clientes cos teus correos 3/4
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que mellorar a nosa imaxe de marca, coidando a nosa identidade visual, dentro dos nosos correos electrónicos.
- Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial 5/4 17:00Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos
- Facebook marketing 9/4Este obradoiro presentara unha introdución sobre a rede social facebook e as posibilidades que ofrece para os negocios e como medio publicitario.
- Sesión informativa: Así funciona Whatsapp Business 12/4Nesta sesión informativa darase a coñecer a ferramenta Whatsapp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería Whatsapp.
- Graba e monta videos profesionales có teu Smartphone 16/4Neste obradoiro veránse as peculiaridades técnicas e compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou tablet.
- Linkedin: a túa rede de networking 18/4
- Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos 25/04 17:00Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional.
- Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console 23/4
Google Search Console é unha ferramenta totalmente gratuíta que está a disposición de todos os usuarios co fin de axudarlles a mellorar o posicionamento SÉ das páxinas web dunha maneira simple e intuitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.