Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2019

CAMBADOS ACOLLE EN DECEMBRO CINCO NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "SMARTPEME"


Smartpeme
A Deputación de Pontevedra programou para este mes de decembro cinco novas accións formativas do programa "Smartpeme" en Cambados. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.
Os cursos que se impartirán ata o 19 de decembro son os seguintes:
"Motores de reservas para empresas turísticas", este martes 3 de decembro de 17.00 a 19.00 horas;
"Fotografía de produto: todo o que debes saber", programado para o martes 10 de decembro entre as 19 e as 21 horas; "Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais", o xoves 12 de novembro de 19 a 21 horas;
"Como promocionar o teu propio evento en redes sociais", que será o martes 17 de decembro entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, "Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos", que terá lugar o xoves 19 de decembro de 19 a 21 horas.
Estes obradoiros impartiranse no Centro Exposalnés de Cambados. As inscricións nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
"SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.