Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de noviembre de 2019

CAMBADOS ACOLLE EN NOVEMBRO SETE NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"


Están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de novembro sete novas accións formativas do programa "SmartPeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
Deste xeito, os cursos impartiranse desde o día 5 ata o 26 de novembro e serán os seguintes: 
Como Facturar Electrónicamente para as Empresas e Administracións Públicas, que terá lugar o martes 5 de novembro de 19:00 a 21:0 horas. 
Aprende a Elixir as Palabras Clave para a túa Estratexia SEO e SEM, que será o xoves 7 de novembro de 19:00 a 21:00 horas. 
Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita como un Profesional, que se realizará o martes 12 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas. 
Crea un Plan de Márketing para a Campaña de Nadal, que se impartirá o xoves 14 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas. 
Inbound Márketing, cuxo horario será de 19:00 a 21:00 horas o martes 19 de novembro, Ferramentas de Márketing Dixital para Empresas Turísticas, que terá lugar o xoves 21 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas. 
Optimiza a túa Páxina de Facebook, que será o martes 26 de novembro, de 18:00 a 21:00 horas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, Cambados), a excepción do obradoiro Crea un plan de Márketing para a Campaña de Nadal que se realizará na sala de xuntas do Centro Comercial Arousa. As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina  web www.smartpeme.depo.gal. Ademais, o programa formativo SmartPeme estrea Twitter (@smartpeme) e Facebook (SmartPeme).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.